*24/02/2021
**
"Imprescindibles" TVE2. Domingo, 28 febreiro ás 21:30
*24/02/2021
**
"Imprescindibles" TVE2. Domingo, 28 febreiro ás 21:30
UN DOCUMENTAL SOBRE CARMEN MARTÍN GAITE INCLÚE A SÚA RELACIÓN LITERARIA CON SAN LORENZO DE PIÑOR A longametraxe titulada “A Raíña das Neves”, dirixido por Mariela Artiles e producido por Chema da Pena estréase este xoves 25 de febreiro na Sala Azcona de Cineteca Madrid. Un documental sobre Carmen Martín Gaite inclúe a súa … Seguir lendo Carmen Martín Gaite e a súa vinculación con Piñor: presentes nun documental que se emitirá en La 2 de Televisión Española →
Carmen Martín Gaite e a súa vinculación con Piñor: presentes nun documental que se emitirá en La 2 de Televisión Española 24/02/2021 |
---|
Carmen Martín Gaite e a súa vinculación con Piñor: presentes nun documental que se emitirá en La 2 de Televisión Española"Imprescindibles" TVE2. Domingo, 28 febreiro ás 21:30 UN DOCUMENTAL SOBRE CARMEN MARTÍN GAITE INCLÚE A SÚA RELACIÓN LITERARIA CON SAN LORENZO DE PIÑOR A longametraxe titulada “A Raíña das Neves”, dirixido por Mariela Artiles e producido por Chema da Pena estréase este xoves 25 de febreiro na Sala Azcona de Cineteca Madrid.
|
CONTENT-CAT.1614669194
*22/02/2021
**
Novidades Febreiro da Biblioteca Municipal de Barbadás
1ª quincena de febreiro de 2021
Novidades Febreiro da Biblioteca Municipal de Barbadás 22/02/2021 |
---|
Novidades Febreiro da Biblioteca Municipal de Barbadás1ª quincena de febreiro de 2021 Publicamos as Novidades do mes de Febreiro da Biblioteca P.M. de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*17/02/2021
**
Premios do Desfile Virtual do Entroido de Barbadás
AMBROSIO, A MASCARILLA, VIRXENCIÑA COVID, SUPERHEROES E CAZAVIRUS RECIBEN OS PRIMEIROS PREMIOS NO DESFILE VIRTUAL DE BARBADÁS O Concello de Barbadás agradece a participación no Carnaval e a implicación da veciñanza na exhibición de Mecos e Mecas A “Queima do Meco” por parte de Protección Civil que será transmitido “vía streaming” significará a despedida dun … Seguir lendo Premios do Desfile Virtual do Entroido de Barbadás →
Premios do Desfile Virtual do Entroido de Barbadás 17/02/2021 |
---|
Premios do Desfile Virtual do Entroido de BarbadásAMBROSIO, A MASCARILLA, VIRXENCIÑA COVID, SUPERHEROES E CAZAVIRUS RECIBEN OS PRIMEIROS PREMIOS NO DESFILE VIRTUAL DE BARBADÁS O Concello de Barbadás agradece a participación no Carnaval e a implicación da veciñanza na exhibición de Mecos e Mecas A “Queima do Meco” por parte de Protección Civil que será transmitido “vía streaming” significará a despedida dun Entroido marcado pola covid
1- Ambrosio a mascarilla (aparece no posto19) 2- Ciervo del bosque mágico (aparece no posto número 2) 3- Circo (aparece no posto número 22).
1- Virxenciña do Covid (31), premio de 100 €. 2- confinamento do fauno (24), premio de 50 €. 3- Mujer pija (38), premio de 25€.
1 Superhéroes (44), premio de 150 €. 2 Pedroche e Chicote (52), premio de 75€. 3 Uber easts (47), premio de 50 €.
1- Cazavirus (57), premio de 450 €. 2- Coronavirus (59), premio de 350 €. 3- Lamstillica (62), premio de 250 €.
|
CONTENT-CAT.1614669194
*30/01/2021
**
Barbadás celebrará o Desfile do Entroido en formato virtual
Inscripción en liña entre o 1 e o 13 de febreiro
BARBADÁS CELEBRARÁ UN DESFILE VIRTUAL DO ENTROIDO COMO ALTERNATIVA DE OCIO PARA UNHA DAS CITAS MÁIS IMPORTANTES NESTE CONCELLO A participación no Entroido virtual está aberta a toda a cidadanía para que participen de xeito individual, por parellas ou grupos de convivintes O prazo de inscrición para participar no Entroido Virtual será dende o día … Seguir lendo Barbadás celebrará o Desfile do Entroido en formato virtual →
Barbadás celebrará o Desfile do Entroido en formato virtual 30/01/2021 |
---|
Barbadás celebrará o Desfile do Entroido en formato virtualInscripción en liña entre o 1 e o 13 de febreiro BARBADÁS CELEBRARÁ UN DESFILE VIRTUAL DO ENTROIDO COMO ALTERNATIVA DE OCIO PARA UNHA DAS CITAS MÁIS IMPORTANTES NESTE CONCELLO A participación no Entroido virtual está aberta a toda a cidadanía para que participen de xeito individual, por parellas ou grupos de convivintes O prazo de inscrición para participar no Entroido Virtual será dende o día 1 de Febreiro ao 13 de Febreiro de 2021 ata ás 14:00h, ambos incluídos Cubre este formulario para participar no Entroido Virtual Barbadás ‘2021
|
CONTENT-CAT.1614669194
*30/12/2020
**
SALA MANUEL MARÍA / BARBADÁS Programa de Nadal Con esta proposta artística desexámosvos a tod@s un ¡FELIZ ANINOVO 2021!. O luns 4 de xaneiro, ás 18:30h. actuación de SARABELA TEATRO co espectáculo “O secuestro da bibliotecaria” Sinopse: A señorita Ernestina é a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón. Aínda que é orfa e non ten … Seguir lendo Programa de Nadal →
Programa de Nadal 30/12/2020 |
---|
Programa de NadalSALA MANUEL MARÍA / BARBADÁS Programa de Nadal Con esta proposta artística desexámosvos a tod@s un ¡FELIZ ANINOVO 2021!. O luns 4 de xaneiro, ás 18:30h. actuación de SARABELA TEATRO co espectáculo “O secuestro da bibliotecaria” Sinopse: A señorita Ernestina é a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón. Aínda que é orfa e non ten familiares ricos os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria. Así e todo as intencións desta banda tomarán un novo camiño ao descubrir que a señorita Ernestina os contaxiou co virus da varicela. A poucas persoas lles acaen ben os grans na cara pero para uns ladróns resulta desastroso. Tomaría vostede en serio un ladrón con graíños? Pois non, parece ser a resposta máis obvia; así que os ladróns deben atopar unha solución para o seu problema, pero non teñen nin idea de onde buscala. Por se todo isto fora pouco un tremor de terra ven a complicalo todo. Espectáculo para todos os públicos. Debido ás restriccións da Covid, só haberá 30 localidades. Entrada con invitación (Recollida na Casa da Cultura) Organiza: Concellaría de Cultura |
CONTENT-CAT.1614669194
*29/12/2020
**
SALA MANUEL MARÍA / BARBADÁS Este mércores 30 de Decembro actuación de FANTOCHES BAJ que nos presenta o espectáculo “O CASTIÑEIRO DO APALPADOR”, será en dúas sesións ás 17h. e ás 18:30h. Debido ás restriccións da Covid haberá 30 localidades en cada sesión. Sinopse: O Apalpador é un carboeiro pobre cuxas únicas propiedades son un … Seguir lendo Programa de Nadal →
Programa de Nadal 29/12/2020 |
---|
Programa de NadalSALA MANUEL MARÍA / BARBADÁS Este mércores 30 de Decembro actuación de FANTOCHES BAJ que nos presenta o espectáculo “O CASTIÑEIRO DO APALPADOR”, será en dúas sesións ás 17h. e ás 18:30h. Debido ás restriccións da Covid haberá 30 localidades en cada sesión. Sinopse: O Apalpador é un carboeiro pobre cuxas únicas propiedades son un castiñeiro e un magosteiro. A súa grande preocupación é conseguir que os cativos non lle rouben as castañas. Ata que un día, se lle presenta na carboaría unha velliña aterecida de frío e de fame. El, compadecido, ofrécelle teito e castañas do seu magosto. A velliña que é unha meiga, ante a súa bondade, ofrece cumprirlle tres desexos e o apalpador, movido pola súa teima mais inmediata, pide que quen toque o seu castiñeiro quede pegado para sempre nel, que quen colla as castañas do chao o engula a terra e quen meta na man no seu magosteiro quede dentro encarcerado. Con estes tres desexos conseguirá sen embargo vencer a Morte. O Gobernador do mundo ao ver os efectos devastadores da desaparición da Morte obrigará ao Apalpador a ceibala. E o Apalpador ceibaraa pero antes asegurarase de que a el non lle toque xamais. Convertido nun ser inmortal, liberado da necesidade de comer, e vendo que as castañas se lle estragan todos os anos, decide repartírllelas ós nenos e ás nenas que pasan fame. Por iso, desde aquela, percorre o mundo apalpando as barrigas dos nenos e deixándolle unha presiña das castañas do seu castiñeiro a aqueles que a teñen valeira. Narración e Monicreques | +6 | 50 min. Entrada con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura) Organiza: Concellaría de Cultura |
CONTENT-CAT.1614669194
*28/12/2020
**
SALA MANUEL MARÍA / BARBADÁS Este martes 29 de Decembro proxectamos a película KLAUS, será en dúas sesións, ás 17h. e ás 18:30h. debido ás restricción pola COVID só haberá 30 localidades en cada pase. Sinopse: Jesper é carteiro. Como era o peor estudante da academia postal, o destinan a un xélido lugar máis alá … Seguir lendo Programa de Nadal →
Programa de Nadal 28/12/2020 |
---|
Programa de NadalSALA MANUEL MARÍA / BARBADÁS Este martes 29 de Decembro proxectamos a película KLAUS, será en dúas sesións, ás 17h. e ás 18:30h. debido ás restricción pola COVID só haberá 30 localidades en cada pase. Sinopse: Jesper é carteiro. Como era o peor estudante da academia postal, o destinan a un xélido lugar máis alá de Círculo Polar Ártico. Os seus habitantes nunca envían cartas, de modo que Jesper está a punto de rendirse, ata que atopa a Klaus. Un fabricante de xoguetes que vive illado nunha cabaña repleta de xoguetes feitos a man. Ambos faranse amigos mentres deciden traer de volta a alegría ao lugar, porque un verdadeiro acto de xenerosidade sempre xera outro. Entrada con invitación (Recollida na Casa da Cultura) Organiza: Concellaría de Cultura |
CONTENT-CAT.1614669194
*23/12/2020
**
O luns 28 de Decembro, ás 18:30h. actuación de BAOBAB TEATRO co espectáculo “O LOBO E A LÚA” na Sala Manuel María de Barbadás Sinopse Había unha vez un pequeno lobo que vivía no Prado Azul e precisaba falar coa Lúa, era moi importante o que lle tiña que dicir, como a lúa estaba moi … Seguir lendo Programa de Nadal →
Programa de Nadal 23/12/2020 |
---|
Programa de NadalO luns 28 de Decembro, ás 18:30h. actuación de BAOBAB TEATRO co espectáculo “O LOBO E A LÚA” na Sala Manuel María de Barbadás Sinopse Había unha vez un pequeno lobo que vivía no Prado Azul e precisaba falar coa Lúa, era moi importante o que lle tiña que dicir, como a lúa estaba moi lonxe non lle escoitaba, así que o lobo tiña que berrar, cos seus berros non deixaba durmir a ninguén, nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado. No seu intento de falar coa lúa coñece a Mariano, un rato falador e divertido que lle axudará, ou quizais non. No prado azul esta noite, ninguén pode durmir! Información do espectáculo O lobo e a lúa é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante onde os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da Lúa. Unha historia de amizade, superación dos propios medos e de amor. Espectáculo para público familiar a partir de 2 anos. Debido ás restriccións pola COVID só haberá 30 localidades. Entrada con Invitación ta completar aforo (Recollida na Casa da Cultura) Organiza: Concellaría de Cultura
|
CONTENT-CAT.1614669194
*16/12/2020
**
Cinema O vindeiro mércores 23 de Decembro, proxectarase na Casa da Cultura a Película “POLAR EXPRESS”, será en dúas sesións, a primeira ás 17h. e a segunda ás 18:30h. debido ás restriccións pola COVID só haberá 30 localidades para cada sesión. Argumento: Polar Express relata as aventuras que vive un neno, de 8 años de … Seguir lendo Cinema no Nadal →
Cinema no Nadal 16/12/2020 |
---|
Cinema no NadalCinema
O vindeiro mércores 23 de Decembro, proxectarase na Casa da Cultura a Película “POLAR EXPRESS”, será en dúas sesións, a primeira ás 17h. e a segunda ás 18:30h. debido ás restriccións pola COVID só haberá 30 localidades para cada sesión.
Argumento:
Polar Express relata as aventuras que vive un neno, de 8 años de idade na noite do 24 de decembro, en Noiteboa, xusto cando comeza a perder a esperanza de continuar crendo na existencia de Papa Noël e o espíritu que conleva celebrar Nadal.
Entrada con Invitación (Recollida na Casa da Cultura)
Organiza: Concellaría de Cultura
|
CONTENT-CAT.1614669194
*15/12/2020
**
Actuación do Grupo Pedras de Cartón Dentro do Programa de Nadal do Concello de Barbadás, o martes 22 de Decembro, ás 18:30h. contaremos coa actuación do Grupo Pedras de Cartón que presenta a historia do “Lazarillo de Tormes” contada por primeira vez con máscaras e sen palabras. A compañía conta para esta tarefa con profesionais … Seguir lendo Programación de Nadal →
Programación de Nadal 15/12/2020 |
---|
Programación de NadalActuación do Grupo Pedras de Cartón
Dentro do Programa de Nadal do Concello de Barbadás, o martes 22 de Decembro, ás 18:30h. contaremos coa actuación do Grupo Pedras de Cartón que presenta a historia do “Lazarillo de Tormes” contada por primeira vez con máscaras e sen palabras. A compañía conta para esta tarefa con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro infantil e xuvenil, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro. Así, Xosé Manuel Esperante, Xosé Vilarelle, Juan Rodríguez e Suso Jalda/Laura Sarasola abordan dende o escenario e baixo a dirección de Pablo Sánchez esta peza picaresca do imaxinario popular que ademais forma parte do currículo educativo nas escolas.
Mención especial do xurado no Festival de Teatro Clásico de Almagro 2020.
Xéneros: Teatro / Duración: 50 min / Público Familiar.
Entrada con Invitación (Recollida na Casa da Cultura)
Debido ás restriccións haberá só 30 localidades.
Organiza: Concellaría de Cultura
|
CONTENT-CAT.1614669194
*14/12/2020
**
Comeza a votación telemática para concurso de escaparates e balcóns, xanelas e portais
A votación comeza hoxe e remata o 21 de decembro.
COMEZA A VOTACIÓN PARA O CONCURSO DE ESCAPARATES DE COMERCIOS E HOSTALARÍA TAMÉN SE PODEN VOTAR AS MELLORES, XANELAS, BALCÓNS E PORTAIS A votación comeza hoxe e remata o 21 de decembro. A votación pode realizarse a través do formulario da web https://www.barbadas.es/ As persoas que o desexen poden votar ao mellor escaparate de … Seguir lendo Comeza a votación telemática para concurso de escaparates e balcóns, xanelas e portais →
Comeza a votación telemática para concurso de escaparates e balcóns, xanelas e portais 14/12/2020 |
---|
Comeza a votación telemática para concurso de escaparates e balcóns, xanelas e portaisA votación comeza hoxe e remata o 21 de decembro. COMEZA A VOTACIÓN PARA O CONCURSO DE ESCAPARATES DE COMERCIOS E HOSTALARÍA TAMÉN SE PODEN VOTAR AS MELLORES, XANELAS, BALCÓNS E PORTAIS
– Enlace ao formulario do Concurso de XANELAS, BALCÓNS e PORTAIS: (Preme na imaxe)
– Enlace para votación do concurso de ESCAPARATES: (Preme na imaxe)
|
CONTENT-CAT.1614669194
*01/12/2020
**
Actuación da QUINTA DO CUADRANTE
Presenta: O EMPAPELADO AMARELO un espectáculo teatral unipersoal, protagonizado por Melania Cruz, que parte do relato autobiográfico homónimo publicado en 1891 pola autora norteamericana Charlotte Perkins Gilman. Sábado 5 de Decembro ás 20h. / Domingo 6 de Decembro ás 19h. Sinopse: Nel narra, en primeira persoa, as perniciosas consecuencias dun tratamento médico que lle fora … Seguir lendo Actuación da QUINTA DO CUADRANTE →
Actuación da QUINTA DO CUADRANTE 01/12/2020 |
---|
Actuación da QUINTA DO CUADRANTEPresenta: O EMPAPELADO AMARELO un espectáculo teatral unipersoal, protagonizado por Melania Cruz, que parte do relato autobiográfico homónimo publicado en 1891 pola autora norteamericana Charlotte Perkins Gilman.
