Categoría: Novas
|
Aviso campamentos “Barbadás Concilia Verán 2026” 31/07/2026 |
|---|
Aviso campamentos “Barbadás Concilia Verán 2026”Campamentos Barbadás Concilia Verán 1º quincena de agosto: Data: 03/08/2026 – 14/08/2026. Horario: 9:00 – 14:00 horas. Os/as nenos/as debén levar gorra, auga e unha pequena merenda para media mañá. Calquera outro material necesario será comunicado polos/as monitores/as. Lugares: Urbán A: Instalacións municipais do Parque da Solaina. Urbán B: Instalacións municipais do Parque da Solaina. Parada de Piñor: Local Social.
ORGANIZA
Segunda quincena de agosto definitivo publicado 08-05-2026
292.30 KB
Bases que regulan a inscrición no servizo Barbadás Concilia Verán 2026
488.09 KB
5OLICITUDE Barbadás Concilia Verán 2026
137.26 KB
listado provisional 1 quincena xullo campamentos Barbadas Concilia Verán 2026
150.03 KB
listado provisional 2 quincena xullo campamentos Barbadas Concilia Verán 2026
176.05 KB
listado provisional 1 quincena agosto campamentos Barbadas Concilia Verán 2026
138.04 KB
listado provisional 2 quincena agosto campamentos Barbadas Concilia Verán 2026
138.26 KB
Campamento Barbadás Concilia
93.37 KB
2026-A3-barbadás concilia Verán'2026
361.07 KB
Bases que regulan a inscrición no servizo Barbadás Concilia Verán 2026
480.06 KB
Primeira quincena xullo definitivo
121.28 KB
Segunda quincena xullo definitivo
116.71 KB
Primeira quincena de agosto definitivo
291.75 KB
Segunda quincena de agosto definitivo
292.30 KB
Primera quincena de xullo definitivo
305.54 KB
Segunda quincena de xullo definitivo - publicado 08-05-2026
116.71 KB
Primera quincena de agosto definitivo publicado 08-05-2026
291.75 KB
Bases que regulan a inscrición no servizo Barbadás Concilia Verán 2026 PDF [480 KB] 5OLICITUDE Barbadás Concilia Verán 2026 PDF [137 KB] listado provisional 1 quincena xullo campamentos Barbadas Concilia Verán 2026 PDF [150 KB] listado provisional 2 quincena xullo campamentos Barbadas Concilia Verán 2026 PDF [176 KB] listado provisional 1 quincena agosto campamentos Barbadas Concilia Verán 2026 PDF [138 KB] listado provisional 2 quincena agosto campamentos Barbadas Concilia Verán 2026 PDF [138 KB] Primera quincena de xullo definitivo PDF [306 KB] Segunda quincena de xullo definitivo - publicado 08-05-2026 PDF [117 KB] Primera quincena de agosto definitivo publicado 08-05-2026 PDF [292 KB] Segunda quincena de agosto definitivo publicado 08-05-2026 PDF [292 KB] |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
Listado definitivo de admitidos/as servizo de conciliación “BOS DÍAS COLE”. Curso 2026-2027
BOS DÍAS COLE é un servizo ofrecido polo Concello de Barbadás co obxecto é facilitar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar da cidadanía coa apertura dos centros docentes antes do horario lectivo de cada centro. Destinatarios O servizo “Bos Días Cole” está dirixido a familias con nenos/nenas matriculados/as nos centros educativos pertencentes ao ámbito municipal do … Seguir lendo Listado definitivo de admitidos/as servizo de conciliación “BOS DÍAS COLE”. Curso 2026-2027 →
|
Listado definitivo de admitidos/as servizo de conciliación “BOS DÍAS COLE”. Curso 2026-2027 31/07/2026 |
|---|
Listado definitivo de admitidos/as servizo de conciliación “BOS DÍAS COLE”. Curso 2026-2027BOS DÍAS COLE é un servizo ofrecido polo Concello de Barbadás co obxecto é facilitar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar da cidadanía coa apertura dos centros docentes antes do horario lectivo de cada centro. DestinatariosO servizo “Bos Días Cole” está dirixido a familias con nenos/nenas matriculados/as nos centros educativos pertencentes ao ámbito municipal do Concello de Barbadás (CEIP Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro) durante o curso 2026/2027. HorarioO horario de funcionamento do servizo “Bos Días Cole” será: dende as 7:30 horas ata as 9:15 horas.
Prazos e e presentación de inscricións.O prazo para a presentación de solicitudes será dende o día 15 de xuño ata o día 3 de xullo de 2026. A solicitude debidamente cumprimentada xunto coa documentación que corresponda deberá presentarse por unha das seguintes formas:
Publicación dos admitidos/excluídosO listado provisional de admitidos/as publicarase o día 15 de xullo de 2026 na páxina web
Lugar de desenvolvementoO servizo “BOS DÍAS COLE” desenvolveranse nos espazos cedidos por cada un dos centros educativos.
Resolución definitiva de admitidos Bos Días Cole curso 2026-2027 (1)
634.36 KB
Resolución provisional de admitidos Bos Días Cole curso 2026-2027 (1)
634.54 KB
Cartel servizo Bos días cole - curso 2026 2027
369.95 KB
2026-Barbadás-Bos días cole
101.63 KB
Bases reguladoras Bos Días Cole Barbadás 2026 - 2027
405.94 KB
Solicitude Bos dias cole curso 2026-2027
403.40 KB
Solicitude Bos dias cole curso 2026-2027 PDF [403 KB] Bases reguladoras Bos Días Cole Barbadás 2026 - 2027 PDF [406 KB] Resolución provisional de admitidos Bos Días Cole curso 2026-2027 (1) PDF [635 KB] Resolución definitiva de admitidos Bos Días Cole curso 2026-2027 (1) PDF [634 KB] |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
Listados definitivos de admitidos/as “ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES” Curso 2026/2027
As actividades extraescolares están dirixidas a nenos/nenas matriculados/as nos centros educativos pertencentes ao ámbito municipal do Concello de Barbadás (CEIP Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro) durante o curso escolar 2026/2027. Lugar de desenvolvemento. As actividades desenvolveranse nos espazos cedidos por cada un dos centros educativos. Horarios e actividades CEIP FILOMENA DATO 15:30 – 16:30 … Seguir lendo Listados definitivos de admitidos/as “ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES” Curso 2026/2027 →
|
Listados definitivos de admitidos/as “ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES” Curso 2026/2027 31/07/2026 |
|---|
Listados definitivos de admitidos/as “ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES” Curso 2026/2027As actividades extraescolares están dirixidas a nenos/nenas matriculados/as nos centros educativos pertencentes ao ámbito municipal do Concello de Barbadás (CEIP Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro) durante o curso escolar 2026/2027. Lugar de desenvolvemento.As actividades desenvolveranse nos espazos cedidos por cada un dos centros educativos. Horarios e actividadesCEIP FILOMENA DATO 15:30 – 16:30
CEIP O RUXIDOIRO 15:30 – 16:30 Publicación dos admitidos/excluídos O listado provisional de admitidos/as publicarase o día 16 de xullo de 2026 na páxina web Os listados definitivos publicaranse o día 31 de xullo de 2026.
Resolución definitiva de admitidos Actividades Extraescolares curso 2026-2027 (1)
650.79 KB
BASES REGULADORAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES BARBADÁS 2026- 2027
430.85 KB
Solicitude actividades extraescolares 2026-2027
243.96 KB
2026 2027-A3-actividades extraescolares
446.68 KB
Resolución provisional de admitidos Actividades Extraescolares curso 2026-2027 (1)
645.05 KB
BASES REGULADORAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES BARBADÁS 2026- 2027 PDF [431 KB] Solicitude actividades extraescolares 2026-2027 PDF [244 KB] Resolución provisional de admitidos Actividades Extraescolares curso 2026-2027 (1) PDF [645 KB] Resolución definitiva de admitidos Actividades Extraescolares curso 2026-2027 (1) PDF [651 KB] |
CONTENT-CAT.1786757053
*20/07/2026
**
Próximo curso 2026/2027 na Escola Infantil Municipal do Concello de Barbadás
Reunión inicial coas familias, xoves, 3 de setembro, ás 10:00 horas.
Cada curso na Escola Infantil de Barbadás é unha oportunidade para aprender, medrar, xogar e descubrir o mundo, nun espazo seguro, acolledor e pensado para o benestar das máis pequenas e dos máis pequenos. O próximo mes de setembro comenzaremos unha nova etapa escolar 2026/2027. A benvida e reunión inicial coas familias está programada … Seguir lendo Próximo curso 2026/2027 na Escola Infantil Municipal do Concello de Barbadás →
|
Próximo curso 2026/2027 na Escola Infantil Municipal do Concello de Barbadás 20/07/2026 |
|---|
Próximo curso 2026/2027 na Escola Infantil Municipal do Concello de BarbadásReunión inicial coas familias, xoves, 3 de setembro, ás 10:00 horas. Cada curso na Escola Infantil de Barbadás é unha oportunidade para aprender, medrar, xogar e descubrir o mundo, nun espazo seguro, acolledor e pensado para o benestar das máis pequenas e dos máis pequenos.
