Categoría: Cultura

Mercado do Troco

10/03/2022

Mercado do Troco

Martes, día 15 de marzo

O vindeiro martes 15 de marzo celébrase o día mundial dos dereitos do consumidor, e dende a biblioteca queremos realizar un “Mercado do Troco” no que ofreceremos libros para que, quen queira, se achegue para trocalos por un deles.

Deste xeito daremos unha segunda vida  a aqueles libros que xa non usamos, fomentando así a reutilización.

O Mercado terá lugar na Avenida de Celanova, á altura da rotonda da Familia, o martes 15 de marzo ás 17:30h.

CONTENT-CAT.1713492650

Obradoiro Mulleres Escritoras

07/03/2022

Obradoiro Mulleres Escritoras

Xoves, 10 de marzo, 18:00 horas

O próximo xoves 10 de marzo ás 18h., realizaremos na Biblioteca Pública Municipal, un Obradoiro cos máis cativos, “Mulleres Escritoras”.

Traballaremos, a través do xogo, a importancia dalgunhas escritoras que cambiaron a historia da muller no ámbito laboral. En primeiro lugar, faremos unha presentación onde falaremos da orixe deste día. Despois faremos una xincana na que terán que superar diferentes probas sobre mulleres escritoras. Por último, elaboraremos un marcapáxinas conmemorativo do día da Muller Traballadora para que o leven de recordo.

Dirixido aos nen@s de 8 a 12 anos.
Inscricións no correo electrónico: biblioteca@barbadas.es
No correo indicar:  nome e apelidos do/a neno/a e do pai/nai/titor e un número de teléfono.
Prazas limitadas.
Organiza: Concellaría de Cultura.

CONTENT-CAT.1713492650

Festival Solidario da Escola de Música Municipal de Barbadás, 12 de marzo ás 19,00 no Auditorio do Conservatorio de Ourense

05/03/2022

Festival Solidario da Escola de Música Municipal de Barbadás, 12 de marzo ás 19,00 no Auditorio do Conservatorio de Ourense

Entradas á venda no Centro Comercial Ponte Vella

SOLIDARIEDADE E CULTURA MUSICAL ÚNENSE NA SÉTIMA EDICIÓN DO FESTIVAL SOLIDARIO DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE BARBADÁS

O concerto será o día 12 de marzo ás 19,00 horas no Conservatorio de Música de Ourense

A recadación destinarase á Asociación “Pequeños Superhéroes”, centrada na atención da xente que padece algunhas das Miopatías Centronucleares ou CNM

As entradas para asistir ou para participar nesta causa solidaria poden recollerse no stand de información do centro comercial Ponte Vella

No evento participarán distintas agrupacións da Escola de Música: Coro, Grupo de Corda, Ensemble de saxofóns, Grupo de Acordeóns, Banda de Gaitas, Banda Infantil de Música e Banda Xuvenil de Música.

  • O VII Festival Solidario é unha actividade enmarcada no calendario escolar da Escola de Música Municipal de Barbadás.

 

  • A concelleira de Cultura, Marga Pérez, “faise sempre co fin solidario e altruista, ofrecendo un concerto para recadar fondos para algunha asociación que consideremos que precisa apoio e colaboración”.

 

  • Neste caso a asociación elixida foi a de “Pequenos superhéroes”, asociación que agrupa a nenos e nenas con Miopatías Centronuclearesou CNM (Miopatía Miotubular, DNM2, MTMR14, etc…). “Estas doenzas afectan aos músculos que se encargan das función motoras”, explica Pérez.

 

  • Ademais de recadar fondos, “esta iniciativa solidaria do Concello de Barbadás, a través da Escola Municipal de Música, “pretende que se visibilice e se coñeza a patoloxía destes nenos e nenas” e que sexamos conscientes de que existe un número importante de persoas que padecen enfermidades raras. Calcúlase que hai 3 millóns de persoas en España que padecen este tipo de enfermidades raras”, segundo comenta Marga Pérez.

 

  • Outra das finalidades deste tipo de iniciativa cultural é a de “inculcar os valores da solidariedade entre o alumnado. Tamén se pretende que as persoas que participen disfruten do concerto e colaboren coas doazóns que se entregarán a esta asociación, co obxecto de manter a asociación en si e contribuir á investigación deste tipo de enfermidades”, sinala Pérez.

 

  • O Festival Solidario é un evento musical anual que organiza a Escola de Música Municipal de Barbadás, co apoio do Concello.

 

  • Este ano celébrase a Séptima Edición (VII Festival Solidario) e vai a celebrarse o sábado, 12 de marzo, ás 19:00 h., no Auditorio do Conservatorio de Música Profesional de Ourense, indica Xohán Manole Xil Páxaro, director da Escola de Música de Barbadás.

 

  • As entradas poderan recollerse no stand de información do Centro Comercial “Ponte Vella” ata o propio sábado día 12 ao mediodía, e levarán asociada unha doazón simbólica de 5 €uros.

 

  • Este ano a recaudación vai a ser para a Asociación “Pequeños Superhéroes”, centrada na atención da xente que padece algunhas das Miopatías Centronuclearesou CNM (Miopatía Miotubular, DNM2, MTMR14, etc…); así mesmo traballan en campañas de recaudación para investigación, en mellorar a asistencia dos nenos con CNM, en concienciar á sociedade sobre a existencia das CNM, etc…, comenta Xil Páxaro.

 

  • No evento participarán distintas agrupacións da Escola de Música: Coro, Grupo de Corda, Ensemble de saxofóns, Grupo de Acordeóns, Banda de Gaitas, Banda Infantil de Música e Banda Xuvenil de Música.

 

  • Agradecemos ao Conservatorio polas facilidades que sempre non brindan para levar a cabo este Festival, e ao Centro Comercial “Ponte Vella” pola súa complicidade ao prestarnos a súa infraestructura para poñer as entradas a disposición do público, destaca o director da Escola de Música de Barbadás.

CONTENT-CAT.1713492650

Premios do Folión de Entroido de Barbadás e do concurso de Mecos

04/03/2022

Premios do Folión de Entroido de Barbadás e do concurso de Mecos

PREMIOS MECOS 2022

1.- JOSÉ BENITO CARRERA ENRIQUEZ 300 €

2.- SOFIA ARCE REY 200 €

3.- ANPA CEIP FILOMENA DATO 100 €

 

PREMIOS ENTROIDO 2022

 

INDIVIDUAIS:

1.- NOMASTÉ, YO SÓLO LICOR CAFÉ 200 €

 

PARELLAS/TRÍOS:

1.- FAMILIA FELIZ 300 €

2.- FILLAS DO LUME 150 €

3.- POSEIDON E NEREIDA 100 €

 

COMPARSAS:

1.- POLICIA LOCAL BARBADÁS, DEFENDENDO O NOSO CONCELLO 1.000 €

2.- A FOLIADA DAS LAMAS 750 €

3.- O COLMENAR DA FINCA FIERRO 550 €

4.- A LAREIRA DO TIO PIXIÑAS 300 €

 

CARROZAS:

1.- AIR LOLAILOS 1.000 €

2.- EL GRAN CIRCO DE LAS “JOSEFINAS” 750 €

3.- ART-LANDIA 550€

 

IMG_20220301_195527_1 372.37 KB

IMG_20220301_193032 327.43 KB

IMG_20220301_193039 331.07 KB

IMG_20220301_193141 399.34 KB

IMG_20220301_193520 373.65 KB

IMG_20220301_193611 383.76 KB

IMG_20220301_193731 467.08 KB

IMG_20220301_193838 382.31 KB

IMG_20220301_193843 347.73 KB

IMG_20220301_193940 385.13 KB

IMG_20220301_193947_1 469.20 KB

IMG_20220301_194402 335.97 KB

IMG_20220301_194403 300.86 KB

IMG_20220301_194502 336.75 KB

IMG_20220301_194505 363.68 KB

IMG_20220301_194606 279.59 KB

IMG_20220301_194608 246.70 KB

IMG_20220301_194611 375.90 KB

IMG_20220301_194613 353.79 KB

IMG_20220301_194729 413.83 KB

IMG_20220301_194734 320.51 KB

IMG_20220301_194744 360.82 KB

IMG_20220301_194747 384.01 KB

IMG_20220301_194848 370.36 KB

IMG_20220301_195149 431.84 KB

IMG_20220301_195149_2 452.83 KB

IMG_20220301_195151_1 461.96 KB

IMG_20220301_195454_1 329.67 KB

IMG_20220301_195527_1 372.37 KB

IMG_20220301_195539 375.69 KB

IMG_20220301_195855 350.49 KB

IMG_20220301_195858 357.38 KB

CONTENT-CAT.1713492650

Cortes no subministro eléctrico na Valenzá, Vilaescusa e Fonsillón

03/03/2022

Cortes no subministro eléctrico na Valenzá, Vilaescusa e Fonsillón

O GRUPO NATURGY INFORMA DE UN CORTE DE INTERRUPCIÓN PROGRAMADA DO SUBMINISTRO ELÉCTRICO

A empresa do subministro eléctrico informa á veciñanza de determinadas rúas da Valenzá, Vilaescusa e Fonsillón de que se producirán cortes do subministro

O corte procudirase o 4 de marzo entre as 0,00 e as 3,00 horas. Por realizar  traballos de ,amte,emtp e desenrolo da rede eléctrica

  • Avenida de Celanova, números 59-67; 68-84; 90-94; 98-102.
  • Canella, número 2, 4, 5, 8, 12, 94.
  • Severo Ochoa, número 1, 3 e 5
  • Altamira, numeros 1 e 3.
  • Garrida, números 2, 7.
  • Tomás Rodríguez Punxín, números 1,3, 5, 10 a 12, 14
  • ; 18 a 22.
  • Vilaescusa, números 20,24, 28, 30
  • Ponxos, números 8, 12, 21
  • A Aira do Fonsillón, números 3,4

descarga 9.36 KB

CONTENT-CAT.1713492650

800 persoas formarán parte do Folión de Entroido de Barbadás

01/03/2022

800 persoas formarán parte do Folión de Entroido de Barbadás

800 PERSOAS FORMARÁN PARTE DO FOLIÓN DE ENTROIDO EN BARBADÁS

O folión de Entroido comezará ás 17,00 horas

O aparcamento de Carrefour permanecerá aberto para que as persoas que asistan poidan estacionar aquí os seus vehículos

Habilitarase unha zona para persoas con mobilidade reducida e diversidade funcional

  • A avenida de Celanova da Valenzá será un ano máis o escenario do Folión de Entroido de Barbadás  hoxe martes 1 de febreiro a partir das 17,00 horas.

 

  • 800 persoas formarán parte do folión, onde se poderán ver diferentes temáticas distribuidas en parellas, individuais, tríos, comparsas e carrozas.

 

  • Tanxugueiras estarán presentes en tres participantes diferentes, Bicos no vento, a toreira das pipas Facundo, Non máis té, eu só licor café, Poseión e Nereida, As Sereas, Maddy e Max, Avatar, a batalla de Pandora, Os vikingos do reciclaxe, familia feliz, A idade da Pava, e Fillas do Lume. Estes participantes compiten no apartado de parellas e tríos.

 

  • Na categoría de comparsas estarán O Colmear da Finca Fierro, Voltan os de sempre, A Foliada das Lamas, Policía Local de Barbadás, defendendo o noso concello, Trogloditas, Luces e sombras, Asociación Centro Comercial Aberto de Barbadás, Noivas á fuga, A Lareira do tío Pixiñas e As Catro estacións.

 

  • Tamén participan as carrozas Air Lolailos, Art-Landia e O Gran Circo.

 

  • Encabeza p desfile a carroza Bicos no vento, con 60 membros, que non entra en competición.

 

  • Tamén estarán a Batucada Brassica Rapa, a charanga Os Percutores e o tren de nenos e nenas do Concello de Barbadás, que non compiten.

 

  • O aparcamento do Carrefour permanecerá aberto para as persoas que se despracen a Barbadás e para evitar aglomeracións, ademais de por motivos de seguridade.

 

  • Habilitarase unha zona de aparcamento e visualización do desfile na zona do supermercado Mercadona.

 

  • Ademais dos efectivos da policía local de Barbadás, estarán colaborando coa seguridade e control do tráfico as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Barbadás, Baños de Molgas, Cortegada, Toén e Xunqueira de Ambía.

 

  • Na entrega de premios, que será en torno ás 19,30 horas, entregaranse tamén os premios aos mellores mecos. Os premios a participantes no folión oscilan entre os 200 e os 1.000 euros.

20170228_173515 943.36 KB

CONTENT-CAT.1713492650

Desfile infantil en Barbadás

25/02/2022

Desfile infantil en Barbadás

DESFILE INFANTIL DO ENTROIDO EN BARBADÁS

POLA AVENIDA DE CELANOVA DESFILARON O ALUMNADO DO COLEXIO LUIS VIVES E DO CENTRO OCUPACIONAL DAS BURGAS

IMG-20220225-WA0044 240.53 KB

IMG_20220225_121204 685.60 KB

IMG-20220225-WA0037 228.37 KB

IMG-20220225-WA0038 233.09 KB

IMG-20220225-WA0039 239.91 KB

IMG-20220225-WA0040 239.09 KB

IMG-20220225-WA0041 238.99 KB

IMG-20220225-WA0042 239.18 KB

IMG-20220225-WA0043 234.46 KB

IMG-20220225-WA0044 240.53 KB

IMG-20220225-WA0045 228.44 KB

IMG-20220225-WA0046 233.44 KB

IMG-20220225-WA0047 225.83 KB

IMG-20220225-WA0048 228.50 KB

IMG-20220225-WA0052 205.94 KB

IMG-20220225-WA0053 254.25 KB

IMG-20220225-WA0054 207.11 KB

IMG-20220225-WA0055 250.18 KB

IMG-20220225-WA0057 196.87 KB

IMG-20220225-WA0058 196.64 KB

IMG-20220225-WA0059 162.33 KB

IMG-20220225-WA0060 203.48 KB

IMG-20220225-WA0061 210.37 KB

IMG-20220225-WA0062 204.39 KB

IMG-20220225-WA0063 180.61 KB

IMG-20220225-WA0064 206.06 KB

IMG-20220225-WA0065 186.01 KB

IMG-20220225-WA0067 304.60 KB

IMG-20220225-WA0068 331.72 KB

IMG-20220225-WA0069 347.92 KB

IMG-20220225-WA0070 365.94 KB

IMG-20220225-WA0071 364.70 KB

IMG-20220225-WA0072 369.09 KB

IMG-20220225-WA0079 411.09 KB

IMG-20220225-WA0080 417.47 KB

IMG-20220225-WA0081 335.45 KB

IMG-20220225-WA0082 360.42 KB

IMG-20220225-WA0083 358.74 KB

IMG-20220225-WA0084 344.83 KB

IMG-20220225-WA0085 328.40 KB

IMG-20220225-WA0086 381.07 KB

IMG-20220225-WA0087 370.00 KB

IMG-20220225-WA0088 368.74 KB

IMG-20220225-WA0089 378.40 KB

IMG-20220225-WA0090 334.61 KB

IMG-20220225-WA0091 378.26 KB

IMG-20220225-WA0092 349.19 KB

IMG-20220225-WA0085 328.40 KB

IMG-20220225-WA0086 381.07 KB

IMG-20220225-WA0087 370.00 KB

CONTENT-CAT.1713492651

Teatro na Sala Manuel María

16/02/2022

Teatro na Sala Manuel María

Cartel de Ragazzo

venres 18 de febreiro ás 20:30h. actuación da Compañia BARROSANTA co espectáculo “RAGAZZO”
Sinopse:
Europa, verán do 2001. A cidade de Ragazzo vive a restricción de dereitos sociais máis grande que recorda o continente dende a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, manifestacións prohibidas, reunións entre persoas, ata tender a roupa nos balcóns… Detencións, identificacións, rexistros. 30 000 axentes recorren as rúas e protexen aos líderes do G8 na súa xuntanza.
Ragazzo, pese a isto, pasa o verán na cidade, nun garaxe que okupou e acondiciounou como o seu fogar durmindo dentro do coche e cociñando no seu motor. Está de vacacións: ten tempo para ir a concertos, ler e escribir, cociñar, e incluso de namorarse… e por suposto, de participar no Fórum Social, instalado na cidade para facer fronte ao modelo de globalización imposto polo G8, soñando outro mundo posible. Pero o seu destino quedará marcado cando tome a decisión de quedarse na columna dos desobedientes, que se propuxo a acción pacífica de violar o confinamento da Zona Rossa, blindada para os
líderes mundiais.
Qué facer ante a ameza? Quen (e para qué) fai servir a violencia? Qué é a impunidade? É posible outro mundo. Ragazzo é unha oda á xuventude e á liberdade, un grito á vida, á
dignificación das historias personais: unha reivindicación da memoria colectiva e da Historia que os donos do mundo nunca escribirán para nós.
Espectáculo recomendado para público adulto.
Entrada con invitación (Recollida na Casa da Cultura)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
Patrocina REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)

RAGAZZO BARBADÁS 376.63 KB

CONTENT-CAT.1713492651

Presentación do programa do Entroido de Barbadás

15/02/2022

Presentación do programa do Entroido de Barbadás

O ENTROIDO DE BARBADÁS INCLÚE NA SÚA PROGRAMACIÓN REGUEIFAS DE COMPADRES E COMADRES, UNHA FESTA INFANTIL E CHARANGUEIRAS POR TODO O CONCELLO

O pregón correrá a cargo de Paco Gallego e Manu Varela

O luns día 28 está programada unha festa infantil e o martes o tradicional Folión de Entroido

  • A concelleira de Cultura, Marga Pérez, amosaba a súa satisfacción na presentación do Entroido 2022 “despois de 2 anos nos que estiveron paralizadas este tipo de actividades e festas. Por fin podemos reinicialas e renovalas e empezar a disfrutar”.

 

  • Esta semana xa empezaron os obradoiros de Entroido nos colexios “para elaborar por parte dos/as nenos/as nos colexios, que logo van poder disfrutar nas regueifas de compadres este xoves día 17 de febrero e o vindeiro xoves día 24”.

 

  • As regueifas de Compadres serán no patio do colexio Filomena Dato e as de Comadres serán na Praza da Valenzá Vella.

 

  • venres 25 de febrero colgaranse meco e meca e ás 12 do mediodía está previsto o gran desfile infantil coa presenza tamén de alumnado do Centro Ocupacional das Burgas.

 

  • Ás 20,00 horas do venres día 25 será o gran pregón do Entroido a cargo de Paco Gallego e Manu Varela na zona da rotonda da familia, acompañados do grupo musical “Mekanica”.

 

  • A continuación do pregón celebrarase a Cea de Comadres “nunha carpa moi ampla no patio do colexio Filomena Dato coas medidas de precaución necesarias e focos de calor para disfrutar ao mesmo tempo da festa”, indica Marga Pérez.

 

  • O sábado 26 e o domingo 27 de febrero haberá actividades de animación polas rúas de todo o concello, tanto na Valenzá coma nos pobos con sendas charangueiras.

 

  • Luns día 1 de marzo os/as protagonistas serán os/as nenos/as con unha festa infantil, merendas saudables e premios para os mellores disfraces.

 

  • Martes de Entroido será o gran día en Barbadás coa celebración do Gran Desfile, que partirá como é habitual da rúa dos Carrís. Ata o día 28 de febrero está aberto o prazo de inscrición, sendo este ano moi sinxelo o sistema para anotarse a través de unha anotación de participantes “en liña” na páxina web: barbadas.es.

 

  • Este ano incrementouse a contía destinada a premios, con un total de 6.000 euros. A mellor carroza e a mellor comparsa recibirá un premio de 1.000 euros cada unha e mantéñense as categorías habituais.

