09/02/2020
Campaña promocional do día de San Valentín: “Namorados/as do noso comercio”
OS COMERCIANTES DE BARBADÁS PROMOVEN UNHA CAMPAÑA “NAMORADOS DO NOSO COMERCIO” ENTRE OS DÍAS 7 E 14 DE FEBREIRO
A Asociación Centro Comercial Aberto Valenzá pretende con esta iniciativa dinamizar o barrio de cara ao Día de San Valentín
- Os establecementos participantes na campaña “Namorados do noso comercio” recibirán un rasca para optar a gañar numerosos premios.
- A promoción será válida dende o 7 de febreiro ata o día 14, datas nas que o comercio local entregará coas súas compras un “rasca e gana”.
- Na campaña promocional participan un total de 22 comercios asociados de un total de 36 establecementos que forman parte da Asociación Centro Comercial Aberto Valenzá.
- O presidente do Centro Comercial Aberto Valenzá, Arturo Varela, explicou hoxe na presentación da campaña que o obxectivo é “fomentar o comercio local debido a que se ve afectado pola situación económica e, sobre todo, que a xente participe e se dinamice o barrio a través desta colaboración entre comercios”.
- O presidente da asociación fixo entrega hoxe de un cheque á asociación de loita contra o Cancro correspondente á contía recadada con motivo do Mercado de Nadal.
- O diñeiro recaudado a través da venda rifas para ese mercado de Nadal, que non se celebrou por causas metereolóxicas, foi destinado para esta causa benéfica (a doazon ascende o 1.186 euros).
- O Concello de Barbadás colabora nesta campaña promocional a través da área de Comercio.
- A concelleira de Comercio, Marga Pérez, explica que o Concello “segue apostando polo comercio local de Barbadás e apoiando todo tipo de iniciativas como a da campaña do Día de San Valentín, organizada pola nova asociación Centro Comercial Aberto Valenzá”.
- Pérez sinala que esta é a liña de traballo dende a Concellería de Comercio: “apostar polo apoio aos establecementos que xa existen porque eso indica que teñen un crecemento optimo e que outros/as comerciantes aposten por Barbadás para crear novos comercios”.