O próximo mes de setembro comenzaremos unha nova etapa escolar 2026/2027.
No tríptico que acompaña a esta publicación, está dispoñible toda a información de interese. Na nosa escola infantil tamén teredes exemplares impresos. Agradeceriámosvos que teñades moi en conta as recomendacións e normas que se contemplan neste documento para o bo devir de toda a tempada.
Agardámosvos con moita ilusión para compartir un novo curso cheo de aprendizaxes, xogos e momentos inesquecibles.
Benvidos e benvidas á Escola Infantil Municipal de Barbadás!
|
CONTENT-CAT.1786757053
*17/07/2026
**
O Concello de Barbadás continúa coa campaña de compostaxe doméstica, coa que busca fomentar a correcta xestión dos biorresiduos nos fogares e promover prácticas máis sostibles no municipio. A próxima entrega de composteiros terá lugar o luns 27 de xullo ás 12h no Centro Empresarial Transfronteirizo, nunha sesión informativa na que as persoas participantes recibirán … Seguir lendo O Concello de Barbadás continúa coas entregas de composteiros e as sesións formativas de compostaxe doméstica →
|
O Concello de Barbadás continúa coas entregas de composteiros e as sesións formativas de compostaxe doméstica 17/07/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás continúa coas entregas de composteiros e as sesións formativas de compostaxe domésticaO Concello de Barbadás continúa coa campaña de compostaxe doméstica, coa que busca fomentar a correcta xestión dos biorresiduos nos fogares e promover prácticas máis sostibles no municipio. A próxima entrega de composteiros terá lugar o luns 27 de xullo ás 12h no Centro Empresarial Transfronteirizo, nunha sesión informativa na que as persoas participantes recibirán formación básica para comezar a compostar no seu fogar. Esta iniciativa permitirá que os veciños e veciñas con pequeno terreo poidan transformar os seus restos orgánicos en abono natural de alta calidade, reducindo así a cantidade de lixo que chega ao colector e contribuíndo a unha economía circular máis eficiente en Barbadás. O Concello facilitará aos fogares participantes un composteiro de balde, formación e acompañamento, para garantir unha correcta posta en marcha e seguimento do proceso. Nas próximas semanas celebraranse novas sesións en diferentes puntos do municipio, que serán anunciadas a través dos canais oficiais do Concello. A inscrición continúa aberta para aquelas persoas interesadas en participar na campaña. As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: barbadas.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal. Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos. |
CONTENT-CAT.1786757053
*10/07/2026
**
Bono Transporte do alumnado do ensino postobrigatorio do Concello de Barbadás
Presentación de solicitudes do día 13 de xullo ao 4 de setembro do ano 2026.
O obxectivo do servizo é ofrecer as familias do concello un transporte para o alumnado de bacharelato, ao ser un ciclo no que a Consellería de Educación xa non dispón deste servizo. Destinatarios – O servizo de transporte de bacharelato está dirixido ao alumnado matriculado no IES Ferro Couselo nos cursos de 1º ou 2º … Seguir lendo Bono Transporte do alumnado do ensino postobrigatorio do Concello de Barbadás →
|
Bono Transporte do alumnado do ensino postobrigatorio do Concello de Barbadás 10/07/2026 |
|---|
Bono Transporte do alumnado do ensino postobrigatorio do Concello de BarbadásPresentación de solicitudes do día 13 de xullo ao 4 de setembro do ano 2026. O obxectivo do servizo é ofrecer as familias do concello un transporte para o alumnado de bacharelato, ao ser un ciclo no que a Consellería de Educación xa non dispón deste servizo.
Destinatarios– O servizo de transporte de bacharelato está dirixido ao alumnado matriculado no IES Ferro Couselo nos cursos de 1º ou 2º de bacharelato durante o curso escolar 2026/2027
Prazos e lugar de presentación de inscricións.– O prazo para a presentación de solicitudes será dende o día 13 de xullo ao 4 de setembro do ano 2026. – A solicitude debidamente cumprimentada deberá presentarse por unha das seguintes formas:
Publicación dos admitidos/excluídos– O listado de admitidos/as publicarase o día 8 de setembro de 2026 na páxina web do Concello de Barbadás ( www.barbadas.es) . Publicaranse os números de rexistro de entrada das persoas solicitantes. – Os/as interesados/as en solicitar a alta como usuarios/as poderán facelo tamén con posterioridade ao prazo de inscrición. Estarán suxeitos ás prazas dispoñibles. Importe do servizo. – O importe do servizo, segundo o prezo público aprobado, será de 10€ os meses de setembro e xuño e 20€ os meses de outubro a maio.
Máis información: – Teléfono de información: 988 24 68 85 ( Area de Educación).
20262027-Barbadás-Transporte Escolar
94.14 KB
Solicitude transporte bacharelato curso 2026-2027
118.62 KB
BASES REGULADORAS DO SERVIZO DE TRANSPORTE DO ALUMNADO DO ENSINO POSTOBRIGATORIO DO CONCELLO DE BARBADÁS CURSO 2026-2027
300.09 KB
Solicitude transporte alumnado ensino postobrigatorio (bacharelato). curso 2026-2027 PDF [119 KB] Bases reguladoras Transporte alumnado ensino postobrigatorio de Barbadás, curso 2026-2027 PDF [300 KB] |
CONTENT-CAT.1786757053
*08/07/2026
**
Campamento dixital en setembro para menores de 9 a 13 anos
Unha actividade para que a mocidade aprenda tecnoloxía de forma práctica. 📅 Información: Idades: De 9 a 13 anos. Datas: 2 e 3 de setembro de 2026. Horario: De 10:00 a 14:00 h. Lugar: Espazo Infantil (Parque da Solaina, A Valenzá). Prezo: De balde ✍️ Inscricións (Do 10 ao 24 de xullo) As prazas son … Seguir lendo Campamento dixital en setembro para menores de 9 a 13 anos →
|
Campamento dixital en setembro para menores de 9 a 13 anos 08/07/2026 |
|---|
Campamento dixital en setembro para menores de 9 a 13 anosUnha actividade para que a mocidade aprenda tecnoloxía de forma práctica.
📅 Información:
✍️ Inscricións (Do 10 ao 24 de xullo)
As prazas son limitadas. Podes anotarte na Casa da Mocidade a través de:
|
CONTENT-CAT.1786757053
*06/07/2026
**
Axudas do programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino
Bases reguladoras das axudas do programa Emega para fomentar o emprendemento feminino en Galicia e proceder á súa convocatoria no ano 2026 (código de procedemento SI429A). O programa Emega comprende as seguintes modalidades de axuda: a) Emega Emerxe: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e … Seguir lendo Axudas do programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino →
|
Axudas do programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino 06/07/2026 |
|---|
Axudas do programa EMEGA para o fomento do emprendemento femininoBases reguladoras das axudas do programa Emega para fomentar o emprendemento feminino en Galicia e proceder á súa convocatoria no ano 2026 (código de procedemento SI429A). O programa Emega comprende as seguintes modalidades de axuda: a) Emega Emerxe: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e por conta allea. b) Emega Impulsa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e a consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade, dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa continuidade, consolidación e mellora. c) Emega Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e por conta allea. d) Emega Concilia: axuda complementaria das modalidades Emerxe, Impulsa e Innova para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea. A contía das axudas establécese en función da modalidade solicitada e do número de postos de traballo xerados ou mantidos para mulleres, por conta propia e por conta allea, de acordo co seguinte: a) Emega Emerxe: incentivos desde 10.000 € ata 22.000 €. b) Emega Impulsa: incentivos desde 8.000 € ata 17.000 €. c) Emega Innova: incentivos desde 18.000 € ata 42.000 €. d) Emega Concilia:
Prazo de presentación de solicitudes: 3 de agosto de 2026 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260703/AnuncioG0762-190626-0001_gl.html |
CONTENT-CAT.1786757053
*04/07/2026
**
“Hoxe damos varios pasos máis na reivindicación do vínculo tan especial de Carmen Martín Gaite con Piñor”, resalta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel O Concello de Barbadás homenaxeou esta mañá, por partida dobre, á escritora Carmen Martín Gaite, “Carmiña”, coa celebración do IV Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite” e a inauguración da … Seguir lendo Piñor celebra a “Carmiña” coa cuarta edición do paseo literario e a inauguración dunha mostra permanente sobre a autora →
|
Piñor celebra a “Carmiña” coa cuarta edición do paseo literario e a inauguración dunha mostra permanente sobre a autora 04/07/2026 |