 

  • día 3 de marzo será o día da despedida de Don Carnal coa procesión fúnebre con meco e meca e posterior queima na Praza da Valenzá vella. A animación musical correrá a cargo da agrupación musical “Xente nova”.

 

  • Unha das novidades este ano é a programación de un Concurso de Mecos, unha iniciativa que xurdiu en 2021 a raíz da pandemia. Naquel momento xurdiron espontáneamente mecos colgados e expostos pola veciñanza por todos os lugares do municipio. Un total de 40 mecos deron ao Entroido de Barbadás unha animación que non puido haber doutro xeito.

 

  • Está aberto o prazo de incrición neste concurso de mecos a través do envío de unha foto e unha incrición. O sistema de elección dos mellores mecos será por votación popular.

CONTENT-CAT.1713492651

Concurso de Mecos

09/02/2022

Concurso de Mecos

Prazo de inscrición no concurso de Mecos será do día 9  ao 19 de febreiro de 2022

  • A Concellería de Cultura  organiza un CONCURSO DE MECOS que ten como finalidade amosar as creacións  que realicen os veciños/as do Concello, como unha das expresións máis tradicionais do entroido.

 

  • Poderá participar calquera persoa individual  ou grupo de persoas (asociacións veciñais, asociacións culturais, etc).

 

Inscrición

  • A inscrición realizarase a través deste  formulario en liña.
    No propio formulario de inscrición, ademais dos datos de contacto dos participantes,  deberase subir unha fotografía do Meco,  localizado dentro da área xeográfica do Concello de Barbadás, onde deberá estar exposto.

 

  • O prazo de inscrición no concurso será dende o día 9  ao 19 de febreiro de 2022, ambos incluídos.  (Nota: Ampliado el plazo de participación hasta el 23 de febrero)

 

Elección dos gañadores

  • Na web do Concello (www.barbadas.es) habilitarase un formulario onde as persoas interesadas poderán votar telemáticamente, entre os días 24 e 28 de febreiro, ambos incluidos.

 

  • Os premos serán adxudicados  aos tres participantes que obtivesen máis votos telemáticos (1º, 2ª e 3º clasificado).

 

  • O/a gañador/a comunicarase o martes, 1 de marzo, durante a celebración do entroido.   Ademáis publicarase na web do Concello (www.barbadas.es).

 

Premios

Establécense a seguinte clasificación:

  • 1º premio: 300€.
  • 2º premio: 200€
  • 3º premio: 100€.

 

Información

Para máis información ou consulta de dúbidas dirixirse a:
Casa da Cultura
Rúa San Bernabé 37 – 32002 A Valenzá – Barbadás
Tlf: 988 246885
Enderezo electrónico: casacultura@barbadas.es

 

Cartel-Inscricións-Mecos_2022

CONTENT-CAT.1713492651

Participa no Desfile do Entroido de Barbadás

08/02/2022

Participa no Desfile do Entroido de Barbadás

Prazo de inscricións do 8  ao 28 de Febreiro de 2022 (ata as 12:00 horas)

O desfile de Barbadás vén sendo dende hai varios anos, unha cita ineludible dentro do abano de eventos do entroido, que se celebran na xeografía da provincia de Ourense.

  • Neste ano 2022, o desfile terá lugar o martes, día 1 de marzo, co habitual percorrido pola Avenida de Celanova (A Valenzá),  que se iniciará ás 17 horas.
    Os participantes deberán estar unha hora antes no punto de encontro, na Rúa das Cuartas, próxima ao  Campo de Fútbol Municipal de Os Carrís (A Valenzá).

 

  • Segundo as bases reguladoras a este efecto,  poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas (asociacións veciñais, culturais, etc) que presenten a solicitude do 8  ao 28 de Febreiro de 2022 (ata as 12:00 horas), ambos incluídos.
  • A inscrición realizarase a través deste formulario en liña.

Categorías

Establécense as seguintes categorías:

  • Carrozas: mínimo 10 persoas (a maioría dos integrantes teñen que ir subidos na carroza durante todo o percorrido).
  • Comparsas: mínimo 10 persoas.
  • Parellas/Tríos.
  • Individuais.

 

Premios
Establécense os seguintes premios por cada unha das categorías:

  • Carrozas:
    • 1º premio 1.000 €
    • 2º premio 750 €
    • 3º premio 550 €
    • 4º premio 300€.
  • Comparsas:
    • 1º premio 1.000 €
    • 2º premio 750 €
    • 3º premio 550 €
    • 4º premio 300 €.
  • Parellas/Tríos:
    • 1º premio 300 €
    • 2º premio 150 €
    • 3º premio 100 €.
  • Individuais:
    • 1º premio 200 €.

 

Xurado

  • O concurso terá un xurado composto por cinco persoas, representativas do ámbito cultural e asociativo do Concello. Estará presidido pola Concelleira de Cultura e actuará como secretario un/unha traballador/a da Casa da Cultura.

 

  • O xurado terá en conta á hora de valorar os/as participantes principalmente calidades que respondan ao espírito do entroido: a graza, a empatía co público, a sátira, a transgresión, a retranca,  animación musical, a creatividade e a elaboración do vestiario e do resto do atrezzo e o número de participantes.

 

Axudas a asociacións

  • As asociacións que participen no Desfile do Martes de Entroido 2022 compostas por 10 ou máis integrantes e se atopen debidamente inscritas, a data 31/12/2021, no Rexistro de Asociacións do Concello de Barbadás, recibirán unha axuda pola súa participación de 200 €.

 

Para máis información dirixirse a:
Casa da Cultura
Rúa San Bernabé ,37 32002 – A Valenzá – Barbadás.
Tlf: 988 246885
Enderezo electrónico: casacultura@barbadas.es

CONTENT-CAT.1713492651

Cartel do Entroido 2022

01/02/2022

Cartel do Entroido 2022

Entroido 2022

Reunido o xurado do Cartel do Entroido de Barbadás 2022 elexíu como premiado ao artista “Xosevich”.
O Concello agradece a participación de tod@s os artistas que enviaron as súas propostas, sendo moi dificil escoller o premiado.
Este será o CARTEL DO ENTROIDO 2022

Cartel barbadas 476.54 KB

CONTENT-CAT.1713492651

Concurso para a elección do cartel do Entroido 2022

11/01/2022

Concurso para a elección do cartel do Entroido 2022

Data límite de presentación de propostas, 26 de xaneiro de 2022

  • Con motivo da celebración do Entroido 2022 a Concellería de Cultura do Concello de Barbadás convoca un concurso de carteis, con arranxo as bases que se achegan.

 

  • O tema será de libre elección e interpretación do/da autor/a, debendo reflectir o sentimento do entroido de Barbadás en todas as súas facetas.

 

  • A data límite para a presentación é o 26 de xaneiro de 2022. No caso de envíos por Correos ou por empresas de mensaxería, non se admitirán entregas a partir das 14:00 h. dese día. As obras entregaranse no Concello de Barbadás, rúa Cimadevila nº1 32890 Barbadás  ou nas oficinas municipais, rúa do Viso nº2, 32002 A Valenzá – Barbadás.

 

  • O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e unha dotación económica de 500 euros.

Concurso Cartel Entroido 2022 Concello de Barbadás

CONTENT-CAT.1713492651

Sala Manuel María

05/01/2022

Sala Manuel María

Cartel A Lúa vai encuberta

O venres 14 de Xaneiro, ás 20:30h. representación da obra “A LÚA VAI ENCUBERTA” gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, unha Coproducción do grupo INCENDIARIA e A QUINTA do CUADRANTE.
Sinopse:
O autor deixou unha nota no prólogo: “Esta peza teatral escribina polos anos setenta, por encargo do Grupo Teatral da Asociación Cultural Auriense, que xa representara a miña peza Unha vez foi o trebón. Comezados os ensaios, o grupo desfíxose”.
Iso deixou escrito Manuel María pero os integrantes do grupo cos que falamos non lembran ter ensaiado a obra nin que o grupo se desfixera durante os ensaios. Aseguran non lembrar que a peza fose escrita para o Auriense pero imaxinar os ensaios nos anos 70 activou en nós unha memoria que nunca puidemos consolidar.
Na procura dunha verdade oculta, a mestura de tempos e a combinación de realidade e ficción permiten identificar o descoñecemento programado da nosa historia máis recente e a consecuente falta de conciencia da identidade nacional galega.
A lúa vai encuberta é un espectáculo arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as suas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.
Incendiaria e A Quinta do Cuadrante levamos a escena o texto de
Manuel María como unha fonte esencial para, a través dela, entender as diferentes formas sociais e políticas que nos conformaron como país e, polo tanto, como persoas que o habitamos.
Espectáculo recomendado a partir dos 14 anos en adiante.
Entrada libre con invitación (Recollida na Casa da Cultura)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
#culturabarbadas

CONTENT-CAT.1713492651

O Apalpador visita Barbadás hoxe día 30 e estará na glorieta e na casa de cultura

30/12/2021

O Apalpador visita Barbadás hoxe día 30 e estará na glorieta e na casa de cultura

O APALPADOR DESPRAZARASE HOXE A BARBADÁS NA SÚA RUTA POR GALICIA
  • O Apalpador estará hoxe en Barbadás para que os/as nenos e nenas poidan transmitirlle as súas peticións e poidan coñecelo.

 

  • Na glorieta da familia ás 18,10 estará o Apalpador no trono para que os/as nenos e nenas poidan achegarse a este perxoaxe tradicional.

 

  • Ás 18,00 horas: concerto do grupo Nova Fronteira na glorieta da familia.

 

  • Ás 18,30 horas: na casa de cultura Manuel María: representación de “o Castiñeiro do Apalpador” por Fantoches Baj.

A3-Apalpador 286.64 KB

CONTENT-CAT.1713492651

Programación de Nadal do Concello de Barbadás

04/12/2021

Programación de Nadal do Concello de Barbadás

MAXIA, MÚSICA, DEPORTE, PATINAXE BAILE, CHARLAS, PRESENZA DE APALPADOR, PAPÁ NOEL E REIS MAGOS CONFORMAN A PROGRAMACIÓN DE NADAL DE BARBADÁS

  • A programación de Nadal do Concello de Barbadás inclúe actuación de música tradicional, presenza de persoaxes da tradición destas datas, patinaxe, charlas, ludoteca, maxia, deportes e baile.

  • A sala Manuel María será escenario o día 17 de decembro do espectáculo “O Nadal máis máxico”, a cargo do mago José Rivera. Actividade programada pola mañá para escolares dos centros educativos.

  • O sábado 18 de decembro na rotonda da familia ás 12,30 a música será a protagonista, coa presenza da Asociación Cultural San Mauro de Barbadás.

  • O martes 21 de decembro nos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato, así coma no Centro ocupacional das Burgas acudirá Papá Noel nunha visita sorpresa a partir das 10 da mañá.

  • O Espazo Infantil das instalacións municipais da Solaina acollerá a ludoteca de Nadal os días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro, así coma os días 3, 4 e 5 de xaneiro. Esta actividade desenrolarase entre as 9 e as 14 horas.

  • A Asociación cultural “Velai-vai de Bentraces actuará o mércores día 22 na glorieta da familia ás 18 horas.

  • Ese mesmo día 22 ás 19 horas na sala Manuel María está programado un concerto do Grupo de cordas “Sen Contrastes”.

  • O polideportivo acollerá o día 22 de decembro una masterclass de Nadal para adultos/as e cativos/as ás 19,30 horas.

  • O día 23 de decembro están progamadas 4 actividades: ás 10 da mañá haberá torneo de fútbol prebenxamín de Nadal no campo de fútbol dos Carrís.

  • Pola tarde ás 18 horas está previsto o concerto da Banda infantil da Escola de Música Municipal de Barbadás.

  • Ás 7 da tarde dese mesmo día 23 de decembro será a “Visita do Papá Noel” na glorieta da familia. E a partir das 8 da tarde está prevista a animación musical polas rúas da charanga “Téquele”.

  • A Casa da Mocidade (rúa dos Diestros) acollerá clases de baile moderno entre os día 27 e 30 de decembro.

  • O colexio Filomena Dato será escenario os días 28 e 29 de decembro de un circuito de patinaxe: para menos/as de 3 a 8 anos entre as 16 e as 17 horas e a partir de 9 anos entre as 17 e as 18 horas.

  • O campo de fútbol dos Carrís será escenario o mércores 29 de decembro do tradicional clinic de porteiros entre as 10 e as 14 horas.

  • O día 29 de decembro pola tarde a Casa da Mocidade acollerá una charla de “ciberseguridade” a cargo de efectivos da Garda Civil.

  • Ese mesmo día 29 a sala Manuel María acollerá ás 19 horas un concerto de clarinetaes da Escola de Música de Barbadás.

  • O xoves 30 de decembro haberá deporte, música e “Apalpador”. Pola mañá celebrarase de novo clinic de porteiros no cmapo de fútbol entre as 10 e as 14 horas. Ás 18 horas está programado un concerto da Banda de gaitas “Nova Fronteira”.

  • A partir das 18,30: Visita do Apalpador coa posta en escena de “O castiñeiro do Apalpador”, na sala Manuel María.

  • O xoves 30 de decembro está prevista un ruta de patinaxe que partirá do Parque dos Patos ás 16 horas con destino a Vilaescusa pola senda peonil do río dos Muíños e dende ese punto hacia o polideportivo, en cuxa explanada haberá patinaxe libre.

  • O luns 3 de xaneiro será o gran día para os/as nenos e nenas dos pobos do municipio porque os Reis Magos realizarán as tradicionais visitas a Sobrado, Loiro, Bentraces, Barbadás, As Lamas, Finca Fierro, Parada e Piñor.

  • O luns 3 de xaneiro a Coral da Escola de Música de Barbadás actuará na rotonda da familia.

  • O martes 4 de xeneiro no polideportivo está prevista a celebración de “Diverlancia 5.0” coa visita dos Reis Magos. Este evento está a expensas do protocolo covid do momento no que está programado. A cidadanía será debidamente informada das previsións respecto a Diverlancia.

  • O martes 4 de xaneiro ás 20,30 o concerto de aninovo será a cargo da Banda xuvenil da Escola de Música de Barbadás na igrexa San Bernabé da Valenzá.

CONTENT-CAT.1713492651

EXPOSICIÓN “FILLOS DO OCÉANO”

01/12/2021

EXPOSICIÓN “FILLOS DO OCÉANO”

Cartel Fillos do Océano

Sala de Exposicións da Casa da Cultura Manuel María
Mañá xoves ás 12:30h. inauguramos unha nova exposición, trátase da Exposición fotográfica FILLOS DO OCÉANO un proxecto de Javier Teniente que chega a Barbadás da mán de Afundación.
«Fillos do océano» é unha homenaxe a todos os mariñeiros artesáns que viven por e para o mar; ámano e venérano, e obteñen del todo o preciso para a súa supervivencia.
Mais pretende tamén ser unha chamada de atención sobre a vulnerabilidade dos ecosistemas mariños, para que respectemos e preservemos os océanos da destrución que hoxe ameaza este medio tan fráxil e indispensable para a nosa supervivencia.
Só así, conservando e respectando o medio natural, se manterán estas ancestrais culturas ligadas á pesca tradicional e artesanal.>>
Do 2 ao 31 de decembro
2ª planta da Casa da Cultura Manuel María
Horario de visitas: de luns a venres de 8:30 a 14:30 e de 16 a 20h.

CONTENT-CAT.1713492651

Samaín en Barbadás: pasaxe do terror e festa infantil

26/10/2021

Samaín en Barbadás: pasaxe do terror e festa infantil

O venres, 29 de outubro, na Casa da Mocidade e no Parque da Solaina

PASAXE DO TERROR NA CASA DA MOCIDADE E FESTA INFANTIL NA SOLAINA COMPOÑEN A PROGRAMACIÓN DO CONCELLO DE BARBADÁS PARA SAMAÍN O DÍA 29 DE OUTUBRO

Barbadás ofrecerá unha programación “terrorífica” para Samaín

  • A Casa da Mocidade será escenario de un pasaxe do terror, o venres 29 de outubro a partir das 19,30 horas ata as 22,30h.

 

  • O concerto do terror e o pasaxe terrorífico só é apto para “persoas ousadas e pouco medrosas e está dirixido á mocidade maior de 12 anos.

 

  • O itinerario do terror estará repleto de sorpresas e para participar é preciso realizar a correspondente reserva na Casa da Mocidade de Barbadás, na rúa dos Diestros, 2, A Valenzá ou a través da plataforma Woutick.es.

 

  • O túnel do terror será visitado por grupos reducidos e con aforo limitado, con cita previa. Haberá tamén ambientación musical en directo para acadar un maior impacto.

Festa infantil

  • Outra proposta lúdica desenrolarase no parque da Solaina a partir das 18,30 horas o espectáculo “O legado de Tibu”.

 

  • A festa infantil do terror na Solaina está dirixida a todos os públicos, coa presenza de acróbatas, personaxes fantásticos, patinadoras e moitas sorpresas.

 

  • En caso de que as condicións climatolóxicas non o permitan, a festa celebrarase no patio do Filomena Dato.

 

  • Na festa infantil haberá “merenda saudable” para todos/as nenos/as disfrazados/as que acudan a este encontro  “terrorífico”.

   

CONTENT-CAT.1713492651

Obradoiro infantil “Chegou o Outono” na Biblioteca Municipal de Barbadás

25/10/2021

Obradoiro infantil “Chegou o Outono” na Biblioteca Municipal de Barbadás

Xoves, 28 de outubro ás 18 h.

  • A Biblioteca Municipal organiza un novo Obradoiro que leva como temática o Outono, “CHEGOU O OUTONO” é unha experiencia sensorial a través de lectura de poemas, coñecemento sobre o outono, manualidades e moitas cousas máis…

 

  • Dirixido a nen@s de 4 a 10 anos.

 

  • Para fecer a inscrición hai que mandar un correo electrónico a : biblioteca@barbadas.es Hai que poñer o nome, idade e teléfono de contacto dos nen@s.
Será o XOVES 28 DE OUTUBRO ÁS 18H.
Na Biblioteca Municipal de Barbadás.
PRAZAS LIMITADAS
Organiza: Concellaría de Cultura

 

Imprimir 386.60 KB

CONTENT-CAT.1713492651

Pasaxe do terror ´O concerto do terror´

25/10/2021

Pasaxe do terror ´O concerto do terror´

29 de outubro de 19.30 a 22.30 h. na Casa da Mocidade

Este Samaín vivirás unha auténtica aventura arrepiante na PASAXE DO TERROR ? que o que se instalará o vindeiro 29 de outubro de 2021 de 19.30 a 22.30 horas.

Reserva xa as túas entradas ? ( individuais ou grupos ata 11 persoas) en

https://www.woutick.es/evento/1947/entradas-o-concerto-do-terror-pasaxe-do-terror?place=911&date=29-10-2021

A partir de  12 anos (sen límite de idade). . 

As entradas son de balde.

CONTENT-CAT.1713492651

ANDAINA Camiño Termal organizado pola Asociación Camiño Real de Bentraces

20/10/2021

ANDAINA Camiño Termal organizado pola Asociación Camiño Real de Bentraces

O 23 de outubre, saída ás 10:00 dende a iglexa de Loiro

UNHA RUTA POLO ANTIGO CAMIÑO TERMAL INICIA O PERCORRIDO EN LOIRO, BENTRACES, BARBADÁS, A VALENZÁ PARA REMATAR NA CATEDRAL DE OURENSE

A andaina está organizada pola Asociación Camiño Real de Bentraces, en colaboración coa asociación veciñal San Bieito, Loiro na memoria e o Concello de Barbadás

  • A Asociación Camiño Real de Bentraces, a asociación veciñal San Bieito a asociación Loiro na memoria, coa colaboración do Concello de Barbadás, organizan unha andaina entre Loiro e a catedral de Ourense.

 

  • A ruta sendeirista percorrerá o antigo Camiño Termal e será o 23 de outubro.

