04/12/2020
Campaña “Nadal solidario: o teu xesto conta”, recollida no supermercado Froiz da Valenzá
Recollida de doazóns ata o xoves 10 de dicembro

O CONCELLO DE BARBADÁS PROMOVE A CAMPAÑA “NADAL SOLIDARIO: O TEU XESTO CONTA”
Actualmente está depositado un carro, no supermercado Froiz da Valenzá, para que as persoas que queiran poidan seguir colaborando
- O Concello puxo en marcha unha campaña de recollida de alimentos a través de doazóns particulares e de empresas, asociacións anónimas e calquera persoa que desexe realizar unha achega.
- Dende a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Barbadás, co lema “O TEU XESTO CONTA” quere agradecer as doazóns de alimentos e de produtos de hixiene, comenta Elisabet González Nistal.
- González Nistal explica que “estes alimentos irán destinados ás familias con menos recursos, para aliviar a situación vivida ao longo deste ano e para que estas datas teñan a posibilidade de celebrar o Nadal de un xeito acorde con estas datas de ledicia”.
- A concelleira de Servizos Sociais quere trasladar o agradecemento especial ás asociacións de veciños do noso concello que tiveron a iniciativa de recollida de alimentos, supermercados, COREN, doazóns anónimas e ao apicultor que doou mel”.
- Así mesmo “queremos facer extensivo o agradecemento a todo o voluntariado, que todo o ano colabora no Banco Solidario de Barbadás “ destacou Elisabet González.
- Actualmente está depositado un carro, no supermercado Froiz, para que as persoas que queiran poidan seguir colaborando.
- A concelleira de Servizos Sociais é consciente de que a crise económica e social derivada da pandemia está provocando unha situación de empobrecemento de moita xente, o que leva a que moitas persoas e familias do noso concello se atopen con dificultades para conseguir alimentos.
- Con esta iniciativa preténdese minimizar esta situación de dificultade que están vivindo familias do concello de Barbadás.
- O destino dos produtos que se recollan serán para o Banco Solidario do Concello de Barbadas.