|---|
Piñor celebra a “Carmiña” coa cuarta edición do paseo literario e a inauguración dunha mostra permanente sobre a autora
O Concello de Barbadás homenaxeou esta mañá, por partida dobre, á escritora Carmen Martín Gaite, “Carmiña”, coa celebración do IV Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite” e a inauguración da exposición permanente “As palabras en fila. O álbum da infancia de Carmiña en Piñor”. A cita reuniu a numerosos veciños e veciñas, así como amantes da literatura e das novelas de Martín Gaite, unha das escritoras máis destacadas do século XX na literatura española. “Hoxe damos varios pasos máis na reivindicación do vínculo tan especial de Carmen Martín Gaite con Piñor coa celebración deste paseo literario e coa inauguración da exposición permanente, da sinalización da ruta e do percorrido GPS”, resaltou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, ao inicio da actividade. O rexedor tamén quixo agradecer o “gran traballo” realizado polo investigador e docente David G.Couso, quen realizou unha tese e varias publicacións sobre a relación da escritora con Piñor, e quen se encarga de guiar a ruta literaria. Asemade, puxo en valor o esforzo realizado polo xornalista Luis Congil, comisario da exposición, para “recoller e reunir todas as fotos de infancia dos veráns de Carmiña en Piñor”. O concelleiro de Cultura, José Manuel Morgade, así como Cecilio Santalices, xefe da área provincial de Turismo en Ourense, tamén estiveron presentes na cita. Durante o paseo, David G.Couso foi guiando ao nutrido grupo por varias paradas en puntos estratéxicos, como as casas nas que vivían os familiares de Martín Gaite, os espazos que reflectiu nas súas novelas adicadas a Piñor ou os lugares onde desfrutaba do verán cos seus familiares e amizades. Na última parada da ruta, os participantes visitaron a exposición fotográfica no local social de Piñor, onde Luis Congil detallou o proceso de recollida de imaxes e a organización da mostra, na que se recollen fotografías da infancia, escritos ou fragmentos de entrevistas á autora, entre outros documentos. Para rematar, o grupo desfrutou dun ágape no bar O Regueiro, cortesía do Concello. |
CONTENT-CAT.1786757053
*03/07/2026
**
Trátase da terceira edición do proxecto, que ofrece concertos de música clásica, tradicional ou jazz, ademais de proxeccións de filmes, exposicións ou obradoiros “Desde o Concello apostamos pola actividade cultural aquí, no rural, onde tamén hai inquedanza artística”, explica Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás O Concello de Barbadás colabora un ano máis no festival … Seguir lendo O Concello de Barbadás convida á veciñanza a desfrutar das 13 propostas culturais do festival EmularT de Sobrado do Bispo →
|
O Concello de Barbadás convida á veciñanza a desfrutar das 13 propostas culturais do festival EmularT de Sobrado do Bispo 03/07/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás convida á veciñanza a desfrutar das 13 propostas culturais do festival EmularT de Sobrado do Bispo
O Concello de Barbadás colabora un ano máis no festival EmularT de Sobrado do Bispo, unha iniciativa que alcanza a súa terceira edición cunha variada programación cultural. A cita, impulsada pola propia veciñanza da parroquia, arranca o próximo venres 10 de xullo e remata o sábado 18. “A veciñanza desfrutará dun total de 13 actividades que non só se celebran en Sobrado, senón tamén no núcleo de Barbadás”, detallou esta mañá Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, na presentación do festival. Así, por primeira vez, o EmularT sae de Sobrado e fai parada no Museo da Gaita de Fole de Barbadás. Valcárcel puxo en valor a iniciativa cultural, da que cada ano desfrutan tanto veciños e veciñas como visitantes. “Desde o Concello apostamos pola actividade cultural aquí, no rural, onde tamén hai inquedanza artística. Ademais, en Sobrado hai unha longa tradición cultural que tamén queremos destacar”, sinalou. Pola súa parte, José Manuel Morgade, concelleiro de Cultura, agradeceu o “gran traballo” da organización, así como a expansión da programación máis alá de Sobrado. “Por parte do Concello tedes o noso apoio total de cara a futuras edicións que agardamos que veñan”, apuntou. Unha programación moi variada Rafael Yebra, director artístico do festival, agradeceu a colaboración do Concello de Barbadás e destacou o camiño percorrido nos últimos tres anos. “Vemos como vai medrando ano a ano pola consistencia das persoas que traballan arredor do proxecto, polo apoio que recibimos e pola diversidade da oferta. É vital dar a coñecer as posibilidades que se poden desenvolver no ámbito rural”, asegurou. Yebra detallou a programación, que inclúe propostas para todos os gustos. “A oferta de música é amplísima, con música clásica, música de cámara, solistas, sinfónica, pop rock ou jazz, e tamén teremos exposicións de pintura ou escultura”, indicou. Tamén se referiu á variedade de obradoiros, pensados para fomentar a inquedanza artística en veciños e veciñas de todas as idades. O EmularT arranca o venres 10 de xullo, ás 20,00 horas, coa actuación da Banda de Gaitas e Escola Nova Fronteira no Parque do Fidalguiño. Ás 22,30 horas, haberá a proxección da película “Rondallas”, tamén no parque. Xa o sábado, día 11 de xullo, a igrexa de Sobrado acollerá ás 21,00 horas o concerto de música clásica do Cuarteto de Corda “Dumka”. O domingo, 12 de xullo, actuarán as cantareiras e pandereteiras de Vagalumes na Praza de San Xoán ás 12,00 horas. Pola tarde, ás 21,00 horas, o cómico Xavier Vieiras ofrecerá un monólogo no Bar Nani. O luns, 13 de xullo, ás 20,00 horas, o público desfrutará do concerto de música clásica-jazz con Zukhra Zeingaliyeva e Oswaldo Oro no Museo da Gaita de Fole de Barbadás. Ao día seguinte, ás 19,00 horas, terá lugar o concerto do Trio Rousinol + Mid Sound na igrexa de Sobrado. Xa o mércores, día 15, toca teatro coa compañía “A Run Run”, quen actuará a partir das 19,00 horas no Campo do Carril. O xoves, día 16, ás 22,00 horas, haberá proxección de curtametraxes a cargo de Zinemusik Produccións no Museo da Gaita de Fole. O venres, 17 de xullo, será a quenda de Somoza Trio, que actuará no Parque do Fidalguiño ás 21,00 horas. A Xove Orquestra Ourensanía, acompañada de María Mendoza e Rafael Yebra, porá o punto e final á programación musical co seu concerto do sábado 18 ás 20,00 horas. Por outra banda, do 10 ao 18 de xullo poderanse visitar as exposicións de Gravados de Leonardo Rial e Xan Leiras; esculturas de Andrés Conde e José López; pinturas de Pilar Seara e Diana Moreda, e arte popular con Encarna García y Carmen Seara no local multiusos da rúa Xisterna e no local da Antiga Escola. Ademais, do 13 ao 18 haberá obradoiros de arte urbano contemporáneo con Antón Seoane na Praza Acha do Souto e de gravado, escultura en madera, pintura e graffiti no local social do Fidalguiño. |
CONTENT-CAT.1786757053
|
Listado de admitidos/non admitidos/ lista de espera das Escolas Deportivas Concello de Barbadás Tempada 26-27 03/07/2026 |
|---|
CONTENT-CAT.1786757053
*02/07/2026
**
A cita, guiada polo docente e investigador David G.Couso, comeza ás 9,45 horas no centro social de Piñor, onde se poderá visitar a exposición “As palabras postas en fila. O álbum da infancia de Carmiña en Piñor” “Esta iniciativa representa moi ben o compromiso do Concello coa cultura, coa nosa identidade e coa posta en … Seguir lendo Barbadás impulsa este sábado a cuarta edición do Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite” e inaugura unha mostra permanente sobre a autora →
|
Barbadás impulsa este sábado a cuarta edición do Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite” e inaugura unha mostra permanente sobre a autora 02/07/2026 |
|---|
Barbadás impulsa este sábado a cuarta edición do Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite” e inaugura unha mostra permanente sobre a autora