 

  • A saída será dende a igrexa de Loiro ás 10,00 horas con destino á catedral de Ourense e haberá un autobús dispoñible para o regreso.

 

 

  • Os obxectivos son os de “promover accións vinculadas a impulsar e recuperar o roteiro histórico entre Braga e Ourense, que se coñeza e se promocione esta senda xacobea que implica recuperar camiños e carreiros históricos, preservar os elementos singulares, e incorporar sinalización da zona”, indica Antón Pereiras, da asociación Camiño Real e impulsor da iniciativa.

 

  • ITINERARIO BARBADAS-OURENSE Desde Loiro descéndese polo Camiño Real ata Bentraces. Avituallamento en “Forno do Florente” Rúa de Abaixo. Continúase por Cima de Vila, Ermida de San Mauro, en Barbadas, e séguese baixando pola Cal ata o río pola Valenzá. Continuarase abeirando o río ata Ourense.

Andaina (1) 422.10 KB

CONTENT-CAT.1713492651

Festival Internacional de Teatro de Ourense FITO

13/10/2021

Festival Internacional de Teatro de Ourense FITO

Cartel de Paula Malik

O venres 15 de outubro ás 21h. actuación de PAULA MALIK co espectáculo “BANDA ANIMAL”, será na Sala da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás.
Sinopse:
En escena, a recoñecida paiasa Paula Malik é “A Mestra Divarius” quen dirixe unha singular orquestra de 18 bonecos de plástico, integrado por elefantes, poliños ou porcos con quen logrará interpretar temas musicais que van desde Carmina Burana ata Julio Jaramillo. Este atrevido e cómico espectáculo busca sacar a animalidade dos asistentes convidándoos ao xogo e a imaxinación como un remedio infalible contra o tedio cotián.
Desde a linguaxe do clown, esta paiasa narra as historias destes personaxes congregados na “banda de reinserción Zoo- cial” na que os animais maltratados, esquecidos ou en situación de risco, descobren o verdadeiro talento que dará sentido ás súas vidas. Sutilmente, a obra incorpora mensaxes con contido político, animalista e crítico do sistema, pero mantendo unha linguaxe absurda.
Aínda que estes bonecos de plástico teñen unha pequena escala sonora cos seus asubíos, a Mestra Divarius logra sacar deles as súas historias máis intimas e traxicómicas, por exemplo, preséntanos a un golfiño rosado do Amazonas que se puxo amarelo pola contaminación. Un poliño equilibrista desempregado dun circo que se converte en dobre de cinema, e un reno que traballaba con Papá Noel, pero terminou decepcionado coa perda do espírito do Nadal.
Entrada con invitación ata completar aforo (recollida das invitacións na Casa da Cultura)
Espectáculo recomendado a partir dos 5 anos en adiante.
Organiza: FITO Festival Internación de Teatro de Ourense.
Colabora: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cartel Paula Malik 614.54 KB

CONTENT-CAT.1713492651

MAXIA na Casa da Cultura

08/10/2021

MAXIA na Casa da Cultura

Cartel de Maxia Pedro Bugarín

Biblioteca Municipal de Barbadás
O próximo xoves 14 de outubro ás 18h. temos un espectáculo de MAXIA co Mago PEDRO BUGARÍN que nos vai representar o espectáculo “NOVO MAXIA PARA TODXS”
Sinopse:
Novo maxia para todxs é o novo show de 1, 2, 3… O mago Pedro Bugarín! totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante, versátil e sempre en clave de humor.
Este show que percorreu máis de 50 Concellos en 2019 cambia pero mantén a esencia da maxia divertida e moi moi participativa. Existe a posibilidade de facelo sen contacto e a distancia respetando as normas sanitarias vixentes.
Nenos e nenas: recomendado a partires de 6 anos, Mocidade.
50 minutos.
Inscribirse no correo: biblioteca@barbadas.es
Con nome do nen@, idade e un teléfono de contacto.
PRAZAS LIMITADAS.
Organiza: Concellaría de Cultura.
Patrocina: Ler Conta Moito / Xunta de Galicia

Imprimir 493.95 KB

CONTENT-CAT.1713492651

TÍTERES ALAKRÁN

27/09/2021

TÍTERES ALAKRÁN

Cartel Circo Galaico

O domingo 3 de outubro actuación de TÍTERES ALAKRÁN co espectáculo “CIRCO GALAICO”, será ás 19h. na Sala da Casa da Cultura.
Sinopse:
Xa está aquí o novo circo de marionetas!
Circo Galaico é un espectáculo de variedades conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo.
Un circo único donde a maxia e o fantástico mestúrase coa natureza, na que os artistas convidados non son outros que animais salvaxes da fauna galega.
Entrada con invitación (recóllense na Casa da Cultura)
Aforo limitado ao 75% pola COVID
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás
Patrocina: FalaRedes 2020 da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL)

CONTENT-CAT.1713492651

Camiños da Cultura

21/09/2021

Camiños da Cultura

Última función do Programa OLLA A CULTURA que iniciouse o 25 de xuño e fixo o percorrido todos os xoves dos meses de xullo, agosto e setembro; agora sí chegamos ao final coa actuación do CIRCO CHOSCO que nos presenta o espectáculo “OH-PERA”, será este xoves 23 de setembro ás 19:30h. no Parque dos Patos (A Valenzá)
Sinopse:
Circo, humor, equilibrio e acrobacia nunha ópera surrealista na que os actos entrelázanse entre sí dunha forma divertida que non entende de lóxica ou época.
Xénero: Circo cómico e portés
Duración: 50 min.
Público: Todos os públicos.
Organiza: Concellaría de Cultura
Patrocinan: Xacobeo 21-22 /  Xunta de Galicia /  Gadis

CONTENT-CAT.1713492651

Camiños da Cultura

13/09/2021

Camiños da Cultura

Xoves, 16 de setembro ás 19:30 horas.

Camiños da Cultura
A Programación cultural do Concello de Barbadás continúa durante o mes de Setembro.
Nesta ocasión contamos co espectáculo de circo terroríficamente divertido “Abracadaver”, a cargo de Assircópatas . Será o XOVES 16 DE SETEMBRO ás 19:30 horas, no Parque dos Patos en A Valenzá, .
 
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás
Patrocina: Xacobeo 21-22
Xunta de Galicia.
Gadis

CONTENT-CAT.1713492651

Festival de charangas en Barbadás os días 10 e 11 de setembro

09/09/2021

Festival de charangas en Barbadás os días 10 e 11 de setembro

Para apoiar á hostalaría e tamén e promover concertos na rúa

BARBADÁS GOZARÁ DUN FESTIVAL DE CHARANGAS OS DÍAS 10 E 11 DE SETEMBRO

O día 10 de setembro de 20:00 a 22:00,  “Charanga EUROPA” e “ CHARANGA BBB”

O día 11 de setembro de 20:00 a 22:00, “FUEGO Street Band” e “CHARANGA BICOIA”

O festival pretende apoiar á hostalería e tamén e promover concertos na rúa.

  • Este festival é unha nova proposta musical promovida pola Charanga BBB e apoiada polo Concello de Barbadás , no que se busca achegar de novo a música ás rúas nestes tempos de pandemia. Tamén se pretende fomentar a calidade e a cultura das charangas na provincia de Ourense.

  • O festival de charangas propiciará a coexistencia da parte máis tradicional das charangas de rúa e grupos con equipos de son e temas máis de actualidade, explica Alejando López Fernández, presidente da charanga “BBB”.

  • Os/as integrantes da charanga, que a súa vez pertencen á Asociación Cultural Ritmos Musicais de Barbadás, son os impulsores/as desta festival.

  • A charanga “BBB” nace en 2016 “xuntando os alumnos da escola de música para desfilar no Entroidode Barbadás, os ensaios continuarían, ata chegar a ser a agrupación que somos hoxe en día e a asociación xurdíu para xuntar as agrupacións da escola e independizalas de esta”, indica Alejandro López.

  • Algunhas das agrupacións que forman a asociación son a charanga “BBB”, Banda Municipal de Barbadás, grupo de cordas “Sen contrastes” e coro.

  • Esta idea xorde de querer facer un concerto da charanga na rúa principal para apoiar á hostalería e promover concertos na rúa, que despois se volve máis ambiciosa ata chegar a plantexar un festival de charangas con idea de que perdure no tempo, reunindo a agrupacións de calidade para este fin.

  • O día 11 de setembro de 20:00 a 22:00, “FUEGO Street Band” e “CHARANGA BICOIA”.

  • O día 10 de setembro de 20:00 a 22:00, “Charanga EUROPA” e “ CHARANGA BBB”

  • Organiza: Asociación Cultural Ritmos Musicais de Barbadás, Charanga BBB

  • Colabora: Concello de Barbadás

CONTENT-CAT.1713492651

Aviso actuación Camiños da Cultura

09/09/2021

Aviso actuación Camiños da Cultura

Cambio ubicación

Por motivos climatolóxicos prodúcese un cambio de ubicación ná actuación programada para hoxe.

O espectáculo familiar de clow “Cartoons” será hoxe, xoves día 9 de setembro,  no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María, as 19:30 horas.

Entrada libre ata completar aforo.

Organiza: Concellería de Cultura de Barbadás

Patrocina: Xacobeo 21-22

Xunta de Galicia

Gadis

CONTENT-CAT.1713492651

Camiños da cultura

06/09/2021

Camiños da cultura

Xoves, 9 de setembro, ás 19:30 horas.

Camiños da Cultura
A Programación cultural do Concello de Barbadás continúa durante o mes de Setembro.
Neste segundo evento contamos co espectáculo familiar de clown “Cartoóns”, a cargo de Josito Porto e Víctor Mosqueira, . Será o XOVES 9 DE SETEMBRO ás 19:30 horas, no Parque dos Patos en A Valenzá, .
 
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás
Patrocina: Xacobeo 21-22
Xunta de Galicia.
Gadis

CONTENT-CAT.1713492651

Camiños da Cultura

30/08/2021

Camiños da Cultura

A Programación cultural do Concello de Barbadás continúa durante os mes de Setembro.
Neste primeiro evento contamos co MAGO ANTÓN que nos trae o espectáculo “A VOLTA A GALICIA EN 313 CONELLOS” será o XOVES 2 DE SETEMBRO no Paseo dos Amieiros en A Valenzá.
O magomobil é un vehiculo de trece metros de longo por 6 de ancho (teatro sobre rodas) totalmente autónomo con escenario, cadeiras, luces, son, aire acondicionado, grupo electróxeno etc… que lle permite a o público que está no seu interior ver o espectáculo en condicións optimas.
Nº DE ESPECTADORES POR FUNCIÓN:30
TEMPO DURACIÓN FUNCIÓN:  45 MINUTOS
HORARIOS FUNCIÓNS:
12:00
13:00
17:00
18:00
19:00
20:00
21:00
22:00
-Na entrada do magomobil teremos guantes, mascarillas e líquido gel.
-Haberá ventilación durante a función.
-Entre función e función limpeza no interior do magomobil.
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás
Patrocina: Xacobeo 21-22
Xunta de Galicia.
Gadis

CONTENT-CAT.1713492651

Programación cultural de setembro

28/08/2021

Programación cultural de setembro

Maxia, circo e clown para todos os públicos

BARBADÁS AMPLIA A PROGRAMACIÓN CULTURAL DURANTE O MES DE SETEMBRO

Maxia, circo e clown conforman o programa de ocio para as vindeiras semanas

  • O Concello de Barbadás amplía a programación cultural de verán durante todo o mes de setembro.

 

  • A Concellería de Cultura programa unha serie de actividades dirixidas ás familias: espectáculos de maxia, clown e circo en diferentes escenarios.

 

  • O xoves 2 de setembro O Mago Antón ofrecerá en diferentes funcións o espectáculo “A volta a Galicia en 313 concellos”. O espectáculo poderá disfrutarse en diferentes horarios: 12 do mediodía, 13,00 horas, 17,00, 18,00, 19,00, 20,00 e 21,00h.
    Estas funcións desenrolaranse no “tráiler” do mago no Paseo dos Amieiros.

 

  • A compañía Hum&Ous ofrecerá o espectáculo de clown “Cartoons” no Parque dos Patos ás 19,30 o xoves 9 de setembro.

 

  • O circo será o protagonista o 16 de setembro a cargo de Assirecópatas co espectáculo “Adracadáver” tamén en horario de 19,30 horas.

 

  • O broche final da programación do Verán Cultural en Barbadás será o día 23 coa posta en escea de “Oh-Pera” a cargo de Circo Chosco.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Cultura, Marga Pérez, destacan a oportunidade que terá a veciñanza para seguir disfrutando da cultura durante o mes de setembro.

CONTENT-CAT.1713492651

REAOU

23/08/2021

REAOU

Cartel de Cuñados

Rede de Auditorios Provincial de Ourense
O xoves 26 de Agosto, ás 22h. proxección da película CUÑADOS, será no Parque dos Patos de A Valenzá.
Sinopse:
Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A. Touriñán) acaban de meter a pata nun dos seus negocios e necesitan diñeiro. Moito diñeiro. Será Sabonis quen atope a solución ao problema, secuestrando a Modesto (Federico Pérez Rey), cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar ni un euro polo seu cuñado.
É o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a bodega familiar. Estos tres cuñados o teñen todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.
Xénero: Comedia
Organiza: Concellaría de Cultura de Cultura Barbadás
Patricina. Deputación Provincial de Ourense

CONTENT-CAT.1713492651

NOITE DE FADOS

16/08/2021

NOITE DE FADOS

Xoves, 19 de agosto do 2021, no Parque dos Patos

Continuando co Programa Cultural de Verán do Concello de Barbadás, temos unha nova actuación, será a da Fadista MARLENE RODRIGUES e o seu grupo, co espectáculo “O FADO NASCEU UN DÍA”, este xoves 19 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos de A Valenzá.
Sinopse:
O gosto e a paixão pelo Fado cruza o “destino” destes quatro amigos e músicos, unindo-os num só objectivo: proporcionar momentos de mistério, nostalxia e encanto, relembrando grandes nomes como Amalia Rodrigues, Mariza, Carminho, Marco Rodrigues… e temas da alma portuguesa…”
Marlene Rodrigues (voz), Rui Beirão (guitarra portuguesa), Dario Rocha (Viola de fado) e Alex Marques (baixo).
Xénero: Música.
Público: Todos os públicos.
Organiza: Concellaría de Cultura

CONTENT-CAT.1713492651

Convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades culturais sen ánimo de lucro que desenvolvan acción no eido da Cultura para o ano 2021.

10/08/2021

Convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades culturais sen ánimo de lucro que desenvolvan acción no eido da Cultura para o ano 2021.

Convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades culturais sen ánimo de lucro que desenvolvan acción no eido da Cultura para o ano 2021.

CONTENT-CAT.1713492651

PROGRAMA CULTURAL DE VERÁN

09/08/2021

PROGRAMA CULTURAL DE VERÁN

Cartel do espectáculo O Gran Braulio

Continuamos co Programa Cultural de Verán no Concello de Barbadás, cunha nova actuación, será a do Mago ADRIÁN CONDE que nos presenta o espectáculo “O GRAN BRAULIO, será este xoves 12 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos de A Valenzá.
Sinopse:
Braulio é o mellor mago do mundo…ou polo menos iso pensa el. E quen somos nós para dicirlle a verdade? Así é moito máis divertido! Chega a Barbadás un mago torpe e despistado que fai ben os seus trucos e o seu espectáculo…. de pura casualidade.
¡Ven a descubrilo!
Xénero: Maxia
Duración: 75 minutos
Público: Todos os públicos
Organiza: Concellaría de Cultura

CONTENT-CAT.1713492651

Programa de Verán

02/08/2021

Programa de Verán

Xoán Curiel con "Danzamos no verán"

Iniciamos o mes de Agosto e continuamos coas actividades culturais do Concello, será este XOVES 5 DE AGOSTO co Concerto de XOÁN CURIEL que nos presenta “Danzamos no verán”, será coma sempre ás 21h. no Parque dos Patos de A Valenzá.
Sinopse:
Danzamos no verán é un espectáculo infantil e familiar totalmente participativo que emprega a danza e a música coas cancións do libro disco: Estamos no verán!!!.
Dito libro-disco foi nomeado como Mejor Álbum en Lengua Galega nos VI Premios de la Música Independiente.
Este é un espectáculo alegre e enérxico, onde os máis pequenos e as súas familias poderán vivir o seu particular verán participando no show e sentíndose parte activa do mesmo.
Xénero:  Música Infantil
Público: Todos os públicos
Organiza: Concellaría de Cultura

CONTENT-CAT.1713492651

Programa Cultural de Verán

26/07/2021

Programa Cultural de Verán

Cartel O Sonoro Maxín

REAOU
Rede de Auditorios Provincial de Ourense
O xoves 29 de xullo unha nova actuación dentro da Rede de Auditorios Provincial de Ourense coa actuación de O SONORO MAXÍN que nos presenta “DE NAVALLAS E CUMBIAS”, será ás 21h. no Parque dos Patos en A Valenzá (Barbadás)
O Sonoro Maxín naceu no verán de 2007, a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon Gum, Mutenrohi e The Pigmalions. Estreáronse en Ourense, a súa cidade natal, o 20 de decembro daquel ano. A partir dese debut, percorreron durante os seguintes anos toda a xeografía galega con máis de 150 concertos, nos que compartiron escenario con músicos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestra, Los Delinqüentes ou Tonino Carotone.
Nestes tempos tan ingratos cómpre ter a man unha navalla ben afiada. A nosa navalla é a canción. Tamén o baile.O Sonoro Maxín comeza, como unha tarazana, un camiño de ida e volta para compartir, a través da súa música, os momentos e os lugares nos que naceu, creceu e amou. Reclamando un espazo para poder bailar mellor. Reivindicando a música como unha arma de construción masiva.
Xéneros: Verbena, música de baile
Duración: 75 minutos
Público: Todos os públicos
Tipo espectáculo: Verbena-Fusión-Rap
Organiza: Concellaría de Cultura de Cultura de Barbadás.
Patrocina: Deputación Provincial de Ourense.

Imprimir 431.39 KB

CONTENT-CAT.1713492651

PROGRAMA CULTURAL DE VERÁN

19/07/2021

PROGRAMA CULTURAL DE VERÁN

Cartel da Compañía Vol´e Temps

Continuamos a Programación Cultural do Concello de Barbadás, con unha nova actuación, será este XOVES 22 DE XULLO ÁS 21h. no Parque dos Patos, coa Compañía VOL´E TEMPS que nos presentan o premiado espectáculo “DISTANS”

Sinopse:

Distans é unha viaxe a través das emocións, nun espazo visual e sonoro que envolve escenas de circo acrobático e teatro xestual que conforman un espectáculo orgánico, sensible e divertido. Unha obra que fala da amizade, dos recordos que seguen vivos nos nosos corazóns máis aló dos anos. Fala da fraxilidade do ser humano, da ruptura, da soidade, e do amor capaz de rexenerar e reconstruír as nosas relacións cos demais.

DistanS é o espectáculo de 2019 e 2020 do circo español. Unha gran peza con multitude de premios e mencións que pasou polas mellores programacións. Un espectáculo imprescindible que destaca pola súa excelencia, excelencia técnica, escenográfica, acrobática, humorística… un espectáculo que é unha verdadeira delicia e non te podes perder.
Xéneros: Circo-teatro
Duración: 50 min.
Público: Público Familiar
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

CONTENT-CAT.1713492651

PROGRAMA CULTURAL DE VERÁN

12/07/2021

PROGRAMA CULTURAL DE VERÁN

Cartel de Paporrubio

Este xoves 15 de xullo, ás 21h. actuación da compañía PAPORRUBIO que nos presenta o espectáculo “Varietés de Animalario”, será coma sempre no Parque dos Patos.

