21/10/2021

Campaña “Recicla vidro por elas en Barbadás”

ECOVIDRIO, A XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE BARBADÁS POÑEN EN MARCHA A CAMPAÑA SOLIDARIA ””RECICLA VIDRO POR ELAS”” EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN SANDRA IBARRA.

Cada envase depositado nestes contenedores converterase nunha doazón para a fundación

  • Ecovidrio instalou un contedor rosa, que forma da da campaña “Recicla vidro por elas”, na avenida de Celanova á altura da confluencia coa rúa Outeiro, marxe dereita da avenida en dirección Ourense.

 

  • Ecovidrio instalou 28 contedores rosas en 19 municipios galegos, un deles o de Barbadás, para fomentar a reciclaxe de envases de vidro e a prevención do cancro de mama.

 

  • Cada envase depositado nestes contenedores converterase nunha doazón para a fundación Sandra Ibarra.

 

  • O Concello de Barbadás recolleu no ano 2020 un total de 163.570 quilos de vidro, o que supón un 31,24% do global do lixo recollido en todo o concello.

 

  • A campaña, desenrrolada con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama, destaca a importancia de coidar o medioambiente e coidar a saúde mediante a prevención.

 

  • Nesta ocasión, a campaña estendeuse por máis de 170 cidades de todo o territorio nacional, instalando 500 contedores rosas por todo o país.

 

  • Ágata Ruíz da Prada deseñou un miniglú especial para a ocasión, que se poderá adquirir a través da web Miniglú.es, os beneficios destinaranse á Fundación Sandra Ibarra para contribuír á prevención e investigación do cancro.

 

  • Segundo os últimos datos relativos a 2020, os habitantes de Galicia reciclaron un total de 49.380 toneladas de envases de vidro, o que supón que cada habitante reciclou de media 18,3kg.

 

  • Respecto á táxa de contenerización, Galicia sitúase cunha media de 159 habitantes por contedor, contando cun total de 16.970 iglús para os residuos de envases de vidro instalados. Nas últimas dúas décadas o sistema de Ecovidrio permitiu o crecemento exponencial de tasa de reciclaxe pasando dun 31,3% no ano 2000 ao 76,8% en 2018, segundo os datos oficiais do ( MITERD).

 

  • A Fundación Sandra Ibarra desde os seus inicios impulsou e financiou campañas e proxectos de investigación, sensibilización e prevención fronte ao cancro, e colaborou activamente no desenvolvemento da humanización da Sanidade.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1745710428

SINGLE.1745710428