O Concello de Barbadás impulsa este sábado unha nova edición do Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite”, unha cita xa consolidada no panorama cultural do municipio e que atrae, ano tras ano, a numerosos visitantes, veciños e veciñas, así como docentes ou incluso, o pasado verán, á Ruta Quetzal. “Esta iniciativa representa moi ben o compromiso do Concello de Barbadás coa cultura, coa nosa identidade e coa posta en valor do noso patrimonio”, resaltou esta mañá Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, durante a presentación da actividade. Xunto co paseo literario, este sábado tamén se inaugurará a sinalización permanente da ruta e o percorrido GPS, así como unha exposición permanente sobre a autora no local social de Piñor. Comisariada polo xornalista Luis Congil, a mostra “As palabras postas en fila. O álbum da infancia de Carmiña en Piñor” recolle fotografías familiares da infancia e adolescencia de Martín Gaite no núcleo de Barbadás, acompañadas de informacións e entrevistas coa escritora. “Luis fixo un extraordinario traballo de recuperación de fotografías co que recuperamos tamén unha parte da nosa memoria colectiva e achegamos unha nova versión das raíces galegas, moitas veces olvidadas, de Martín Gaite”, sinalou Valcárcel. Con estas novidades, o Concello reafirma o seu compromiso coa divulgación do importante legado literario de Piñor. “Con esta exposición damos un paso adiante na posta en valor do noso patrimonio: o proxecto deixa de ser unha actividade puntual e pasa a convertirse nun legado permanente que poderá ser gozado pola veciñanza durante todo o ano”, resaltou. O concelleiro de Cultura, José Manuel Morgade, tamén agradeceu o traballo de Luis Congil, así como de David G.Couso, docente e investigador que realizou a súa tese sobre Carmen Martín Gaite e profundizou no seu vínculo con Piñor e na pegada nas súas obras literarias. “O traballo de David fai posible este roteiro que xa é unha realidade consolidade despois de catro anos”, sinalou. O paseo arrancará ás 9,45 horas deste sábado, día 4 de xullo, desde o local social de Piñor. “Realizaremos un paseo curto no que iremos falando da relación de Carmen Martín Gaite con Piñor e iremos vendo as referencias a persoas e lugares de Trimonte, o nome literario que lle deu, nas súas novelas”, detallou Couso, quen agradeceu o apoio do Concello de Barbadás. “Primeiro colocouse un panel, despois o rincón das letras, agora esta exposición… son tantas as cousas que se levan feito aquí para poñer en valor o legado de Carmen Martín Gaite en Piñor”, destacou. Unha vez rematada a ruta, os participantes volverán ao local social de Piñor, onde Luis Congil lles explicará a mostra. “Esta exposición é poñerlle rostro aos estudos de investigación de David”, apuntou o xornalista. O público poderá percorrer os veráns da autora en Piñor, onde naceu a súa vocación literaria. “Piñor significaba para ela a esencia da infancia e da liberdade, e esas historias foron cristalizando en tres novelas que están ambientadas aquí”, destacou. Para finalizar, os participantes están convidados a petiscos no Bar O Regueiro, “porque a cultura tamén é encontro, convivencia e comunidade”, en palabras de José Manuel Morgade. |
CONTENT-CAT.1786757053
*19/06/2026
**
Aviso campamento de inglés “SUMMER EXPEDITION 2026”
Lugar: Instalacións Municipais do Parque da Solaina. Días: do 22 de xuño ao 30 de xuño ( agas o 24 por ser festivo ). Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, para unha mellor organización das actividades rógase puntualidade, tanto na entrada como na recollida dos nenos/as. Os/as nenos/as deben levar: auga, … Seguir lendo Aviso campamento de inglés “SUMMER EXPEDITION 2026” →
|
Aviso campamento de inglés “SUMMER EXPEDITION 2026” 19/06/2026 |
|---|
Aviso campamento de inglés “SUMMER EXPEDITION 2026”Lugar: Instalacións Municipais do Parque da Solaina. Días: do 22 de xuño ao 30 de xuño ( agas o 24 por ser festivo ). Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, para unha mellor organización das actividades rógase puntualidade, tanto na entrada como na recollida dos nenos/as. Os/as nenos/as deben levar: auga, gorra e unha pequena merenda. O primeiro día deberá cubrirse o impreso de autorización de recollida dos/as menores, calquera variación do mesmo debe comunicarse a dirección de correo electrónico: educacion@barbadas.es
Resolución de admitidos campamento lúdico de inglés ano 2026
632.26 KB
Solicitude campamento inglés ano 2026
50.37 KB
Bases reguladoras do campamento de inglés do Concello de Barbadás 2026
618.67 KB
2026-A3-Barbadás-Campamento de Inglés
302.72 KB
Resolució provisional de admitidos campamento lúdico de inglés ano 2026 asinada
648.15 KB
Resolución provisional de admitidos campamento lúdico de inglés ano 2026 asinada
648.15 KB
Solicitude campamento inglés ano 2026 PDF [50 KB] Bases reguladoras do campamento de inglés do Concello de Barbadás 2026 PDF [619 KB] Resolución provisional de admitidos campamento lúdico de inglés ano 2026 asinada PDF [648 KB] Resolución de admitidos campamento lúdico de inglés ano 2026 PDF [632 KB] |
CONTENT-CAT.1786757053
*17/06/2026
**
Barbadás propón o seu Verán Cultural máis extenso con preto dunha vintena de actividades
A programación arranca mañá e inclúe o concerto de Mercedes Peón, funcións do Centro Dramático Galego, circo, humor e proxección de películas “É unha proposta diversa que achega a cultura a veciños e veciñas de diferentes idades e de todos os puntos do municipio”, apunta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel O Concello de Barbadás, … Seguir lendo Barbadás propón o seu Verán Cultural máis extenso con preto dunha vintena de actividades →
|
Barbadás propón o seu Verán Cultural máis extenso con preto dunha vintena de actividades 17/06/2026 |
|---|
Barbadás propón o seu Verán Cultural máis extenso con preto dunha vintena de actividades
O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Cultura, impulsa o seu Verán Cultural máis extenso con preto dunha vintena de actividades de música, cine, teatro, circo, maxia e humor. “Por primeira vez, a programación repartirase por todo o municipio, aínda que vai seguir estando centrada no Parque dos Patos”, explicou esta mañá Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, na presentación do ciclo cultural.
A oferta, totalmente gratuíta, inclúe propostas para todas as idades e para os diferentes núcleos de poboación, xa que percorrerá Sobrado do Bispo, Bentraces, Piñor e Finca Fierro, ademais do Parque dos Patos da Valenzá. “Este ano imos ter máis actividades que nunca e non só os xoves, senón tamén os venres”, destacou José Manuel Morgade, concelleiro de Cultura, quen animou a poboación a desfrutar da cultura e do talento dos artistas participantes.
O Verán Cultural contará con artistas de renome como Mercedes Peón, funcións do Centro Dramático Galego, ou a proxección da película “Rondallas”, nominada aos Goya 2026, ademais de grupos no propio concello como a Escola Nova Fronteira, a Banda Infantil da Escola de Música de Barbadás ou a Banda de Música Cultural de Barbadás. “Agardamos que a veciñanza se achegue e participe porque temos propostas de gran calidade”, apuntaron.
A programación arranca mañá
O ciclo cultural comeza mañá coa exhibición de fin de curso de Danzas do Mundo Danzari da Escola Nova Fronteira. A cita terá lugar no Parque dos Patos ás 21,00 horas.
O venres será a quenda de MVT Galicia, que tamén realizará a súa actuación de fin de curso ás 21,00 horas no Parque dos Patos.
A próxima semana, as citas correrán a cargo da Banda Infantil da Escola de Música de Barbadás (luns, 22 de xuño) e a Banda de Música Cultural de Barbadás (martes, 23 de xuño). Ambos concertos serán ás 21,00 horas no Parque dos Patos.
A actuación de Circo de Sue Moreno inaugurará o mes de xullo co espectáculo “5.0” o xoves 2, ás 21,00 horas no Parque dos Patos. A banda ourensá Brañas Folk actuará o xoves 9, tamén ás 21,00 horas no Parque dos Patos.
O venres 10 de xullo comezarán as proxeccións da película “Rondallas”. Neste caso, será no parque Fidalguiño de Sobrado, ás 22,30 horas. O ciclo fílmico continuará o venres 17 de xullo na Praza do Pumar de Bentraces, o venres 14 de agosto no Campo de Roma de Piñor e o venres 21 de agosto na explanada detrás dos edificios da rúa Milladoiro, en Finca Fierro. Todas as citas serán ás 22,30 horas.
A compañía bilbaína Orainbi presentará o seu espectáculo “Mute”, que une circo e moito humor, o xoves 16 de xullo, ás 21,00 horas, no Parque dos Patos. A seguinte semana será o grupo ourensán Tetas Van quen protagonizará a cita no Parque dos Patos coa presentación do seu último traballo, “15 revoltas”.
O xoves 30 de xullo, ás 21 horas no Parque dos Patos, o Centro Dramático Galego, en coprodución con Espectáculos Valente, representarán a obra “Ñique Ñaque”, baseada nun texto do recoñecido dramaturgo Cándido Pazó.
O mago ourensán Fernando Moreno traerá o seu espectáculo “Superpoderes máxicos” o xoves 6 de agosto, ás 21,00 horas no Parque dos Patos.O seguinte xoves, 13 de agosto, será a compañía Teatro ó Cubo quen aterre no Parque dos Patos coa representación da obra “De Vilatriste a Vilalegre”, unha peza dirixida a público de todas as idades.
O grupo Dr.Slump, un dos grandes referentes das bandas de versións galegas, ofrecerá o seu concerto o xoves 20 de agosto, ás 21,00 horas, no Parque dos Patos.