SINOPSE

Nun contexto humorístico e divertido, a raposa e o lobo vense envoltos nun conflito pola propiedade dunha pereira con sete peras, á que misteriosamente lle van desaparecendo as peras unha a unha. No texto vense cuestionados os roles habituais que teñen a raposa e o lobo nas cultura galega de tradición oral; os dous vólvense vexetarianos, son rexeitados polos seus grupos habituais de compañía e acaban sendo compañeiros a causa do amor pola Pereira coas sete peras. Todo isto, acompañados das características humorísticas clásicas da tradición de monicreques galega: os enredos lingüísticos, a cachaporra, a astucia do heroe e do antiheroe…. O punto de partida para este texto orixinal é unha cantiga de tradición oral recollida no libro Músicas do Courel de Xosé Luís Foxo. Nela, a raposa e o lobo, están fatigados o pé dunha Pereira, e distintas personaxes, ao modo das figuras literarias asociativas moi habituais na tradición oral galega, aparecen na canción, sen outro obxectivo ca “provocar” unha historia surrealista e con unha clara tinta onomatopeica e de enredo. É con esta canción, explicada con un cartel de deseño contemporáneo, pero ao modo dos clásicos carteis de cego de Literatura de cordel, como remata a obra.

Monicreques | +3 | 50 min

Organiza: Concellaría e Cultura

CONTENT-CAT.1713492651

PROGRAMA DE VERÁN

05/07/2021

PROGRAMA DE VERÁN

Cartel The Tetas ´Van

REAOU
Rede de Auditorios Provincial de Ourense
O xoves 8 de Xullo ás 21h. no Parque dos Patos de A Valenzá (Barbadás)
CONCERTO DO GRUPO THE TETAS ´VAN
Chegou a revolución en feminino!!! The Tetas’ Van somos un grupo de chicas na súa maioría que pretende revolucionar as salas de concertos coas súas músicas.
Ainda que somos especialistas en versións o noso obxectivo é o de divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as inxustizas que nos tocan a todas, a través da nosa língua galega. Pretendemos ser tamén a voz de todas aquelas que desexen que cantemos os seus poemas, textos ou melodías e por iso contamos ca colaboración de poetisas que nos regalan as súas verbas encantadas.
The Tetas’ Van somos artistas e malabaristas xa que combinamos a nosa vida de profes, estudiantes, nais, irmás, tías e amigas ca de músicas que buscan a diversión e a felicidade a través das notas.
A través da nosa páxina web thetetasvan.org poderás consultar moita máis información.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás
Patrocina: Deputación Provincial de Ourense

CONTENT-CAT.1713492651

Programa de verán “Olla A Cultura”

28/06/2021

Programa de verán “Olla A Cultura”

Xoves, 1 de Xullo, ás 21:00 horas.

TEATRO GHAZAFELHOS – Monstros no Camiño ( teatro cómico).

 

Público familiar.

Tres investigadores de Europa do leste viaxaron polo camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres ou fenómenos locais. Hoxe, farán un simposium para amosar os resultados da súa aventura. Con axuda dunha máquina da súa invención, serán capaces de convocar os distintos “monstros” dos que falan para amosar a súa falsidade ou non… Percorrerán unha chea de
personaxes míticos dos distintos lugares por onde transcorre o camiño dende, Drácula, Lobisome… até as Meigas, a Santa Compaña, o Sacauntos… Todo baixo un humor absurdo do que Ghazafelhos nos ten acostumado facendo un espectáculo familiar que nos farán sentir cómplices da historia. Jorge Casas, Montse Piñón e Pepablo Patinho dan vida a catro científicos-aventureiros que investigan os monstros tradicionais do camiño de Santiago. Cunha escenografía adaptada a distintos espazos consistente nun pequeno carro-máquina, farán sketchs presentando os monstros dos que falarán.

 

E-mail 665.60 KB

CONTENT-CAT.1713492651

Programación de ocio para os meses de xullo e agosto dirixida a todos os públicos

22/06/2021

Programación de ocio para os meses de xullo e agosto dirixida a todos os públicos

Actividades lúdicas, culturais e de ocio en Barbadás

BARBADÁS PROGRAMA ACTIVIDADES LÚDICAS, CULTURAIS E DE OCIO DIRIXIDAS A TODOS OS PÚBLICOS

As concellerías de Cultura, Mocidade, Deportes e Igualdade realizaron unha planificación que abrangue actividades para todas as idades

Teatro, concertos, talleres de graffiti, clases de patinaxe na pista de skate, obradoiro de coaching emocional, curso de DJ, torneos de futbolín, padbol e billar, xogos populares, master class de ioga e zumba e iniciación ao boxeo, así coma cinema conforman a oferta de ocio en Barbadás durante os meses de xullo e agosto

  • A concelleira de Cultura, Marga Pérez, comentou esta mañá, cando se fixo público o programa cultural de Barbadás para este verán, que “estas son unhas datas que para nós son moi especiais, xa que aparte da cultura en si mesma é fundamental o espazo onde van ter lugar as actuacións culturais deste verán. O Parque dos Patos é un lugar de encontro para as familias onde saben perfectamente todos os xoves dos meses de verán, día en que terán unha cita para os/as cativos/as e as familias”.

 

  • Este ano baixo o título de “Olla a Cultura presentamos un programa que agardamos sexa do gusto de todas as persoas que acudan, xa que tivemos en conta todo tipo de espectáculos: teatro, acrobacias, música, humor, etc”.

 

  • A programación cultural está “dirixida a un público familiar, para que gocen da cultura, pasen un momento agradable, de convivencia agora que xa temos unhas normas menos restritivas en canto á Covid-19, e podemos xa estar un pouco mais próximos que é o que seguro nos apetece a todas as persoas nestes momentos”.

 

  • Comezaremos este programa cultural este xoves con unha obra de teatro a cargo de “Ghadafelhos” que estará dirixida ao público infantil, en colaboración coa Consellería de Igualdade.

 

  • O Venres 25, tamén promovido pola Consellería de Igualdade, enmarcadas ambas no Día do Orgullo LGTBI, está programado o gran espectáculo do grupo Broken Peach ás 20:30 horas.

 

  • Os vindeiros martes 29 de xuño e mércores 30 de xuño gozaremos cos concertos das bandas de música da Escola de Barbadás, tanto infantil como xuvenil.

 

  • O xoves día 1 de xullo volverá a deleitar ao público o grupo Ghadafelhos con outro espectáculo novo: “Monstros no camiño” e así todos os xoves de cada mes ata chegar o último xoves de agosto que remataremos con unha noite de cinema coa proxección da película “Cuñados”.

 

  • Marga Pérez invitou “á veciñanza a que acuda a gozar da cultura e convivencia neste fermoso espazo como é o Parque dos Patos, na Valenzá”.

 

  • O concelleiro de Deportes e Mocidade, Abel Cortés, destacou que “o programa de verán da Casa da Mocidade é algo novo de este ano dado que foi unha instalación que se puxo en funcionamento a principios de ano”.

 

  • Na planificación de actividades “haberá dúas temáticas diferenciadas, unha no mes de xullo adicado á Cultura Urbana e outra no mes de agosto, o mes do Deporte”.

 

  • Os espazos nos que se realizarán as diferentes actividades estará centralizado na Casa da Mocidade, pero tamén habilitaranse outro espazos como son: pista de skate, pistas de pádel do Polideportivo ou espazos ao aire libre no que terán lugar os diferentes concertos.

 

  • “A finalidade desta programación de dinamización é ofrecerlle á mocidade do concello un espazo onde realizar actividades de ocio e tempo libre á mocidade e principalmente a partir de 12 anos en adiante, xa que ata os 12 anos teñen outro tipo de actividades como os diferentes campamentos de verán , uns orientados ao ocio e tempo libre e outros con un carácter lúdico-deportivo, que se desenrolarán en espazos como a piscina e locais sociais do Concello.

 

  • Polo que durante todo o verán toda a mocidade do concello poderá levar a cabo diferentes actividades durante todos as semanas durante os meses de xullo e agosto.

 

  • O Campus “Respira Familiar” tamén se engloba nestas actividades da área da Mocidade, no que se ofertan unha grande cantidade de prazas para a mocidade do concello, neste caso de 6 a 12 anos.

 

  • Actividades da Concellería de Mocidade: o 2 de xullo haberá un concerto de hip hop no parque exterior da Casa da Mocidade. O 8 de xullo nesta mesma instalación está programado un taller de graffiti. Os venres 16 e 23 de xullo na pista de skate haberá clases de patinaxe agresiva.

 

  • Está previsto un taller de coaching emocional os martes e xoves do 12 ao 22 de xullo na Casa da Mocidade. Planificouse un curso básico de DJ o xoves 22 de xullo.

 

  • Durante agosto, mes centrado no deporte, celebrarase un torneo amistoso de futbolín, xogos populares, e torneos de billar e padbol. O 28 de agosto está prevista unha master class de iniciación ao boxeo e de ioga e zumba. O 1 de outubro programouse unha charla de ciberseguridade impartida pola Garda Civil.

 

  • A concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, destacou as actividades promovidas a través do Centro de Información á Muller de Barbadás.

 

  • O obxectivo “é promover de unha maneira lúdica e amena os principios de igualdade, prevención da violencia de xénero, así como de visibilización de diversidade LGTBI”.

 

  • O día 25 de xuño ás 12 do mediodía procederase á entrega de premios do concurso infantil de debuxos titulado “Que é para ti a  diversidade” na biblioteca municipal.

 

  • As actividades culturais de “Iriña bailarina” e a actuación de Broken Peach enmárcanse na celebración do Día do Orgullo LGTBI.

 

  • Cabe lembrar que a Concellería de Educación organizou un programa de actividades enmarcadas no “Concilia Barbadás” e a Concellería de Deportes oferta o campus lúdico-educativo “Respiro familiar”, cuxa inscrición está aberta ata o venres.

     

CONTENT-CAT.1713492651

Visitas teatralizadas no Museo da Gaita de Fole durante os meses de xuño a setembro

14/06/2021

Visitas teatralizadas no Museo da Gaita de Fole durante os meses de xuño a setembro

Ao final das visitas NOVA FRONTEIRA ofrecerá un concerto

 

O MUSEO DA GAITA OFRECERÁ VISITAS TEATRALIZADAS PARA PERCORRER A HISTORIA DO INSTRUMENTO

A través da posta en escena os/as visitantes coñecerán de preto o significado da gaita na cultura e na sociedade galegas

Ao remate das visitas Nova Fronteira ofrecerá un concerto no patio do Museo da Gaita de Fole

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou que con este tipo de visitas o que se pretende é “pór en valor non só a Gaita de Fole senón tamén o propio edificio.
  • Con este tipo de actividades “preténdese realzar o valor da música tradicional, que ademais ten unha raiame importante no noso concello e tamén dotar ao espazo no que nos atopamos de contido atractivo para os/as visitantes que queiran coñecer a temática actual e permanente do centro que xira entorno a Gaita de Fole”, explica Valcárcel.
  • Valcárcel indicou que este proxecto “segue a senda de outros iniciados hai dous anos cando se fixeron con gran éxito visitas teatralizadas que foron seguidas dun concerto da banda de gaitas “Nova Fronteira” no patio do Museo”.
  • Estas actividades estarán abertas aos/ás visitantes que queiran achegar a coñecer este museo e as visitas serán gratuítas e en aforos reducidos para prever riscos sanitarios.
  • Ramón Selas , concelleiro de Turismo, lembra que “se hai un son e un instrumento característico en Galicia, ese é o da gaita e se hai un lugar en Galicia único referente mundial para o seu coñecemento, ese é o Museo da Gaita do Concello de Barbadás”.
  • O Museo da Gaita de Fole é único en Galicia de estas características. Ofrece unha exposición que percorre a historia de este instrumento con todos os seus usos, tanto en ambientes cultos, aristocrático, xa que a tocaba a realeza de todas as nación europeas, comenta Selas.
  • Na exposición, ademais de paneis informativos, os/as visitantes poden acceder ao material sonoro, que escoitan con auriculares, para poder apreciar como soaba a gaita en todas as etapas históricas, dende a idade media ao Barroco o Renacemento e ata a época contemporánea, destaca o edil de Turismo.
  • A Concellería de Turismo ofrecerá todos os venres finais de mes de xuño, xullo, agosto e setembro unhas visitas guiadas e teatralizadas.

Visitas teatralizadas al Museo da Gaita de Fole de Barbadás

  • Selas destacou que “do que se trata con esta iniciativa é ofrecer de unha forma distinta e divertida acercar a historia e a tradición da Gaita de Fole aos participantes a través de personaxes, de tal forma que, resulte unha amena experiencia”.
  • Estas visistas teatralizadas están pensadas para recibir ao público de todas as idades interesadas en coñecer a historia do instrumento máis característico de toda Galicia.
  • Ao finalizar as visitas, tal e como se fixo en edicións anteriores, haberá concertos no patio do propio Museo a cargo de Nova Fronteira.
  • Debido as restricións sanitarias, o aforo estará limitado, e as reservas efectuaranse no teléfono do CET (Centro Empresarial Transfronteirizo): 988360413.
  • O actor José Nóvoa, que será o encargado de protagonizar esas visitas teatralizadas, e no seu turno de palabra, agradece en nome da Asociación Platea Lúa ao contar con eles para este tipo de actividades, xa que pon en valor neste caso o Museo da Gaita e a gaita en si.
  • José Nóvoa contanos que para estas visitas elaborouse un diálogo ameno entre personaxes percorrendo as instalacións, dende a fabricación das propias gaitas pasando por todas as épocas nas que houbo este instrumento.
  • O Museo da Gaita de Fole de Barbadás foi construido e subvencionado por fondos Europeos no período comunitario do ano 2000 ao 2007. E durante un período longo de tempo ata o ano 2017 foi cedida a súa xestión a Diputación Provincial de Ourense, e nese ano recuperouse a xestión por parte do Concello de Barbadás, despois de facer un traballo de dous anos para poder recuperar a xestión.
  • A partir de esa data o Concello de Barbadás destinou o edificio como lugar para dar a coñecer o que é a Gaita de Fole, ( un elemento tradicional da nosa cultura), que ademáis de ser propio de Galicia e tamén doutras rexións Europeas.

 

CONTENT-CAT.1713492651

Horario Casa da Cultura

07/06/2021

Horario Casa da Cultura

9-13 horas/ 16 - 20 horas.

O horario da Casa da Cultura do 7 de xuño ao 11 de xuño será:

Mañá: 9 a 13 horas.

Tarde: 16 a 20 horas.

CONTENT-CAT.1713492651

Biblioteca Pública Municipal de Barbadás

04/06/2021

Biblioteca Pública Municipal de Barbadás

Cartel Crea o teu Cespiño

Continuamos co mes de Xuño: mes do medio ambiente.
Obradoiro: “Crea o teu Cespiño”
As nenas e nenos realizarán un boneco con terra e sementes de céspede ao que lle irá medrando o pelo co paso dos días.
Venres 11 de Xuño, ás 18h. / na Biblioteca Municipal
Idade dos nen@s: de 5 a 7 anos.
Inscrición no correo electrónico: biblioteca@barbadas.es
Indicando nome, idade e número de teléfono.
PRAZAS LIMITADAS
Organiza: Concellaría de Cultura

CONTENT-CAT.1713492651

Obradoiro: En contacto coa Natureza

24/05/2021

Obradoiro: En contacto coa Natureza

Cartel Obradoiro: en contacto coa Natureza

Biblioteca Pública Municipal de Barbadás
Xuño: mes do medio ambiente.
Obradoiro: En contacto coa NATUREZA
A actividade consistirá na realización dun xogo de pistas no que @s rapazas e rapaces terán que ir atopando información e superando diferentes probas.
Poderase contar coa colaboración das nais e pais.
Venres 4 de Xuño, ás 18h.
Carballeira fronte ó Polideportivo.
Idade dos nen@s: de 8 a 11 anos.
Inscrición no correo electrónico: biblioteca@barbadas.es
Indicando nome, idade e número de teléfono.
PRAZAS LIMITADAS
Organiza: Concellaría de Cultura

CONTENT-CAT.1713492651

Letras Galegas 2021

12/05/2021

Letras Galegas 2021

REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)
LETRAS GALEGAS / 2021
CAMBIO DE DATAS DESTA ACTUACIÓN
Coa previsión meteorolóxica de choiva para mañá, esta actuación cambia de día e pasa para o LUNS 17 DE MAIO ÁS 19H. e no mesmo LUGAR: PRAZA DAS LABERCAS en (A Valenzá).
A actuación do Grupo ESPECIALISTAS HIPICA CELTA que nos presenta a obra: “XELA ARIAS FALA COA NATUREZA” para celebrar as Letras Galegas que este ano homenaxea á poeta Xela Arias.
Espectáculo para un público familiar cun claro compoñente didáctico, por eso a obra busca a transmitir unha serie de valores a través das diferentes expresións artísticas como a música, o circo, a danza, ou as artes escénicas. Finalmente, a poesía, que será parte central do acto e que terá como protagonista á nosa poeta Xela Arias.
Luns 17 de Maio ás 19h. na Praza das Labercas (A Valenzá)
AFORO LIMITADO para cumplir a normativa Covid.

Hípica Celta 1.07 MB

CONTENT-CAT.1713492651

Letras Galegas 2021

07/05/2021

Letras Galegas 2021

Cartel REAOU

REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)
LETRAS GALEGAS / 2021
Actuación do Grupo ESPECIALISTAS HIPICA CELTA que nos presenta a obra: “XELA ARIAS FALA COA NATUREZA” para celebrar as Letras Galegas que este ano homenaxea á poeta Xela Arias.
Espectáculo para un público familiar cun claro compoñente didáctico, por eso a obra busca a transmitir unha serie de valores a través das diferentes expresións artísticas como a música, o circo, a danza, ou as artes escénicas. Finalmente, a poesía, que será parte central do acto e que terá como protagonista á nosa poeta Xela Arias.
Xoves 13 de Maio ás 19h. na Praza das Labercas (A Valenzá)
AFORO LIMITADO para cumplir a normativa Covid.

CONTENT-CAT.1713492651

Letras Galegas 2021

04/05/2021

Letras Galegas 2021

Cartel Obradoiro Papaventos

Biblioteca Municipal
Letras Galegas
Obradoiro de PAPAVENTOS decorativos para encher as rúas de cores e versos, con motivo das Letras Galegas que este ano llo adican á poeta Xela Arias.
Mércores 12 de Maio, ás 18h.
Para nen@s de 5 a 7 anos
Inscrición no correo electrónico da Biblioteca:
Prazas limitadas para protección da Covid
Organiza: Concellaría de Cultura

Imprimir 351.18 KB

CONTENT-CAT.1713492651

Obradoiro do comic para nenos e nenas de 8 a 10 anos na Biblioteca Municipal de Barbadás

29/04/2021

Obradoiro do comic para nenos e nenas de 8 a 10 anos na Biblioteca Municipal de Barbadás

A CONCELLERÍA DE CULTURA ORGANIZA UN OBRADOIRO DO COMIC PARA NENOS E NENAS  DE 8 A 10 ANOS

Para inscribirse neste evento o sistema é enviar un correo electrónico a biblioteca@barbadas.es

O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Cultura, organiza un obradoiro do comic dirixido a nenos e nenas entre 8 e 10 anos.

O obradoiro desenvolverase na Biblioteca Municipal o día 30 de abril ás 18,00 horas.

A temática desta actividade pretende motivar a imaxinación dos/as participantes para que investiguen e creen a súa personaxe e deseñen un comic de autoría propia.

Para a inscrición nesta actividade é preciso enviar un correo electrónico a biblioteca@barbadas.es para reservar praza.

O correo electrónico debe incluir os datos do/a neno/a participante, idade e teléfono de contacto.

