05/12/2020
Campaña de promoción do consumo no comercio local de Barbadás
A campaña finaliza o 19 de decembro de 2020.
O CONCELLO DE BARBADÁS ORGANIZA A SEGUNDA EDICIÓN DA CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL “REVIVE O NADAL EN BARBADÁS 2020”
A campaña constará de 500 bonos de desconto, por valor cada un deles de 10 euros para utilizar como desconto en compras superiores ou iguais a 30 euros nos establecementos de Barbadás adheridos á campaña.
Esta campaña de promoción do consumo no comercio local comezou a principios de decembro e finaliza o 19 de decembro de 2020.
- Os bonos serán nominativos, polo que os usuarios deberán estar empadroados no Concello de Barbadás e deberán facilitar o seu nome e apelidos, DNI, email e teléfono.
- Cada usuario poderá trocar dous bonos. O valor de 10 euros de desconto, deberá aplicarse na súa totalidade a unha compra de importe igual ou superior a 30 euros.
- Os bonos caducan ás 48 horas polo que, unha vez descargados se non se utilizan transcorrido ese tempo, perderán a súa validez.
- Os bonos recibiranse por correo electrónico unha vez sexan solicitados a través dunha páxina web habilitada para o efecto.
- Para o seu troco teranse que presentar ao/á comerciante ben a través do correo descargado no móbil ou debidamente impresos antes de que perdan a súa vixencia (48 horas).
- No bono figurará o nome, apelido e DNI do cliente, así como un número de bono que deberán ser validados polo comerciante.
- A concelleira de Comercio, Marga Pérez, destaca que “Un maior número de comercios participan nesta II edición da “Campaña Bonos Comercio: Barbadás Revive”.
- Esta maior implicación do sector do comercio local “demostra a aceptación desta campaña que ten como obxetivo prioritario mobilizar as compras no noso comercio”, comenta a edil de Comercio.
- Maraga Pérez indica que “son 5.000€ nesta ocasión que van axudar a mercar os regalos de Nadal e aliviar a falta de ingresos dos nosos comerciantes, así como a contribuir a mobilizar clientes/as e apostar polo noso tecido comercial”.
- Ao ser unha campaña de promoción do consumo, será compatible co período de rebaixas, sempre que o importe final da compra sexa igual ou superior a 30 euros unha vez aplicada a rebaixa.
- A clientela que queira acceder aos bonos deberán cumprimentar os datos solicitados na web e seguir as instrucións sinaladas na páxina web habilitada.
- Poderán participar na seguinte campaña todos os clientes do comercio de Barbadás maiores de 18 anos que se rexistren na páxina web comerciobarbadasrevive.es e descarguen correctamente os seus bonos de desconto de 10 euros.
- Cada persoa poderá trocar un total de 2 bonos de desconto de 10 euros cada un, que non serán acumulativos na mesma compra. Cada bono terá unha vixencia de 48 horas. Se nese tempo non se canxean os bonos, a persoa poderá volver á páxina habilitada para a campaña e descargar outra vez o bono que non consumise.
- Listado de comercios participantes na campaña “Revive os comercios de Barbadás”:
- A NENA DAS TESOIRAS – Avda. de Celanova 39 – A Valenzá
- BEL MODA Y COMPLEMENTOS – Avda. de Celanova 46 – A Valenzá
- CARLIN VALENZÁ – Avda. de Celanova 76 – A Valenzá
- CALZADOS ZOCOS – Avda. de Celanova 114 – A Valenzá
- CARUSSA BABY – Avda. de Celanova 73 – A Valenzá
- DON GATO – Avda. de Celanova 119 – A Valenzá
- ESENCIA ZEN CENTRO ESTÉTICA – A Valenzá
- FLORISTERÍA ZELTIA – Avda. de Celanova 22 – A Valenzá
- GAIA CONTIGO – Avda. de Celanova 14 – A Valenzá
- GOLOSIÑO´S SWETT – Avda. de Celanova 50 – A Valenzá
- IDUNNA CENTRO ESTÉTICA – Avda. de Celanova 48 – A Valenzá
- KIBÚ COFEE SHOP – Avda. de Celanova 57 – A Valenzá
- LA CIGÜEÑA – Avda. de Celanova 114 – A Valenzá
- LIBRERÍA MORAIMA – Avda. de Celanova 38
- LIBRERÍA A VALENZÁ – Avda. de Celanova 108 – A Valenzá
- MAROSA VÁZQUEZ – Centro Comercial Carrefour
- MÁS QUE UN SUEÑO – Avda. de Celanova 74 – A Valenzá
- M&S LENCERÍA Y ZAPATILLAS – Avda. de Celanova 36 – A Valenzá
- PILLABÁNS – Avda. de Celanova 50 – A Valenzá
- SAMSARA – Avda. de Celanova 71 – A Valenzá
- TOFEE GLASS – Rúa das Cuartas 15 – A Valenzá