Sábado 5 de Decembro ás 20h. / Domingo 6 de Decembro ás 19h.
Sinopse:
Nel narra, en primeira persoa, as perniciosas consecuencias dun tratamento médico que lle fora diagnosticado por un coñecido doutor da época para combater o estado melancólico e depresivo no que se atopaba a raíz do nacemento da súa primeira filla.
Este tratamento consistía basicamente na eliminación de todo tipo de actividade intelectual e creativa, nunha dieta hipercalórica e nun encerro case total no seu fogar. Este remata por converterse nun cárcere onde ela, acostumada a unha intensa actividade social e artística, acabaría por achegarse ao abismo da existencia e ao límite da súa cordura.
A autora utiliza as claves do relato de terror gótico para denunciar os mecanismos de represión propios do heteropatriarcado sobre as mulleres da súa época, privadas de todo tipo de voz pública e pechadas nun sistema que as facía plenamente dependentes dos seus esposos. Rebélase así contra as convencións da época, apostando por unha radical liberación da muller do xugo masculino e unha defensa da necesidade de conformarse como suxeito de pleno dereito, empoderándose sen concesións.
O empapelado amarelo é unha das mellores mostras da literatura feminista mundial do século XIX, que aínda hoxe é xerme de diversas interpretacións, revisións e novas lecturas por parte de artistas de todo o mundo, dado o seu carácter fundacional, onde a autora constrúe unha personaxe que representa un arquetipo contemporáneo da loita da muller por acadar a liberdade plena.
Espectáculo recomendado para maiores de 14 anos en adiante.
Debido ás restricción polo COVID, só haberá 30 localidades disponibles.
Entrada libre con invitación (Recollidas na Casa da Cultura)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
|
CONTENT-CAT.1614669194
*27/11/2020
**
Presentación programa de Nadal de Barbadás
Como novidades a comunicación con Papá Noël e Reis Magos a traves de videochamada de WhatsApp e a Casa da Mocidade
A PROGRAMACIÓN DE NADAL 2020-21 INCLÚE COMO NOVIDADES A COMUNICACIÓN CON PAPÁ NOEL E REIS MAGOS A TRAVÉS DE VIDEOCHAMADA DE WASAP E UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA CASA DA MOCIDADE O concurso de ventás e balcóns mantense e haberá animación pola rúa con fío musical O acendido do Nadal será o 7 de … Seguir lendo Presentación programa de Nadal de Barbadás →
Presentación programa de Nadal de Barbadás 27/11/2020 |
---|
Presentación programa de Nadal de BarbadásComo novidades a comunicación con Papá Noël e Reis Magos a traves de videochamada de WhatsApp e a Casa da Mocidade A PROGRAMACIÓN DE NADAL 2020-21 INCLÚE COMO NOVIDADES A COMUNICACIÓN CON PAPÁ NOEL E REIS MAGOS A TRAVÉS DE VIDEOCHAMADA DE WASAP E UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA CASA DA MOCIDADE O concurso de ventás e balcóns mantense e haberá animación pola rúa con fío musical O acendido do Nadal será o 7 de decembro
SÁBADO 5 DE DECEMBRO 20:00h OBRA DE TEATRO “O empapelado amarelo” – Auditorio Manuel María DOMINGO 6 DE DECEMBRO 19:00h OBRA DE TEATRO “O empapelado amarelo” – Auditorio Manuel María LUNS 7 DE DECEMBRO 19:00h Inauguración do Nadal. Acendido do alumeado. VENRES 11 DE DECEMBRO 20:00h OBRA DE TEATRO “Bravas” (público adulto) LUNS 21 DE DECEMBRO 18:00h Exposición e entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal MARTES 22 DE DECEMBRO 17:00h CINE INFANTIL – Auditorio Manuel María 18:30h CINE INFANTIL- Auditorio Manuel María MÉRCORES 23 DE DECEMBRO 18:30h OBRA DE TEATRO- Auditorio Manuel María LUNS 28 DE DECEMBRO 16:00h-19:00h CIRCUITO DE PATINAXE- Colexio Filomena Dato 18:30h OBRA DE TEATRO- Auditorio Manuel María MARTES 29 DE DECEMBRO 16:00h-19:00h CIRCUITO DE PATINAXE- Colexio Filomena Dato 17:00h CINE INFANTIL- Auditorio Manuel María 18:30h CINE INFANTIL- Auditorio Manuel María MÉRCORES 30 DE DECEMBRO 16:00h-19:00h CIRCUITO DE PATINAXE- Colexio Filomena Dato 17:00h Visita do Apalpador- Auditorio Manuel María 18:00h Visita do Apalpador- Auditorio Manuel María LUNS 4 DE XANEIRO 18:30h OBRA DE TEATRO – Auditorio Manuel María ( Sarabela Teatro)
–Concurso de TikTok ( as datas son as mesmas que o concurso de balcóns, ventás…) -15/16/17/18 decembro ( masterclass de nadal para adultos no polideportivo, martes e xoves de ioga e mércores e venres mix outras máis activas e movidas) – 23 de decembro masterclass de nadal para nenos/as ( de 17 a 18, podendo vir acompañados de algún adulto da mesma unidade familiar) -26 de decembro ( xornada de portas abertas na casa da mocidade). -28/29/30 xinkana de patinaxe no “Filomena Dato” de 16:00 a 19:00
|
CONTENT-CAT.1614669194
*25/11/2020
**
Queres que te chamen o Papá Noel e Reis Magos??
OS REIS MAGOS E PAPÁ NOEL CHEGARÁN AOS FOGARES DE TODAS AS CRIANZAS DE BARBADÁS A TRAVES DE UNHA VIDEOCHAMADA Todos/as nenos/as de Barbadás terán a posibilidade de falar con Papá Noel e os Reis Magos este Nadal. A partir de hoxe 25 de novembro todas as crianzas do municipio de Barbadás poderán inscribirse para … Seguir lendo Queres que te chamen o Papá Noel e Reis Magos?? →
Queres que te chamen o Papá Noel e Reis Magos?? 25/11/2020 |
---|
Queres que te chamen o Papá Noel e Reis Magos??OS REIS MAGOS E PAPÁ NOEL CHEGARÁN AOS FOGARES DE TODAS AS CRIANZAS DE BARBADÁS A TRAVES DE UNHA VIDEOCHAMADA
|
CONTENT-CAT.1614669194
*23/11/2020
**
Proxección da película Tódalas mulleres que coñezo
O Venres 27 de novembro, ás 20h. Proxección da película “TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO” no Auditorio Manuel María de Barbadás, dentro do Programa de actos do 25N. Tódalas mulleres que coñezo Xiana do Teixeiro, 2018 Do persoal ao político, as vivencias de mulleres diversas evidencian como de masculinizada e violenta segue a ser a rúa … Seguir lendo Proxección da película Tódalas mulleres que coñezo →
Proxección da película Tódalas mulleres que coñezo 23/11/2020 |
---|
Proxección da película Tódalas mulleres que coñezoO Venres 27 de novembro, ás 20h. Proxección da película “TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO” no Auditorio Manuel María de Barbadás, dentro do Programa de actos do 25N. Tódalas mulleres que coñezoXiana do Teixeiro, 2018 Do persoal ao político, as vivencias de mulleres diversas evidencian como de masculinizada e violenta segue a ser a rúa hoxe en día. En tres conversas reveladoras con amigas, colaboradoras e estudantes de secundaria, a directora busca artellar un discurso sobre o medo que non fomente o medo, un discurso sobre a violencia que non resulte violento. Cine directo e horizontal, autocrítica e ruptura do relato. Unha historia de sororidade universal. Entrada libre con invitación (Recollida de invitacións na Casa da Cultura) Debido ás restriccións só haberá 30 entradas para cada sesión. Organiza: CIM Barbadás Colabora: Concellaría de Cultura.
|
CONTENT-CAT.1614669194
*16/11/2020
**
Concurso de Tarxetas de Nadal 2020
Presentación será dende o día 17 ata o 27 de Novembro de 2020
BASES REGULADORAS DO CONCURSO INFANTIL DE TARXETAS DE NADAL 2020 Destinatarios Dirixido ás nenas e nenos do Concello de Barbadás, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Categorías Establécense dúas categorías: Alumnos/as de 1º a 3º de Primaria. Alumnos/as de 4º a 6º de Primaria. Normas de participación As tarxetas presentadas … Seguir lendo Concurso de Tarxetas de Nadal 2020 →
Concurso de Tarxetas de Nadal 2020 16/11/2020 |
---|
Concurso de Tarxetas de Nadal 2020Presentación será dende o día 17 ata o 27 de Novembro de 2020 BASES REGULADORAS DO CONCURSO INFANTIL DE TARXETAS DE NADAL 2020
Dirixido ás nenas e nenos do Concello de Barbadás, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.
Establécense dúas categorías:
As tarxetas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
As tarxetas poderán presentarse na Casa da Cultura deixándoas no buzón habilitado para tal efecto ou nos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro. O prazo de presentación será dende o día 17 ata o 27 de Novembro de 2020. As tarxetas deberán presentarse en sobre pechado con pseudónimo e idade, dirixido a Concellaría de Cultura de Barbadás “Concurso de Tarxetas de Nadal 2020”, e incluindo no interior outro sobre pechado cos datos persoais: nome e apelidos, dirección, idade e nº de teléfono.
1º Premio: un puzle 3D e un lote de libros. 2º Premio: un puzle 3D e un lote de libros.
1º Premio: un altofalante conectable por bluetooth e un lote de libros. 2º Premio: un altofalante conectable por bluetooth e un lote de libros.
A participación no concurso suporá a aceptación das presentes bases. A Concellaría de Cultura resérvase o dereito a realizar os cambios que poida considerar necesarios.
|
CONTENT-CAT.1614669194
*02/11/2020
**
Biblioteca Pública Municipal de Barbadás
A Biblioteca Pública Municipal de Barbadás informa: A partir do luns 2 de novembro volvemos ó noso horario habitual de funcionamento: De luns a venres de 10 a 13h. e de 16 a 20h. Continuamos coas restriccións da COVID, así pois Non se pode acceder aos fondos libremente, haberá que pedilos ao persoal da Biblioteca. … Seguir lendo Biblioteca Pública Municipal de Barbadás →
Biblioteca Pública Municipal de Barbadás 02/11/2020 |
---|
Biblioteca Pública Municipal de BarbadásA Biblioteca Pública Municipal de Barbadás informa: A partir do luns 2 de novembro volvemos ó noso horario habitual de funcionamento: De luns a venres de 10 a 13h. e de 16 a 20h. Continuamos coas restriccións da COVID, así pois Non se pode acceder aos fondos libremente, haberá que pedilos ao persoal da Biblioteca. É necesario pedir os libros a través do correo electrónico: biblioteca@barbadas.es Para buscar libros da nosa Biblioteca poden facelo en: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ Mandamos as novidades desta 2ª quincena de outubro do 2020. |
CONTENT-CAT.1614669194
*21/10/2020
**
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO
Este domingo 25 de Outubro pechamos o FITO cunha actuación espectacular, será coa Compañía Burgalesa ALAUDA que nos trae os espectáculo “INGENII MACHINA”, será no Patio do Colexio Filomena Dato en A Valenzá. Haberá varios pases: Ás 12h. – Ás 12:30h. -Ás 13h. – Ás 13:30h. Ás 16:30h. – Ás 17h. – Ás 17:30h. – … Seguir lendo FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO →
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO 21/10/2020 |
---|
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITOEste domingo 25 de Outubro pechamos o FITO cunha actuación espectacular, será coa Compañía Burgalesa ALAUDA que nos trae os espectáculo “INGENII MACHINA”, será no Patio do Colexio Filomena Dato en A Valenzá.
Haberá varios pases:
Só poderán asistir 20 persoas en cada pase (por orden de chegada), e terán unha duración de 25 minutos, despois procederase a desinfectar ás máquinas.
SIPNOSE:
Espectáculo de animación de rúa de gran tamaño baseado en diversos dispositivos mecánicos, creados coa intención de buscar a interacción lúdica e diversión do público.
Unha marioneta de 5 metros de altura, manipulada polo público, autómatas mecánicos, paneis con diversos mecanismos e engrenaxes, unha pirámide que garda no seu interior un enigma que deberás descubrir, un guindastre con mecanismos e
poleas na que tres xogadores, con máxima colaboración e coordinación, terán que conseguir transportar uns obxectos dentro dun espazo. Todo iso amenizado polo divertido Musicóptero, un triciclo que con só a enerxía xerada polos pedais pon en marcha un organillo.
¡Anímate a participar! ¡O FITO REMATA AQUÍ EN BARBADÁS!
Concellaría de Cultura de Barbadás
|
CONTENT-CAT.1614669194
*16/10/2020
**
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO
Mañá sábado 17 de outubro, ás 21h. ESTREA da obra “O RARO É QUE BAILAR SEXA RARO” a cargo de ANDREA QUINTANA, será no Auditorio Manuel María de Barbadás (A Valenzá) SIPNOSE: Isto vai de ir de cámping ao teu corpo, de montar unha festa no interior. De escoitar o fluxo do sangue. Bailar dende … Seguir lendo FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO →
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO 16/10/2020 |
---|
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITOMañá sábado 17 de outubro, ás 21h. ESTREA da obra “O RARO É QUE BAILAR SEXA RARO” a cargo de ANDREA QUINTANA, será no Auditorio Manuel María de Barbadás (A Valenzá) SIPNOSE: Isto vai de ir de cámping ao teu corpo, de montar unha festa no interior. De escoitar o fluxo do sangue. Bailar dende aí, cos xeonllos flexibles, accesibles. De mover o aire, desordenalo todo e seguir bailando. De facerse residente do teu corpo, de estar e deixar de estar á vez. De permanecer no tránsito e ocupar ese espazo. Isto vai de bailar bailando. Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incompresible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle. Con todas nós: un corpo en rebelión, atravesado, sublevado, a bailarina non normativa, a bailarina faquir, a taumaturga, a subalterna. Esta é unha peza autobiográfica sen biografía, unha lea de identidades, un trampantojo dramatúrxico. Unha peza participada na que ninguén participa. Debido ás restriccións só haberá 30 entradas para cada sesión. Recollida de invitacións na Casa da Cultura. Concellaría de Cultura de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*
**
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO
Hoxe venres 16 de outubro, ás 21h. no Auditorio Manuel María de Barbadás, actuación de CÁMARA NEGRA que nos presenta a montaxe “SI ESTO ES UN HOMBRE” Sinopse: En 1944, Primo Levi foi deportado a Auschwitz. Tiña 24 anos. Durante a súa estancia no campo, empezou a escribir “Se isto é un home”, o relato … Seguir lendo FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO →
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO 16/10/2020 |
---|
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITOHoxe venres 16 de outubro, ás 21h. no Auditorio Manuel María de Barbadás, actuación de CÁMARA NEGRA que nos presenta a montaxe “SI ESTO ES UN HOMBRE”
Sinopse:
En 1944, Primo Levi foi deportado a Auschwitz. Tiña 24 anos. Durante a súa estancia no campo, empezou a escribir “Se isto é un home”, o relato dos dez meses que estivo prisioneiro.
En 2020 (76 anos despois), un actor entra nun escenario e enfróntase ao reto de revivir a experiencia de Levi, para tentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores do Século XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século pasado.
Unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano e do noso mundo contemporáneo.
Debido ás restriccións só haberá 30 entradas para cada sesión.
Recollida de invitacións na Casa da Cultura.