A recoñecida música, instrumentista e cantante Mercedes Peón porá o broche de ouro á programación cultural co seu concerto do xoves 27 de agosto. A artista presentará o seu último traballo discográfico, “Déixaas”. A cita é ás 21,00 horas no Parque dos Patos.
|
CONTENT-CAT.1786757053
|
Campamento Multideporte 2026_ Listaxe de admitidos e quendas adxudicadas 15/06/2026 |
|---|
CONTENT-CAT.1786757053
*12/06/2026
**
Barbadás inaugura mañá a temporada estival coa apertura das piscinas municipais
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, destaca como principal novidade a instalación dunha cadeira que permite o baño autónomo de persoas con mobilidade reducida O Concello puxo a punto o recinto coa renovación dunha das bombas do sistema de filtración, o pintado do bordo da piscina de adultos, a reparación de lousas e o replanteo de … Seguir lendo Barbadás inaugura mañá a temporada estival coa apertura das piscinas municipais →
|
Barbadás inaugura mañá a temporada estival coa apertura das piscinas municipais 12/06/2026 |
|---|
Barbadás inaugura mañá a temporada estival coa apertura das piscinas municipais
O Concello de Barbadás inaugura mañá a temporada estival coa apertura das piscinas municipais. O goberno local levou a cabo nas últimas semanas a posta a punto das instalacións, que permanecerán abertas ata o 13 de setembro. As melloras do espazo incluíron o cambio dunha das bombas do sistema de filtración, o pintado do bordo do vaso de adultos, a reparación de lousas e o replanteo de zonas de céspede. Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, destaca como principal novidade a instalación dunha cadeira para persoas con mobilidade reducida no bordo da piscina de adultos. “Deste xeito, todas aquelas persoas con mobilidade reducida que queiran bañarse e refrescarse de xeito autónomo o poderán facer”, resalta. O sistema, de uso sinxelo, funciona coa axuda dunha mangueira de auga. Unha vez sentada, é a propia persoa quen manexa os movementos da cadeira cun mando. “Estamos moi satisfeitos de incorporar esta mellora para facer accesible a piscina a toda a veciñanza”, engade Daniel Rey, tenente alcalde, quen agradece o traballo realizado polos operarios municipais nas últimas semanas. Por outra banda, o Concello de Barbadás vén de recibir unha subvención da Xunta de Galicia para a renovación íntegra dos vestiarios das piscinas municipais. As obras realizaranse unha vez remate a actual temporada estival. “O próximo ano, a poboación poderá desfrutar duns vestiarios completamente renovados”, apunta Valcárcel. As entradas e bonos pódense adquirir a través da APP do Concello ou da páxina web. |
CONTENT-CAT.1786757053
*08/06/2026
**
A Concellería de Mocidade do Concello de Barbadás organiza un Taller de Patinaxe Agresiva dirixido a mozos e mozas de entre 9 e 17 anos. A actividade será impartida polo club especializado Roller Ourense. O obradoiro desenvolverase no Skatepark da Valenzá e os participantes poderán elixir unha das seguintes dúas xornadas independentes: Martes 23 de … Seguir lendo Taller de Patinaxe Agresiva →
|
Taller de Patinaxe Agresiva 08/06/2026 |
|---|
Taller de Patinaxe AgresivaA Concellería de Mocidade do Concello de Barbadás organiza un Taller de Patinaxe Agresiva dirixido a mozos e mozas de entre 9 e 17 anos. A actividade será impartida polo club especializado Roller Ourense.
O obradoiro desenvolverase no Skatepark da Valenzá e os participantes poderán elixir unha das seguintes dúas xornadas independentes:
Normas básicas
É obrigatorio acudir con casco e protección completa para poder participar na actividade.
Inscricións e contacto
O prazo para presentar as solicitudes de inscrición estará aberto desde o 10 ata o 19 de xuño, ou ata completar o límite de prazas dispoñibles. Para obter máis información ou tramitar a reserva de praza, as persoas interesadas poden utilizar as seguintes vías de contacto:
|
CONTENT-CAT.1786757053
|
O Concello de Barbadás abre as piscinas municipais o sábado 13 de xuño 05/06/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás abre as piscinas municipais o sábado 13 de xuñoO Concello de Barbadás inaugura a temporada estival coa apertura das piscinas municipais o sábado 13 de xuño.
O enlace para compra de entradas e bonos realízase a través do seguinte enlace: https://adminv2.appgalileo.com/reservas_galileo/dc66c88d-6dc3-4576-aa4a-93e58d3a0c49/
|
CONTENT-CAT.1786757053
*04/06/2026
**
Programa Responsabilízate de asesoramento para pemes e persoas autónomas
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das bases reguladoras e da convocatoria para a selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás cales se prestarán servizos do programa Responsabilízate, quinta edición (código de procedemento TR320B). Responsabilízate ofrece … Seguir lendo Programa Responsabilízate de asesoramento para pemes e persoas autónomas →
|
Programa Responsabilízate de asesoramento para pemes e persoas autónomas 04/06/2026 |
|---|
Programa Responsabilízate de asesoramento para pemes e persoas autónomasO Diario Oficial de Galicia publica a resolución da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das bases reguladoras e da convocatoria para a selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás cales se prestarán servizos do programa Responsabilízate, quinta edición (código de procedemento TR320B). Responsabilízate ofrece asesoramento 100 % gratuíto destinado a apoiar as pemes e microempresas do tecido empresarial galego na súa transformación cara modelos de negocio ambiental, social e economicamente sostibles. As entidades beneficiarias reciben acompañamento integral, formación e servizos de consultoría gratuítos por parte dun grupo de expertos para desenvolver iniciativas adaptadas ás súas necesidades, recursos e prioridades. O programa ofrece:
Persoas beneficiarias Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social e que conten con algún centro de traballo en Galicia Prazo para presentar as solicitudes O prazo estará aberto desde o día 3 de xuño e ata que se acade o número de prazas máximo segundo a dispoñibilidade orzamentaria. |
CONTENT-CAT.1786757053
*26/05/2026
**
Bonos Activa Comercio-Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas
O Diario Oficial de Galicia publica a orde do 6 de maio de 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se convoca a primeira edición do ano 2026 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (código de … Seguir lendo Bonos Activa Comercio-Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas →
|
Bonos Activa Comercio-Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas 26/05/2026 |
||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
Bonos Activa Comercio-Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistasO Diario Oficial de Galicia publica a orde do 6 de maio de 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se convoca a primeira edición do ano 2026 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (código de procedemento CO301B). Persoas beneficiarias Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Obxecto O obxecto é a convocatoria da primeira edición do ano 2026 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio. Importe Para a concesión destas axudas destinaranse 2.501.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 14.06.751A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 de acordo coa seguinte distribución:
Data de descarga dos bonos Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 27 de maio de 2026, ás 9.00 horas. Mediante orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración poderase modificar a dita data se razóns organizativas ou doutra índole así o aconsellan, do que se dará a oportuna publicidade.
|
CONTENT-CAT.1786757053
*25/05/2026
**
A Concellería de Mocidade do Concello de Barbadás abre o prazo de inscrición para o Campamento Multideporte 2026. O programa inclúe actividades na piscina, disciplinas deportivas, xogos motores e obradoiros lúdicos. O campamento oferta un total de 80 prazas, limitadas a 20 participantes por cada unha das seguintes quendas semanais: Quenda 1: Do 3 ao 7 de … Seguir lendo Campamento Multideporte 2026 →
|
Campamento Multideporte 2026 25/05/2026 |
|---|
Campamento Multideporte 2026A Concellería de Mocidade do Concello de Barbadás abre o prazo de inscrición para o Campamento Multideporte 2026. O programa inclúe actividades na piscina, disciplinas deportivas, xogos motores e obradoiros lúdicos.
O campamento oferta un total de 80 prazas, limitadas a 20 participantes por cada unha das seguintes quendas semanais:
Descarga aquí as Bases reguladoras do Campamento Multideporte 2026
Prazo de presentación de solicitudes: Do 1 ao 8 de xuño.
|
CONTENT-CAT.1786757053
*22/05/2026
**
Prazo para a solicitude de novas prazas: do 6 ao 17 de abril de 2026
22/05/2026 LISTADO DEFINITIVO DE NEN@S ADMITID@S PARA O CURSO 2026-2027 NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BARBADÁS 07/05/2026 LISTADO PROVISIONAL ADMITIDOS/AS NA ESCOLA INFANTIL CURSO 2026/2027 30/03/2026 Dende o día 6 ao 17 de abril de 2026, estará habilitada a recepción de solicitudes de matrículas novas para o curso 2026-2027 para a Escola Infantil Municipal … Seguir lendo (Actualizado 22/05/26)Solicitude de novas prazas na Escola Infantil de Barbadás para o curso 2026/2027 →
|
(Actualizado 22/05/26)Solicitude de novas prazas na Escola Infantil de Barbadás para o curso 2026/2027 22/05/2026 |
|---|
(Actualizado 22/05/26)Solicitude de novas prazas na Escola Infantil de Barbadás para o curso 2026/2027Prazo para a solicitude de novas prazas: do 6 ao 17 de abril de 2026 22/05/2026 07/05/2026 LISTADO PROVISIONAL ADMITIDOS/AS NA ESCOLA INFANTIL CURSO 2026/2027
30/03/2026 Dende o día 6 ao 17 de abril de 2026, estará habilitada a recepción de solicitudes de matrículas novas para o curso 2026-2027 para a Escola Infantil Municipal de Barbadás.
