Categoría: Emerxencias
|
O Concello de Barbadás colabora coa Hidrográfica na limpeza do río dos Muíños na Valenzá 23/10/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás colabora coa Hidrográfica na limpeza do río dos Muíños na Valenzá
O Concello de Barbadás, en colaboración ca Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), executa labores de tala e retirada de vexetación nas beiras e leito do río dos Muíños ao seu paso pola Valenzá. A Concellería de Emerxencias detectou exemplares de vexetación arbórea con risco de caída na contorna do río na zona, e dada a complexidade dos traballos a acometer, solicitou a colaboración da CHMS, quen conta cos medios técnicos necesarios para levar a cabo a limpeza. Ademais das tarefas especializadas de tala, tamén se está a traballar na eliminación de especies vexetais invasoras e na limpeza do leito fluvial. Estas labores, que comezaron a semana pasada, estenderanse nas vindeiras xornadas ata que os técnicos determinen a idoneidade do traballo feito. Os operarios tamén están a retirar numerosos residuos nas beiras e leito do río como bolsas, latas, bricks e mesmo cadeiras. Neste sentido, o concelleiro de Emerxencias, Dani Rey, chama á responsabilidade da poboación para coidar un espazo único de Barbadás. “Por este lugar pasean milleiros de persoas que queren desfrutar da contorna nas mellores condicións posibles”, apunta o edil. Ao mesmo tempo, unha vez recibido o visto bo da Hidrográfica, o Concello procedeu á restauración da caseta dos patos no parque do mesmo nome, para facilitar a cría cando sube o caudal. A Concellería de Emerxencias, en colaboración coa Concellería de Obras e Servizos, vai proceder a reparar as esclusas dos azudes para regular os niveis da auga que recomenda a CHMS. Dani Rey lembra que a manipulación das mesmas só pode facela persoal acreditado, podendo ser sancionado aqueles particulares que modifiquen as condicións hidrolóxicas do leito. |
CONTENT-CAT.1770594267
*06/04/2025
**
Barbadás acolle unha formación práctica de candidatos a Protección Civil
O curso, impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) habilita aos participantes a formar parte do sistema integrado de Protección Civil e Emerxencias A aula tecnolóxica do Parque da Solaina e un campo habilitado para as prácticas acolleron a actividade este sábado O concello de Barbadás foi este sábado a sede da formación práctica … Seguir lendo Barbadás acolle unha formación práctica de candidatos a Protección Civil →
|
Barbadás acolle unha formación práctica de candidatos a Protección Civil 06/04/2025 |
|---|
Barbadás acolle unha formación práctica de candidatos a Protección Civil
O concello de Barbadás foi este sábado a sede da formación práctica dos candidatos a voluntarios de Protección Civil de varios municipios da provincia. Os cursos son impartidos pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e forman parte do seu programa de formación continua e descentralizada. A aula tecnolóxica do Parque da solaina e un campo habilitado para as prácticas acolleron a xornada formativa. Unha vez superado o curso, o alumnado adquire a condición de voluntarios no sistema integrado de Protección Civil e Emerxencias de Galicia, adscribíndose cada un á agrupación do seu concello. A formación consistiu no manexo de equipos de comunicación TETRA, primeiros auxilios e utilización de extintores. O concelleiro de Emerxencias, Daniel Rey, avanza que Barbadás será este ano a sede do curso de 2º nivel de extinción de incendios e tamén do curso de busca de persoas desaparecidas. Nese senso, o edil agradece a confianza depositada en Barbadás por AGASP e polo servizo provincial de emerxencias da Xunta. |
CONTENT-CAT.1770594267