Concellaría de Cultura de Barbadás
|
CONTENT-CAT.1614669194
*15/10/2020
**
Segunda xornada do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) en Barbadás
BARBADÁS SEGUE DISFRUTANDO DO TEATRO NO MARCO DA PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATROS DE OURENSE (FITO) Festival Internacional de Teatro de Ourense en Barbadás. Xoves 15 de outubro. Casa de Cultura Manuel María, na Valenzá (Rúa San Bernabé, 37). Compañía de teatro O mono habitado. Posta en escena da obra … Seguir lendo Segunda xornada do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) en Barbadás →
Segunda xornada do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) en Barbadás 15/10/2020 |
---|
Segunda xornada do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) en BarbadásBARBADÁS SEGUE DISFRUTANDO DO TEATRO NO MARCO DA PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATROS DE OURENSE (FITO)
|
CONTENT-CAT.1614669194
*
**
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO
Hoxe xoves 15 de outubro no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María, actuación de O MONO HABITADO coa obra “BENDITAS” Faranse tres pases: ás 19h. ás 20h. e ás 21h. SIPNOSE: Unhas pastoras atópanse no campo cos seus rabaños cando teñen, ou cren ter, unha aparición mariana. Dúas mulleres e un resplandor derivan nunha … Seguir lendo FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO →
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO 15/10/2020 |
---|
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITOHoxe xoves 15 de outubro no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María, actuación de O MONO HABITADO coa obra “BENDITAS”
Faranse tres pases: ás 19h. ás 20h. e ás 21h.
SIPNOSE:
Unhas pastoras atópanse no campo cos seus rabaños cando teñen, ou cren ter, unha aparición mariana. Dúas mulleres e un resplandor derivan nunha conversa sobre o humano e o divino que pasará polo reproche pero tamén pola comprensión e camaradería. Un delirio entre pulgas e milagres. Benditas xorde do desexo de reflexionar como artistas sobre determinados temas e de converter esa relexión nun diálogo co público. A través da comicidade propón unha mirada crítica sobre os modelos femininos que a relixión leva sosteñendo ao longo da historia. Máis de 2000 anos de figuras sumisas, sometidas, invisibilizadas, asociadas ao pecado e valoradas como sufridoras e mártires, algo ten que ter deixado no noso incosnciente.
Benditas é a terceira produción da compañía afincada en Vitoria-Gasteiz.
Debido ás restriccións só haberá 30 entradas para cada sesión.
Recollida de invitacións na Casa da Cultura.
Concellaría de Cultura de Barbadás
|
CONTENT-CAT.1614669194
*13/10/2020
**
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO – FITO
CAMBIO DE UBICACIÓN DO ESPECTÁCULO DO MONO HABITADO Mañá mércores 14 de outubro comenzamos o Fito, POR MOTIVOS ALLEOS Á ORGANIZACIÓN, temos que cambiar a ubicación do grupo O MONO HABITADO, pasando a realizarse no Pabillón do Colexio Filomena Dato. Será ás 19h. e con aforo limitado (75 prazas) por orden de chegado ó Pabillón. … Seguir lendo FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO – FITO →
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO – FITO 13/10/2020 |
---|
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO – FITOCAMBIO DE UBICACIÓN DO ESPECTÁCULO DO MONO HABITADO
Mañá mércores 14 de outubro comenzamos o Fito, POR MOTIVOS ALLEOS Á ORGANIZACIÓN, temos que cambiar a ubicación do grupo O MONO HABITADO, pasando a realizarse no Pabillón do Colexio Filomena Dato.
Será ás 19h. e con aforo limitado (75 prazas) por orden de chegado ó Pabillón.
SIPNOSE:
Neste espectáculo sen texto dúas naves interestelares circulan polas rúas sorprendendo aos viandantes. Prodúcese un choque e en plena discusión descóbrese que un dos astronautas é un simio. Unha visión re- evolucionaria en clave de humor da carreira espacial que poñerá en dúbida as teorías de Darwin. Será difícil saber quen é a evolución de quen… Unha comedia espacial na que
o público se converte en cómplice destes inxenuos viaxeiros do espazo-tempo. Un aloucado encontro galáctico de individuos diferentes. Partindo do humor faise unha homenaxe ás seires, cómics e películas de ciencia ficción que alá polo anos 70 nos
amosaban como ía a ser o futuro.- A primeira referenciua evidente é “O planeta dos simios”, pero tamén están “Viaxe á lúa” ou “Encontros na terceira fasse”. O resultado é unha comedia espazial, un aluado pic-nic galáctico, no que o público sentirase cómplice coa inxenuidade destos viaxeiros do espazo e do tempo.
Teatro de rúa.
Aforo reducido pola COVID
¿Participa e disfruta do FITO! Por unha cultura SEGURA.
|
CONTENT-CAT.1614669194
*07/10/2020
**
Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO
Este ano o Concello de Barbadás súmase á iniciativa do FITO e vai participar neste importante Festival. A pesar dos problemas plantexados pola COVID o Festival vai continuar e mandamos a Programación tanto de Ourense como en especial a de Barbadás. A tod@s os interesad@s dicirvos que por culpa da pandemia haberá restriccións nos aforos … Seguir lendo Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO →
Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO 07/10/2020 |
---|
Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITOEste ano o Concello de Barbadás súmase á iniciativa do FITO e vai participar neste importante Festival.
A pesar dos problemas plantexados pola COVID o Festival vai continuar e mandamos a Programación tanto de Ourense como en especial a de Barbadás.
A tod@s os interesad@s dicirvos que por culpa da pandemia haberá restriccións nos aforos dos espectáculos tanto de rúa como de interior no Auditorio da Casa da Cultura, e que estedes atent@s para poder participar.
¡Levántase o telón!
|
CONTENT-CAT.1614669194
*01/10/2020
**
O Festival Internacional de Teatro de Ourense inaugura e pon o broche final en Barbadás
O FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE AMPLIA AS SÚAS FRONTEIRAS ATA BARBADÁS A XORNADA DE INICIO DO FITO E A CLAUSURA TERÁN O SEU ESCENARIO EN BARBADÁS O día 14 de outubro será a xornada inaugural do FITO coa compañía O mono habitado coa obra “Primatium, un tropezó na carreira espacial A clausura do … Seguir lendo O Festival Internacional de Teatro de Ourense inaugura e pon o broche final en Barbadás →
O Festival Internacional de Teatro de Ourense inaugura e pon o broche final en Barbadás 01/10/2020 |
---|
O Festival Internacional de Teatro de Ourense inaugura e pon o broche final en BarbadásO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE AMPLIA AS SÚAS FRONTEIRAS ATA BARBADÁS A XORNADA DE INICIO DO FITO E A CLAUSURA TERÁN O SEU ESCENARIO EN BARBADÁS O día 14 de outubro será a xornada inaugural do FITO coa compañía O mono habitado coa obra “Primatium, un tropezó na carreira espacial A clausura do FITO correrá a cargo da compañía Alauda (Burgos) coa posta en escea de “Ingenii machina”
|
CONTENT-CAT.1614669194
*08/09/2020
**
A CONCELLERÍA DE CULTURA PON EN MARCHA UNHA INICIATIVA PARA FOMENTAR A LECTURA DURANTE A INFANCIA “Contadas no parque” desenrolarase na Solaina entre os días 11 de setembro e o 2 de outubro ás 18,30 horas Para participar na actividade cultural é preciso inscribirse en biblioteca@barbadas.es Os contacontos están dirixidos a nenos e nenas entre … Seguir lendo A Biblioteca de Barbadás promove organiza “Contadas no parque” para promover o hábito da lectura entre os máis cativos →
A Biblioteca de Barbadás promove organiza “Contadas no parque” para promover o hábito da lectura entre os máis cativos 08/09/2020 |
---|
A Biblioteca de Barbadás promove organiza “Contadas no parque” para promover o hábito da lectura entre os máis cativosA CONCELLERÍA DE CULTURA PON EN MARCHA UNHA INICIATIVA PARA FOMENTAR A LECTURA DURANTE A INFANCIA “Contadas no parque” desenrolarase na Solaina entre os días 11 de setembro e o 2 de outubro ás 18,30 horas Para participar na actividade cultural é preciso inscribirse en biblioteca@barbadas.es Os contacontos están dirixidos a nenos e nenas entre os 5 e os 11 anos
|
CONTENT-CAT.1614669194
*04/09/2020
**
A Biblioteca Pública de Barbadás presenta o programa “Contadas no parque” Esta composto por catro actividades que consisten en narracions a cargo de diferentes compañías e artistas. Será necesaria a inscrición previa, cubrindo a solicitude que se abxunta e posterior envío o correo electrónico: biblioteca@barbadas.es O prazo de inscrición comeza o día 7 de setembro. … Seguir lendo Contadas no parque →
Contadas no parque 04/09/2020 |
---|
Contadas no parqueA Biblioteca Pública de Barbadás presenta o programa “Contadas no parque” Esta composto por catro actividades que consisten en narracions a cargo de diferentes compañías e artistas. Será necesaria a inscrición previa, cubrindo a solicitude que se abxunta e posterior envío o correo electrónico: biblioteca@barbadas.es O prazo de inscrición comeza o día 7 de setembro. Máis información: Casa da Cultura Manuel María Teléfono: 988 24 68 85 Correo electrónico: biblioteca@barbadas.es |
CONTENT-CAT.1614669194
*02/09/2020
**
O Programa Cultural de Verán do Concello de Barbadás “E NO VERÁN…? REFRÉSCATE COA CULTURA”, finaliza esta semana con dous eventos, o XOVES 3 DE SETEMBRO con unha proxección de cinema e o DOMINGO 6 DE SETEMBRO cun espectáculo teatral para os máis pequen@s. DOMINGO 6 DE SETEMBRO, ÁS 20H. no Parque dos Patos de … Seguir lendo REDRUM TEATRO en Barbadás →
REDRUM TEATRO en Barbadás 02/09/2020 |
---|
REDRUM TEATRO en BarbadásO Programa Cultural de Verán do Concello de Barbadás “E NO VERÁN…? REFRÉSCATE COA CULTURA”, finaliza esta semana con dous eventos, o XOVES 3 DE SETEMBRO con unha proxección de cinema e o DOMINGO 6 DE SETEMBRO cun espectáculo teatral para os máis pequen@s.
DOMINGO 6 DE SETEMBRO, ÁS 20H. no Parque dos Patos de A Valenzá, actuación do Grupo REDRUM TEATRO, que nos presenta o espectáculo “A nena que quería navegar”
Sinopse:
A Nena farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.
A Nena que Quería Navegar é unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.
Xénero: Teatro Familiar / Comedia Musical 50′
Organiza: Concellaría de Cultura
Patrocina: Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia
|
CONTENT-CAT.1614669194
*31/08/2020
**
Proxección da película YERTERDAY no Programa de Verán
XOVES 3 DE SETEMBRO ÁS 21H. no Parque dos Patos de A Valenzá, proxección da película YESTERDAY Sinopse: Jack Malik é un cantautor británico que soña coa fama e conta co apoio incondicional da súa amiga Ellie. Tras un accidente, Jack dase conta que é a única persoa que pode recordar aos Beatles. Xénero: Cinema. … Seguir lendo Proxección da película YERTERDAY no Programa de Verán →
Proxección da película YERTERDAY no Programa de Verán 31/08/2020 |
---|
Proxección da película YERTERDAY no Programa de VeránXOVES 3 DE SETEMBRO ÁS 21H. no Parque dos Patos de A Valenzá, proxección da película YESTERDAY Sinopse: Jack Malik é un cantautor británico que soña coa fama e conta co apoio incondicional da súa amiga Ellie. Tras un accidente, Jack dase conta que é a única persoa que pode recordar aos Beatles. Xénero: Cinema. Públco: Todos os públicos. Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*24/08/2020
**
Sarabela Teatro no Programa de Verán
Xoves 27 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos en A Valenzá, actuación do grupo teatral SARABELA TEATRO co espectáculo “Crónicas do Paraíso”, este espectáculo forma parte da Rede REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense) que este ano excepcionalmente poden programarse espectáculos na rúa por culpa do Coronavirus. Sinopse: Madame de Nancy, Clarina … Seguir lendo Sarabela Teatro no Programa de Verán →
Sarabela Teatro no Programa de Verán 24/08/2020 |
---|
Sarabela Teatro no Programa de VeránXoves 27 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos en A Valenzá, actuación do grupo teatral SARABELA TEATRO co espectáculo “Crónicas do Paraíso”, este espectáculo forma parte da Rede REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense) que este ano excepcionalmente poden programarse espectáculos na rúa por culpa do Coronavirus. Sinopse: Madame de Nancy, Clarina e Xan Dorne viaxan cara ao funeral de Madame de Quelven acompañados polo clérigo Sochantre. Durante a noite que pasan xuntos confúndese a morte coa vida e o drama coa comedia. O funeral de Madame de Quelven contextualiza un universo viaxeiro poboado por bandidos, armas, sexo, diñeiro e sangue. Ao ritmo do blues o crime compensa, porque o diñeiro compra todo, incluso a propia morte. Nas “Crónicas do Paraíso” ninguén morre, quizais porque estean todos mortos ou porque o verdadeiro bandido, o poderoso, o socialmente envexado, ese, siga eternamente vivo. Descubrimos que todos son culpables criminosos protexidos, integrados e admirados por unha realidade social que exalta a beatitude do poder económico. A forza do capital, da igrexa e do negocio escuro colocan aos personaxes nunha situación irónica entre vida e morte na que a eternidade acaba por afirmarse como a máis pura recompensa da impunidade xudicial. Xénero: Teatro Público: Todos os públicos. Organiza: Concellaría de Cultura e REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)
|
CONTENT-CAT.1614669194
*18/08/2020
**
O Sonoro Maxín no Programa de Verán
O xoves 20 de Agosto, ás 21h. actuación musical do SONORO MAXÍN co espectáculo “De navallas e cumbias” no Parque dos Patos (A Valenzá) dentro do Programa de Verán e da REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense) NOTA: ESTAMOS PENDIENTES DA PRVISIÓN DO TEMPO, SE CHOVE CANCELAREMOS A ACTUACIÓN E INFORMARASE DA NOVA DATA. … Seguir lendo O Sonoro Maxín no Programa de Verán →
O Sonoro Maxín no Programa de Verán 18/08/2020 |
---|
O Sonoro Maxín no Programa de VeránO xoves 20 de Agosto, ás 21h. actuación musical do SONORO MAXÍN co espectáculo “De navallas e cumbias” no Parque dos Patos (A Valenzá) dentro do Programa de Verán e da REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)
Sinopse do Espectáculo: Nestes tempos tan ingratos cómpre ter a man unha navalla ben afiada. A nosa navalla é a canción. Tamén o baile.O Sonoro Maxín comeza, como unha tarazana, un camiño de ida e volta para compartir, a través da súa música, os momentos e os lugares nos que naceu, creceu e amou. Reclamando un espazo para poder bailar mellor. Reivindicando a música como unha arma de construción masiva. A pedra está amolando as nosas cancións, deixándoas ben xeitosas para partir polo medio a intolerancia que nos está a invadir. Esperta o coitelo do seu soño. Saca a túa navalla preferida. Déixanos acompañarte a darlle unha tallada a esta verbena mundial na que vivimos. Xéneros: Verbena, música de baile , Fusión-RapPúblico: Todos os públicos.Organiza: Concellaría de Cultura e REAOU(Rede de Auditorios Provincial de Ourense) |
CONTENT-CAT.1614669194
*10/08/2020
**
Inventi Teatro no Programa de Verán
Este xoves 13 de Agosto, ás 21h., unha nova actuación no Programa de Verán do Concello, trátase do Grupo de Teatro INVENTI co espectáculo “A tropa do doutor Milagre”, será no Parque dos Patos de A Valenzá. Sinopse: Un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os … Seguir lendo Inventi Teatro no Programa de Verán →
Inventi Teatro no Programa de Verán 10/08/2020 |
---|
Inventi Teatro no Programa de VeránEste xoves 13 de Agosto, ás 21h., unha nova actuación no Programa de Verán do Concello, trátase do Grupo de Teatro INVENTI co espectáculo “A tropa do doutor Milagre”, será no Parque dos Patos de A Valenzá. Sinopse: Un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre. Non ten pelo? Alopecia? Síntese débil e decaído? Sen apetito… de ningún tipo? Probe os produtos do Doutor Milagre: Espumosos xampús, elixires fertilizantes ou inxeccións máxicas… Proximamente a súa vila encherase de diversión e alegría coa chegada do Expreso do Doutor Milagre. Agoniado polas débedas e impulsado por unha necesidade imperiosa de facer fortuna este atolado médico/inventor toma unha arriscada decisión: Facerse con un autobús abandonado para convertelo nun autentico show de venta ambulante. Para esta aventura estará acompañado do seu fiel axudante, o pequeno Miñoca e a exuberante Madame Bobarí. Música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia, maxia e moito máis neste delirante espectáculo de rúa. Teatro de rúa | Todos os públicos | 45 min. Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*03/08/2020
**
Ghazafelhos no Programa de Verán
O Xoves 6 de Agosto, ás 21h., nova actuación do Programa de Verán do Concello, trátase do Grupo GHAZAFELHOS que nos presenta o espectáculo “Acuario” será no Parque dos Patos de A Valenzá. Sinopse: Acuario está baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente … Seguir lendo Ghazafelhos no Programa de Verán →
Ghazafelhos no Programa de Verán 03/08/2020 |
---|
Ghazafelhos no Programa de VeránO Xoves 6 de Agosto, ás 21h., nova actuación do Programa de Verán do Concello, trátase do Grupo GHAZAFELHOS que nos presenta o espectáculo “Acuario” será no Parque dos Patos de A Valenzá. Sinopse: Acuario está baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral. Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos monicreques, dos actores que lle imprimen humor e dinamismo á actividade, da música e dunha escenografía sinxela e á vez atractiva. Acuario é un conxunto de versos doados e musicais que en ningún momento esquecen o seu propósito didáctico: Amosar a maxia do noso patrimonio lingüístico…e mariño. Teatro actoral | Público infantil e familiar (+5) |60 min Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*27/07/2020
**
Continúa avanzando o Programa de Verán do Concello, neste ocasión contamos co Grupo PÍSCORE que nos presenta o espectáculo “Concerto Con Fusión”, será o xoves 30 de Xullo ás 21h., no Parque dos Patos (A Valenzá) Sinopse: Mantendo a anterior e exitosa líña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia … Seguir lendo Píscore no Programa de Verán →
Píscore no Programa de Verán 27/07/2020 |
---|
Píscore no Programa de VeránContinúa avanzando o Programa de Verán do Concello, neste ocasión contamos co Grupo PÍSCORE que nos presenta o espectáculo “Concerto Con Fusión”, será o xoves 30 de Xullo ás 21h., no Parque dos Patos (A Valenzá) Sinopse: Mantendo a anterior e exitosa líña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos, como música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco. Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seu instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que o que podería ser un desastre se convirta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos. Público: Todos os públicos / 55 min. / Tipo espectáculo: Familiar Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*24/07/2020
**
Convocatorio de subvencións a asociacións e entidades culturais do Concello de Barbadás para o ano 2020 24/07/2020 |
---|
Convocatorio de subvencións a asociacións e entidades culturais do Concello de Barbadás para o ano 2020Aberto o prazo de para a solicitude de subvencións a asociacións e entidades culturais debidamente rexistradas no Concello de Barbadás para a realización de actividades culturais durante o ano 2020.
