25/02/2021
Carmen Martín Gaite e a súa vinculación con Piñor: presentes nun documental que se emitirá en La 2 de Televisión Española
"Imprescindibles" TVE2. Domingo, 28 febreiro ás 21:30

UN DOCUMENTAL SOBRE CARMEN MARTÍN GAITE INCLÚE A SÚA RELACIÓN LITERARIA CON SAN LORENZO DE PIÑOR
A longametraxe titulada “A Raíña das Neves”, dirixido por Mariela Artiles e producido por Chema da Pena estréase este xoves 25 de febreiro na Sala Azcona de Cineteca Madrid.
- Un documental sobre Carmen Martín Gaite inclúe a súa relación literaria co pobo de San Lourenzo de Piñor (Barbadás).
- A longametraxe titulada “A Raíña das Neves”, dirixida por Mariela Artiles e producido por Chema da Pena estréase este xoves 25 de febreiro na Sala Azcona de Cineteca Madrid.
- Numerosos especialistas na obra de Carmen Martín Gaite, así como amigos/as seus/súas, déronse cita na cinta que propón unha completa descrición da autora salmantina con motivo do vixésimo aniversario da súa morte.
- Ademais das intervencións de expertos como Emma Martinell ou Raúl Cremades, e de amigos como a familia Giralt Torrente, Ángeles Solsona ou Amancio Prada, o testemuño de David González Couso profundiza na relación literaria establecida desde a infancia da escritora co lugar ourensán de San Lorenzo de Piñor, no concello de Barbadás.
- A emisión do documental tamén en La 2, de Televisión Española, o domingo 28 de febreiro coincide coa publicación do libro de González Couso “O rastro do verán: Itinerarios para ler a Carmen Martín Gaite”, que explica a pegada de Piñor na obra narrativa da salmantina e establece ademais diversas lecturas en clave de paseos literarios por aqueles lugares da súa infancia e mocidade acompañados de propostas didácticas para a aula.
- O Concello de Barbadás colaborou con esta edición da Editorial Procompal Publicacións e será o promotor dun roteiro literario vinculado ao libro “O rastro do verán” que fixará os tramos mencionados na obra de Martín Gaite, onde o/a viaxeiro/a poderá deterse a contemplar unha paisaxe que foi inmortalizado nas páxinas de numerosas novelas dunha escritora de recoñecemento internacional.