07/09/2020

Campaña “ReVive os comercios de Barbadás” coa entrega de bonos de dinamización comercial

O CONCELLO DE BARBADÁS PROMOVE UNHA CAMPAÑA DE BONOS DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL

“ReVive os comercios de Barbadás” é o título da campaña dinamizadora das compras no comercio de proximidade

 Poderán participar na seguinte campaña todos os/as clientes do comercio de Barbadás maiores de 18 anos que se rexistren na páxina web www.comerciobarbadasrevive.es e descarguen correctamente o seu bono.

  • A campaña constará de 000 bonos de desconto, por valor cada un deles de 10 euros que se poderán empregar como desconto en compras superiores ou iguais a 30 euros nos establecementos de Barbadás adheridos á campaña. A campaña realizarase entre o 15 de setembro e o 30 de setembro de 2020 (ou ata que se troquen os mil bonos postos en circulación).
  • Os BONOS:-
  1. Serán nominativos, polo que os/as usuarios/as deberán estar empadroados no Concello de Barbadás e deberán facilitar o seu nome e apelidos, DNI/NIE, email e teléfono.
  2. Cada usuario só poderá trocar un bono.
  3. O valor de 10 euros de desconto, deberá aplicarse na súa totalidade a unha compra de importe igual ou superior a 30 euros.
  4. Os bonos caducan ás 48 horas polo que, se unha vez descargados non se utilizan transcorrido ese tempo, perderán a súa validez.
  5. Os bonos recibiranse por correo electrónico unha vez sexan solicitados a través dunha páxina web habilitada para o efecto.
  6. Para o seu troco teranse que presentar ao comerciante ben a través do correo descargado no móbil ou debidamente impresos antes de que perdan a súa vixencia (48 horas).
  7. No bono figurará o nome, apelidos e DNI/NIE do/a cliente, así como un número de bono que deberán ser validados polo comerciante.
  • A CLIENTELA que queira acceder aos bonos deberá cumprimentar os datos solicitados na web e seguir as instrucións sinaladas na páxina web habilitada.
  • Poderán participar na seguinte campaña todos os/as clientes do comercio de Barbadás maiores de 18 anos que se rexistren na páxina web www.comerciobarbadasrevive.es e descarguen correctamente o seu bono.
  • Cada persoa só poderá trocar un bono de desconto de 10 euros. Cada bono terá unha vixencia de 48 horas. Se nese tempo non trocou o bono, a persoa poderá volver á páxina habilitada para a campaña e descargar outro.

Comercio, Novas

CONTENT.1714004461

SINGLE.1714004461