12/05/2020
Campaña de promoción do comercio local en Barbadás: “Ti necesítalos, eles necesítante”

“TI NECESÍTALOS, ELES NECESÍTANTE” É O TÍTULO DA CAMPAÑA PROMOVIDA POLO CONCELLO DE BARBADÁS PARA APOIAR AO COMERCIO LOCAL
Esta iniciativa pretende promover entre a veciñanza a importancia de promocionar e mercar no comercio local de Barbadás
- O reinicio da actividade comercial en Barbadás debería contar co apoio non só do Concello de Barbadás, senón tamén da propia cidadanía para aunar esforzos e impulsar o comercio de proximidade.
- O Concello de Barbadás promove unha campaña cuxo principal obxectivo é incentivar as compras no comercio local.
- “Ti necesítalos, eles necesítante” é o título da campaña para que “cando saias a mercar, non te esquezas dos comercios do teu barrio”.
- O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asegura que “este é un momento crucial para que apostemos polo comercio local e pola hostalaría e o empresariado do concello de Barbadás. É a única aposta válida”.
- Valcárcel sinala que “este momento é o definitivo para que se relance a economía local de Barbadás, que depende en gran medida da hostalaría e do comercio de proximidade”.
- Esta aposta ten que centrarse no comercio local. O Concello de Barbadás levou a cabo varias campañas durante os últimos anos para reactivalo, potencialo e que seiga medrando o comercio de proximidade, explica o rexedor.
- Esa é a liña que deben seguir os/as nosos/as conveciños/as, é dicir, “non basta co apoio das institucións, senón que a aposta ten que vir tamén por parte da cidadanía”, apunta o alcalde de Barbadás.
- A concelleira de Comercio, Marga Pérez, resalta, pola súa banda, que “coidar e axudar ao Comercio Local convérteuse hai 5 anos nun obxetivo importante para este Concello. Para eso puxemos en marcha diferentes campañas ao longo do ano”.
- Na actualidade “e tralas consecuencias que sobre o comercio tivo o COVID-19 é o momento de unha campaña distinta, con máis esforzo se cabe , porque agora trátase de axudar aos/ás nosos/as veciños e veciñas que gracias a un pequeño comercio manteñen á súa familia. Por esta razón é fundamental mercar nestes comercios, toca axudar ao noso comercio, porque só deste xeito podemos avanzar todos/as xuntos/as”, comenta Marga Pérez.