|
CONTENT-CAT.1614669194
*20/07/2020
**
MUU no Programa de Verán de Barbadás
O Xoves 23 de Xullo, ás 21h., unha nova actuación con MUU e o seu espectáculo “Crunch” continuando co Programa de Verán do Concello, será no Parque dos Patos (A Valenzá) Onde están cando se lles necesita? É unha pregunta que adoitamos facernos sobre as nosas amizades, a clase política, a familia… algunha vez eles … Seguir lendo MUU no Programa de Verán de Barbadás →
MUU no Programa de Verán de Barbadás 20/07/2020 |
---|
MUU no Programa de Verán de BarbadásO Xoves 23 de Xullo, ás 21h., unha nova actuación con MUU e o seu espectáculo “Crunch” continuando co Programa de Verán do Concello, será no Parque dos Patos (A Valenzá) Onde están cando se lles necesita? É unha pregunta que adoitamos facernos sobre as nosas amizades, a clase política, a familia… algunha vez eles fallan, pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, aconciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No XÉNERO: circo e clown / 50’ / FAMILIAR. Organiza: Concellaría de Cultura.
|
CONTENT-CAT.1614669194
*13/07/2020
**
Charo Pita no Programa de Verán
O xoves 16 de Xullo, ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá), actuación de CHARO PITA co espectáculo “No País do vento” dentro do Programa de Verán do Concello. No País do Vento nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando … Seguir lendo Charo Pita no Programa de Verán →
Charo Pita no Programa de Verán 13/07/2020 |
---|
Charo Pita no Programa de VeránO xoves 16 de Xullo, ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá), actuación de CHARO PITA co espectáculo “No País do vento” dentro do Programa de Verán do Concello. No País do Vento nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas ao lombo das brisas e dos furacáns. Moitos son as personaxes que habitan este país de asubíos e airexas: unha científica incorrixible e algo poeta que chegou a explorar o País do vento; noivas, donas, magas bruxas e tolas, mulleres magníficas todas, que bailan unha canción tradicional deste país de brisas; unha familia de papaventos que é feliz buscando países imaxinarios que visitar; un corazón que viaxa nunha cáscara de noz; unha xirafa que quería ser araña e unha araña que quería ser xirafa; o Pato Simón; unhas pitas refuxiadas, un reloxo que no canto de dar horas, dá risa … E así, con moitas ganas de bailar e de gozar, vaise esgallando aos pouquiños este espectáculo. Espectáculo musical |55 min | +3 Organiza: Concellaría de Cultura |
CONTENT-CAT.1614669194
*06/07/2020
**
Fantoches Bag no Programa de Verán
O Xoves 9 de Xullo, ás 21h., no Parque dos Patos unha nova actuación do Programa de Verán do Concello, estará con nós o Grupo FANTOCHES BAG que nos presenta o espectáculo “Os romeiros do caracol”. Sinopse: Un espectáculo infantil sobre Antón Fraguas… Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de San Andrés de … Seguir lendo Fantoches Bag no Programa de Verán →
Fantoches Bag no Programa de Verán 06/07/2020 |
---|
Fantoches Bag no Programa de VeránO Xoves 9 de Xullo, ás 21h., no Parque dos Patos unha nova actuación do Programa de Verán do Concello, estará con nós o Grupo FANTOCHES BAG que nos presenta o espectáculo “Os romeiros do caracol”. Sinopse: Un espectáculo infantil sobre Antón Fraguas… O espectáculo está baseado na obra Romarías e Santuarios de Galicia de Antón Fraguas. A escenografía do espectáculo é un enorme caracol vivenda no que se contan e cantan cancións e as lendas de San Andrés. Monicreques, cartel de cego, máscaras, reque-reque e un limberjack son algúns dos recursos do teatro popular que utilizaremos neste espectáculo con música en directo interpretada polo acordeón diatónico de Carlos Quintá. Organiza: Concellaría de Cultura |
CONTENT-CAT.1614669194
*01/07/2020
**
E no verán…? Refréscate coa cultura
Este xoves 2 de Xullo, ás 21h., iniciamos o Programa de Verán do Concello, coa actuación de circo de SU.MA que nos presenta o espectáculo “Ikagai” no Parque dos Patos de A Valenzá. Sinopse: Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía. Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz … Seguir lendo E no verán…? Refréscate coa cultura →
E no verán…? Refréscate coa cultura 01/07/2020 |
---|
E no verán…? Refréscate coa culturaEste xoves 2 de Xullo, ás 21h., iniciamos o Programa de Verán do Concello, coa actuación de circo de SU.MA que nos presenta o espectáculo “Ikagai” no Parque dos Patos de A Valenzá. Sinopse: Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía. Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das interpretes co espectador. |
CONTENT-CAT.1614669194
*22/06/2020
**
O PARQUE DOS PATOS SERÁ O ENTORNO DO “VERÁN CULTURAL” DE BARBADÁS Teatro, cine, literatura, circo, danza, clown conforman a programación cultural que se desenrolará todos os xoves dende o 2 de xullo ao 3 de setembro O programa cultural “E no verán? Refréscate coa Cultura” comeza o xoves 2 de xullo ás 21,00 horas … Seguir lendo Programación do “Verán cultural” de Barbadás no Parque dos patos: os xoves entre o 2 de xullo e o 3 de setembro →
Programación do “Verán cultural” de Barbadás no Parque dos patos: os xoves entre o 2 de xullo e o 3 de setembro 22/06/2020 |
---|
Programación do “Verán cultural” de Barbadás no Parque dos patos: os xoves entre o 2 de xullo e o 3 de setembroO PARQUE DOS PATOS SERÁ O ENTORNO DO “VERÁN CULTURAL” DE BARBADÁS Teatro, cine, literatura, circo, danza, clown conforman a programación cultural que se desenrolará todos os xoves dende o 2 de xullo ao 3 de setembro
|
CONTENT-CAT.1614669194
*19/06/2020
**
Campamentos de Verán “Concilia Barbadás”
Prazo inscrición 22 - 25 de xuño
O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN “CONCILIA BARBADÁS COMEZA O LUNS 22 DE XUÑO ATA O XOVES 25 DE XUÑO As inscricións poden realizars de forma telemática ou presencial con cita previa Ofértanse un total de 140 prazas por quincena durante os meses de xullo e agosto A participación nos campamentos terá como … Seguir lendo Campamentos de Verán “Concilia Barbadás” →
Campamentos de Verán “Concilia Barbadás” 19/06/2020 |
---|
Campamentos de Verán “Concilia Barbadás”Prazo inscrición 22 - 25 de xuño O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN “CONCILIA BARBADÁS COMEZA O LUNS 22 DE XUÑO ATA O XOVES 25 DE XUÑO As inscricións poden realizars de forma telemática ou presencial con cita previa Ofértanse un total de 140 prazas por quincena durante os meses de xullo e agosto
– As prazas serán preferentemente para usuarios que teñan polo menos 1 proxenitor empadroado no Concello de Barbadás. No caso de que, as solicitudes que cumpran con este criterio supere ao de prazas dispoñibles, resolverase usando como criterio, entre éstas, o resultado obtido o 26 de febreiro do Sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/2021 da Xunta de Galicia (artigo 29 da Orden do 12 de Marzo de 2013). – Os/as solicitantes non admitidos pasarán a formar parte dunha lista de espera, seguindo a orde establecida no apartado anterior, primeiro os solicitantes que teñan polo menos 1 proxenitor empadroado no Concello de Barbadás ordeados segundo o especificado no apartado 5.2, e despois os solicitantes que non cumpran dito criterio, ordeados segundo o resultado obtido o 26 de febreiro do Sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/2021 da Xunta de Galicia (artigo 29 da Orden do 12 de Marzo de 2013). – No caso de que varios irmáns presenten solicitude para o mesmo campamento e quenda, o feito de que un dos irmáns sexa admitido, suporá a admisión dos demáis irmáns. – No caso de que o solicitante se lle adxudiquen dous campamentos, a adxudicación do segundo campamento quedará condicionada a que non existan en lista de espera de dito campamento solicitantes aos que non lle adxudicase ningún campamento. – Os solicitantes admitidos deberán realizar o pagamento e presentar o xustificante de pago no prazo e forma que se indicarán na publicación dos listados de admitidos/as. – Chamamento por lista de espera: No suposto de que quedasen prazas vacantes, chamarase por rigorosoa orde ós solicitantes en lista de espera, que deberán efectuar o pagamento nun prazo de 2 días unha vez recibida a comunicación telefónica da súa admisión na actividade. Realizarase un máximo de 2 chamadas, de non ser posible a comunicación telefónica, chamarase ó seguinte solicitante da lista.
– A folla de inscrición individual debidamente cumprimentada que se poderá descargar directamente na páxina web do concello, cuxa sinatura produce os efectos de autorización para a asistencia do menor á actividade. – Xustificante certificado pola empresa do horario laboral e das vacacións solicitados no ano 2020 durante o periodo dos campamentos do proxenitor ou proxenitores. – No caso de proxenitores divorciados/separados acreditarán ademáis do anterior, a custodia durante o periodo do campamento solicitado. – No caso de traballadores/as autónomos/as presentarán declaración xurada do horario laboral e das vacacións solicitados no ano 2020, e o recibo do último mes da cuota de autónomo. – No caso de familias monoparentais terán que acreditar dita condición. – Certificado de recoñecemento de discapacidade conforme o especificado no apartado 2.1. – Libro de familia (só no caso de que o/a menor non dispoña de DNI para proceder á comprobación de datos). – Os datos reflectidos na documentación presentada deberán ser certos na súa totalidade; de non ser así, suporá a baixa automática e a perda de todos os dereitos de participación na actividade.
– O custo da praza para os solicitantes é de 20 euros por neno/a. – O pagamento deberá realizarse mediante ingreso ou transferencia bancaria o número de conta / IBAN: ABANCA (A VALENZÁ): ES21 2080 5342 5431 1000 9242 *Indicando como concepto “Campamentos de verán concilia Barbadás”, e o nome e apelidos do menor. -Unha vez efectuado o ingreso correspondente, non se devolverá o importe satisfeito salvo que se acredite a imposibilidade do neno/a de asistir á actividade mediante certificado médico que deberá presentarse cun mínimo de antelación de 48 horas antes do inicio da actividade.
10 prazas en cada un dos seguintes campamentos: Campamento urban “A” (3 a 6 anos) A Valenzá Campamento urban “B” (3 a 6 anos) A Valenzá Campamento urban “C” (7 a 12 anos) A Valenzá Campamento multideporte (7 a 12 anos) A Valenzá Campamento Barbadás (5 a 12 anos) Campamento As Lamas (5 a 12 anos) Campamento Piñor (5 a 12 anos) Campamento Sobrado (5 a 12 anos) Campamento Parada (5 a 12 anos) Campamento Santa Uxía (5 a 12 anos) Campamento Loiro (5 a 12 anos) Campamento Finca Fierro (5 a 12 anos) Campamento Bentraces (5 a 12 anos) Campamento do Fonsillón (5 a 12 anos) 1.2 Quendas: Todos os campamentos se ofertan para cada una das quincenas, sendo éstas: 1o quincena xullo (6 a 17 de xullo) 2o quincena de xullo (20 a 31 de xullo) 1o quincena agosto (3 a 14 de agosto) 2o quincena de agosto (17 a 28 de agosto)
– As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos: – Facer constar a súa condición no apartado que figura no impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios necesarios se os precisaran. – Que no certificado de recoñecemento de discapacidade se recolla a non necesidade de axuda de terceira persoa. – Ter capacidade de integración no grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades programadas que se van a desenvolver.
|
CONTENT-CAT.1614669194
Apertura dos servizos de lectura en sala e acceso a Internet na Biblioteca Municipal de Barbadás 18/06/2020 |
---|
CONTENT-CAT.1614669194
*18/05/2020
**
A BIBLIOTECA DE BARBADÁS RETOMA PROGRESIVAMENTE A SÚA ACTIVIDADE A PARTIR DE HOXE 18 DE MAIO O horario será de 10,00 a 13,00 e só para a devolución de documentos en préstamo O Préstamo de libros realizarase baixo demanda, sen acceso directo aos fondos”, a través do correo electrónico: biblioteca@barbadas.es., e o persoal da Biblioteca … Seguir lendo A Biblioteca de Barbadás retoma progresivamente a súa actividade e abre o 18 de maio para devolución de documentos →
A Biblioteca de Barbadás retoma progresivamente a súa actividade e abre o 18 de maio para devolución de documentos 18/05/2020 |
---|
A Biblioteca de Barbadás retoma progresivamente a súa actividade e abre o 18 de maio para devolución de documentosA BIBLIOTECA DE BARBADÁS RETOMA PROGRESIVAMENTE A SÚA ACTIVIDADE A PARTIR DE HOXE 18 DE MAIO O horario será de 10,00 a 13,00 e só para a devolución de documentos en préstamo O Préstamo de libros realizarase baixo demanda, sen acceso directo aos fondos”, a través do correo electrónico: biblioteca@barbadas.es., e o persoal da Biblioteca responderalle dándolle día e hora para recoller o solicitado
|
CONTENT-CAT.1614669194
*15/05/2020
**
Apertura da Biblioteca Municipal
A Biblioteca Municipal de Barbadás retoma pouco a pouco a súa actividade.
Será a partir do luns 18 de maio.
En horario de 10 a 13h.
Regularase a entrada na instalación de unha soa persoa.
Será exclusivamente, para a devolución de documentos en préstamo.
Préstamo de libros:
“Farase baixo demanda, sen acceso directo aos fondos”, a través do correo electrónico: biblioteca@barbadas.es., e o persoal da Biblioteca responderalle dándolle día e hora para recoller o solicitado, só se permite o acceso dunha soa persoa.
Poderán consultar as obras que ten disponible a Biblioteca no OPAC WEB https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/.