As prazas son limitadas e cada sesión adáptase aos protocolos e medidas de seguridade da COVID.

CONTENT-CAT.1713492651

Novidades na Biblioteca Municipal

28/04/2021

Novidades na Biblioteca Municipal

Novidades da Biblioteca

Biblioteca Municipal de Barbadás
Estos son as novidades da 2ª quincena de Abril na nosa Biblioteca.

img963 393.08 KB

CONTENT-CAT.1713492651

Día do Libro

23/04/2021

Día do Libro

FookFace do Día do Libro

Biblioteca Municipal
Celebración do Día do Libro
Voluntari@s que participaron nesta iniciativa con motivo do Día do Libro.
Gracias a tod@s

 

Foto vídeo 8.30 KB

CONTENT-CAT.1713492651

Obradoiro de Cómic

22/04/2021

Obradoiro de Cómic

Cartel Obradoiro de Cómic

Biblioteca Municipal de Barbadás
DÍA DO CÓMIC / 30 de Abril
A Concellaría de Cultura celebra este día cun OBRADOIRO DE CÓMIC para os nen@s de 8 a 10 anos, que se vai desarrollar na Biblioteca Municipal o venres 30 de Abril ás 18h.
-” Investiga e crea a túa personaxe”.
– “Diseña e crea un cómic”
Para inscribirse neste evento debes mandar un correo electrónico a : biblioteca@barbadas.es
e reservar praza.
Mándanos o nome do nen@, idade e teléfono de contacto.
Cada sesión adaptarase os protocolos e medidas de seguridade da COVID
PRAZAS LIMITADAS.

CARTEL 1.09 MB

CONTENT-CAT.1713492651

Día do Libro en Barbadás: contacontos, obradoiros, descontos en librarías e entrega de plantas por mercar libros

20/04/2021

Día do Libro en Barbadás: contacontos, obradoiros, descontos en librarías e entrega de plantas por mercar libros

OBRADOIROS, ACTIVIDADES LÚDICAS, CONTACONTOS E DESCONTOS NAS LIBRARÍAS PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO EN BARBADÁS

A Concellería de Cultura organiza un amplo abano de actividades que inclúen tamén a entrega de unha planta por cada libro que se merque o venres 23 de abril

Un obradoiro para nenos e nenas de 5 a 7 anos terá lugar ás 18,00 horas na Biblioteca infantil

  • Achégase o 23 de Abril, “”DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO”” e o Concello de Barbadás conmemora esta data tan especial para a Educación e a Cultura organizando unha serie de actividades lúdicas e promocionando o comercio local: librarías e floristerías.
  • Un grupo de 38 nenos e nenas da Escola Infantil de Barbadás visitarán a Biblioteca Municipal para participar en diversas actividades.
  • Este grupo de cativos e cativas coñecerán o espazo físico da sala infantil da Biblioteca de Barbadás coa finalidade de fomentar a lectura e crear a costume de ir a este espazo.
  • Os cativos e cativas menores de 3 anos experimentarán coa creación de portadas de libros con pintura de dedos, contacontos onde interactúan entre eles e elas, teatro adaptado ás crianzas e contacontos.
  • As Librerías: “Moraima” , “A Valenzá” , “Carlín” , “Espa” , estarán o longo do día, (se as condicións metereolóxicas o permiten) no exterior dos seus establecementos ofrecendo descontos.
  • Por cada libro que merquen darase un vale para conseguir gratis unha planta. Os establecementos floreiros asociados serían: Zeltia , Mimi , Cuatro Estaciones e Leira Verde.
  • Ás 18h , celebrarase un OBRADOIRO para os nenos e nenas de 5 a 7 anos , que se vai desarrollar na Biblioteca Municipal , promovido pola Concellería de Cultura. Este obradoiro está conformado polos seguintes apartados:

– Investiga con nós: “ A Cadeira”.

– Improvisa con nós: “Caixa sorprea”

-“Recollida de froitos da árbore literaria”

  • Para inscribirse neste evento debes mandar un email a: biblioteca@barbadas.es e reservar praza. Pode vostede mandar o nome do nen@, idade e teléfono de contacto.Cada sesión adaptarase os protocolos e medidas de seguridade da COVID.
  • Esta actividade ten prazas limitadas.
  • A concelleira de Cultura, Marga Pérez, explica que con esta programación para conmemorar o Día do Libro preténdese “incrementar o número de pequenos/as lectores/as, que comecen a ler dende idades temperás e inculcar ese marabilloso hábito que nos trasla a mundos diferentes”

CONTENT-CAT.1713492651

DÍA DO LIBRO

14/04/2021

DÍA DO LIBRO

23 de abril

Biblioteca Municipal de Barbadás
DÍA DO LIBRO / 23 de Abril
  • A Concellaría de Cultura celebra este día cun OBRADOIRO para os nen@s de 5 a 7 anos, que se vai desarrollar na Biblioteca Municipal o propio venres 23 de Abril ás 18h.
– Investiga con nós: “A cadeira”.
– Improvisa con nós: “Caixa sorpresa”.
– “Recollida de froitos da árbore literaria.”
  • Para inscribirse neste evento debes mandar un correo electrónico a: biblioteca@barbadas.es e reservar praza.
    Mándanos o nome do nen@, idade e teléfono de contacto.
  • Cada sesión adaptarase os protocolos e medidas de seguridade da COVID
PRAZAS LIMITADAS.

CONTENT-CAT.1713492651

31 fotógrafos/as transmiten as súas vivencias na exposición “Casas sen xente”

09/04/2021

31 fotógrafos/as transmiten as súas vivencias na exposición “Casas sen xente”

Ata o 30 de abril de 10 a 14:30 h. e de 16 a 20 h. de L-V

 

31 FOTÓGRAFOS/AS TRANSMITEN AS SÚAS VIVENCIAS NA EXPOSICIÓN “CASAS SEN XENTE”

“Casas sen xente” é  a historia de 31 fotógrafos e fotógrafas “que teñen as súas vivencias nesas casas sen xente pero chea de recordos coas lembranzas que ven nelas”

 

  • Durante o 2020, a Agrupación FotoSíntese, baixo o título de “Casas sen Xente”, crea a súa exposición colectiva. Trinta e unha fotografías de outros tantos fotógrafos e fotógrafas que amosan un traballo de grupo onde tentamos representar o seu punto de vista sobre o coñecido tema da “Galicia Vaciada”.

 

  • Son fotografías “que tratan non só do despoboamento, nestas imaxes poden apreciarse e sentirse as ausencias, as paredes que perderon a vida, as pegadas da fuxida, a memoria dun pasado que xa non vai voltar, esa herdanza que parece baleira pero amosa o gran contido dos que alí habitaron”, explica Luis Álvarez, presidente da agupación fotográfica “FotoSíntese”.

 

  • “Este esquecemento parece penetrado por un vento ferido que nos abre os papeis dunhas cartas do pasado que nos interrogan sobre o alí acontecido”, destaca Álvarez.

 

  • “Casas sen xente” é a historia de 31 fotógrafos e fotógrafas “que teñen as súas vivencias nesas casas sen xente pero chea de recordos coas lembranzas que ven nelas”, comenta Ana Valado, da agrupación fotográfica “FotoSíntese”.

 

 

  • Trátase de “unha reivindicación do noso, das nosas orixes que vivimos e sentimos dende dentro, xa que ás veces as casas se pechan, déixanse, pero nunca se abandonan”, sinala Valado.

 

  • Segundo Valado “somos as nosas vivencias, coas nosas cicatrices, coas nosas feridas e coas nosas tiritas e iso, e o que o fai parte de nós, non son abandonos, son casas sen vida pero cheas de historia”.

 

  • Segundo Luis Álvarez, presidente da Asociación “FotoSíntese”, agradece a corporación de Barbadás a cesión da Casa da Cultura para a presentación de esta obra.

 

  • Álvarez indica que “o que pretendemos con esta exposición é poñer sobre o tapiz o tema da nosa terra vaciada”. Engade que “aínda que se fale e trate  de lugares deshabitados ten unha gran virtude, xa que esos lugares que parecen baleirados teñen moitas pegadas do pasado e nos transmiten moitas cousas, suxerencias, que hai moita vida dentro, moita emoción, moita vivencia, que a pesar de ese aspecto de abandono, segue habendo unha presencia humana moi intensa dentro de esos lugares”.

 

  • A mostra poderá visitarse ata o 30 de abril en horario de 10 a 14:30h. e de 16 a 20h. de luns a venres.

 

 

 

 

CONTENT-CAT.1713492651

CONTENT-CAT.1713492651

Desenredando contos

22/03/2021

Desenredando contos

Cartel Desenredando Contos

Biblioteca Municipal de Barbadás
O Concello de Barbadás adica todo o mes de Marzo á Muller, e así unha das actividades organizadas, está a da Biblioteca Municipal que vai desarrollar o programa “DESENREDANDO CONTOS”.
Este xoves 25 de Marzo ás 18h. virá a actriz SORAYA LEMA coa narración “ALDARA NA MONTAÑA”
Sinopse:
Aldara na montaña preséntanos a historia dunha nena que inicia a súa primeira viaxe lonxe da casa. Aldara, logo dunha discusión co seu avó, decide fuxir cara á montaña dos Penedos de Pasarela e Traba. A protagonista toca co acordeón o “Pasodobre de San Roque” e, a partir dese momento, establécese unha relación máxica entre Aldara e cada un dos penedos que descobre. Na súa travesía, a bordo do Barco Miramar, comparte viaxe coa señora Lebre e o señor Pallaso, e coa axuda da Aguia consegue chegar ó fogar das estrelas. Inspirada nos poemas de Pondal, Aldara na montaña constitúe unha historia de superación e de busca da identidade propia, ó tempo que pon en valor o noso patrimonio natural e cultural.
Para inscribirse neste evento debes mandar un correo electrónico a : biblioteca@barbadas.es e reservar praza.
Mándanos o nome do nen@, idade e teléfono de contacto.
Cada sesión adaptarase os protocolos e medidas de seguridade da COVID
PRAZAS LIMITADAS.
Actividade de teatro e obxectos |+3 anos | 40 min.

CONTENT-CAT.1713492651

Desenredando contos

10/03/2021

Desenredando contos

Desenredando Contos na Biblioteca Municipal

Biblioteca Municipal de Barbadás

O Concello de Barbadás adica todo o mes de Marzo á Muller, e así unha das actividades organizadas, está a da Biblioteca Municipal que vai desarrollar o programa “DESENREDANDO CONTOS”.

O xoves 18 de Marzo contaremos con PEDRO BRANDARIZ con “HEROES e HEROAS”

Sesión de contos para cativas e cativos na que se narran dous pequenos contos que teñen como obxectivo a promoción da igualdade de xénero e a coeducación, dunha maneira activa, dinámica e divertida. Brandariz comeza presentándose como un heroe, pero pronto xurde a palabra “heroa”. A partir de aí o narrador fai unha reflexión sobre os roles de xénero, falando de “profas”, “pilotas” e “heroas”, centrándose nos pequenos e grandes actos heroicos que moitas nenas e mulleres deben acometer para desempeñar a súa carreira profesional.

Unha vez plantexada esta reflexión faise unha versión do conto de “Daniela Pirata” na que unha nena quere ser unha gran pirata e supera todas as probas que os piratas homes lle poñen, pero finalmente non a deixan ser pirata porque é unha nena… e ata aquí podemos ler.

A continuación nárrase a historia dun pequeno heroe, Juan un neno ó que lle gustaba pintar as unllas de cores e como consigue convencer a todas as súas amigas e amigos do divertido que é pintar as unllas. Desta maneira as nenas e nenos comprendan que elas e eles poden ser pequenas “heroas e heroes” a prol da igualdade de xénero.

Cada sesión adaptarase os protocolos e medidas de seguridade da COVID

PRAZAS LIMITADAS

Inscricións no correo electrónico: “biblioteca@barbadas.es”

CONTENT-CAT.1713492651

Carmen Martín Gaite e a súa vinculación con Piñor: presentes nun documental que se emitirá en La 2 de Televisión Española

24/02/2021

Carmen Martín Gaite e a súa vinculación con Piñor: presentes nun documental que se emitirá en La 2 de Televisión Española

"Imprescindibles" TVE2. Domingo, 28 febreiro ás 21:30

UN DOCUMENTAL SOBRE CARMEN MARTÍN GAITE INCLÚE A SÚA RELACIÓN LITERARIA CON SAN LORENZO DE PIÑOR

A longametraxe titulada “A Raíña das Neves”, dirixido por Mariela Artiles e producido por Chema da Pena estréase este xoves 25 de febreiro na Sala Azcona de Cineteca Madrid.

 

  • Un documental sobre Carmen Martín Gaite inclúe a súa relación literaria co pobo de San Lourenzo de Piñor (Barbadás).

 

  • A longametraxe titulada “A Raíña das Neves”, dirixida por Mariela Artiles e producido por Chema da Pena estréase este xoves 25 de febreiro na Sala Azcona de Cineteca Madrid.

 

  • Numerosos especialistas na obra de Carmen Martín Gaite, así como amigos/as seus/súas, déronse cita na cinta que propón unha completa descrición da autora salmantina con motivo do vixésimo aniversario da súa morte.

 

  • Ademais das intervencións de expertos como Emma Martinell ou Raúl Cremades, e de amigos como a familia Giralt Torrente, Ángeles Solsona ou Amancio Prada, o testemuño de David González Couso profundiza na relación literaria establecida desde a infancia da escritora co lugar ourensán de San Lorenzo de Piñor, no concello de Barbadás.

 

  • A emisión do documental tamén en La 2, de Televisión Española, o domingo 28 de febreiro coincide coa publicación do libro de González Couso “O rastro do verán: Itinerarios para ler a Carmen Martín Gaite”, que explica a pegada de Piñor na obra narrativa da salmantina e establece ademais diversas lecturas en clave de paseos literarios por aqueles lugares da súa infancia e mocidade acompañados de propostas didácticas para a aula.

 

  • O Concello de Barbadás colaborou con esta edición da Editorial Procompal Publicacións e será o promotor dun roteiro literario vinculado ao libro “O rastro do verán” que fixará os tramos mencionados na obra de Martín Gaite, onde o/a viaxeiro/a poderá deterse a contemplar unha paisaxe que foi inmortalizado nas páxinas de numerosas novelas dunha escritora de recoñecemento internacional.

CONTENT-CAT.1713492651

CONTENT-CAT.1713492651

Premios do Desfile Virtual do Entroido de Barbadás

17/02/2021

Premios do Desfile Virtual do Entroido de Barbadás

AMBROSIO, A MASCARILLA, VIRXENCIÑA COVID, SUPERHEROES E CAZAVIRUS RECIBEN OS PRIMEIROS PREMIOS NO DESFILE VIRTUAL DE BARBADÁS

O Concello de Barbadás agradece a participación no Carnaval e a implicación da veciñanza na exhibición de Mecos e Mecas

 A “Queima do Meco” por parte de Protección Civil que será transmitido “vía streaming” significará a despedida dun Entroido marcado pola covid

 

  • A categoría de “Individual infantil” tivo os seguintes premiados/as:

1- Ambrosio a mascarilla (aparece no posto19)

2- Ciervo del bosque mágico (aparece no posto número 2)

3- Circo (aparece no posto número 22).

 

  • Os premios na categoría de individual infantil será en bonos regalo para mercar en librerías e xogueterías do municipio, por valor de 100 € o primeiro premio, de 50 € o segundo e 25 o terceiro.

 

  • Na categoría de “Individual adulto” os/as gañadores/as foron os seguintes:

1- Virxenciña do Covid (31), premio de 100 €.

2- confinamento do fauno (24), premio de 50 €.

3- Mujer pija (38), premio de 25€.

 

  • No apartado de “Parellas” as persoas premiadas son as seguintes:

1 Superhéroes (44), premio de 150 €.

2 Pedroche e Chicote (52), premio de 75€.

3 Uber easts (47), premio de 50 €.

 

  • As “Comparsas” premiadas son as seguintes:

1- Cazavirus (57), premio de 450 €.

2- Coronavirus (59), premio de 350 €.

3- Lamstillica (62), premio de 250 €.

 

  • “Premio especial” ao disfrace máis enxeñioso foi para “Superhéroes”.

 

  • O xurado estivo composto por Carlos, da Asociación Cultural “Porta na cadea”; Manuel, de “Velaivai”; Marta de “Maloserá” e Beatriz, de “Voces e cordas”.

 

  • O Concello de Barbadás agradece a participación no desfile virtual do Entroido, así como a implicación da veciñanza na colocación de “Mecos e Mecas” nun Carnaval tan “anómalo” coma o de 2021.

 

  • Dende o Concello agardando que a vindeira edición do Entroido supoña unha volta á normalidade, hoxe despídese en Barbadás coa “Queima do Meco” por parte de Protección Civil, un acto que será emitido por streaming a través das redes sociais.

CONTENT-CAT.1713492651

Barbadás celebrará o Desfile do Entroido en formato virtual

30/01/2021

Barbadás celebrará o Desfile do Entroido en formato virtual

Inscripción en liña entre o 1 e o 13 de febreiro

BARBADÁS CELEBRARÁ UN DESFILE VIRTUAL DO ENTROIDO COMO ALTERNATIVA DE OCIO PARA UNHA DAS CITAS MÁIS IMPORTANTES NESTE CONCELLO

A participación no Entroido virtual está aberta a toda a cidadanía para que participen de xeito individual, por parellas ou grupos de convivintes

O prazo de inscrición para participar no Entroido Virtual será dende o día 1 de Febreiro ao 13 de Febreiro de 2021 ata ás 14:00h, ambos incluídos

Cubre este formulario para participar no Entroido Virtual Barbadás ‘2021

 

  • O desfile virtual será o martes día 16 de febreiro durante todo o día e o seu percorrido poderá visualizar na páxina web: barbadas.gal e nas redes sociais do Concello de Barbadás.
  • As persoas que queiran participar no Desfile Virtual do Entroido de Barbadás deberán adxuntar a súa foto ( a/as foto/s deberán incorporar no disfraz unha mascarilla) e cubrir o formulario online de inscrición entre o día 1 de febreiro e o día 13 ás 14:00h, ambos os dous incluidos.
  • A cada grupo ou persoa inscrita adxudicaráselle un número coa orde de participación no desfile.

 

  • Os/as participantes deberán inscribirse nunha única categoría.

 

  • Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas (persoas conviventes) que presenten a solicitude no prazo establecido.

 

  • A inscrición realizarase a través dun formulario online que estará dispoñible na páxina web.

 

  • As solicitudes estarán dispoñibles na páxina web.

 

  • Para calquera dúbida ou información pode vostede chamar ao teléfono 988 24 68 85.

 

  • O desfile virtual establece 4 categorías: a) Comparsas: Conviventes sen número máximo, b) Parellas, c) Individuais Adultos, d)  Individuais Infantís (ata 12 anos). Haberá un premio especial para o disfrace máis inxenioso.
  • Premios:
  • Comparsas: 1º premio:450 €. 2º premio: 350 €. 3º premio: 250 €.
  • Parellas: 1º premio 150 € 2º premio 75 € 3º premio 50 €.
  • Individuais adultos: 1º premio 100 €. 2º premio 50€ 3º premio 25€
  • Individuais infantís: 1º premio bono regalo 100 €. 2º premio bono regalo 50€ 3º premio bono regalo 25€ Bono regalo para mercar en librerías e xogueterías do Concello, con data de caducidade o 30 de setembro de 2021.
  • Categoría Especial Premio de 100€ para o disfrace más enxenioso.
  • Con esta iniciativa o Concello de Barbadás “pretende seguir mantendo a tradición do Entroido no noso municipio a pesar do estado de pandemia, que se remonta a moitos anos atrás e que se iniciou nas parroquias do rural do noso concello e que se trasladou e pervive con moita intensidade na Valenzá”, indica Xosé Carlos Valcárcel, o alcalde de Barbadás.