O impreso de solicitude estará dispoñible en
PRAZOS
Unha vez cuberto, o impreso de solicitude poderá entregarse polos seguintes medios:
20260521_LISTADO DEFINITIVO DE NEN@S ADMITID@S PARA O CURSO 2026-2027 NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BARBADÁS (1)
338.05 KB
Solicitude Incrición ESCOLA INFANTIL de Barbadás 2026-2027 (PDF)
451.55 KB
INSCRICIÓN ESCOLA INFANTIL 26-27
201.73 KB
2026-Barbadás-Banner- Escola infantil
100.15 KB
2026-A3-Barbadás-Solicitude escola infantil
369.44 KB
LISTA PROVISIONAL NEN@S ADMITID@S NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BARBADÁS PARA O CURSO 2026-2027
363.22 KB
Solicitude Incrición ESCOLA INFANTIL de Barbadás 2026-2027 (PDF) PDF [452 KB] Solicitude Incrición ESCOLA INFANTIL de Barbadás 2026-2027 (WORD) VND.OPENXMLFORMATS-OFFICEDOCUMENT.WORDPROCESSINGML.DOCUMENT [202 KB] 07/05/2026 LISTA PROVISIONAL NEN@S ADMITID@S NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BARBADÁS PARA O CURSO 2026-2027 PDF [363 KB] 22/05/2026 LISTADO DEFINITIVO DE NEN@S ADMITID@S PARA O CURSO 2026-2027 NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BARBADÁS (1) PDF [338 KB] |
CONTENT-CAT.1786757053
*20/05/2026
**
A cita, organizada polo Concello de Barbadás en colaboración coa asociación cultural Moureán, terá lugar este sábado no Parque dos Carrís Xisco Feijóo, Axeigo, Comando Curuxás, Ailá e Compañía Galega de Bailables participan no evento, así como as agrupacións musicais do municipio O Concello de Barbadás, en colaboración coa asociación Moureán, impulsa este sábado a … Seguir lendo Barbadás celebra as Letras Galegas coa II Foliada, unha xornada adicada a música, a danza e a gastronomía tradicional →
|
Barbadás celebra as Letras Galegas coa II Foliada, unha xornada adicada a música, a danza e a gastronomía tradicional 20/05/2026 |
|---|
Barbadás celebra as Letras Galegas coa II Foliada, unha xornada adicada a música, a danza e a gastronomía tradicional
O Concello de Barbadás, en colaboración coa asociación Moureán, impulsa este sábado a II Foliada Moureán, unha cita que celebra as Letras Galegas e enxalza a cultura tradicional galega. “Trátase dunha xornada que pon en valor a nosa música, a nosa tradición, a nosa danza e a nosa gastronomía”, resaltou esta mañá Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, na presentación do evento. A II Foliada conta este ano cun cartel de luxo, no que sobresae a figura de Xisco Feijóo, que impartirá un obradoiro de baile tradicional, e os grupos Axeigo, Comando Curuxás, Ailá e Compañía Galega de Bailables. “Queremos que cada edición supere á anterior para asentarnos no calendario de foliadas que se espallan por toda Galicia”, apuntou José Manuel Morgade, concelleiro de Cultura. As agrupacións musicais de Barbadás tamén terán un papel importante na xornada, xa que inaugurarán a II Foliada cun pasarrúas pola avenida de Celanova. Ás 12,00 horas, Nova Fronteira e a Banda de Música e Cultura de Barbadás percorrerán a rúa central da Valenzá para rematar no parque dos Carrís, onde tocarán na sesión vermú. O xantar popular, a base de porco ao espeto, comezará ás 14,00 horas. “Pola tarde comezamos co obradoiro de baile de Xisco Feijóo, de 16,00 a 18,00 horas, completamente gratuíto”, detallou Pablo García, de Moureán. A partir das seis da tarde actuarán Axeigo, Comando Curuxás, Ailá e Compañía Galega de Bailables e, unha vez rematen, arrancará a foliada, aberta a músicos e bailadores. O teniente alcalde, Daniel Rey, aproveitou a ocasión para poñer en valor a colaboración do Concello con colectivos culturais como Moureán, que dinamizan a vida cultural e social de Barbadás. “O parque dos Carrís e un espazo tremendo para realizar este tipo de eventos, para que a poboación os coñeza e os desfrute”, apuntou. “Teremos unha tarde chea de cultura e música e animamos a toda a poboación a que veña e desfrute con nós”, convidaron desde Moureán. |
CONTENT-CAT.1786757053
*19/05/2026
**
Programa de impulso ao emprendemento xuvenil
O programa de impulso ao emprendemento xuvenil busca dotar ás persoas participantes das competencias necesarias para transformar unha idea nun proxecto viable, fomentando a iniciativa, a creatividade, a autonomía e a toma de decisións responsables. Mellorar a empregabilidade das persoas mozas, promovendo os valores do emprendemento como vía de desenvolvemento profesional e persoal, e ofrecendo … Seguir lendo Programa de impulso ao emprendemento xuvenil →
|
Programa de impulso ao emprendemento xuvenil 19/05/2026 |
|---|
Programa de impulso ao emprendemento xuvenilO programa de impulso ao emprendemento xuvenil busca dotar ás persoas participantes das competencias necesarias para transformar unha idea nun proxecto viable, fomentando a iniciativa, a creatividade, a autonomía e a toma de decisións responsables. Mellorar a empregabilidade das persoas mozas, promovendo os valores do emprendemento como vía de desenvolvemento profesional e persoal, e ofrecendo formación, orientación e acompañamento a quen desexe poñer en marcha a súa Información en RED ARAÑA : 915 25 50 99 ou info@empleoenred.org |
CONTENT-CAT.1786757053
*17/05/2026
**
Declaración Institucional polo Día das Letras Galegas
O Concello de Barbadás conmemora e celebra o Día das Letras Galegas este 17 de Maio de 2026 compartindo o recoñecemento público á Begoña Caamaño, xornalista e escritora, cunha vida e obra profundamente marcadas polo seu compromiso local e social. A autora representa moi ben o espíritu da celebración: calidade literaria, defensa do galego e … Seguir lendo Declaración Institucional polo Día das Letras Galegas →
|
Declaración Institucional polo Día das Letras Galegas 17/05/2026 |
|---|
Declaración Institucional polo Día das Letras GalegasO Concello de Barbadás conmemora e celebra o Día das Letras Galegas este 17 de Maio de 2026 compartindo o recoñecemento público á Begoña Caamaño, xornalista e escritora, cunha vida e obra profundamente marcadas polo seu compromiso local e social. A autora representa moi ben o espíritu da celebración: calidade literaria, defensa do galego e compromiso coa sociedade. A corporación local celebra dedicarlle o Día das Letras Galegas a unha persoa cunha clara influencia local, moi vinculada as súas dúas cidades vitais: Vigo e Santiago de Compostela. Nada en Vigo en 1964, Begoña Caamaño comezou alí a súa traxectoria profesional como xornalista, deixando unha pegada indeleble desde os seus inicios en Radio Popular e Radio do Noroeste, ata a súa definitiva incorporación á Radio Galega en 1989. Catro ano despois proseguiu o seu labor na Radio Galega xa dende Santiago de Compostela ata 2012, sendo unha gran defensora dos medios públicos galegos e da súa función de proporcionar á cidadanía información e contidos precisos para poder decidir con liberdade e responsabilidade. Defendeu unha información de calidade e condicións laborais xustas, sendo a presidenta do Comité Interempresas da CRTVG de 2000 a 2003. Como escritora, Begoña Caamaño destacou polo seu innovador labor nas súas novelas, “Circe ou o pracer do azul” (2009) e “Morgana en Esmelle” (2012), que foron pioneiras na reinterpretación feminista dos mitos. Nesa liña, cabe destacar o seu compromiso social e feminista, xa que o seu traballo estivo moi ligado á defensa da igualdade entre homes e mulleres, aos dereitos civís e á xustiza social. Nas súas historias, sempre apostou por mulleres protagonistas e cuestionou os relatos tradicionais. Coa súa homenaxe, Begoña Caamaño convértese na sétima muller á que se lle adica o Día das Letras Galegas desde 1963, un número moi inferior ao dos homes distinguidos co maior recoñecemento da literatura galega. Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Vitoria Moreno, Xela Arias, Luísa Villalta, e agora Caamaño, son as escritoras homenaxeadas ata o de agora. Na conmemoración do Día das Letras Galegas, o Concello de Barbadás atende o seu obxectivo de promover a cultura e a lingua galega no marco das competencias que o ordenamento xurídico lles atribúe ás corporacións locais de Galicia. Historicamente, o municipalismo galego tivo un protagonismo decisivo na reivindicación do galego e na defensa da súa extensión social, participando activamente, xa en democracia, na “Declaración do Hostal dos Reis Católicos”, subscrita en 1984, en Santiago de Compostela, por 184 alcaldías de todas as tendencias políticas e de todos os puntos da xeografía galega. Defendían a implantación do galego nas administracións públicas en Galicia, tanto no seu uso, como no seu coñecemento para o acceso ao emprego público. Na actualidade, Barbadás continúa a defender a vixencia e a extensión do galego, garantindo a convivencia harmónica, e potenciando a presencia do galego nas novas canles derivadas do desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e da comunicación. Por mil primaveras máis para o galego. |