Será obrigatorio acudir á Biblioteca provistos de mascarilla e lavar as mans co xel que facilitaremos nas nosas instalacións.
Para a devolución dos exemplares, procederase á descontaminación dos materiais a través dunha corentena de 14 días.
“Non se realizarán actividades culturais, actividades de estudo en sala ou préstamo interbibliotecario”, e tampouco se poderá facer uso dos ordenadores.
Durante este período, as coleccións en libre acceso permanecerán pechadas ao público.
Apertura da Biblioteca Municipal 15/05/2020 |
---|
Apertura da Biblioteca MunicipalA Biblioteca Municipal de Barbadás retoma pouco a pouco a súa actividade. Será a partir do luns 18 de maio. En horario de 10 a 13h. Regularase a entrada na instalación de unha soa persoa. Será exclusivamente, para a devolución de documentos en préstamo. Préstamo de libros: “Farase baixo demanda, sen acceso directo aos fondos”, a través do correo electrónico: biblioteca@barbadas.es., e o persoal da Biblioteca responderalle dándolle día e hora para recoller o solicitado, só se permite o acceso dunha soa persoa. Poderán consultar as obras que ten disponible a Biblioteca no OPAC WEB https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/. Será obrigatorio acudir á Biblioteca provistos de mascarilla e lavar as mans co xel que facilitaremos nas nosas instalacións. Para a devolución dos exemplares, procederase á descontaminación dos materiais a través dunha corentena de 14 días. “Non se realizarán actividades culturais, actividades de estudo en sala ou préstamo interbibliotecario”, e tampouco se poderá facer uso dos ordenadores. Durante este período, as coleccións en libre acceso permanecerán pechadas ao público. |
CONTENT-CAT.1614669194
*23/04/2020
**
Barbadás celebra o Día do Libro entregando exemplares para os/as clientes/as do comercio local
O CONCELLO DE BARBADÁS CELEBRA O DÍA DO LIBRO ENTREGANDO NOS ESTABLECMENTOS DO COMERCIO LOCAL EXEMPLARES PARA TODAS AS IDADES Barbadás celebra o Día do Libro de un xeito diferente entregando exemplares para que os/as clientes do comercio local poidan disfrutar da literatura. Para conmemorar o Día do Libro esta mañá repartíronse en diferentes establementos … Seguir lendo Barbadás celebra o Día do Libro entregando exemplares para os/as clientes/as do comercio local →
Barbadás celebra o Día do Libro entregando exemplares para os/as clientes/as do comercio local 23/04/2020 |
---|
Barbadás celebra o Día do Libro entregando exemplares para os/as clientes/as do comercio localO CONCELLO DE BARBADÁS CELEBRA O DÍA DO LIBRO ENTREGANDO NOS ESTABLECMENTOS DO COMERCIO LOCAL EXEMPLARES PARA TODAS AS IDADES
|
CONTENT-CAT.1614669194
*09/03/2020
**
SUSPENDIDA A ACTUACIÓN deTeatro Ghazafelhos en Barbadás
Teatro | 50 min | +3 anos SUSPENDIDA A ACTUACIÓN deste Venres 13 de Marzo ás 20h. No Auditorio Manuel María de Barbadás, actuación do grupo de teatro GHAZAFELHOS co espectáculo “O País dos Mandóns”, continuando coa Programación do 8M do Día da Muller. SINOPSE Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa … Seguir lendo SUSPENDIDA A ACTUACIÓN deTeatro Ghazafelhos en Barbadás →
SUSPENDIDA A ACTUACIÓN deTeatro Ghazafelhos en Barbadás 09/03/2020 |
---|
SUSPENDIDA A ACTUACIÓN deTeatro Ghazafelhos en BarbadásTeatro | 50 min | +3 anos SUSPENDIDA A ACTUACIÓN deste Venres 13 de Marzo ás 20h. No Auditorio Manuel María de Barbadás, actuación do grupo de teatro GHAZAFELHOS co espectáculo “O País dos Mandóns”, continuando coa Programación do 8M do Día da Muller. SINOPSE Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países; o país do revés, o país das chuches, o país da música, das cores… e no país dos Mandóns… O seu paso por este país, coincidiu cun gran cambio; Grazas a Clara, ese lugar feo e triste, converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñecese como; O País da Igualdade. Ghazafelhos adapta nunha pequeniña obra de teatro tres contos da colección A igualdade Conta de Edicións Embora. Recreando unhas personaxes imaxinarias, Fálannos de Flora e o seu segredo, da urna dos desexos e do País dos mandóns; contos que nos convidan a sentirnos iguais dende as nosas diferencias. Teatro recomendado para todos os públicos. Entrada con Invitación ata completar aforo (Recollida de invitacións na Casa da Cultura). Organiza: CIM (Centro de Información á Muller) de Barbadás. Colabora: Concellaría de Cultura de Barbadás. |
CONTENT-CAT.1614669194
*01/03/2020
**
Listado de premios do Folión do Entroido de Barbadás
Entrega de premios do Folión do Entroido de Barbadás Listado de premiados/as: – Infantil (6-9 anos): Monster Krakeken: Bono regalo de 200€ – Individuais: “A árbore da vida”: 200 €. – Parellas/tríos: 1º- “Bosque máxico” (300€); 2º- “Fantasía global”(150€); 3º- “Operación conichas”(100€). – Comparsas: 1º- “O parque acuático do Cájome” (900€); 2º- “Ouren park”(700€); 3º- … Seguir lendo Listado de premios do Folión do Entroido de Barbadás →
Listado de premios do Folión do Entroido de Barbadás 01/03/2020 |
---|
Listado de premios do Folión do Entroido de BarbadásEntrega de premios do Folión do Entroido de Barbadás Galería de fotos da entrega de premios no Facebook do Concello de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*28/02/2020
**
Galería de fotos do Folión de Entroido 2020
Imaxes do Folión de Entroido en Barbadás ().Máis de 1.200 entroideiros/as desfilaron pola vía principal da Valenzá. Agradecementos aos /ás 24 voluntarios/as da organización, aos 6 axentes da policía local, aos 6 gardas civís, aos/ás 20 voluntarios de Protección Civil e a todas as persoas que, debun xeito ou de outro contribuiron a manter … Seguir lendo Galería de fotos do Folión de Entroido 2020 →
Galería de fotos do Folión de Entroido 2020 28/02/2020 |
---|
Galería de fotos do Folión de Entroido 2020
https://www.facebook.com/1671205069813089/posts/2536132469987007
|
CONTENT-CAT.1614669194
*27/02/2020
**
Actuación DABOAPIPA co espectáculo Lavandeiras
O venres 6 de Marzo ás 20h., no Auditorio Manuel María de Barbadás, actuación do Grupo DABOAPIPA co espectáculo “Lavandeiras” dentro da Programación do 8M Día Internacional da Muller. Sinopse: Lavandeiras é un espectáculo onde a narración oral se mestura coa música ao vivo e o teatro para dar lugar a unha proposta que lles … Seguir lendo Actuación DABOAPIPA co espectáculo Lavandeiras →
Actuación DABOAPIPA co espectáculo Lavandeiras 27/02/2020 |
---|
Actuación DABOAPIPA co espectáculo LavandeirasO venres 6 de Marzo ás 20h., no Auditorio Manuel María de Barbadás, actuación do Grupo DABOAPIPA co espectáculo “Lavandeiras” dentro da Programación do 8M Día Internacional da Muller. Sinopse: Lavandeiras é un espectáculo onde a narración oral se mestura coa música ao vivo e o teatro para dar lugar a unha proposta que lles devolva ás donas dos ríos o recoñecemento que poucas veces tiveron. É tanto o que rodea á figura da lavandeira que teríamos para incontables horas de fala e canto, daría para namorar lavando, máis eliximos centrarnos na consideración histórica e social da muller coa finalidade de poñer en labor a súa figura como fundamental sostén económico non só na casa senón tamén co traballo profesional non recoñecido que tantas xeracións de galegas fan e fixeron ao longo da nosa historia. Pasando de camiño polo folclore, polo humor, polas historias reais e polo cancioneiro popular Vero Rilo achéganos un espectáculo cheo de emoción acompañado por Carlos Quintá no apartado musical. Fresca coma a auga. Limpa coma as sabas ao clareo. Con música ao vivo, coma vivo é o cantar das lavandeiras. Espectáculo recomendado a partir dos 14 anos en adiante. Entrada con Invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura) Organiza: CIM (Centro de Información á Muller) de Barbadás. Colabora: Concellaría de Cultura de Barbadás. |
CONTENT-CAT.1614669194
*24/02/2020
**
Martes de Entroido en Barbadás, unha cita ineludible
1.200 PERSOAS, PROTAGONISTAS DO DESFILE DO ENTROIDO DE BARBADÁS Comparsas, carrozas, individuais, tríos, parellas e infantís suman un total de 44 participantes, xunto con grupos musicais para amenizar o folión Carrefour poñerá a disposición dos/as visitantes o aparcamento da superficie comercial Habilitarase para as persoas con mobilidade reducida unha zona específica de aparcamento enfrente do … Seguir lendo Martes de Entroido en Barbadás, unha cita ineludible →
Martes de Entroido en Barbadás, unha cita ineludible 24/02/2020 |
---|
Martes de Entroido en Barbadás, unha cita ineludible1.200 PERSOAS, PROTAGONISTAS DO DESFILE DO ENTROIDO DE BARBADÁS Comparsas, carrozas, individuais, tríos, parellas e infantís suman un total de 44 participantes, xunto con grupos musicais para amenizar o folión Carrefour poñerá a disposición dos/as visitantes o aparcamento da superficie comercial Habilitarase para as persoas con mobilidade reducida unha zona específica de aparcamento enfrente do supermercado Mercadona
|
CONTENT-CAT.1614669194
*18/02/2020
**
Programación con noviadades no Entroido 2020
A FESTA DE DISFRACES INFANTIL, O VENRES DE COMADRES E A CREACIÓN DE PREMIOS E CATEGORÍAS ESPECIAIS SERÁN AS PRINCIPAIS NOVIDADES DO ENTROIDO DE BARBADÁS O cambio do itinerario do desfile do colexio O Ruxidoiro e a incorporación ao desfile do do colexio Filomena Dato do alumnado do Centro Ocupacional das Burgas son outros aspectos … Seguir lendo Programación con noviadades no Entroido 2020 →
Programación con noviadades no Entroido 2020 18/02/2020 |
---|
Programación con noviadades no Entroido 2020A FESTA DE DISFRACES INFANTIL, O VENRES DE COMADRES E A CREACIÓN DE PREMIOS E CATEGORÍAS ESPECIAIS SERÁN AS PRINCIPAIS NOVIDADES DO ENTROIDO DE BARBADÁS O cambio do itinerario do desfile do colexio O Ruxidoiro e a incorporación ao desfile do do colexio Filomena Dato do alumnado do Centro Ocupacional das Burgas son outros aspectos novidosos do ano 2020
|
CONTENT-CAT.1614669194
*28/01/2020
**
Prazo para anotarse: 27 de xaneiro - 21 de febreiro
Ábrese o prazo para anotarse no Desfile de Entroido 2020 de Barbadás. Prazo: entre o 27 de xaneiro e o 21 de febreiro. As solicitudes estarán disponibles na Casa da Cultura e na páxina web www.barbadas.gal. A inscripción realizarase na Casa da Casa da Cultura, a través de correo electrónico (casacultura@barbadas.es ) ou por teléfono: … Seguir lendo Desfile de Entroido 2020 →
Desfile de Entroido 2020 28/01/2020 |
---|
Desfile de Entroido 2020Prazo para anotarse: 27 de xaneiro - 21 de febreiro Ábrese o prazo para anotarse no Desfile de Entroido 2020 de Barbadás. Prazo: entre o 27 de xaneiro e o 21 de febreiro. As solicitudes estarán disponibles na Casa da Cultura e na páxina web www.barbadas.gal. A inscripción realizarase na Casa da Casa da Cultura, a través de correo electrónico (casacultura@barbadas.es ) ou por teléfono: 988 246885. |
CONTENT-CAT.1614669194
*27/01/2020
**
Actuación do TEATRO DA RAMBOIA en Barbadás
AUDITORIO MANUEL MARÍA DE BARBADÁS O vindeiro venres 31 de Xaneiro, ás 20h. actuación do grupo TEATRO DA RAMBOIA, que nos vai representar a obra: ” O MEU MUNDO NON É DESTE REINO” Sinopse: Uns feirantes chegan ao que chaman fogar logo dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous titiriteiros que levan o … Seguir lendo Actuación do TEATRO DA RAMBOIA en Barbadás →
Actuación do TEATRO DA RAMBOIA en Barbadás 27/01/2020 |
---|
Actuación do TEATRO DA RAMBOIA en BarbadásAUDITORIO MANUEL MARÍA DE BARBADÁS O vindeiro venres 31 de Xaneiro, ás 20h. actuación do grupo TEATRO DA RAMBOIA, que nos vai representar a obra: ” O MEU MUNDO NON É DESTE REINO” Sinopse: Uns feirantes chegan ao que chaman fogar logo dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous titiriteiros que levan o mesmo espectáculo unha e outra vez polas vilas do país. Carretan ás costas un enorme “tutilimundi”. A disxuntiva de abrilo convérteo nunha caixa de pandora latente. Contar e dar vida ao que contén, supón a única vía de escape dos totalitarismos que os oprimen. Un xeito de sobrevivir nun reino militarizado sen trazas de lóxica humanística. Nun contexto ao que non pertencen, nun reino que non é do seu mundo. Ábreno. As marionetas emerxen da farsa como alegorías incontrolables e esperpénticas dunha realidade pasada. A comedia ábrese paso como xerme de cambio nun xogo continuado entre o micro e macro teatro. Ata que todo remata. Desbórdase. Neste Reino a inxustiza tínguese de vivas cores querendo despistar ao senso común, ao oprimido. E que ocorre co resto? Cos que lle rodean? Esvaecen nun fondo descolorido. O MEU MUNDO NON É DESTE REINO, é unha adaptación da “Farsa de Bululú” de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este laio silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse. Evento: Teatro, recomendado a partir dos 12 anos en adiante. Entrada con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura) Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*25/01/2020
**
Cea de Comadres en Barbadás o venres 21 de febreiro
O ENTROIDO DE BARBADÁS INCLÚE NA PROGRAMACIÓN FESTIVA O VENRES DE COMADRES A “Cea de Comadres” será o 21 de febreiro ás 21,00 horas no local de Fonval O Entroido de Barbadás suma unha nova actividade festiva na edición do ano 2020: a “Cea de Comadres”. A incorporación desta nova cita co Carnaval pretende … Seguir lendo Cea de Comadres en Barbadás o venres 21 de febreiro →
Cea de Comadres en Barbadás o venres 21 de febreiro 25/01/2020 |
---|
Cea de Comadres en Barbadás o venres 21 de febreiroO ENTROIDO DE BARBADÁS INCLÚE NA PROGRAMACIÓN FESTIVA O VENRES DE COMADRES A “Cea de Comadres” será o 21 de febreiro ás 21,00 horas no local de Fonval
|
CONTENT-CAT.1614669194
*22/01/2020
**
Concerto solidario de alumnado da Escola Municipal de Música a favor da asociación AODEM
180 ALUMNOS/AS DA ESCOLA DE MÚSICA DE BARBADÁS, PROTAGONISTAS NO CONCERTO SOLIDARIO PARA APOIAR Á ASOCIACIÓN OURENSÁ DE ESCLEROSE MÚLTIPLE, ELA, PARQUINSON E OUTRAS ENFERMIDADES NEURODEXENERATIVAS A cita musical-solidaria será o 1 de febreiro ás 19,00 horas no Conservatorio de Ourense A recadación destinarase a dar continuidade aos programas iniciados dende a Asociación de Esclerose … Seguir lendo Concerto solidario de alumnado da Escola Municipal de Música a favor da asociación AODEM →
Concerto solidario de alumnado da Escola Municipal de Música a favor da asociación AODEM 22/01/2020 |
---|
Concerto solidario de alumnado da Escola Municipal de Música a favor da asociación AODEM180 ALUMNOS/AS DA ESCOLA DE MÚSICA DE BARBADÁS, PROTAGONISTAS NO CONCERTO SOLIDARIO PARA APOIAR Á ASOCIACIÓN OURENSÁ DE ESCLEROSE MÚLTIPLE, ELA, PARQUINSON E OUTRAS ENFERMIDADES NEURODEXENERATIVAS A cita musical-solidaria será o 1 de febreiro ás 19,00 horas no Conservatorio de Ourense A recadación destinarase a dar continuidade aos programas iniciados dende a Asociación de Esclerose múltiple (AODEM)
|
CONTENT-CAT.1614669194
*21/01/2020
**
Actuación do grupo NON SÍ? TEATRO en Barbadás
AUDITORIO MANUEL MARÍA DE BARBADÁS O sábado 25 de Xaneiro, ás 19:30h. actuación do Grupo NON SI? TEATRO coa obra “Pequeno Retablo” SINOPSE A pequena compañía Desenganados do mundo vai polas vilas representando unha peza que amosa a vida e frescura do teatro popular: a historia do vello e bruto don Cristovo que vai casar coa … Seguir lendo Actuación do grupo NON SÍ? TEATRO en Barbadás →
Actuación do grupo NON SÍ? TEATRO en Barbadás 21/01/2020 |
---|
Actuación do grupo NON SÍ? TEATRO en BarbadásAUDITORIO MANUEL MARÍA DE BARBADÁS O sábado 25 de Xaneiro, ás 19:30h. actuación do Grupo NON SI? TEATRO coa obra “Pequeno Retablo” SINOPSE A pequena compañía Desenganados do mundo vai polas vilas representando unha peza que amosa a vida e frescura do teatro popular: a historia do vello e bruto don Cristovo que vai casar coa linda e cantareira dona Rosiña, namorada de Cocoliche. A culpa é da nai de Rosiña que a casa por cartos co vello moinante. A peza é unha adaptación das pezas de Federico García Lorca “Os títeres de cachaporra” e “O pequeño retablo de don Cristovo” Teatro Familiar. Entrada con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura) Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*18/01/2020
**
Entroido de Barbadás 2020: créanse 3 novas categorías de participación
O ENTROIDO DE BARBADÁS CREA 3 PREMIOS ESPECIAIS: AO DESEÑO, Á ANIMACIÓN E Á MÁIS NUMEROSA Os premios a comparsas oscilan entre os 900 e os 500 euros O prazo de inscrición para participar comeza o 27 de xaneiro e remata o 21 de febreiro O desfile do Martes de Entroido de Barbadás terá lugar … Seguir lendo Entroido de Barbadás 2020: créanse 3 novas categorías de participación →
Entroido de Barbadás 2020: créanse 3 novas categorías de participación 18/01/2020 |
---|
Entroido de Barbadás 2020: créanse 3 novas categorías de participaciónO ENTROIDO DE BARBADÁS CREA 3 PREMIOS ESPECIAIS: AO DESEÑO, Á ANIMACIÓN E Á MÁIS NUMEROSA Os premios a comparsas oscilan entre os 900 e os 500 euros O prazo de inscrición para participar comeza o 27 de xaneiro e remata o 21 de febreiro