 

  • Valcárcel explica que “é importante que a tradición deste Entroido se adapte á nova realidade e teña unha continuidade ata que a situación de emerxencia sanitaria desapareza”.

 

  • A concelleira de Cultura, Marga Pérez, comenta que “debido ás circunstancias tan excepcionais que estamos vivindo, faise necesario buscar unha alternativa para que todos e todas poidamos seguir gozando do noso Entroido. Como este ano temos que prescindir do desfile pola rúa, pero non das gañas de disfrazarnos, O Concello de Barbadás organizou o desfile do Entroido Barbadás 2021 en formato virtual”.

 

  • O pago dos premios realizarase mediante transferencia bancaria, presentando se é o caso, certificación da exención do IVE. Nos demais casos, as compensacións económicas estarán suxeitas ás retencións que correspondan en función da normativa fiscal.

 

  • O concurso terá un xurado composto por cinco persoas, unha en representación do Concello, con voz pero sen voto, e 4 en representación das Asociacións Culturais e/o Veciñais do Concello.

 

  • O xurado estará presidido por un membro dunha Asociación Cultural do Concello e actuará como secretario o coordinador de actividades culturais.

 

  • As persoas integrantes do xurado terán en conta á hora de valorar os participantes principalmente calidades que respondan ao espírito do Entroido (a graza, a orixinalidade, sátira, a transgresión), a creatividade e a elaboración do vestiario.

 

  • As cuestións de dúbida, interpretación, ou cambios derivados de imprevistos que xurdan durante o desenvolvemento serán resoltas pola Concellaría de Cultura.

 

  • A Concellaría de Cultura resérvase os cambios oportunos que poida considerar necesarios para o bo desenvolvemento do evento.

 

  • As bases que rexen a participación e o desenrolo do desfile virtual estarán suxeitas a calquera modificación para atender en todo momento as instruccións dictadas pola Autoridade Sanitaria.
  • O formulario habilitarase o día 1 de febreiro ás 00,01 horas.

CONTENT-CAT.1713492651

Programa de Nadal

30/12/2020

Programa de Nadal

SALA MANUEL MARÍA / BARBADÁS

Programa de Nadal

Con esta proposta artística desexámosvos a tod@s un ¡FELIZ ANINOVO 2021!.

O luns 4 de xaneiro, ás 18:30h. actuación de SARABELA TEATRO co espectáculo “O secuestro da bibliotecaria”

Sinopse:

A señorita Ernestina é a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón. Aínda que é orfa e non ten familiares ricos os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria.

Así e todo as intencións desta banda tomarán un novo camiño ao descubrir que a señorita Ernestina os contaxiou co virus da varicela. A poucas persoas lles acaen ben os grans na cara pero para uns ladróns resulta desastroso. Tomaría vostede en serio un ladrón con graíños? Pois non, parece ser a resposta máis obvia; así que os ladróns deben atopar unha solución para o seu problema, pero non teñen nin idea de onde buscala.

Por se todo isto fora pouco un tremor de terra ven a complicalo todo.

Espectáculo para todos os públicos.

Debido ás restriccións da Covid, só haberá 30 localidades.

Entrada con invitación (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura

Imprimir 818.17 KB

CONTENT-CAT.1713492651

Programa de Nadal

29/12/2020

Programa de Nadal

SALA MANUEL MARÍA / BARBADÁS

Este mércores 30 de Decembro actuación de FANTOCHES BAJ que nos presenta o espectáculo “O CASTIÑEIRO DO APALPADOR”, será en dúas sesións ás 17h. e ás 18:30h.

Debido ás restriccións da Covid haberá 30 localidades en cada sesión.

Sinopse:

O Apalpador é un carboeiro pobre cuxas únicas propiedades son un castiñeiro e un magosteiro. A súa grande preocupación é conseguir que os cativos non lle rouben as castañas. Ata que un día, se lle presenta na carboaría unha velliña aterecida de frío e de fame. El, compadecido, ofrécelle teito e castañas do seu magosto. A velliña que é unha meiga, ante a súa bondade, ofrece cumprirlle tres desexos e o apalpador, movido pola súa teima mais inmediata, pide que quen toque o seu castiñeiro quede pegado para sempre nel, que quen colla as castañas do chao o engula a terra e quen meta na man no seu magosteiro quede dentro encarcerado. Con estes tres desexos conseguirá sen embargo vencer a Morte. O Gobernador do mundo ao ver os efectos devastadores da desaparición da Morte obrigará ao Apalpador a ceibala. E o Apalpador ceibaraa pero antes asegurarase de que a el non lle toque xamais. Convertido nun ser inmortal, liberado da necesidade de comer, e vendo que as castañas se lle estragan todos os anos, decide repartírllelas ós nenos e ás nenas que pasan fame. Por iso, desde aquela, percorre o mundo apalpando as barrigas dos nenos e deixándolle unha presiña das castañas do seu castiñeiro a aqueles que a teñen valeira.

 Narración e Monicreques | +6 | 50 min.

Entrada con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura

Imprimir 751.60 KB

CONTENT-CAT.1713492651

Programa de Nadal

28/12/2020

Programa de Nadal

SALA MANUEL MARÍA / BARBADÁS

Este martes 29 de Decembro proxectamos a película KLAUS, será en dúas sesións, ás 17h. e ás 18:30h. debido ás restricción pola COVID só haberá 30 localidades en cada pase.

Sinopse:

Jesper é carteiro. Como era o peor estudante da academia postal, o destinan a un xélido lugar máis alá de Círculo Polar Ártico. Os seus habitantes nunca envían cartas, de modo que Jesper está a punto de rendirse, ata que atopa a Klaus. Un fabricante de xoguetes que vive illado nunha cabaña repleta de xoguetes feitos a man. Ambos faranse amigos mentres deciden traer de volta a alegría ao lugar, porque un verdadeiro acto de xenerosidade sempre xera outro.

Entrada con invitación (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura

Imprimir 707.10 KB

CONTENT-CAT.1713492651

Programa de Nadal

23/12/2020

Programa de Nadal

O luns 28 de Decembro, ás 18:30h. actuación de BAOBAB TEATRO co espectáculo “O LOBO E A LÚA” na Sala Manuel María de Barbadás

Sinopse

Había unha vez un pequeno lobo que vivía no Prado Azul e precisaba falar coa Lúa, era moi importante o que lle tiña que dicir, como a lúa estaba moi lonxe non lle escoitaba, así que o lobo tiña que berrar, cos seus berros non deixaba durmir a ninguén, nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado.

No seu intento de falar coa lúa coñece a Mariano, un rato falador e divertido que lle axudará, ou quizais non. No prado azul esta noite, ninguén pode durmir!

 Información do espectáculo

 O lobo e a lúa é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante onde os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da Lúa. Unha historia de amizade, superación dos propios medos e de amor.

Espectáculo para público familiar a partir de 2 anos.

Debido ás restriccións pola COVID só haberá 30 localidades.

Entrada con Invitación ta completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura

 

CONTENT-CAT.1713492651

Cinema no Nadal

16/12/2020

Cinema no Nadal

Cinema
O vindeiro mércores 23 de Decembro, proxectarase na Casa da Cultura a Película “POLAR EXPRESS”, será en dúas sesións, a primeira ás 17h. e a segunda ás 18:30h. debido ás restriccións pola COVID só haberá 30 localidades para cada sesión.
Argumento:
Polar Express relata as aventuras que vive un neno, de 8 años de idade na noite do 24 de decembro, en Noiteboa, xusto cando comeza a perder a esperanza de continuar crendo na existencia de Papa Noël e o espíritu que conleva celebrar Nadal.
Entrada con Invitación (Recollida na Casa da Cultura)
Organiza: Concellaría de Cultura

CONTENT-CAT.1713492651

Programación de Nadal

15/12/2020

Programación de Nadal

Actuación do Grupo Pedras de Cartón
Dentro do Programa de Nadal do Concello de Barbadás, o martes 22 de Decembro, ás 18:30h. contaremos coa actuación do Grupo Pedras de Cartón que presenta a historia do “Lazarillo de Tormes” contada por primeira vez con máscaras e sen palabras. A compañía conta para esta tarefa con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro infantil e xuvenil, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro. Así, Xosé Manuel Esperante, Xosé Vilarelle, Juan Rodríguez e Suso Jalda/Laura Sarasola abordan dende o escenario e baixo a dirección de Pablo Sánchez esta peza picaresca do imaxinario popular que ademais forma parte do currículo educativo nas escolas.
Mención especial do xurado no Festival de Teatro Clásico de Almagro 2020.
Xéneros: Teatro / Duración: 50 min / Público Familiar.
Entrada con Invitación (Recollida na Casa da Cultura)
Debido ás restriccións haberá só 30 localidades.
Organiza: Concellaría de Cultura

CONTENT-CAT.1713492651

Comeza a votación telemática para concurso de escaparates e balcóns, xanelas e portais

14/12/2020

Comeza a votación telemática para concurso de escaparates e balcóns, xanelas e portais

A votación comeza hoxe e remata o 21 de decembro.

COMEZA A VOTACIÓN PARA O CONCURSO DE ESCAPARATES DE COMERCIOS E HOSTALARÍA

TAMÉN SE PODEN VOTAR AS MELLORES, XANELAS, BALCÓNS E PORTAIS

  • A votación comeza hoxe e remata o 21 de decembro.

 

  • A votación pode realizarse a través do formulario da web  https://www.barbadas.es/

 

  • As persoas que o desexen poden votar ao mellor escaparate de decoración de Nadal nas dúas categorías: establecemento comercial e establecemento hosteleiro.

 

  • En canto ao concurso de decoración de particulares hai tres categorías: xanelas, balcóns e portais, podendo emitir un voto para cada unha delas no formulario habilitado para elo.

 

  • Pódese acceder á plataforma de votacións premendo nos banner da web ou mediante os seguintes enlaces:

– Enlace ao formulario do Concurso de XANELAS, BALCÓNS e PORTAIS: (Preme na imaxe)

Banner concurso escaparates Nadal2020

 

– Enlace para votación do concurso de ESCAPARATES: (Preme na imaxe)

  • A participación está tendo moi boa acollida porque en tan só 12 horas xa votaran 303 persoas no concurso de balcóns e no de escaparates votaron 159 persoas.

 

CONTENT-CAT.1713492651

Actuación da QUINTA DO CUADRANTE

01/12/2020

Actuación da QUINTA DO CUADRANTE

Presenta: O EMPAPELADO AMARELO un espectáculo teatral unipersoal, protagonizado por Melania Cruz, que parte do relato autobiográfico homónimo publicado en 1891 pola autora norteamericana Charlotte Perkins Gilman.
Sábado 5 de Decembro ás 20h. / Domingo 6 de Decembro ás 19h.
Sinopse:
Nel narra, en primeira persoa, as perniciosas consecuencias dun tratamento médico que lle fora diagnosticado por un coñecido doutor da época para combater o estado melancólico e depresivo no que se atopaba a raíz do nacemento da súa primeira filla.
Este tratamento consistía basicamente na eliminación de todo tipo de actividade intelectual e creativa, nunha dieta hipercalórica e nun encerro case total no seu fogar. Este remata por converterse nun cárcere onde ela, acostumada a unha intensa actividade social e artística, acabaría por achegarse ao abismo da existencia e ao límite da súa cordura.
A autora utiliza as claves do relato de terror gótico para denunciar os mecanismos de represión propios do heteropatriarcado sobre as mulleres da súa época, privadas de todo tipo de voz pública e pechadas nun sistema que as facía plenamente dependentes dos seus esposos. Rebélase así contra as convencións da época, apostando por unha radical liberación da muller do xugo masculino e unha defensa da necesidade de conformarse como suxeito de pleno dereito, empoderándose sen concesións.
O empapelado amarelo é unha das mellores mostras da literatura feminista mundial do século XIX, que aínda hoxe é xerme de diversas interpretacións, revisións e novas lecturas por parte de artistas de todo o mundo, dado o seu carácter fundacional, onde a autora constrúe unha personaxe que representa un arquetipo contemporáneo da loita da muller por acadar a liberdade plena.
Espectáculo recomendado para maiores de 14 anos en adiante.
Debido ás restricción polo COVID, só haberá 30 localidades disponibles.
Entrada libre con invitación (Recollidas na Casa da Cultura)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

CONTENT-CAT.1713492651

Presentación programa de Nadal de Barbadás

27/11/2020

Presentación programa de Nadal de Barbadás

Como novidades a comunicación con Papá Noël e Reis Magos a traves de videochamada de WhatsApp e a Casa da Mocidade

A PROGRAMACIÓN DE NADAL 2020-21 INCLÚE COMO NOVIDADES A COMUNICACIÓN CON PAPÁ NOEL E REIS MAGOS A TRAVÉS DE VIDEOCHAMADA DE WASAP E UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA CASA DA MOCIDADE

 O concurso de ventás e balcóns mantense e haberá animación pola rúa con fío musical

O acendido do Nadal será o 7 de decembro

  • A programación navideña do Concello de Barbadás ten como novidades este ano a comunicación cos Reis Magos e Papá Noel a través de videochamada de wasap.

 

  • Outra novidade: fío musical e entrega de premios na nova instalación da Casa da Mocidade, na que o día 26 se celebrará unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a nova instalación.

 

  • Mantense o concurso de decoración de ventás e balcóns.

 

  • Está previsto un concurso de escaparates e poñerase en marcha a segunda edición da campaña de promoción do comercio local “ReVive os comercios de Barbadás”, coa entrega de bonos por valor de 10 euros ás persoas que consuman no comercio local.

 

  • Programación:

SÁBADO 5 DE DECEMBRO

20:00h OBRA DE TEATRO  “O empapelado amarelo” – Auditorio Manuel María

DOMINGO 6 DE DECEMBRO

19:00h OBRA DE TEATRO  “O empapelado amarelo” – Auditorio Manuel María

LUNS 7 DE DECEMBRO

19:00h Inauguración do Nadal. Acendido do alumeado.

VENRES 11 DE DECEMBRO 

20:00h OBRA DE TEATRO “Bravas” (público adulto)

LUNS 21 DE DECEMBRO

18:00h Exposición e entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal

MARTES 22 DE DECEMBRO

17:00h CINE INFANTIL – Auditorio Manuel María

18:30h CINE INFANTIL- Auditorio Manuel María

MÉRCORES 23 DE DECEMBRO 

18:30h OBRA DE TEATRO- Auditorio Manuel María

LUNS 28 DE DECEMBRO

16:00h-19:00h CIRCUITO DE PATINAXE- Colexio Filomena Dato

18:30h OBRA DE TEATRO- Auditorio Manuel María

MARTES 29 DE DECEMBRO

16:00h-19:00h CIRCUITO DE PATINAXE- Colexio Filomena Dato

17:00h CINE INFANTIL- Auditorio Manuel María

18:30h CINE INFANTIL- Auditorio Manuel María

MÉRCORES 30 DE DECEMBRO

16:00h-19:00h CIRCUITO DE PATINAXE- Colexio Filomena Dato

17:00h Visita do Apalpador- Auditorio Manuel María

18:00h Visita do Apalpador- Auditorio Manuel María

LUNS 4 DE XANEIRO

18:30h OBRA DE TEATRO – Auditorio Manuel María ( Sarabela Teatro)

  • PROGRAMACIÓN DE DEPORTES E MOCIDADE:

Concurso de TikTok ( as datas son as mesmas que o concurso de balcóns, ventás…)

-15/16/17/18 decembro ( masterclass de nadal para adultos no polideportivo, martes e xoves de ioga e mércores e venres mix outras máis activas e movidas)

– 23 de decembro masterclass de nadal para nenos/as ( de 17 a 18, podendo vir acompañados de algún adulto da mesma unidade familiar)

-26 de decembro ( xornada de portas abertas na casa da mocidade).

-28/29/30 xinkana de patinaxe no “Filomena Dato” de 16:00 a 19:00

  • Video: Interviron na presentación do programa de Nadal Marga Pérez, concelleira de Cultura e Educacion; Abel Pérez, concelleiro de Deportes e Mocidade e Victoria Morenza, concelleira de Urbanismo e Servizos Públicos. Os 3 membros do goberno falaron respectivamente de programación cultural , comercio, etc: Abel falou de Deportes e Mocidade e Victoria de alumeado e fío musical. Marga Pérez falou do concurso de escaparates

CONTENT-CAT.1713492651

Queres que te chamen o Papá Noel e Reis Magos??

25/11/2020

Queres que te chamen o Papá Noel e Reis Magos??

OS REIS MAGOS E PAPÁ NOEL CHEGARÁN AOS FOGARES DE TODAS AS CRIANZAS DE BARBADÁS A TRAVES DE UNHA VIDEOCHAMADA

  • Todos/as nenos/as de Barbadás terán a posibilidade de falar con Papá Noel e os Reis Magos este Nadal.
  • A partir de hoxe 25 de novembro  todas as crianzas do municipio de Barbadás poderán inscribirse para falar con Papá Noel e os Reis Magos.
  • O sistema para poñerse en contacto con Papá Noel e Reis Magos é a través de unha videochamada de WatsApp.
  • A través da páxina www.nadal2020.es, rexistrarse e seleccionar a provincia de Ourense.
  • O prazo de solicitude para Papá Noel remata o 17 de decembro.
  • O prazo para solicitar video chamadas finaliza o 29 de decembro.

 

CONTENT-CAT.1713492651

Proxección da película Tódalas mulleres que coñezo

23/11/2020

Proxección da película Tódalas mulleres que coñezo

O Venres 27 de novembro, ás 20h. Proxección da película “TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO” no Auditorio Manuel María de Barbadás, dentro do Programa de actos do 25N.

Tódalas mulleres que coñezo

Xiana do Teixeiro, 2018

Do persoal ao político, as vivencias de mulleres diversas evidencian como de masculinizada e violenta segue a ser a rúa hoxe en día. En tres conversas reveladoras con amigas, colaboradoras e estudantes de secundaria, a directora busca artellar un discurso sobre o medo que non fomente o medo, un discurso sobre a violencia que non resulte violento. Cine directo e horizontal, autocrítica e ruptura do relato. Unha historia de sororidade universal.

Entrada libre con invitación (Recollida de invitacións na Casa da Cultura)

Debido ás restriccións só haberá 30 entradas para cada sesión.

Organiza: CIM Barbadás

Colabora: Concellaría de Cultura.

 

 

 

data 498.40 KB

CONTENT-CAT.1713492651

Concurso de Tarxetas de Nadal 2020

16/11/2020

Concurso de Tarxetas de Nadal 2020

Presentación será dende o día 17 ata o 27 de Novembro de 2020

BASES REGULADORAS DO CONCURSO INFANTIL DE TARXETAS DE NADAL 2020

  1. Destinatarios

Dirixido ás nenas e nenos do Concello de Barbadás, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

  1. Categorías

Establécense dúas categorías:

  • Alumnos/as de 1º a 3º de Primaria.
  • Alumnos/as de 4º a 6º de Primaria.

 

  1. Normas de participación

As tarxetas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • O tema da tarxeta é o espíritu do Nadal e podrá conter de forma libre calquera aspecto relativo a estas festas, valorárase a orixinalidade e a capacidade creativa.
  • Estar presentado en cartolina ou papel, tamaño DIN A5 (medio folio normal, 15×21 centímetros).

 

 

  1. Lugar e prazo de presentación

As tarxetas poderán presentarse na Casa da Cultura deixándoas no buzón habilitado para tal efecto ou nos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro.

O prazo de presentación será dende o día 17 ata o 27 de Novembro de 2020.

As tarxetas deberán presentarse en sobre pechado con pseudónimo e idade, dirixido a Concellaría de Cultura de Barbadás “Concurso de Tarxetas de Nadal 2020”, e  incluindo no interior outro sobre pechado cos datos persoais: nome e apelidos, dirección, idade e nº de teléfono.