CONTENT-CAT.1786757053
*16/05/2026
**
Preto de 200 nenos e nenas participan mañá na primeira edición da Cavernícola Race Kids
O Concello de Barbadás, a través do Servizo Municipal de Deportes, organiza mañá a primeira edición da Cavernícola Race Kids, unha divertida carreira de obstáculos dirixida aos máis pequenos da familia. Preto de 200 nenos e nenas de máis de 4 anos participará mañá na proba deportiva, de 1,5 quilómetros de distancia. Ao longo do … Seguir lendo Preto de 200 nenos e nenas participan mañá na primeira edición da Cavernícola Race Kids →
|
Preto de 200 nenos e nenas participan mañá na primeira edición da Cavernícola Race Kids 16/05/2026 |
|---|
Preto de 200 nenos e nenas participan mañá na primeira edición da Cavernícola Race KidsO Concello de Barbadás, a través do Servizo Municipal de Deportes, organiza mañá a primeira edición da Cavernícola Race Kids, unha divertida carreira de obstáculos dirixida aos máis pequenos da familia. Preto de 200 nenos e nenas de máis de 4 anos participará mañá na proba deportiva, de 1,5 quilómetros de distancia. Ao longo do percorrido, cativos e cativas terán que superar distintos tipos de obstáculos, como inchables, probas en auga e barro, porteos e suspensións. A proba comezará ás 11,00 horas diante do Polideportivo Municipal, con saídas sucesivas por quendas de idade. Por cuestións de seguridade, os máis pequenos terán que ir acompañados dun adulto durante a carreira. Todos aqueles que cheguen a meta recibirán unha braga e unha medalla de finisher como agasallos, en agradecemento ao seu esforzo e espírito de superación. A carreira contará con dous speakers profesionais, Rosa Bolaño e Marcos Areas, quen animarán aos cavernícolas durante a experiencia. A carreira conta co patrocinio de Mapfre A Valenzá e coa colaboración de numerosas entidades e empresas como Xunta de Galicia, Deputación de Ourense ou Tecnotronic. |
CONTENT-CAT.1786757053
*12/05/2026
**
Barbadás aposta polo deporte como ferramenta de conciliación durante as vacacións escolares
O cuarto Campus Multideporte ofrece fútbol, fútbol sala, piscina, xogos polideportivos e saídas recreativas “Trátase dunha proposta moi saudable na que os nenos e nenas practican exercicio físico, socializan e aprenden valores como o compañeirismo e a deportividade”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde O Concello de Barbadás aposta polo deporte como ferramenta de conciliación das … Seguir lendo Barbadás aposta polo deporte como ferramenta de conciliación durante as vacacións escolares →
|
Barbadás aposta polo deporte como ferramenta de conciliación durante as vacacións escolares 12/05/2026 |
|---|
Barbadás aposta polo deporte como ferramenta de conciliación durante as vacacións escolares
O Concello de Barbadás aposta polo deporte como ferramenta de conciliación das familias durante as vacacións escolares. Por cuarto ano consecutivo, o Concello colabora coa Academia Futsal no Campus Multideporte, unha actividade que non só inclúe exercicio físico, senón tamén moita diversión. “Trátase dunha proposta de conciliación moi saudable na que os nenos e nenas practican exercicio, socializan e aprenden valores como o compañeirismo e a deportividade”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, quen destaca a importancia de ofrecer alternativas ás familias. “A conciliación da vida laboral e familiar é unha gran preocupación da nosa veciñanza, e por iso este tipo de colaboracións entre institucións e entidades é clave”, resalta. Desde a Academia Futsal agradecen a colaboración do Concello e destacan a boa resposta das familias e dos participantes nas pasadas edicións. “Temos fútbol, fútbol sala, piscina, xogos polideportivos, saídas recreativas…”, detallan. O Campus Multideporte levarase a cabo en dúas quendas: do 29 de xuño ao 3 de xullo e do 6 de xullo ao 10 de xullo. Os prezos para os xogadores da Academia Futsal e para os empadroados en Barbadás é de 60 euros por semana e 100 euros as dúas semanas. Para o resto, 80 e 150 euros, respectivamente. As actividades realizaranse no Complexo Deportivo de Barbadás, no Campo de Fútbol, no Polideportivo e na Piscina Municipal. O horario, como é habitual, será de 9,30 a 13,30 horas, con servizo para madrugadores desde as 9,00 horas. Para formalizar a inscrición é preciso poñerse en contacto co 676 700 774 ou 613 404 907 ou a través do email academiafutsal@gmail.com. |
CONTENT-CAT.1786757053
*08/05/2026
**
Barbadás prepárase para a edición máis participativa da Cavernícola Race Mapfre
Máis de 530 persoas de toda España están inscritas na proba, que inclúe medio cento de obstáculos nos 8 quilómetros de percorrido O Concello de Barbadás, a través do Servizo Municipal de Deportes, ultima os detalles da sétima edición da Cavernícola Race Mapfre Barbadás, a máis participativa ata o de agora. Máis de 530 persoas … Seguir lendo Barbadás prepárase para a edición máis participativa da Cavernícola Race Mapfre →
|
Barbadás prepárase para a edición máis participativa da Cavernícola Race Mapfre 08/05/2026 |
|---|
Barbadás prepárase para a edición máis participativa da Cavernícola Race Mapfre
O Concello de Barbadás, a través do Servizo Municipal de Deportes, ultima os detalles da sétima edición da Cavernícola Race Mapfre Barbadás, a máis participativa ata o de agora. Máis de 530 persoas de toda España se achegarán mañá á Valenzá para competir nalgunha das tres categorías da proba OCR (elite, starter e popular), incluída na Liga nacional AOCO, na Liga do Norte de España e na Aurum Terrae de Ourense. Nos 8 quilómetros de percorrido, os participantes enfrontaranse a medio cento de obstáculos, nos que terán que amosar a súa forza, axilidade, resistencia e destreza físicas. O equipo da Cavernícola, composto polo persoal do Servizo Municipal de Deportes e polo Cavernícola OCR Team, xa colocou as diferentes probas, entre as que hai aneis, murallas, cadeas, pirámides, tobogáns, rodas ou pasos na auga. Entre os novos obstáculos destacan os volantes xiratorios e o rocódromo xiratorio. A carreira comezará mañá ás 15,30 horas fronte ao Polideportivo Municipal e realizarase en quendas sucesivas das tres categorías. O remate da proba será tamén no mesmo lugar. Cabe destacar que este ano, por primeira vez, a Cavernícola tamén conta cunha categoría Kids dirixida a nenos e nenas de máis de 4 anos. A proba, de 1,5 quilómetros de percorrido, levarase a cabo o domingo 17 de maio. |
CONTENT-CAT.1786757053
*06/05/2026
**
A Escola Infantil de Barbadás permanecerá pechada este xoves debido á folga xeral
A Escola Infantil Municipal de Barbadás permanecerá pechada este xoves, día 7 de maio, debido á folga xeral de ámbito estatal do sector educativo do primeiro ciclo de atención infantil. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, vén de asinar un bando municipal no que se informa á poboación do peche, despois de recibir a comunicación de seguimento da folga por parte do persoal da Escola.
Deste xeito, ante a imposibilidade de garantir a correcta prestación do servizo e co obxectivo de preservar a seguridade dos usuarios e o respeto do dereito fundamental a folga, as instalacións municipais permanecerán pechadas durante a xornada do xoves.
|
A Escola Infantil de Barbadás permanecerá pechada este xoves debido á folga xeral 06/05/2026 |
|---|
A Escola Infantil de Barbadás permanecerá pechada este xoves debido á folga xeralA Escola Infantil Municipal de Barbadás permanecerá pechada este xoves, día 7 de maio, debido á folga xeral de ámbito estatal do sector educativo do primeiro ciclo de atención infantil. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, vén de asinar un bando municipal no que se informa á poboación do peche, despois de recibir a comunicación de seguimento da folga por parte do persoal da Escola. Deste xeito, ante a imposibilidade de garantir a correcta prestación do servizo e co obxectivo de preservar a seguridade dos usuarios e o respeto do dereito fundamental a folga, as instalacións municipais permanecerán pechadas durante a xornada do xoves. |
CONTENT-CAT.1786757053
*04/05/2026
**
|
Programa de axudas ás persoas traballadoras autónomas 04/05/2026 |
|---|
Programa de axudas ás persoas traballadoras autónomasA Consellería de Emprego,Comercio e Emigración da Xunta de Galicia mantén aberto o programa de axudas para a promoción do emprego autónomo ata o día 30 de xuño de 2026. Procedemento TR341D Promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas.