|
CONTENT-CAT.1614669194
*16/01/2020
**
Entroido de Barbadás 16/01/2020 |
---|
Entroido de BarbadásPresentación do Cartel do Entroido de Barbadás 2020 O Programa de actos darán comezo o 10 ata o 26 de Febreiro. |
CONTENT-CAT.1614669194
*30/12/2019
**
Proxección da película Hotel Transylvania3 en Barbadás
O xoves 2 de Xaneiro do 2020, ás 19h. Proxección da película Hotel Transylvania3 no Auditorio Manuel María de Barbadás continuando coa programación de Nadal do Concello de Barbadás. A familia de monstros embárcase nun cruceiro de luxo para que por fin Drac poda descansar e proveer de vacacións ao resto no hotel. É unha … Seguir lendo Proxección da película Hotel Transylvania3 en Barbadás →
Proxección da película Hotel Transylvania3 en Barbadás 30/12/2019 |
---|
Proxección da película Hotel Transylvania3 en BarbadásO xoves 2 de Xaneiro do 2020, ás 19h. Proxección da película Hotel Transylvania3 no Auditorio Manuel María de Barbadás continuando coa programación de Nadal do Concello de Barbadás. A familia de monstros embárcase nun cruceiro de luxo para que por fin Drac poda descansar e proveer de vacacións ao resto no hotel. É unha navegación tranquila para a pandilla de Drac, xa que os monstros entréganse a toda a diversión a bordo que ofrece o cruceiro, dende o voleibol de monstros e as excursións exóticas, a porse ao día cos seus bronceados de lúa. Pero as vacacións de ensoño convírtense nun pesadelo cando Mavis dase conta de que Drac enamorouse da misteriosa capitana da nave, Ericka, quen esconde un peligroso segredo que podería destruir a todos os monstros. Xénero: Cinema para toda a familia. Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*26/12/2019
**
Actuación de ODAIKO en Barbadás
REDE DE AUDITORIOS PROVINCIAL DE OURENSE AUDITORIO DA CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA DE BARBADÁS O Venres 27 de Decembro ás 19h., actuación do grupo ODAIKO co espectáculo “Invención”, dentro das actuacións da REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense) Odaiko fai un repaso das grandes invencións do ser humano ao longo da historia. En … Seguir lendo Actuación de ODAIKO en Barbadás →
Actuación de ODAIKO en Barbadás 26/12/2019 |
---|
Actuación de ODAIKO en BarbadásREDE DE AUDITORIOS PROVINCIAL DE OURENSE AUDITORIO DA CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA DE BARBADÁS O Venres 27 de Decembro ás 19h., actuación do grupo ODAIKO co espectáculo “Invención”, dentro das actuacións da REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense) Odaiko fai un repaso das grandes invencións do ser humano ao longo da historia. En «Invención», a imaxinación e a creatividade son pezas fundamentais para a creación de novos obxectos e búsqueda de solucións ás que o ser humano se ten que enfrontar no día día. Pasando por moitas invencións dende as máis sinxelas ata as que resultaron ser froito da industrialización, a introdución do plástico, etc. sempre chegamos á conclusión de que o futuro é reflexo do pasado e, por tanto, a conexión e o equilibrio entre o tradicional e o moderno está sempre moi presente. Como en todos os espectáculos de odaiko, o inxenio e a conexión co público son as pezas clave máis características. Música e humor para todos os públicos. Entrada con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura) Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás e REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense) |
CONTENT-CAT.1614669194
*23/12/2019
**
Concerto do Grupo Sen Contrastes da EMMB
O xoves 26 de Decembro, ás 19h., actuación do Grupo SEN CONTRASTES da Escola de Música Municipal de Barbadás, no Auditorio Manuel María de Barbadás. “Sen Contrastes” é unha formación composta por violinistas, guitarristas e violonchelo pertencentes á Escola de Música Municipal de Barbadás. Está dirixido polo mestre de guitarra José Antonio Blanco e a … Seguir lendo Concerto do Grupo Sen Contrastes da EMMB →
Concerto do Grupo Sen Contrastes da EMMB 23/12/2019 |
---|
Concerto do Grupo Sen Contrastes da EMMBO xoves 26 de Decembro, ás 19h., actuación do Grupo SEN CONTRASTES da Escola de Música Municipal de Barbadás, no Auditorio Manuel María de Barbadás. “Sen Contrastes” é unha formación composta por violinistas, guitarristas e violonchelo pertencentes á Escola de Música Municipal de Barbadás. Está dirixido polo mestre de guitarra José Antonio Blanco e a mestre de violín Sabela Hughes. O seu repertorio céntrase principalmente en adaptacións, non só de pezas clásicas, senón tamén de temas de rock, pop, folk, modernas, bandas sonoras, etc…. Música para todos os públicos. Entrada libre con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura) Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás
|
CONTENT-CAT.1614669194
*18/12/2019
**
Actuación da Aula Xuvenil do TEB Teatro Experimental de Barbadás
O Sábado 21 de Decembro, ás 19h. actuación da Aula Xuvenil do Teatro Experimental de Barbadás TEB, coa obra: “A PRIMEIRA VEZ”. Esta actuación está enmarcada dentro do Programa de Nadal do Concello de Barbadás. A PRIMEIRA VEZ Narra as primeiras experiencias que viven os nosos mozos e mozas nun mundo “novo” para eles, achegándoos … Seguir lendo Actuación da Aula Xuvenil do TEB Teatro Experimental de Barbadás →
Actuación da Aula Xuvenil do TEB Teatro Experimental de Barbadás 18/12/2019 |
---|
Actuación da Aula Xuvenil do TEB Teatro Experimental de BarbadásO Sábado 21 de Decembro, ás 19h. actuación da Aula Xuvenil do Teatro Experimental de Barbadás TEB, coa obra: “A PRIMEIRA VEZ”. Esta actuación está enmarcada dentro do Programa de Nadal do Concello de Barbadás. A PRIMEIRA VEZ Narra as primeiras experiencias que viven os nosos mozos e mozas nun mundo “novo” para eles, achegándoos paso a paso ás vivencias dos adultos, pero coa mirada limpa da xuventude. A Primeira Vez é unha sucesión de acontecementos reais aos que a xuventude se enfrenta e que irán forxando as súas realidades fronte á vida. Un teatro fresco, cheo de emocións e sentimentos. Teatro xuvenil a partir dos 12 anos en adiante. Entrada libre con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura) Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás
|
CONTENT-CAT.1614669194
*16/12/2019
**
Actuación de Produccións Excéntricas co espectáculo “Cartoóns”
Este Venres 20 de Decembro ás 19h. actuación de PRODUCCIÓNS EXCÉNTRICAS co espectáculo “Cartoóns”, dentro do Programa de Nadal do Concello de Barbadás Sinopse: Dous tipos abandonados nas marxes. O que se chama vulgarmente náufragos, robinsons. Persoas que perderon pé e teñen que aprender a facelo todo de novo, dende a cunca na que beber … Seguir lendo Actuación de Produccións Excéntricas co espectáculo “Cartoóns” →
Actuación de Produccións Excéntricas co espectáculo “Cartoóns” 16/12/2019 |
---|
Actuación de Produccións Excéntricas co espectáculo “Cartoóns”Este Venres 20 de Decembro ás 19h. actuación de PRODUCCIÓNS EXCÉNTRICAS co espectáculo “Cartoóns”, dentro do Programa de Nadal do Concello de Barbadás Sinopse: Dous tipos abandonados nas marxes. O que se chama vulgarmente náufragos, robinsons. Persoas que perderon pé e teñen que aprender a facelo todo de novo, dende a cunca na que beber até o smoking que necesitan para acudir a unha gala. Poden estar na marxe do primeiro mundo, e seren seres que se ven obrigados a exiliarse da guerra da sua patria, para instalarse nas comfortables valados que lles poñemos na porta da UE ou dos USA. Perderon todo e teñen que inventalo todo de novo. Todo isto parece un drama, mais non é. Se o contase un xornalista de investigación, sería sen dúvida, motivo para o pranto. Mais os que penetran e esculcan neses mundos son dous clowns. A ollada inocente dos pallasos fannos ver as cousas diferentes aos medios de comunicación, e cando o candor do clown se atopa coa inocencia da infancia (a primeira, a auténtica) entre as duas crean mundos que antes non existian. As crianzas ven o mundo como non o voltarán a velo e os adultos que os acompañen poderán descubrir algo novo tamén. Os clowns, que teñen algo de dibuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de cartón, esa materia valiosísima que, inexplicablemente, nós tiramos ao lixo diariamente. O cartón serviralles para construir casas, revisteiro, rolo de papel hixiénico, bandeixas, edredons, motos, parasol de praia, skis, ponchos, avions … en definitiva, todo o que o común da xente vai adquirir a unha coñecida multinacional sueca. Espectáculo Familiar. Entrada libre con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura) Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás
|
CONTENT-CAT.1614669194
*09/12/2019
**
Mircromina Títeres no Auditorio de Barbadás
REDE DE AUDITORIOS PROVINCIAL DE OURENSE AUDITORIO MUNICIPAL DA CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA DE BARBADÁS O próximo venres 13 de Decembro, ás 19h. actuación de MIRCROMINA TÍTERES co espectáculo “Vacacións no mar”, actuación da Rede de Auditorios Provincial de Ourense. Espectáculo de títeres de luva, no que conxúgase o tradicional estilo da cachiporra con … Seguir lendo Mircromina Títeres no Auditorio de Barbadás →
Mircromina Títeres no Auditorio de Barbadás 09/12/2019 |
---|
Mircromina Títeres no Auditorio de BarbadásREDE DE AUDITORIOS PROVINCIAL DE OURENSE AUDITORIO MUNICIPAL DA CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA DE BARBADÁS O próximo venres 13 de Decembro, ás 19h. actuación de MIRCROMINA TÍTERES co espectáculo “Vacacións no mar”, actuación da Rede de Auditorios Provincial de Ourense. Espectáculo de títeres de luva, no que conxúgase o tradicional estilo da cachiporra con renovacións para o público de hoxe en día. Sinopse: A Marina encantarialle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega a porto no seu veleiro “Ovos con patacas” pero nun descoido o pirata Ollo Virollo toma prestada a nave e bótase ao mar. Tras 45 minutos de acción… ¿cumplirá Marina o seu soño de dar a volta ao planeta? Espectáculo para toda a familia, a partir dos 3 anos en adiante. Entrada libre con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura) Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás e REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense.) |
CONTENT-CAT.1614669194
*26/11/2019
**
TANXARINA TÍTERES na Casa da Cultura
O venres 29 de Novembro, ás 19h. actuación do grupo TÍTERES TANXARINA que nos presenta a obra “A GALIÑA AZUL” Sinopse “Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de cores. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di … Seguir lendo TANXARINA TÍTERES na Casa da Cultura →
TANXARINA TÍTERES na Casa da Cultura 26/11/2019 |
---|
TANXARINA TÍTERES na Casa da CulturaO venres 29 de Novembro, ás 19h. actuación do grupo TÍTERES TANXARINA que nos presenta a obra “A GALIÑA AZUL” Sinopse “Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de cores. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades.” A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade, destinado ao público infantil e familiar, no que empregamos diversas técnicas de manipulación de bonecos e traballo actoral. O texto de Carlos Casares, pedra angular da literatura infantil galega, cobra nova vida neste espectáculo que recolle catro contos do orixinal do autor, nunha diivertida adaptación. Teatro Infantil e familiar. Entrada libre con invitación ata completar aforo (Recollida de invitacións na Casa da Cultura) Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*25/11/2019
**
O mércores 27 de Novembro ás 20h. no Auditorio Municipal Manuel María de Barbadás, actuación do grupo ArtesaCía Transmedia que nos vai a representar a obra “Chola a it Girl” Unha A IT GIRL Rectificada, Blogueira, Youtuber, Mecánica de coches, Pesca, Cociña, Traballa no campo….. e é Piloto de rallies. Debido á repercusión mediática que Chola … Seguir lendo CHOLA A IT GIRL →
CHOLA A IT GIRL 25/11/2019 |
---|
CHOLA A IT GIRLO mércores 27 de Novembro ás 20h. no Auditorio Municipal Manuel María de Barbadás, actuación do grupo ArtesaCía Transmedia que nos vai a representar a obra “Chola a it Girl” Unha A IT GIRL Rectificada, Blogueira, Youtuber, Mecánica de coches, Pesca, Cociña, Traballa no campo….. e é Piloto de rallies. Debido á repercusión mediática que Chola ten coa súa canle de youtube é contratada Espectáculo teatral recomendado a partir dos 12 anos en adiante. Entrada libre con invitación (Recollida na Casa da Cultura) Organiza: CIM (Centro de Información á Muller ) e colabora Concellaría de Cultura de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*20/11/2019
**
SILVARDEIRAS TEATRO na Casa da Cultura
Este sábado 23 de Novembro, ás 19:30h. no Auditorio Manuel María, actuación do grupo de Allariz, SILVARDEIRAS TEATRO que nos presentan a obra “Cando Valentina era mala” dentro da programación do 25N contra a Violencia das mulleres. Sinopse: Xogo teatral baseado no comenzo da historia de Valentina da novela de Inma López titulada “Aqueles días … Seguir lendo SILVARDEIRAS TEATRO na Casa da Cultura →
SILVARDEIRAS TEATRO na Casa da Cultura 20/11/2019 |
---|
SILVARDEIRAS TEATRO na Casa da CulturaEste sábado 23 de Novembro, ás 19:30h. no Auditorio Manuel María, actuación do grupo de Allariz, SILVARDEIRAS TEATRO que nos presentan a obra “Cando Valentina era mala” dentro da programación do 25N contra a Violencia das mulleres. Sinopse: Teatro recomendado a partir dos 12 anos en adiante. Entrada libre con invitación (Recollida de invitacións na Casa da Cultura) Organiza: Concellaría de Cultura e CIM (Centro de Información á muller) do Concello de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*18/11/2019
**
Chéspir Teatro no Auditorio de Barbadás
O venres 22 de Novembro ás 20h. no Auditorio Municipal, actuación do grupo ourensán CHÉSPIR TEATRO coa obra “tres” Sinopse Rosa, Cristina e Laura levan moitos anos sen verse desde que remataron o instituto. Esta noite atoparánse e intentarán solucionar a soidade e as frustacións que senten. Teatro Recomendado para maiores de 13 anos en … Seguir lendo Chéspir Teatro no Auditorio de Barbadás →
Chéspir Teatro no Auditorio de Barbadás 18/11/2019 |
---|
Chéspir Teatro no Auditorio de BarbadásO venres 22 de Novembro ás 20h. no Auditorio Municipal, actuación do grupo ourensán CHÉSPIR TEATRO coa obra “tres” Sinopse Teatro Recomendado para maiores de 13 anos en adiante. Entra libre con invitación (Recollida de invitacións na Casa da Cultura) Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
Concurso de postais de nadal 2019 15/11/2019 |
---|
Concurso de postais de nadal 2019Prazo de entrega: 14 ao 22 de novembro. |
CONTENT-CAT.1614669194
*12/11/2019
**
O próximo venres 15 de novembro, ás 19h. actuación de Teatro ó Cubo co espectáculo NUBE NUBE, SOL. As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. Nube nube sol métenos de … Seguir lendo Teatro ó Cubo en Barbadás →
Teatro ó Cubo en Barbadás 12/11/2019 |
---|
Teatro ó Cubo en BarbadásO próximo venres 15 de novembro, ás 19h. actuación de Teatro ó Cubo co espectáculo NUBE NUBE, SOL. As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo
Entrada libre ata completar aforo (Recollida de invitacións na Casa da Cultura) Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*21/10/2019
**
O xoves 24 de outubro a Biblioteca Municipal de Barbadás, celebra o DÍA DA BIBLIOTECA. Contaremos coa presencia de Sabela Gago para dinamizar aos alumn@s de terceiro de Primaria do Colexio Filomena Dato que nos visitarán á Biblioteca. ACTIVIDADE—-Dicionario disparatado. Realización dun dicionario de palabras inventadas a partir da palabra BIBLIOTECA. OBXECTIVOS—Utilización dos dicionarios no … Seguir lendo Día da Biblioteca →
Día da Biblioteca 21/10/2019 |
---|
Día da BibliotecaO xoves 24 de outubro a Biblioteca Municipal de Barbadás, celebra o DÍA DA BIBLIOTECA. Contaremos coa presencia de Sabela Gago para dinamizar aos alumn@s de terceiro de Primaria do Colexio Filomena Dato que nos visitarán á Biblioteca. ACTIVIDADE—-Dicionario disparatado. Realización dun dicionario de palabras inventadas a partir da palabra BIBLIOTECA. OBXECTIVOS—Utilización dos dicionarios no espazo da biblioteca Escrita creativa Realizar un libro en grupo Celebrar o día das bibliotecas Recoñecemento do espazo que ocupan os dicionarios dentro da biblioteca. Xogos coa palabra BIBLIOTECA (número de sílabas, de consonantes e vocais, acentuación e tildes). Inventar unha palabra nova combinando as consonantes e as vocais de dita palabra. Buscarlle un significado imaxinario, consultando os dicionarios e intentando imitar a linguaxe que empregan. Podería ser unha comida, un pais, un animal, unha medicina…. Cada rapaz inventa a súa palabra e nun folio a escribe, xunto co seu significado e fai o debuxo correspondente. Xúntanse todas as palabras inventadas nun “Dicionario Fantástico” que os rapaces levan para a aula. Organiza: Biblioteca Municipal de Barbadás.