 

  1. Premios
  • Entregaranse dous premios por cada categoría, consistentes en:
    • Categoría alumnos/as de 1º a 3º de Primaria:

1º Premio: un puzle 3D e un lote de libros.

2º Premio: un puzle 3D e un  lote de libros.

 

    • Categoría alumnos/as de 4º a 6º de Primaria:

1º Premio: un altofalante conectable por bluetooth e un lote de libros.

2º Premio: un altofalante conectable por bluetooth e un  lote de libros.

 

  • O xurado estará composto pola Concelleira de Cultura, coordinador da Casa de Cultura e por un membro do equipo directivo dos CEIP do Concello de Barbadás.

 

  • O nome dos gañadores ou gañadoras publicarase na páxina web do Concello de Barbadás (www.barbadas.es) a partir do 30 de novembro de 2020.

 

  • Todas as tarxetas presentadas ao concurso serán expostas na sala de exposicións da Casa de Cultura do Concello de Barbadás durante o periodo de Nadal, dende o día 21 de decembro ata o día 7 de xaneiro.

 

  • Os premios entregaránse na Casa da Cultura o día 21 de Decembro, coincidindo coa inauguración da exposición de todas as tarxetas presentadas, na Casa de Cultura ás 18 h.

 

  • A tarxeta galardoada co 1º Premio de calquera das dúas categorías poderá ser utilizada para o Programa Cultural destas datas, as postais finalistas poderán ser utilizadas para felicitar o Nadal por parte do Concello de Barbadás.

 

 

A participación no concurso suporá a aceptación das presentes bases.

A Concellaría de Cultura resérvase o dereito a realizar os cambios que poida considerar necesarios.

 

CONTENT-CAT.1713492651

Biblioteca Pública Municipal de Barbadás

02/11/2020

Biblioteca Pública Municipal de Barbadás

A Biblioteca Pública Municipal de Barbadás informa:

A partir do luns 2 de novembro volvemos ó noso horario habitual de funcionamento:

De luns a venres de 10 a 13h. e de 16 a 20h.

Continuamos coas restriccións da COVID, así pois Non se pode acceder aos fondos libremente, haberá que pedilos ao persoal da Biblioteca.

É necesario pedir os libros a través do correo electrónico: biblioteca@barbadas.es

Para buscar libros da nosa Biblioteca poden facelo en: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

Mandamos as novidades desta 2ª quincena de outubro do 2020.

CONTENT-CAT.1713492651

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO

21/10/2020

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO

Este domingo 25 de Outubro pechamos o FITO cunha actuación espectacular, será coa Compañía Burgalesa ALAUDA que nos trae os espectáculo “INGENII MACHINA”, será no Patio do Colexio Filomena Dato en A Valenzá.
Haberá varios pases:
Ás 12h. – Ás 12:30h. -Ás 13h. – Ás 13:30h.
Ás 16:30h. – Ás 17h. – Ás 17:30h. – Ás 18h. – Ás 18:30h. – e Ás 19h.
Só poderán asistir 20 persoas en cada pase (por orden de chegada), e terán unha duración de 25 minutos, despois procederase a desinfectar ás máquinas.
SIPNOSE:
Espectáculo de animación de rúa de gran tamaño baseado en diversos dispositivos mecánicos, creados coa intención de buscar a interacción lúdica e diversión do público.
Unha marioneta de 5 metros de altura, manipulada polo público, autómatas mecánicos, paneis con diversos mecanismos e engrenaxes, unha pirámide que garda no seu interior un enigma que deberás descubrir, un guindastre con mecanismos e
poleas na que tres xogadores, con máxima colaboración e coordinación, terán que conseguir transportar uns obxectos dentro dun espazo. Todo iso amenizado polo divertido Musicóptero, un triciclo que con só a enerxía xerada polos pedais pon en marcha un organillo.
¡Anímate a participar! ¡O FITO REMATA AQUÍ EN BARBADÁS!
Concellaría de Cultura de Barbadás

Print 749.69 KB

CONTENT-CAT.1713492651

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO

16/10/2020

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO

Mañá sábado 17 de outubro, ás 21h. ESTREA da obra “O RARO É QUE BAILAR SEXA RARO” a cargo de ANDREA QUINTANA, será no Auditorio Manuel María de Barbadás (A Valenzá)

SIPNOSE:

Isto vai de ir de cámping ao teu corpo, de montar unha festa no interior. De escoitar o fluxo do sangue. Bailar dende aí, cos xeonllos flexibles, accesibles. De mover o aire, desordenalo todo e seguir bailando.

De facerse residente do teu corpo, de estar e deixar de estar á vez. De permanecer no tránsito e ocupar ese espazo. Isto vai de bailar bailando.

Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incompresible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle.

Con todas nós:

un corpo en rebelión, atravesado,

sublevado,

a bailarina non normativa,

a bailarina faquir,

a taumaturga,

a subalterna.

Esta é unha peza autobiográfica sen biografía, unha lea de identidades, un trampantojo dramatúrxico. Unha peza participada na que ninguén participa.

 Debido ás restriccións só haberá 30 entradas para cada sesión.

Recollida de invitacións na Casa da Cultura.

Concellaría de Cultura de Barbadás

Print 256.57 KB

CONTENT-CAT.1713492651

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO

16/10/2020

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO

Hoxe  venres 16 de outubro, ás 21h. no Auditorio Manuel María de Barbadás, actuación de CÁMARA NEGRA que nos presenta a montaxe “SI ESTO ES UN HOMBRE”
Sinopse:
En 1944, Primo Levi foi deportado a Auschwitz. Tiña 24 anos. Durante a súa estancia no campo, empezou a escribir “Se isto é un home”, o relato dos dez meses que estivo prisioneiro.
En 2020 (76 anos despois), un actor entra nun escenario e enfróntase ao reto de revivir a experiencia de Levi, para tentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores do Século XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século pasado.
Unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano e do noso mundo contemporáneo.
Debido ás restriccións só haberá 30 entradas para cada sesión.
Recollida de invitacións na Casa da Cultura.
Concellaría de Cultura de Barbadás

 

Print 291.64 KB

CONTENT-CAT.1713492651

Segunda xornada do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) en Barbadás

15/10/2020

Segunda xornada do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) en Barbadás

BARBADÁS SEGUE DISFRUTANDO DO TEATRO NO MARCO DA PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATROS DE OURENSE (FITO)

  • Festival Internacional de Teatro de Ourense en Barbadás.

 

  • Xoves 15 de outubro.

 

  • Casa de Cultura Manuel María, na Valenzá (Rúa San Bernabé, 37).

 

  • Compañía de teatro O mono habitado.

 

  • Posta en escena da obra “Benditas”.

 

  • Están programados 3 pases: 19,00, 20,00 e 21,00 horas.

 

  • Debido ás restriccións pola Covid só haberá 30 entradas para cada sesión.

 

  • Recollida de invitacións na Casa da Cultura.

 

  • Sinopse: unhas pastoras atópanse no campo cos seus rebaños cando teñen, ou cren ter, unha aparición mariana. A través da comicidade esta compañia propón unha mirada crítica sobre os modelos femininos que a relixión leva sosteñendo ao longo da historia.

CONTENT-CAT.1713492651

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO

15/10/2020

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE – FITO

Hoxe xoves 15 de outubro no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María, actuación de O MONO HABITADO coa obra “BENDITAS”
Faranse tres pases: ás 19h. ás 20h. e ás 21h.
SIPNOSE:
Unhas pastoras atópanse no campo cos seus rabaños cando teñen, ou cren ter, unha aparición mariana. Dúas mulleres e un resplandor derivan nunha conversa sobre o humano e o divino que pasará polo reproche pero tamén pola comprensión e camaradería. Un delirio entre pulgas e milagres. Benditas xorde do desexo de reflexionar como artistas sobre determinados temas e de converter esa relexión nun diálogo co público. A través da comicidade propón unha mirada crítica sobre os modelos femininos que a relixión leva sosteñendo ao longo da historia. Máis de 2000 anos de figuras sumisas, sometidas, invisibilizadas, asociadas ao pecado e valoradas como sufridoras e mártires, algo ten que ter deixado no noso incosnciente.
Benditas é a terceira produción da compañía afincada en Vitoria-Gasteiz.
Debido ás restriccións só haberá 30 entradas para cada sesión.
Recollida de invitacións na Casa da Cultura.
Concellaría de Cultura de Barbadás

Print 801.72 KB

CONTENT-CAT.1713492651

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO – FITO

13/10/2020

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO – FITO

CAMBIO DE UBICACIÓN DO ESPECTÁCULO DO MONO HABITADO
Mañá mércores 14 de outubro comenzamos o Fito, POR MOTIVOS ALLEOS Á ORGANIZACIÓN, temos que cambiar a ubicación do grupo O MONO HABITADO, pasando a realizarse no Pabillón do Colexio Filomena Dato.
Será ás 19h. e con aforo limitado (75 prazas) por orden de chegado ó Pabillón.
SIPNOSE:
Neste espectáculo sen texto dúas naves interestelares circulan polas rúas sorprendendo aos viandantes. Prodúcese un choque e en plena discusión descóbrese que un dos astronautas é un simio. Unha visión re- evolucionaria en clave de humor da carreira espacial que poñerá en dúbida as teorías de Darwin. Será difícil saber quen é a evolución de quen… Unha comedia espacial na que
o público se converte en cómplice destes inxenuos viaxeiros do espazo-tempo. Un aloucado encontro galáctico de individuos diferentes. Partindo do humor faise unha homenaxe ás seires, cómics e películas de ciencia ficción que alá polo anos 70 nos
amosaban como ía a ser o futuro.- A primeira referenciua evidente é “O planeta dos simios”, pero tamén están “Viaxe á lúa” ou “Encontros na terceira fasse”. O resultado é unha comedia espazial, un aluado pic-nic galáctico, no que o público sentirase cómplice coa inxenuidade destos viaxeiros do espazo e do tempo.
Teatro de rúa.
Aforo reducido pola COVID
¿Participa e disfruta do FITO! Por unha cultura SEGURA.

Print 930.29 KB

CONTENT-CAT.1713492651

Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO

07/10/2020

Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO

Este ano o Concello de Barbadás súmase á iniciativa do FITO e vai participar neste importante Festival.
A pesar dos problemas plantexados pola COVID o Festival vai continuar e mandamos a Programación tanto de Ourense como en especial a de Barbadás.
A tod@s os interesad@s dicirvos que por culpa da pandemia haberá restriccións nos aforos dos espectáculos tanto de rúa como de interior no Auditorio da Casa da Cultura,   e que estedes atent@s para poder participar.
¡Levántase o telón!

CONTENT-CAT.1713492652

O Festival Internacional de Teatro de Ourense inaugura e pon o broche final en Barbadás

01/10/2020

O Festival Internacional de Teatro de Ourense inaugura e pon o broche final en Barbadás

O FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE AMPLIA AS SÚAS FRONTEIRAS ATA BARBADÁS

A XORNADA DE INICIO DO FITO E A CLAUSURA TERÁN O SEU ESCENARIO EN BARBADÁS

O día 14 de outubro será a xornada inaugural do FITO coa compañía O mono habitado coa obra “Primatium, un tropezó na carreira espacial

A clausura do FITO correrá a cargo da compañía Alauda (Burgos) coa posta en escea de “Ingenii machina”

  • Este medio día presentouse en Barbadás a 13ª edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense, que se desenrolará en 3 escenarios: Barbadás (apertura e peche), Auditorio de Ourense e Universidade de Vigo.

 

  • No acto de presentación estiveron as actrices de Sarabela Teatro: Fina Calleja e Sabela Gago; o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, a concelleira de Cultura, Marga Pérez e o grupo de teatro A Rum Rum.

 

  • A xornada inaugural do FITO será o día 14 de outubro en Barbadás, con teatro na rúa a cargo de O Mono habitado (País Vasco) coa obra “Primatium, un tropezó na carreira espacial”.

 

  • 15 de outubro os/as protagonistas serán tamén O mono habitado coa obra “Benditas”.

 

  • O día 16 de outubro Cámara negra escenificarán “Si esto es un hombre”, mentres que o 17 de outubro Andrea Quintana escinificará “O raro é que bailar sexa raro”.

 

  • Como remate do FITO en Barbadás o día 25 de outubro Alauda poñerá en escena “Ingenii machina”.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou o “orgullo contar con este evento en Barbadás porque a cultura é un elemento básico para sosegar os espíritos, para trasladar ledicia e para abrir as mentes. E neste momento que estamos vivindo de “fake news”, a cultura permite abrir as mentes, abrirnos a outras culturas. A cultura ten que ser un elemento para trasladar viveza e alegría á cidadanía”
  • Valcárcel indicou que se van representar en Barbadás 5 obras nesta 13ª edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense. Sinalou o rexedor que Barbadás será o escenario onde terá lugar a apertura e peche deste festival internacional de teatro, un feito que sitúa ao municipio nun lugar privilexiado no ámbito cultural.

 

  • A concelleira de Cultura, Marga Pérez, destacou que o FITO “amplíe por primeira vez as súas fronteiras para chegar ao concello de Barbadás. Estamos Orgullosos/as de converternos en un punto de encontro da cultura”.

 

  • Pérez comentou que cando se nos achegou esta proposta “dende o primeiro momento dixemos que si por dúas razóns, porque o FITO é un referente cultural e porque cremos que hai que apoiar sempre a cultura. É un pracer acoller en barbadas os espectáculos a cultura enriquécenos, fainos sentir, emocionar e tamén nos evade un pouco neste tempos difíciles que estamos a vivir”.

 

  • Agradeceu á compañía Sarabela Teatro o esforzo que supón organizar un festival destas características. Tamén destacou a importancia que o coordinador da casa de cultura Manuel María de Barbadás, Alfonso Blanco, na celebración no concello deste festival.

 

  • Fina Dacosta, actriz da compañía Sarabela Teatro, destacou a colaboración de Barbadás e o “si” do que falou a concelleira de Cultura. “Esta sinerxia de colaboración e entendemento ten a súa orixe dende hai tempo, ven de colaboracións de anos anteriores, ten moito que ver con Alfonso Blanco, coordinador da casa de cultura, e para nós é como ampliar fronteiras de xeito natural para a veciñanza de Barbadás.

 

  • Dacosta explicou que o FITO “está deseñado a través de unha programación coa combinación de teatro vangardista con un tipo de teatro máis en sintonía con todos os públicos”.

 

  • Dacosta falo una presentación do feito de que “estes 13 anos convertennos en adolescentes e deutos o impulso e a ledicia para disfrutar de compañías teatrais de ámbitos diversos.

 

  • Sabela Gago, actriz de Sarabela, resaltou o cariño de Barbadas hacia a compañía teatral organizadora do evento.

 

  • Gago comentou que “´é moi lindo traballar cando o teu traballo se valora e por eso o facemos con paixón e profesionalidade”

CONTENT-CAT.1713492652

A Biblioteca de Barbadás promove organiza “Contadas no parque” para promover o hábito da lectura entre os máis cativos

08/09/2020

A Biblioteca de Barbadás promove organiza “Contadas no parque” para promover o hábito da lectura entre os máis cativos

A CONCELLERÍA DE CULTURA PON EN MARCHA UNHA INICIATIVA PARA FOMENTAR A LECTURA DURANTE A INFANCIA

“Contadas no parque” desenrolarase na Solaina entre os días 11 de setembro e o 2 de outubro ás 18,30 horas

Para participar na actividade cultural é preciso inscribirse en biblioteca@barbadas.es

Os contacontos están dirixidos a nenos e nenas entre os 5 e os 11 anos

  • “Contadas no parque” é unha iniciativa promovida dende a Concellería de Cultura de Barbadás a través da Biblioteca municipal.
  • Para participar nesta actividade de contacontos é necesario inscribirse na seguinte dirección de email: biblioteca@barbadas.es.
  • A primeira “contada” no parque será o 11 de setembro ás 18,30 horas a cargo de Trécola Teatro coa narración “Sen medo”.
  • A seguinte cita coa literatura contada será o mércores 16 de setembro. A “contadora de historias” será Raquel Queizás coa narración “Travesías”.
  • O venres 25 de setembro estará no parque da Solaina Sabela Gago coa narración “Naturizo e o espirito do bosque”.
  • O colofón ás “Contadas no parque” poñerao Pedro Brandariz o día 2 de outubro coa narración “A familia de Tango”.
  • Esta actividade cultural está patrocinada pola Xunta a través da campaña “Ler conta moito”.

CONTENT-CAT.1713492652

Contadas no parque

04/09/2020

Contadas no parque

A Biblioteca Pública de Barbadás presenta o programa “Contadas no parque”

Esta composto por catro actividades que consisten en narracions a cargo de diferentes compañías e artistas.

Será necesaria a inscrición previa, cubrindo a solicitude que se abxunta e posterior envío o correo electrónico: biblioteca@barbadas.es

O prazo de inscrición comeza o día 7 de setembro.

Máis información: Casa da Cultura Manuel María

Teléfono: 988 24 68 85

Correo electrónico: biblioteca@barbadas.es

CONTENT-CAT.1713492652

REDRUM TEATRO en Barbadás

02/09/2020

REDRUM TEATRO en Barbadás

O Programa Cultural de Verán do Concello de Barbadás “E NO VERÁN…? REFRÉSCATE COA CULTURA”, finaliza esta semana con dous eventos, o XOVES 3 DE SETEMBRO con unha proxección de cinema e o DOMINGO 6 DE SETEMBRO cun espectáculo teatral para os máis pequen@s.
DOMINGO 6 DE SETEMBRO, ÁS 20H. no Parque dos Patos de A Valenzá, actuación do Grupo REDRUM TEATRO, que nos presenta o espectáculo “A nena que quería navegar”
Sinopse:
A Nena farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.
A Nena que Quería Navegar é unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.
Xénero: Teatro Familiar / Comedia Musical 50′
Organiza: Concellaría de Cultura
Patrocina: Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia

CONTENT-CAT.1713492652

Proxección da película YERTERDAY no Programa de Verán

31/08/2020

Proxección da película YERTERDAY no Programa de Verán

XOVES 3 DE SETEMBRO ÁS 21H. no Parque dos Patos de A Valenzá, proxección da película YESTERDAY

Sinopse:

Jack Malik é un cantautor británico que soña coa fama e conta co apoio incondicional da súa amiga Ellie. Tras un accidente, Jack dase conta que é a única persoa que pode recordar aos Beatles.

Xénero: Cinema.

Públco: Todos os públicos.

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

CONTENT-CAT.1713492652

Sarabela Teatro no Programa de Verán

24/08/2020

Sarabela Teatro no Programa de Verán

Xoves 27 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos en A Valenzá, actuación do grupo teatral SARABELA TEATRO co espectáculo “Crónicas do Paraíso”, este espectáculo forma parte da Rede REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense) que este ano excepcionalmente poden programarse  espectáculos na rúa por culpa do Coronavirus.

Sinopse:

Madame de Nancy, Clarina e Xan Dorne viaxan cara ao funeral de Madame de Quelven acompañados polo clérigo Sochantre. Durante a noite que pasan xuntos confúndese a morte coa vida e o drama coa comedia.

 O funeral de Madame de Quelven contextualiza un universo viaxeiro poboado por bandidos, armas, sexo, diñeiro e sangue. Ao ritmo do blues o crime compensa, porque o diñeiro compra todo, incluso a propia morte. Nas “Crónicas do Paraíso” ninguén morre, quizais porque estean todos mortos ou porque o verdadeiro bandido, o poderoso, o socialmente envexado, ese, siga eternamente vivo. Descubrimos que todos son culpables criminosos protexidos, integrados e admirados por unha realidade social que exalta a beatitude do poder económico.

