07/11/2022
Campaña de recollida de xoguetes para o Banco Solidario de Barbadás
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES PARA O BANCO SOLIDARIO DE BARBADÁS
“Este Nadal xoguetes para todos e todas” é o título desta campaña solidaria promovida pola Concellería de Servizos Sociais
“O teu xesto é un sorriso!” é o espírito desta campaña solidaria de recollida de xogos e xoguetes
As doazóns, poderanse entregar, desde o 14 de novembro ata o 28 de novembro no polideportivo da Valenzá, na rúa Calzada Romana, de luns a venres de 10:00 a 13,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas.
- “Este Nadal xoguetes para todas e todos” é a finalidade desta campaña solidaria promovida pola Concellería de Servizos Sociais.
- “O teu xesto é un sorriso!” é o espírito desta campaña solidaria de recollida de xogos e xoguetes.
- Como cada ano nestas datas tan entrañables, desde o Concello de Barbadas “cremos na importancia de manter a ilusión e os sorrisos dos mais pequenos. Con esta premisa naceu hai dous anos a campaña de “O teu xesto conta” da que tantos das/os nosas/os pequenas/os do concello se beneficiaron”, salientou o rexedor de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel.
- Un ano mais, a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Barbadas inicia unha campaña de recollida de xoguetes con destino ao Banco Solidario para levar a ilusión e sorriso a nenos e nenas neste Nadal.
- A concelleira de Servizos sociais, Elisabet González Nistal, explicou “as/os pequenas/os poderán gozar de xoguetes, xogos, libros, etc que desexen doar outras familias para que o espírito do Nadal chegue a todos os fogares”.
- Valcárcel indicou que “con esta iniciativa “buscamos que o xoguete sexa un elemento trasmisor de valores como a xenerosidade, a gratitude, a empatía e facer conscientes a nenas e nenos da importancia que teñen e que estes valores formen parte do seu desenvolvemento como persoas”.
- A concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González Nistal, asegura que o obxectivo desta campaña é que, os pequenos das familias máis vulnerables do concello de Barbadas, non queden sen o seu xoguete nunha noite tan enche de maxia, fantasía e ilusión para eles.
- A cadea solidaria da campaña de doazón de xoguetes ten como finalidade “doar un xoguete”, sempre en bo estado, (quedan excluídos todo tipo de xoguetes bélicos) para contribuír a que os/as nenos e nenas poidan gozalos neste Nadal.
- As doazóns, poderanse entregar, desde o 14 de novembro ata o 28 de novembro no polideportivo da Valenzá, na rúa Calzada Romana, de luns a venres de 10:00 a 13,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas.
- Todos os xoguetes doados serán clasificados por idades e envolveranse, polos voluntari@s do Banco Solidario do Concello de Barbadas.
POLO DEREITO DE QUE TODOS O NENOS E NENAS TEÑAN UN XOGUETE ESTE NADAL