11/06/2021

Campus lúdico-educativo ´Respiro Familiar´

O campus ´Respiro Familiar´é unha nova actividade lúdica é o tempo formativa que terá lugar durante as vacacións de verá  dirixida aos nenos e nenas do Concello de Barbadás.

Os contidos son principalmente educativos e deportivos, promovendo a actividade física, e o xogo como medio para transmitir e fomentar valores educativos que axuden a promover as relacións persoais e a formación integral das persoas.

PRAZAS
Ofértanse un total de tres campus de diferente temática. Cada campus terá unha duración dunha semana e un total de 9 quendas.
O numero de prazas por quenda é de 20 participantes, esto é un total de 540 prazas en todo o verán.
Poderánse solicitar ata 4 quendas por orden de prioridade. Os solicitantes deberán ter en conta que o programa de cada un dos tres campus do mes de xullo será o mesmo durante todas as quendas do mes, así como durante o mes de agosto.

REQUISITOS DE ACCESO
A idade mínima para participar será dos 6 anos que os participantes terán que ter cumpridos antes do inicio da quenda correspondente. A idade máxima para participar será de 12 anos.
Terán prioridade os/as participantes empadroados no concello.
Os solicitantes poderán participar ata en catro quendas, que poden solicitar por orde de prioridade.
Dificultade media-alta. É obrigatorio saber nadar e/ou ter capacidade de flotación.

PREZO: 20€
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 14 ao 25 de xuño.

bases reguladoras

Solicitude (Anexo 2)

Programa/quendas/datas (Anexo 1)

Recomendacións para os participantes (Anexo 3)

Deportes, Mocidade, Novas

CONTENT.1623963080

SINGLE.1623963080