A forza do capital, da igrexa e do negocio escuro colocan aos personaxes nunha situación irónica entre vida e morte na que a eternidade acaba por afirmarse como a máis pura recompensa da impunidade xudicial.

Xénero: Teatro

Público: Todos os públicos.

Organiza: Concellaría de Cultura e REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)

 

CONTENT-CAT.1713492652

O Sonoro Maxín no Programa de Verán

18/08/2020

O Sonoro Maxín no Programa de Verán

O xoves 20 de Agosto, ás 21h. actuación musical do SONORO MAXÍN co espectáculo “De navallas e cumbias” no Parque dos Patos (A Valenzá) dentro do Programa de Verán e da REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)

NOTA: ESTAMOS PENDIENTES DA PRVISIÓN DO TEMPO, SE CHOVE CANCELAREMOS A ACTUACIÓN E INFORMARASE DA NOVA DATA.

Sinopse do Espectáculo:

Nestes tempos tan ingratos cómpre ter a man unha navalla ben afiada. A nosa navalla é a canción. Tamén o baile.O Sonoro Maxín comeza, como unha tarazana, un camiño de ida e volta para compartir, a través da súa música, os momentos e os lugares nos que naceu, creceu e amou. Reclamando un espazo para poder bailar mellor. Reivindicando a música como unha arma de construción masiva. A pedra está amolando as nosas cancións, deixándoas ben xeitosas para partir polo medio a intolerancia que nos está a invadir. Esperta o coitelo do seu soño. Saca a túa navalla preferida. Déixanos acompañarte a darlle unha tallada a esta verbena mundial na que vivimos.

Xéneros: Verbena, música de baile , Fusión-Rap
Público: Todos os públicos.
Organiza: Concellaría de Cultura e REAOU
(Rede de Auditorios Provincial de Ourense)

O Sonoro Maxín 965.66 KB

CONTENT-CAT.1713492652

Inventi Teatro no Programa de Verán

10/08/2020

Inventi Teatro no Programa de Verán

Este xoves 13 de Agosto, ás 21h., unha nova actuación no Programa de Verán do Concello, trátase do Grupo de Teatro INVENTI co espectáculo “A tropa do doutor Milagre”, será no Parque dos Patos de A Valenzá.

Sinopse:

Un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre. Non ten pelo? Alopecia? Síntese débil e decaído? Sen apetito… de ningún tipo? Probe os produtos do Doutor Milagre: Espumosos xampús, elixires fertilizantes ou inxeccións máxicas… Proximamente a súa vila encherase de diversión e alegría coa chegada do Expreso do Doutor Milagre. Agoniado polas débedas e impulsado por unha necesidade imperiosa de facer fortuna este atolado médico/inventor toma unha arriscada decisión: Facerse con un autobús abandonado para convertelo nun autentico show de venta ambulante. Para esta aventura estará acompañado do seu fiel axudante, o pequeno Miñoca e a exuberante Madame Bobarí. Música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia, maxia e moito máis neste delirante espectáculo de rúa.

Teatro de rúa | Todos os públicos | 45 min.

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

CONTENT-CAT.1713492652

Ghazafelhos no Programa de Verán

03/08/2020

Ghazafelhos no Programa de Verán

O Xoves 6 de Agosto, ás 21h., nova actuación do Programa de Verán do Concello, trátase do Grupo GHAZAFELHOS que nos presenta o espectáculo “Acuario” será no Parque dos Patos de A Valenzá.

Sinopse:

Acuario está baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral. Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos monicreques, dos actores que lle imprimen humor e dinamismo á actividade, da música e dunha escenografía sinxela e á vez atractiva. Acuario é un conxunto de versos doados e musicais que en ningún momento esquecen o seu propósito didáctico: Amosar a maxia do noso patrimonio lingüístico…e mariño.

Teatro actoral | Público infantil e familiar (+5) |60 min

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

CONTENT-CAT.1713492652

Píscore no Programa de Verán

27/07/2020

Píscore no Programa de Verán

Continúa avanzando o Programa de Verán do Concello, neste ocasión contamos co Grupo PÍSCORE que nos presenta o espectáculo “Concerto Con Fusión”, será o xoves 30 de Xullo ás 21h., no Parque dos Patos (A Valenzá)

Sinopse:

Mantendo a anterior e exitosa líña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos, como música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.

Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seu instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que o que podería ser un desastre se convirta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.

Público: Todos os públicos / 55 min. / Tipo espectáculo: Familiar

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

CONTENT-CAT.1713492652

Convocatorio de subvencións a asociacións e entidades culturais do Concello de Barbadás para o ano 2020

24/07/2020

Convocatorio de subvencións a asociacións e entidades culturais do Concello de Barbadás para o ano 2020

Aberto o prazo de para a solicitude de subvencións a asociacións e entidades culturais debidamente rexistradas no Concello de Barbadás para a realización de actividades culturais durante o ano 2020.

 

CONTENT-CAT.1713492652

MUU no Programa de Verán de Barbadás

20/07/2020

MUU no Programa de Verán de Barbadás

O Xoves 23 de Xullo, ás 21h., unha nova actuación con MUU e o seu espectáculo “Crunch” continuando co Programa de Verán do Concello, será no Parque dos Patos (A Valenzá)

Onde están cando se lles necesita? É unha pregunta que adoitamos facernos sobre as nosas amizades, a clase política, a familia… algunha vez eles fallan, pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, aconciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No
fondo todas as persoas somos superheroes.
Crunch! é un espectáculo de novo circo, de vellos amigos, de clown, de malabares diarios para chegar a fin de mes, de saltos mortais, de golpes e caídas coas que aprendemos e saímos adiante, e sobre todo de risas, que é o máis necesario. Ti non os ves, pero eles estante mirando.

XÉNERO: circo e clown / 50’ / FAMILIAR.

Organiza: Concellaría de Cultura.

 

Cartel MUU_2020 928.39 KB

CONTENT-CAT.1713492652

Charo Pita no Programa de Verán

13/07/2020

Charo Pita no Programa de Verán

O xoves  16 de Xullo, ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá), actuación de CHARO PITA co espectáculo “No País do vento” dentro do Programa de Verán do Concello.

No País do Vento nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas ao lombo das brisas e dos furacáns. Moitos son as personaxes que habitan este país de asubíos e airexas: unha científica incorrixible e algo poeta que chegou  a explorar o País do vento;  noivas, donas, magas bruxas e tolas, mulleres magníficas todas, que bailan unha canción tradicional deste país de brisas; unha familia de papaventos que é feliz buscando países imaxinarios que visitar; un corazón que viaxa nunha cáscara de noz; unha xirafa que quería ser araña e unha araña que quería ser xirafa; o Pato Simón; unhas pitas refuxiadas, un reloxo que no canto de dar horas, dá risa … E así, con moitas ganas de bailar e de gozar, vaise esgallando aos pouquiños este espectáculo.

Espectáculo musical |55 min | +3

Organiza: Concellaría de Cultura

CONTENT-CAT.1713492652

Fantoches Bag no Programa de Verán

06/07/2020

Fantoches Bag no Programa de Verán

O Xoves 9 de Xullo, ás 21h., no Parque dos Patos unha nova actuación do Programa de Verán do Concello, estará con nós o Grupo FANTOCHES BAG que nos presenta o espectáculo “Os romeiros do caracol”.

Sinopse:

Un espectáculo infantil sobre Antón Fraguas…
Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de San Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a San Andrés en forma de caracol, xa que non fora de vivo. A sabendas de que o camiño ía ser lento viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en San Andrés.

O espectáculo está baseado na obra Romarías e Santuarios de Galicia de Antón Fraguas. A escenografía do espectáculo é un enorme caracol vivenda no que se contan e cantan cancións e as lendas de San Andrés. Monicreques, cartel de cego, máscaras, reque-reque e un limberjack son algúns dos recursos do teatro popular que utilizaremos neste espectáculo con música en directo interpretada polo acordeón diatónico de Carlos Quintá.

Organiza: Concellaría de Cultura

Cartel SUMA 669.70 KB

CONTENT-CAT.1713492652

E no verán…? Refréscate coa cultura

01/07/2020

E no verán…? Refréscate coa cultura

Este xoves 2 de Xullo, ás 21h.,  iniciamos o Programa de Verán do Concello, coa actuación de circo de SU.MA que nos presenta o espectáculo “Ikagai” no Parque dos Patos de A Valenzá.

Sinopse:

Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía. Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das interpretes co espectador.
Os conflitos, decisións e dificultades son parte da vida cotiá. Sempre depende do que nós facemos con eses conflitos e como os resolvemos para que cada momento se converta nunha agradable aventura. Que te impulsa a seguir? a erguerte cada dia como se fose novo? Que fai que esperte o teu sorriso?
Cal é o teu Ikigai?

Cartel SUMA 1.29 MB

CONTENT-CAT.1713492652

Programación do “Verán cultural” de Barbadás no Parque dos patos: os xoves entre o 2 de xullo e o 3 de setembro

22/06/2020

Programación do “Verán cultural” de Barbadás no Parque dos patos: os xoves entre o 2 de xullo e o 3 de setembro

O PARQUE DOS PATOS SERÁ O ENTORNO DO “VERÁN CULTURAL” DE BARBADÁS

Teatro, cine, literatura, circo, danza, clown conforman a programación cultural que se desenrolará todos os xoves dende o 2 de xullo ao 3 de setembro

  • O programa cultural “E no verán? Refréscate coa Cultura” comeza o xoves 2 de xullo ás 21,00 horas con un espectáculo de danzá-circo.

 

  • Xogo, imaxinación, acrobacia aérea e voz conforman o espectáculo “Ikigai” a cargo de SU.MA.

 

  • Os irmáns Quintá serán os protagonistas o 9 de xullo do camiño de volta de San Andrés de Teixidó despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu difunto avó.

 

  • O título deste espectáculo é Os romeiros do caracol”, posto en escena polos Fantoches bag.

 

  • Charo Pita presentará o xoves 16 de xullo “No país do vento”, un espectáculo musical para toda a familia.

 

  • Un espectáculo de novo circo, de vellos amigos, de clown, de malabares diarios para chegar a fin de mes e, sobre todo, de risas conforman “Crunch”, cuxos protagonistas son dous superhéroes.

 

  • “Crunch” será protagonizado o 23 de xullo polos actores Muu ás 21,00 horas.

 

  • Os protagonistas do verán cultural en Barbadás o día 30 de xullo serán Piscore, que fusionan música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público.

 

  • Concerto con fusión” é o título do espectáculo no que teñen cabida diferentes ritmos: música latina, rock and roll, reggae, pop ou música disco.

 

  • O teatro chega ao escenario que estará todo o verán no parque dos Patos da man de Teatro Ghazafelhos coa posta en escena da obra “Acuario”, dirixido á xente miúda da casa para que se acheguen á poesía en lingua galega, aprendan o nome de peixes de descubran a riqueza bioloxica do litoral de Galicia.

 

  • O Sonoro Maxín estarán en Barbadás o 20 de agosto presentando o espectáculo “De navallas e cumbias”.

 

  • “Crónicas do paraíso” é o título do espectáculo que Sarabela Teatro presentará no escenario do parque dos Patos o 27 de agosto.

 

  • Esta obra que poñerá en escena Sarabela Teatro reflexa a forza do capital, da igresxa e do negocio escuro, colocando aos personaxes nunha situación irónica entre a vida e a morte.

 

  • Como colofón do “Verán cultural” de Barbadás proxectarase a película “Yerterday”, na que Jack Malik soña coa fama e conta co apoio da súa amiga incondicional Ellie. Tras un accidente dase conta de que é a única persoa que pode recordar ao Beatles.

CONTENT-CAT.1713492652

Campamentos de Verán “Concilia Barbadás”

19/06/2020

Campamentos de Verán “Concilia Barbadás”

Prazo inscrición 22 - 25 de xuño

O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN “CONCILIA BARBADÁS COMEZA O LUNS 22 DE XUÑO ATA O XOVES 25 DE XUÑO

As inscricións poden realizars de forma telemática ou presencial con cita previa

Ofértanse un total de 140 prazas por quincena durante os meses de xullo e agosto

  • A participación nos campamentos terá como requisitos indispensables que o/s proxenitor/es estén traballando no periodo solicitado de disfrute do campamento e que teñan a idade cumprida requirida para o campamento que se solicita no momento da
  • O prazo de inscrición será desde o luns 22 ata o xoves 25 de xuño (ámbos dous incluídos) podendo ampliar este prazo en caso de non cubrir a totalidade das prazas.
  • Nos días inmediatamente posteriores ao prazo de inscrición (cando se contrasten todos os datos) publicarase a listaxe de admitidos/as publicada na páxina web do Concello de Barbadás xunto cas listas de espera.
  • Criterios de adxudicación:  
  • – No caso de que o número de prazas solicitadas non supere o número de prazas ofertadas, a adxudicación de prazas realizarase de forma directa.
  • A adxudicación realizarase segundo a orde de prioridade fixada na solicitude.
  • No caso de que o numero de prazas solicitadas si supere o número de prazas ofertadas:

–  As prazas serán preferentemente para usuarios que teñan polo menos 1 proxenitor empadroado no Concello de Barbadás. No caso de que, as solicitudes que cumpran con este criterio supere ao de prazas dispoñibles, resolverase usando como criterio, entre éstas, o resultado obtido o 26 de febreiro do Sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/2021 da Xunta de Galicia (artigo 29 da Orden do 12 de Marzo de 2013).

– Os/as solicitantes non admitidos pasarán a formar parte dunha lista de espera, seguindo a orde establecida no apartado anterior, primeiro os solicitantes que teñan polo menos 1 proxenitor empadroado no Concello de Barbadás ordeados segundo o especificado no apartado 5.2, e despois os solicitantes que non cumpran dito criterio, ordeados segundo o resultado obtido o 26 de febreiro do Sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/2021 da Xunta de Galicia (artigo 29 da Orden do 12 de Marzo de 2013).

– No caso de que varios irmáns presenten solicitude para o mesmo campamento e quenda, o feito de que un dos irmáns sexa admitido, suporá a admisión dos demáis irmáns.

– No caso de que o solicitante se lle adxudiquen dous campamentos, a adxudicación do segundo campamento quedará condicionada a que non existan en lista de espera de dito campamento solicitantes aos que non lle adxudicase ningún campamento.

– Os solicitantes admitidos deberán realizar o pagamento e presentar o xustificante de pago no prazo e forma que se indicarán na publicación dos listados de admitidos/as.

– Chamamento por lista de espera:  No suposto de que quedasen prazas vacantes, chamarase por rigorosoa orde ós solicitantes en lista de espera, que deberán efectuar o pagamento nun prazo de 2 días unha vez recibida a comunicación telefónica da súa admisión na actividade. Realizarase un máximo de 2 chamadas, de non ser posible a comunicación telefónica, chamarase ó seguinte solicitante da lista.

  • As inscricións realizaranse por unha das seguintes formas:
  • De forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Barbadás https://barbadas.sedelectronica.gal.
  • De forma presencial no rexistro con cita previa (Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá 988393168). En calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.
  • Deberá presentarse a seguinte documentación:

– A folla de inscrición individual debidamente cumprimentada que se poderá descargar directamente na páxina web do concello, cuxa sinatura produce os efectos de autorización para a asistencia do menor á  actividade.

Xustificante certificado pola empresa do horario laboral e das vacacións solicitados no ano 2020 durante o periodo dos campamentos do proxenitor ou proxenitores.

–  No caso de proxenitores divorciados/separados acreditarán ademáis do anterior, a custodia durante o periodo do campamento solicitado.

– No caso de traballadores/as autónomos/as presentarán declaración xurada do horario laboral e das vacacións solicitados no ano 2020, e o recibo do último mes da cuota de autónomo.

–  No caso de familias monoparentais terán que acreditar dita condición.

– Certificado de recoñecemento de discapacidade conforme o especificado no apartado 2.1.

Libro de familia (só no caso de que o/a menor non dispoña de DNI para proceder á comprobación de datos).

– Os datos reflectidos na documentación presentada deberán ser certos na súa totalidade; de non ser así, suporá a baixa automática e a perda de todos os dereitos de participación na actividade.

  • PAGAMENTO:

– O custo da praza para os solicitantes é de 20 euros por neno/a.

– O pagamento deberá realizarse mediante ingreso ou transferencia bancaria o número de conta / IBAN: ABANCA (A VALENZÁ): ES21 2080 5342 5431 1000 9242 *Indicando como concepto “Campamentos de verán concilia Barbadás”, e o nome e apelidos do menor.

-Unha vez efectuado o ingreso correspondente, non se devolverá o importe satisfeito salvo que se acredite a imposibilidade do neno/a de asistir á actividade mediante certificado médico que deberá presentarse cun mínimo de antelación de 48 horas antes do inicio da actividade.

  • Normas de funcionamento: É obrigatoria a asistencia. Un 25% de faltas sen xustificar dará lugar a baixa automática no campamento. Só se permitirán como xustificantes válidos de falta de asistencia:  xustificante médico por enfermidade ou ingreso do/a neno/a ou de familiar co que conviva. No caso de que o comportamento dun neno/a afecte ao normal funcionamento da actividade, procederase a avisar a familia e a dar o/a de baixa no campamento. A baixa do/a neno/a do campamento non dá dereito a devolución do importe pagado.
  • Teléfonos de interese: A organización dos campamentos corresponde ás concellerías de Educación e Deportes e Mocidade. Teléfonos de información: Casa da Xuventude: 988391526. Educación: 988246885. Http://www.barbadas.es
  • Ofértanse 140 prazas por cada quincena coa seguinte distribución:

10 prazas en cada un dos seguintes campamentos:

 Campamento urban “A” (3 a 6 anos) A Valenzá

 Campamento urban “B” (3 a 6 anos) A Valenzá

 Campamento urban “C” (7 a 12 anos) A Valenzá

 Campamento multideporte (7 a 12 anos) A Valenzá

 Campamento Barbadás (5 a 12 anos)

 Campamento As Lamas (5 a 12 anos)

 Campamento Piñor (5 a 12 anos)

 Campamento Sobrado (5 a 12 anos)

 Campamento Parada (5 a 12 anos)

 Campamento Santa Uxía (5 a 12 anos)

 Campamento Loiro (5 a 12 anos)

 Campamento Finca Fierro (5 a 12 anos)

 Campamento Bentraces (5 a 12 anos)

 Campamento do Fonsillón (5 a 12 anos)

1.2 Quendas: Todos os campamentos se ofertan para cada una das quincenas, sendo éstas:

 1o quincena xullo (6 a 17 de xullo)

 2o quincena de xullo (20 a 31 de xullo)

 1o quincena agosto (3 a 14 de agosto)

 2o quincena de agosto (17 a 28 de agosto)

  • Cada campamento terá un número máximo de 10 prazas, e un número mínimo de 9 participantes para a súa realización.
  • Os/as solicitantes podrán participar en 2 quendas podendo solicitar ata 3 diferentes e indicando a orde de prioridade (antes de conceder o 2o turno de campamento darase prioridade a quen non participase en ninguna).
  • PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:

–  As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:

– Facer constar a súa condición no apartado que figura no impreso de solicitude, co fin de

planificar os apoios necesarios se os precisaran.

– Que no certificado de recoñecemento de discapacidade se recolla a non necesidade de axuda de terceira persoa.

– Ter capacidade de integración no grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais

lles permitan participar e beneficiarse das actividades programadas que se van a desenvolver.

  • Os requisitos sinalados serán condición para a admisión da solicitude e o seu incumprimento non permitirá a participación da persoa solicitante no campamento.
  • Porén, a organización reservará en cada quenda un 5% das prazas para os solicitantes con discapacidade igual ou superior ao 33% que cumpra os requisitos do punto 2.1.
  • En función do tipo de discapacidade, poderían excepcionarse a algún tipo de actividade dentro da programación. De selo caso, o participante non podería participar nesa actividade específica.

CONTENT-CAT.1713492652