|
CONTENT-CAT.1614669194
*17/10/2019
**
Dende o 14 ao 31 de outubro, a Biblioteca Municipal celebra conxuntamente coa Biblioteca Nacional de España o DÍA DAS ESCRITORAS cunha exposición titulada “IDIOMA DE MULLER” “Idioma de muller” quere dar visibilidade a un referente de escritoras españolas, dun modo atractivo: – móbiles con fotos e obras – perchas das que colgan libros – … Seguir lendo Exposición “Idioma de muller” →
Exposición “Idioma de muller” 17/10/2019 |
---|
Exposición “Idioma de muller”Dende o 14 ao 31 de outubro, a Biblioteca Municipal celebra conxuntamente coa Biblioteca Nacional de España o DÍA DAS ESCRITORAS cunha exposición titulada “IDIOMA DE MULLER” “Idioma de muller” quere dar visibilidade a un referente de escritoras españolas, dun modo atractivo: – móbiles con fotos e obras – perchas das que colgan libros – abanico/muestrario con frases das autoras, con mención ao tema proposto: “mulleres, amor e liberdade” – serie de caixas de cartón que mostran escritos a man. – completan a mostra unhos paneis con debuxos sobre textos, que concretizan a laboura da escritora: escribir-deixar a súa pegada-legado (libros). |
CONTENT-CAT.1614669194
*16/10/2019
**
Aula Municipal de Teatro 16/10/2019 |
---|
Aula Municipal de TeatroAberta inscrición na Aula Municipal de Teatro de Barbadás ata o 23 de outubro. Máis información na Casa da Cultura. |
CONTENT-CAT.1614669194
*15/10/2019
**
O sábado 19 de outubro ás 18:30h celebramos no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás o VII FESTIVAL INFANTIL. Participan: Coraliña Cantora de Trives: Coro de 24 nenos e nenas que tivo a súa orixe a principios do ano 2009 no CEIP Manuel Bermúdez Couso e apadrinados polo Orfeón Trivés. Realizou numerosas … Seguir lendo Festival Infantil →
Festival Infantil 15/10/2019 |
---|
Festival InfantilO sábado 19 de outubro ás 18:30h celebramos no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás o VII FESTIVAL INFANTIL. Participan: Coraliña Cantora de Trives: Coro de 24 nenos e nenas que tivo a súa orixe a principios do ano 2009 no CEIP Manuel Bermúdez Couso e apadrinados polo Orfeón Trivés. Realizou numerosas actuacións por toda Galicia (Cedeira, Manzaneda, Vilamartín de Valdeorras, Ourense, Lalín, Baio) de diferente temática (panxoliñas, concertos benéficos, festivais de FECOGA, Unicef). O coro interpreta composicións a dúas e tres voces, en varios idiomas e culturas de todo o mundo. A dirección do coro é realizada por Sandra González Vega, profesora de piano e linguaxe musical na Escola de Música do Concelo e directora do Orfeón Trivés e a parte musical do coro é realizada por Manuel Vila Simón. Coro da Escola de Música de Barbadás: Coro de 18 nenos e nenas que tivo a súa orixe no ano 2012 como actividade artística dentro da Escola de Música. Realizou diversas actuacións para o Concello de Barbadás (panxoliñas, Festival Infantil de Auria Canta, Festival Acá e Acolá, Día das Letras Galegas, Fin de curso) , en Ourense (Certame de panxoliñas, inauguración do Belén de Baltar, espectáculos musicais no Teatro Principal e no Auditorio, no Ourencanto con Josu Elberdin), e Galicia (Lalín, Barro, Bentraces, Loiro, Moreiras, Barbadás) e participou na grabación do libro musicado ” En Cabárceno se sigue cantando” de Susa Herrera. O repertorio do coro abrangue diferentes estilos musicais en diferentes idiomas e acompañadas con algunas coreografías. A dirección é realizada por Ruth González Gómez, profesora de frauta traveseira e linguaxe musical na Escola de Música de Barbadás, na Escola de Música de Sober, e na Academia Kontrapunto, e tamén directora da Coral Auria Canta e o Coro Berea (Sober). O acompañamento de piano é realizado por Marta Blanco Pascual, profesora de piano da Escola de Música. Nova Fronteira & Cartelle: Innovadora banda de gaitas e percusión nacida no 1998 que realiza actuacións como banda de gaitas ou interpretando espectáculos con máis de 50 artistas e onde participan cunha gran variedade de instrumentos como violíns, baixos, metais, acordeón, batería…contribuindo a facer uns concertos cun toque persoal e característico. A súa indumentaria está baseada en traxes da corte do Reino de Galicia do século XIV combinado con elementos modernos. Compiten na Liga Galega de Bandas de Gaitas, sendo moi laureada polo público pola súa montaxe e repertorio propio e innovador, quedando nos primeiros postos da máxima categoría (dous títulos de liga no 1999 e no 2010). Teñen dous discos editados onde foron pioneiros na fusión de gaitas con instrumentos clásicos ou artistas como María do Ceo. Percorreu Galicia, España e Europa coas súas xiras (Portugal, República Checa, Hungría, Rumanía, Francia, Inglaterra, Escocia, Irlanda, Luxemburgo, Suiza, Italia, Bélxica e Corea do Sur). Está dirixida por Pablo Martínez e acompañado por Beatriz Fernández como mestra de percusión. Entrada libre ata completar aforo. Organiza: Coral Auria Canta co Patrocinio do Concello de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*07/10/2019
**
Actuación da Aula Xuvenil da Escola Municipal de Teatro
O Venres 11 de outubro a Aula Xuvenil da Escola Municipal de Teatro estrea a obra A PRIMEIRA VEZ, será ás 20h. no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás. A PRIMEIRA VEZ Narra as primeiras experiencias que viven os nosos mozos e mozas nun mundo “novo” para eles, achegándoos paso a paso … Seguir lendo Actuación da Aula Xuvenil da Escola Municipal de Teatro →
Actuación da Aula Xuvenil da Escola Municipal de Teatro 07/10/2019 |
---|
Actuación da Aula Xuvenil da Escola Municipal de TeatroO Venres 11 de outubro a Aula Xuvenil da Escola Municipal de Teatro estrea a obra A PRIMEIRA VEZ, será ás 20h. no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás. A PRIMEIRA VEZ Narra as primeiras experiencias que viven os nosos mozos e mozas nun mundo “novo” para eles, achegándoos paso a paso ás vivencias dos adultos, pero coa mirada limpa da xuventude. A Primeira Vez é unha sucesión de acontecementos reais aos que a xuventude se enfrenta e que irán forxando as súas realidades fronte á vida. Un teatro fresco, cheo de emocións e sentimentos. Entrada con invitación (Recollida de invitacións na Casa da Cultura) ata completar aforo. Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás. |
CONTENT-CAT.1614669194
*02/09/2019
**
Mañá martes 3 de Setembro. Programa da TVGA en Barbadás
“Adiviña quen vén esta tarde”, programa en directo con entrevistas e actuacións musicais, o martes 3 de setembro desde o Parque dos patos. Emisión en directo desde as 17:30 ata as 20:45 Unha aposta decidida pola televisión en directo, coa participación activa do público en catro lugares da nosa xeografía: entrevistas curiosas, reportaxes, música en … Seguir lendo Mañá martes 3 de Setembro. Programa da TVGA en Barbadás →
Mañá martes 3 de Setembro. Programa da TVGA en Barbadás 02/09/2019 |
---|
Mañá martes 3 de Setembro. Programa da TVGA en Barbadás“Adiviña quen vén esta tarde”, programa en directo con entrevistas e actuacións musicais, o martes 3 de setembro desde o Parque dos patos. Emisión en directo desde as 17:30 ata as 20:45 Unha aposta decidida pola televisión en directo, coa participación activa do público en catro lugares da nosa xeografía: entrevistas curiosas, reportaxes, música en directo e a participación dun personaxe famoso que agocha a súa faciana. |
CONTENT-CAT.1614669194
*26/08/2019
**
Proxección da película CAMPEONES
O xoves 29 de Agosto ás 22h. proxección da película CAMPEONES Con este acto, despedimos o Programa Cultural de Verán “E no verán…? Refréscate coa cultura” que organiza a Concellaría de Cultura de Barbadás ao longo dos xoves dos meses de xullo e agosto. Sinopse de Campeones: Marco, un entrenador profesional de baloncesto desempregado, debe … Seguir lendo Proxección da película CAMPEONES →
Proxección da película CAMPEONES 26/08/2019 |
---|
Proxección da película CAMPEONESO xoves 29 de Agosto ás 22h. proxección da película CAMPEONES Con este acto, despedimos o Programa Cultural de Verán “E no verán…? Refréscate coa cultura” que organiza a Concellaría de Cultura de Barbadás ao longo dos xoves dos meses de xullo e agosto. Sinopse de Campeones: Marco, un entrenador profesional de baloncesto desempregado, debe entrenar a un equipo composto por persoas con discapacidade intelectual por ter conducido ebrio. O que comenza como un reto difícil rematará convertíndose nunha lección de vida. Xénero: Cinema. Público: Familiar. Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*19/08/2019
**
Este xoves 22 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos de A Valenzá, actuación do Grupo CÍA VAYA co espectáculo “Atempo” Atempo é un espectáculo de circo contemporáneo, unha conmovedora e lúdica peza artística chea de enerxía, humor e poesía. Mestura impresionantes acrobacias de man a man, danza e teatro xestual, presentando unha visión … Seguir lendo Actuación do Grupo CÍA VAYA →
Actuación do Grupo CÍA VAYA 19/08/2019 |
---|
Actuación do Grupo CÍA VAYAEste xoves 22 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos de A Valenzá, actuación do Grupo CÍA VAYA co espectáculo “Atempo” Atempo é un espectáculo de circo contemporáneo, unha conmovedora e lúdica peza artística chea de enerxía, humor e poesía. Mestura impresionantes acrobacias de man a man, danza e teatro xestual, presentando unha visión orixinal da evolución humana. A través da performance, a danza, o humor do teatro de imaxes e de impresionantes figuras de man a man, este dúo de artistas conduce ao público nunha viaxe aos instintos da humanidade, propoñendo unha visión diferente do que é ser humano hoxe en día.
Con Atempo, a compañía Vaya interpela á audiencia para que se pregunte polo futuro da nosa especie. “A través do circo contemporáneo falamos sobre os nosos procesos de evolución convidando a quen ve a peza a retroceder ás bases do que fomos, o que quizais somos e o que nos habita.” Xéneros: Circo e clown. Público: Público Familiar. Tipo espectáculo: Circo e rúa. Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
|
CONTENT-CAT.1614669194
*05/08/2019
**
Cambio de ubicación da actuación de Circo con SUE MORENO
Xoves 8 de Agosto ás 21h. Actuación da artista SUE MORENO. Ante a previsión de choivas na xornada de hoxe, a actuación de SUE MORENO cambia de ubicación e pasa a facerse no PATIO DO COLEXIO FILOMENA DATO, o horario é o mesmo, é dicir ás 21h. Espectáculo no que se mesturan técnicas aéreas de … Seguir lendo Cambio de ubicación da actuación de Circo con SUE MORENO →
Cambio de ubicación da actuación de Circo con SUE MORENO 05/08/2019 |
---|
Cambio de ubicación da actuación de Circo con SUE MORENOXoves 8 de Agosto ás 21h. Actuación da artista SUE MORENO. Ante a previsión de choivas na xornada de hoxe, a actuación de SUE MORENO cambia de ubicación e pasa a facerse no PATIO DO COLEXIO FILOMENA DATO, o horario é o mesmo, é dicir ás 21h. Espectáculo no que se mesturan técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, cunha estrutura de 6 metros de altura e tomando o humor como partitura. A historia preséntanos a unha muller no seu día a día, tentando conciliar o seu traballo, vida e maternidade e amosando as mil caras desta etapa desde unha ollada divertida, tenra e, por momentos, absurda. Público: FamiliarTipo espectáculo: Circo e rúaPATIO DO COLEXIO FILOMENA DATO |
CONTENT-CAT.1614669194
*29/07/2019
**
Actuación da Clown MIREIA MIRACLE
Actuación da Clown Mireia Miracle co espectáculo “Rojo” Unha paiasa sae dunha maleta e converte ao público na súa familia e despídese del cargada de ilusións e moitos trastos. Pero a viaxe será interrumpida por un obstáculo: unha fronteira. Este límite será o que lle permita o xogo da danza e as diferentes maneiras para … Seguir lendo Actuación da Clown MIREIA MIRACLE →
Actuación da Clown MIREIA MIRACLE 29/07/2019 |
---|
Actuación da Clown MIREIA MIRACLEActuación da Clown Mireia Miracle co espectáculo “Rojo” Unha paiasa sae dunha maleta e converte ao público na súa familia e despídese del cargada de ilusións e moitos trastos. Pero a viaxe será interrumpida por un obstáculo: unha fronteira. Este límite será o que lle permita o xogo da danza e as diferentes maneiras para afrontar aquelo que se interpón no seu camiño. O público será durante toda a viaxe parte do espectáculo. Público: Todos os públicos. Xénero: Circo e Clown XOVES 1 DE AGOSTO / ÁS 21H. PARQUE DOS PATOS |
CONTENT-CAT.1614669194
*15/07/2019
**
Xardín Desordenado en Concerto
No 2008, un grupo de músicos reuníronse nunha bufarda de Tirán Igesario (Moaña) para musicar a poetas galeg@s. Aínda que de distintas procedencias musicais e mesmo xeneracionais, todos eles tiveran contactos co jazz, que aparece como fondo de moitos dos seus arranxos. As súas composicións van dende o blues e e swing, ata o bolero … Seguir lendo Xardín Desordenado en Concerto →
Xardín Desordenado en Concerto 15/07/2019 |
---|
Xardín Desordenado en ConcertoNo 2008, un grupo de músicos reuníronse nunha bufarda de Tirán Igesario (Moaña) para musicar a poetas galeg@s. Aínda que de distintas procedencias musicais e mesmo xeneracionais, todos eles tiveran contactos co jazz, que aparece como fondo de moitos dos seus arranxos. As súas composicións van dende o blues e e swing, ata o bolero e a bossa nova. XOVES 18 DE XULLO – ÁS 21H. PARQUE DOS PATOS |
CONTENT-CAT.1614669194
*10/07/2019
**
Brais das Hortas e Peter Punk farán rir e bailar aos/ás asistentes ao espectáculo “PunkInfantil”. – Continúa o programa de verán organizado pola Concellería de Cultura: E no verán qué?… Refréscate coa cultura. – Xoves 11 de xullo. – 21,00 horas. – Parque dos Patos (A Valenzá, Barbadás). – O punk é rebeldía, é berrar, … Seguir lendo Concerto PunkInfantil →
Concerto PunkInfantil 10/07/2019 |
---|
Concerto PunkInfantilBrais das Hortas e Peter Punk farán rir e bailar aos/ás asistentes ao espectáculo “PunkInfantil”. – Continúa o programa de verán organizado pola Concellería de Cultura: E no verán qué?… Refréscate coa cultura. – Xoves 11 de xullo. – 21,00 horas. – Parque dos Patos (A Valenzá, Barbadás).
