17/11/2021

Campaña solidaria de recollida de xoguetes para o Nadal

Entrega de doazóns desde o 22 de novembro ata o 3 de decembro no polideportivo de A Valenzá

Campaña recollida xoguetes Nadal 2021

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES PARA O BANCO SOLIDARIO DE BARBADÁS

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Barbadas inicia unha campaña de recollida de xoguetes con destino ao Banco Solidario para levar a ilusión e sorriso a nenos e nenas neste Nadal

As doazóns, poderanse entregar desde o 22 de novembro ata o 3 de decembro no polideportivo da Valenzá , na rúa Calzada Romana, de luns a venres de 10:00 a 13,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas

  • “Este Nadal xoguetes para todos e todas” é a finalidade da campaña solidaria promovida pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Barbadás.

 

  • “O teu xesto, é un sorriso!” é o espírito desta campaña solidaria de recollida de xogos e xoguetes.

 

  • A concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González Nistal, explica que “como cada ano nestas datas tan entrañables, desde o Concello de Barbadás cremos na importancia de manter a ilusión e os sorrisos dos/as mais pequenos/as e con esta premisa naceu o ano pasado a campaña de “o teu xesto conta” da que tantos dos nosos pequenos do concello se beneficiaron”.

 

  • Os/as pequenos/as poderán gozar de xoguetes, xogos, libros, etc que desexen doar outras familias para que o espírito do Nadal chegue a todos os fogares.

 

  • Con esta iniciativa “buscamos que o xoguete sexa un elemento transmisor de valores como a xenerosidade, o amor, a gratitude ou a empatía e que os/as menos/as sexan conscientes da importancia que teñen e que estes valores formen parte do seu desenvolvemento como persoas.

 

  • A concelleira de Servizos Sociais asegura que o obxectivo desta campaña é que os pequenos das familias máis vulnerables do concello de Barbadas non queden sen o seu xoguete nunha noite tan enche de maxia, fantasía e ilusión para eles.

 

  • A cadea solidaria da campaña de doazón de xoguetes ten como finalidade “doar un xoguete”, sempre en bo estado, (quedan excluídos todo tipo de xoguetes bélicos) para contribuír a que os/as nenos e nenas poidan gozalos neste Nadal.

 

  • As doazóns, poderanse entregar, desde o 22 de novembro ata o 3 de decembro no polideportivo da Valenzá , na rúa Calzada Romana, de luns a venres de 10:00 a 13,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas.

 

  • Todos os xoguetes doados serán clasificados por idades e envolveranse polos voluntari@s do Banco Solidario do Concello de Barbadas.

Campaña solidaria xoguetes para o Nadal

 

Novas, Servizos sociais

CONTENT.1701710442

SINGLE.1701710442