14/11/2020
Campaña do Concello de Barbadás de apoio á Hostalaría do municipio
Relación de establecementos hostaleiros que permanecen abertos co servizo de recollida en local e entrega a domicilio
O CONCELLO DE BARBADÁS PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA DE APOIO Á HOSTALARÍA ANTE O PECHE DOS ESTABLECEMENTOS DECRETADA POLA XUNTA PARA MINIMIZAR O IMPACTO DA COVID
- O Concello de Barbadás, a través do Centro Empresarial Transfronteirizo, pon en marcha unha campaña de apoio ao sector da Hostalaría elaborando un listado de establecementos abertos e que poden seguir prestando os seus servizos.
- A Xunta de Galicia emitiu unha Orde o 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
- A Orde da Xunta indica que os establecementos de restauración, restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio.
- A normativa da Xunta establece que “en todo caso evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados mantelñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios”.
- O Concello de Barbadás inicia unha campaña co título “Apoia á Hostalaría de Barbadás”.
- A través do Centro Empresarial Transfronteirizo elaborouse un listado de establecementos que permanecen abertos e prestan servizos de atención ao/á consumidor/a.
- Apoia á Hostalería de Barbadás.
- Apoia aos/ás teus/túas hosteleiros/as.
- Apoia ao emprendemento do teu concello.
- Faino por eles/as.
- Faino por tod@s.
- Hostalaría de Barbadás.