|
CONTENT-CAT.1614669194
*08/07/2019
**
Continuando co Programa de Verán E NO VERÁN?… REFRÉSCATE COA CULTURA, contamos este xoves 11 de xullo a Peter Punk e Brais das Hortas que nos presentan o “Concerto Punkinfantil” ¿Punk para nenas? Porque non!?¿E logo?¿Que hai máis punk ca unha nena? O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself! !Faino … Seguir lendo Concerto Punkinfantil →
Concerto Punkinfantil 08/07/2019 |
---|
Concerto PunkinfantilContinuando co Programa de Verán E NO VERÁN?… REFRÉSCATE COA CULTURA, contamos este xoves 11 de xullo a Peter Punk e Brais das Hortas que nos presentan o “Concerto Punkinfantil” ¿Punk para nenas? Porque non!?¿E logo?¿Que hai máis punk ca unha nena? O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself! !Faino ti ao teu xeito!! Como poidas, como queiras e como che preste! O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de nós é diferente. O punk é berrar, rir, facer pis…e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade. O punk é protestar. Quen non chora non mama!! Sabemos o que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dispostas a chorar, e patexar!! Se non podemos xogar, non é a nosa revolución!! Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado “Concerto Punklnfantil”. Tras descubrirse e recoñecerse van confluindo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos. Música, malabares, humor, clown. XOVES 11 DE XULLO, ÁS 21h. PARQUE DOS PATOS |
CONTENT-CAT.1614669194
*01/07/2019
**
Concerto da cantante Najla Shami. “Ela Sabe A Sol” é o novo traballo discográfico da compositoria galegopalestina Najla Shami. Un álbum cheo de luz e feminidade no que a autora equilibra oriente e occidente ao longo dunha ducia de cancións orixinais. O traballo nace após dunha estadía en Xordania e Palestina onde a compositora conforma … Seguir lendo Concerto de Najla Shami →
Concerto de Najla Shami 01/07/2019 |
---|
Concerto de Najla ShamiConcerto da cantante Najla Shami. “Ela Sabe A Sol” é o novo traballo discográfico da compositoria galegopalestina Najla Shami. Un álbum cheo de luz e feminidade no que a autora equilibra oriente e occidente XOVES 4 DE XULLO ÁS 21H. PARQUE DOS PATOS |
CONTENT-CAT.1614669194
Programa Cultural de Verán 21/06/2019 |
---|
CONTENT-CAT.1614669194
*18/06/2019
**
Exposición de traballos alumnos dos pobos
Dendo o xoves 20 de xuño poderán verse os diversos traballos realizados pol@s alumn@s dos pobos ao longo do ano do obradoiro de manualidades. Inauguración, xoves 20 de xuño ás 19h. O horario de visitas será de luns a venres de 8:30 a 14:30h. Esta mostra estará exposta ata o 4 de xullo na Sala … Seguir lendo Exposición de traballos alumnos dos pobos →
Exposición de traballos alumnos dos pobos 18/06/2019 |
---|
Exposición de traballos alumnos dos pobosDendo o xoves 20 de xuño poderán verse os diversos traballos realizados pol@s alumn@s dos pobos ao longo do ano do obradoiro de manualidades. Inauguración, xoves 20 de xuño ás 19h. O horario de visitas será de luns a venres de 8:30 a 14:30h. Esta mostra estará exposta ata o 4 de xullo na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás. |
CONTENT-CAT.1614669194
*24/05/2019
**
En Concerto no camiño 24/05/2019 |
---|
En Concerto no camiñoActuación de Silvia Alonso e a súa Banda no Parque dos Patos o Venres 31 de Maio ás 20:30h. En caso de choiva, a actuación farase no Auditorio da Casa da Cultura. Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*15/05/2019
**
O xoves 16 de maio ás 10h. no Colexio O Ruxidoiro, narración con Pablísimo e o seu “Paroleiro”. O paroleiro é moi amigo de parolar…gosta de laretear, enredar, falar e de contar. Conta sucedidos, historias e sobre todo moitos contos que leve na súa memoria, nas súas maletas, nos seus petos e nos seus zapatos. … Seguir lendo Letras Galegas →
Letras Galegas 15/05/2019 |
---|
Letras GalegasO xoves 16 de maio ás 10h. no Colexio O Ruxidoiro, narración con Pablísimo e o seu “Paroleiro”. O paroleiro é moi amigo de parolar…gosta de laretear, enredar, falar e de contar. Conta sucedidos, historias e sobre todo moitos contos que leve na súa memoria, nas súas maletas, nos seus petos e nos seus zapatos. Neste contacontos empregaremos recursos como : sombras, monicreques, poemas numéricos, contos de nunca rematar, retahilas, brinquedos, cancións e narración oral. Organiza: Concellaría de Cultura |
CONTENT-CAT.1614669194
*14/05/2019
**
Letras Galegas 14/05/2019 |
---|
Letras GalegasContinuando co Programa das Letras Galegas, hoxe temos a Narradora Larraitz que nos presenta a obra “Antón Fraguas e a festa dos Monicreques, será ás 12:30h no Colexio Filomena Dato (A Valenzá)
|
CONTENT-CAT.1614669194
*13/05/2019
**
Letras Galegas 13/05/2019 |
---|
Letras GalegasActuación no Auditorio da Casa da Cultura ás 12:30h. para alumnos dos Colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro, dentro do Programa das Letras Galegas que organiza a Concellaría de Cultura de Barbadás. |
CONTENT-CAT.1614669194
*29/04/2019
**
“Canta miña pedra canta”, con Xoan Curiel e Charo Pita.
Domingo, 5 de maio, ás 19h. Casa da Cultura Manuel María.
Canta miña pedra, canta, un espectáculo familiar dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos que levarán adiante o músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita, baixo xestión da Editorial Galaxia. Xoán Curiel volve ao FalaRedes acompañado desta volta da narradora e contadora Charo Pita. A actividade xira arredor dos relatos populares … Seguir lendo “Canta miña pedra canta”, con Xoan Curiel e Charo Pita. →
“Canta miña pedra canta”, con Xoan Curiel e Charo Pita. 29/04/2019 |
---|
“Canta miña pedra canta”, con Xoan Curiel e Charo Pita.Domingo, 5 de maio, ás 19h. Casa da Cultura Manuel María. Canta miña pedra, canta, un espectáculo familiar dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos que levarán adiante o músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita, baixo xestión da Editorial Galaxia. Xoán Curiel volve ao FalaRedes acompañado desta volta da narradora e contadora Charo Pita. A actividade xira arredor dos relatos populares galegos e mais de cancións que don Antonio Fraguas, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, recolleu nas súas Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade. Co obxectivo de que o público que ve o espectáculo poida seguir afondando na lectura en galego e no coñecemento do noso patrimonio lingüístico e literario, cada familia asistente recibirá antes de marchar unha pequena antoloxía de narracións tradicionais de Galicia escolmadas por Quique Harquindey e Maruxa Barrio titulada O fillo do rei e outros contos populares. Recomendada para público familiar. Entrada gratuita ( Recollida de invitacións na Casa da Cultura Manuel María). |
CONTENT-CAT.1614669194
*
**
De Ste Xeito presenta a obra “Loló e Mamá”
Sábado, 4 de maio ás 20h. Casa da Cultura Manuel María.
Margot, nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un océano de distancia. Pero o que parecía unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada desde sempre, axiña muda en desastre. Como acolle unha filla a volta da súa nai? Quen é a nai e … Seguir lendo De Ste Xeito presenta a obra “Loló e Mamá” →
De Ste Xeito presenta a obra “Loló e Mamá” 29/04/2019 |
---|
De Ste Xeito presenta a obra “Loló e Mamá”Sábado, 4 de maio ás 20h. Casa da Cultura Manuel María. Margot, nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un océano de distancia. Pero o que parecía unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada desde sempre, axiña muda en desastre. Como acolle unha filla a volta da súa nai? Quen é a nai e quen a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar até que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente? Loló e Mamá fainos ver, grazas a un humor fino e acedo, que as cousas case nunca son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha arma de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre. Recomendado a partir de 12 anos. Entrada gratuita (Recollida de invitacións na Casa da Cultura Manuel María”. |
CONTENT-CAT.1614669194
Xestreu en Concerto 22/04/2019 |
---|
Xestreu en ConcertoSábado 27 de Abril ás 20h. |
CONTENT-CAT.1614669194
*10/04/2019
**
Suspensión de Espectáculo 10/04/2019 |
---|
CONTENT-CAT.1614669194
*08/04/2019
**
Este venres 12 de Abril, ás 20h. actuación do grupo The-Sastre coa obra “Os segredos de Greta” SINOPSE: Enredo sentimental. Magnus vive un narcisismo esaxerado, o mirarse no espello e unha das actividades preferidas. Isto xogaralle malas pasadas nas que están metidas Greta e Anna, dúas das súas pretendentes. Xogarán co narcisismo de Magnus ata … Seguir lendo Teatro con The-Sastre →
Teatro con The-Sastre 08/04/2019 |
---|
Teatro con The-SastreEste venres 12 de Abril, ás 20h. actuación do grupo The-Sastre coa obra “Os segredos de Greta” SINOPSE: Comedias para todos os públicos. Entrada con invitación ata completar aforo (Recollida de invitacións na Casa da Cultura) Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás |
CONTENT-CAT.1614669194
*26/03/2019
**
Este Venres 29 de Marzo, remata o Programa TERRA MÁXICA que se celebrou durante o mes de marzo no noso Concello. E para o final agárdanos unha dobre actuación do MAGO TETO. Ás 12h. e para @s alumn@s dos Colexio Filomena Dato e O Ruxidoiro, fará unha charla sobre “A incrible historia da Maxia” E … Seguir lendo Actuación do Mago Teto →
Actuación do Mago Teto 26/03/2019 |
---|
Actuación do Mago TetoEste Venres 29 de Marzo, remata o Programa TERRA MÁXICA que se celebrou durante o mes de marzo no noso Concello. E para o final agárdanos unha dobre actuación do MAGO TETO. Ás 12h. e para @s alumn@s dos Colexio Filomena Dato e O Ruxidoiro, fará unha charla sobre “A incrible historia da Maxia” E ás 19h. actuación co espectáculo “O Afiador” Un espectáculo que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta herdada polo mago Teto dos seus ancestros. O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX -e practicamente extinguido no século XX- desprazábase centos ou milleiros de quilómetros por uns meses -mesmo anos- coa única compaña da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena coa axuda do ilusionismo. Para os efectos de maxia deste espectáculo empréganse elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas e paraugas. Entrada libre ata completar aforo. Espectáculo para todos os públicos. Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás. |
CONTENT-CAT.1614669194
*18/03/2019
**
Auditorio Municipal da Casa da Cultura Manuel María Venres 22 de Marzo ás 19h. Actuación da Maga Fani Triana co espectáculo “Fantasía dos Sentidos” Unha viaxe fabulosa a través dos sentidos. Ilusións con cordas, cadeiras, xornais, líquidos, mentalismo, participación do público, humor e moito máis. Aderezado todo cun guión cargado de situacións inesperadas, orixínase unha … Seguir lendo Actuación da Maga Fani Triana →
Actuación da Maga Fani Triana 18/03/2019 |
---|
Actuación da Maga Fani TrianaAuditorio Municipal da Casa da Cultura Manuel María Venres 22 de Marzo ás 19h. Actuación da Maga Fani Triana co espectáculo “Fantasía dos Sentidos” Unha viaxe fabulosa a través dos sentidos. Ilusións con cordas, cadeiras, xornais, líquidos, mentalismo, participación do público, humor e moito máis. Aderezado todo cun guión cargado de situacións inesperadas, orixínase unha montaña de sorpresas imprevisibles. Un espectáculo para ollar e degustar. Se queres experimentar sensacións fascinantes, pódelo facer nos minutos de “Fantasía dos Sentidos”. Entrada libre ata completar aforo. Espectáculo para todos os públicos. Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás. |
CONTENT-CAT.1614669194
*11/03/2019
**
O mes de Marzo é o mes da MAXIA EN BARBADÁS. Iniciamos unha vez máis o ciclo TERRA MÁXICA na que pasarán polo Auditorio Manuel María de Barbadás, os mellores espectáculos de máxia do momento en Galicia. Iniciamos este ciclo con DANI GARCÍA que nos presenta o espectáculo “CÓDIGO” Sinopse: CÓDIGO: dise da combinación de … Seguir lendo Terra Máxica →
Terra Máxica 11/03/2019 |
---|
Terra MáxicaO mes de Marzo é o mes da MAXIA EN BARBADÁS. Iniciamos unha vez máis o ciclo TERRA MÁXICA na que pasarán polo Auditorio Manuel María de Barbadás, os mellores espectáculos de máxia do momento en Galicia. Iniciamos este ciclo con DANI GARCÍA que nos presenta o espectáculo “CÓDIGO” Sinopse: CÓDIGO: dise da combinación de letras, números ou caracteres que nos permiten formular e descifrar mensaxes que doutro xeito permanecerían ocultos. O código lingüístico posibilítanos a comunicación coas demais persoas. Pero… Que pasaría se perderamos ese código? Ou se nos atoparamos con persoas que usan outro diferente? Sería posible comunicarnos dalgún xeito? Así está o noso viaxeiro, o noso coleccionista de linguas. Sempre na busca de novos amigos cos que engadir un código máis na súa maleta de camiñante. E o que empezou sendo unha petición de axuda, un intento por comprender un código máis, convértese nunha reflexión sobre a comunicación humana. Código é un espectáculo de rúa, pensado para que persoas de calquera idade poidan participar e gozar. Unha hora de maxia inventiva e persoal na que seguro os aplausos estarán acompañados das risas e as bocas abertas. VENRES 15 DE MARZO ÁS 19H. NO AUDITORIO MUNICIPAL DA CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA DE BARBADÁS. Entrada libre ata completar aforo. Espectáculo para todos os públicos. Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás. |
CONTENT-CAT.1614669194
*07/03/2019
**
Galería fotográfica da Foliada de Entroido de Barbadás 07/03/2019 |
---|