|
CONTENT-CAT.1786757053
*21/04/2026
**
“Os catro espectáculos programados colgaron o cartel de invitacións esgotadas días antes das funcións, estamos moi satisfeitos da resposta da xente”, resalta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás O ciclo cultural Noites Bárbaras, impulsado desde o Concello de Barbadás, remata este venres coa actuación dos belgas OkiDok tras unha gran acollida por parte do público, … Seguir lendo O ciclo cultural Noites Bárbaras remata este venres cos belgas OkiDok despois dunha gran acollida por parte do público →
|
O ciclo cultural Noites Bárbaras remata este venres cos belgas OkiDok despois dunha gran acollida por parte do público 21/04/2026 |
|---|
O ciclo cultural Noites Bárbaras remata este venres cos belgas OkiDok despois dunha gran acollida por parte do público
O ciclo cultural Noites Bárbaras, impulsado desde o Concello de Barbadás, remata este venres coa actuación dos belgas OkiDok tras unha gran acollida por parte do público, que esgotou as invitacións para todos os espectáculos programados durante os meses de marzo e abril. “Pablo Meixe, Sonoro Maxín, Leti da Taberna e agora, OkiDok, colgaron o cartel de invitacións esgotadas días antes das funcións”, destaca Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. O goberno local apostou por recuperar este 2026 o ciclo Noites Bárbaras, e a acollida non podía ser mellor. “Estamos moi contentos da resposta da xente, comprometémonos con recuperar este ciclo e ofrecer propostas diversas e de calidade, e aí está a acollida da poboación ”, asegura o alcalde. José Manuel Morgade, concelleiro de Cultura, pon en valor o esforzo municipal: “Ofrecemos espectáculos de gran calidade de xeito gratuíto, para facelo accesible a todas as persoas, e é algo que nos diferencia de moitos outros concellos”. Os belgas OkiDok porán este venres o broche de ouro das Noites Bárbaras co seu espectáculo “Slips Inside”. Pierrot e Marcel subirán ao escenario para amosar o seu gran talento a través da acrobacia, o mimo, o humor e a danza. Trátase dunha proposta de gran calidade, premiada a nivel internacional no Clown Festival de Milán e con máis de 500 representacións en diferentes puntos da xeografía mundial. A función comeza ás 20,30 horas na Casa da Cultura. |
CONTENT-CAT.1786757053
*15/04/2026
**
Máis dun cento de músicos actuarán no XI Festival Solidario de Barbadás adicado á asociación Morea
“A música fomenta a colaboración e a solidariedade”, resalta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel A gala, organizada pola Escola de Música Municipal de Barbadás (EMMB), terá lugar este sábado no auditorio do Conservatorio de Música de Ourense O Concello de Barbadás colabora un ano máis no XI Festival Solidario, un evento organizado pola Escola de … Seguir lendo Máis dun cento de músicos actuarán no XI Festival Solidario de Barbadás adicado á asociación Morea →
|
Máis dun cento de músicos actuarán no XI Festival Solidario de Barbadás adicado á asociación Morea 15/04/2026 |
|---|
Máis dun cento de músicos actuarán no XI Festival Solidario de Barbadás adicado á asociación Morea
O Concello de Barbadás colabora un ano máis no XI Festival Solidario, un evento organizado pola Escola de Música Municipal de Barbadás (EMMB) co obxectivo de fomentar a concienciación social da poboación. “A música fomenta a colaboración e a solidariedade”, resaltou esta mañá o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, na presentación do evento. Esta undécima edición está adicada á asociación Morea de familiares e persoas con trastorno mental grave, polo que os beneficios recadados irán destinados integramente ao seu traballo. “O traballo que realiza Morea, dirixido en corpo e alma ás persoas con trastorno mental grave, é moi importante”, apuntou Valcárcel. Alfonso Díaz e Carlota Díaz, director da asociación e coordinadora dos recursos de Morea en Ourense, agradeceron á EMMB a iniciativa solidaria. “Traballamos na integración social das persoas con enfermidade mental co obxectivo de que poidan estar nas súas casas, na súa comunidade, coa mellor calidade de vida posible”, explicou o director. “Estamos moi agradecidos de que nos escollesen para este festival, a visibilidade da saúde mental é moi beneficioso para nós e para toda a sociedade”, resaltou Carlota Díaz. Pola súa parte, Xohán Manuel Xil Paxaro, director da EMMB, convidou á poboación a asistir ao evento, que terá lugar este sábado, día 18 de abril, ás 19,00 horas no auditorio do Conservatorio de Música de Ourense. “Cambiamos un pouco o formato que viñamos facendo e este ano construímos unha historia que nos vai levar por Escocia, Irlanda e Galicia, da man dun curioso personaxe”, detallou. O concerto contará coa participación de máis dun cento de músicos, entre alumnado e profesores. Nesta liña, o alcalde destacou o traballo e esforzo da comunidade educativa ao longo destes meses para preparar un concerto de gran calidade. A vicedirectora do Conservatorio de Música de Ourense, Naiara Acuña, destacou a importancia da colaboración entre escolas musicais da provincia, non só para este evento solidario, senón tamén no resto de áreas. “Estamos encantados de ceder o espazo e de axudar para que este festival sexa posible”, asegurou. As entradas para o XI Festival Solidario xa están á venda no Centro Comercial Ponte Vella (no punto de información da primeira planta) por un prezo de 5 euros. “Agardamos que a xente acuda e que desfrute do repertorio musical que temos preparado. Nos tempos que corren, a música é un recuncho para desfrutar”, sinalou Xil Paxaro. |
CONTENT-CAT.1786757053
*14/04/2026
**
- Os veciños de Barbadás reciclan un 15% menos de envases lixeiros e un 50% menos de papel e cartón que a media galega por habitante
- “Canto maior é a reciclaxe, menor é o gasto para o Concello e menor é o recibo do lixo”, recalca o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel
O Concello de Barbadás pide a colaboración da veciñanza para mellorar as cifras de reciclaxe no municipio, que actualmente se atopan moi por debaixo da media galega. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e o tenente alcalde, Daniel Rey, chaman á concienciación ambiental da poboación e recordan a importancia de utilizar diferentes contedores segundo o tipo de residuo. “Canto maior é a reciclaxe, menor é o gasto para o Concello e menor é o recibo do lixo”, recalcou onte o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, durante o pleno ordinario de abril.
No punto 2 da sesión, o pleno aprobou por unanimidade a adhesión do Concello ao Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta e os Sistemas de responsabilidade ampliada de residuos de envases domésticos de envases lixeiros e papel e cartón dun só uso. Daniel Rey explicou que se trata dun convenio marco con Ecoembes para todos os municipios galegos e as catro deputacións, e aproveitou a ocasión para lamentar a baixa taxa de reciclaxe de Barbadás. “Actualmente, estanse a recoller 13,5 kg de envases lixeiros por habitante, un 15% que a media galega, e 9 kg de papel e cartón por habitante, un 50% menos que os datos a nivel galego”, sinalou Rey, quen non negou a súa decepción coas cifras.
O alcalde recordou que estes baixos porcentaxes repercuten na vida cotiá da veciñanza. “A Xunta de Galicia cóbranos en función da tonelaxe que levamos a Sogama, se a reducimos ou incrementamos, custará máis ou menos. Se hai máis tonelaxe, non reduciremos o que destinamos á reciclaxe e non reduciremos o importe do lixo”, indicou.
Nesta liña, o goberno municipal avanzou novas campañas de concienciación dirixidas á poboación, que se porán en marcha nas próximas semanas, así como a colocación de novos autocolantes nos contedores para informar sobre a correcta reciclaxe e xestión de residuos de gran tamaño.
|
O Concello de Barbadás chama á colaboración veciñal para mellorar as reducidas cifras de reciclaxe do municipio 14/04/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás chama á colaboración veciñal para mellorar as reducidas cifras de reciclaxe do municipio
O Concello de Barbadás pide a colaboración da veciñanza para mellorar as cifras de reciclaxe no municipio, que actualmente se atopan moi por debaixo da media galega. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e o tenente alcalde, Daniel Rey, chaman á concienciación ambiental da poboación e recordan a importancia de utilizar diferentes contedores segundo o tipo de residuo. “Canto maior é a reciclaxe, menor é o gasto para o Concello e menor é o recibo do lixo”, recalcou onte o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, durante o pleno ordinario de abril. No punto 2 da sesión, o pleno aprobou por unanimidade a adhesión do Concello ao Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta e os Sistemas de responsabilidade ampliada de residuos de envases domésticos de envases lixeiros e papel e cartón dun só uso. Daniel Rey explicou que se trata dun convenio marco con Ecoembes para todos os municipios galegos e as catro deputacións, e aproveitou a ocasión para lamentar a baixa taxa de reciclaxe de Barbadás. “Actualmente, estanse a recoller 13,5 kg de envases lixeiros por habitante, un 15% que a media galega, e 9 kg de papel e cartón por habitante, un 50% menos que os datos a nivel galego”, sinalou Rey, quen non negou a súa decepción coas cifras. O alcalde recordou que estes baixos porcentaxes repercuten na vida cotiá da veciñanza. “A Xunta de Galicia cóbranos en función da tonelaxe que levamos a Sogama, se a reducimos ou incrementamos, custará máis ou menos. Se hai máis tonelaxe, non reduciremos o que destinamos á reciclaxe e non reduciremos o importe do lixo”, indicou. Nesta liña, o goberno municipal avanzou novas campañas de concienciación dirixidas á poboación, que se porán en marcha nas próximas semanas, así como a colocación de novos autocolantes nos contedores para informar sobre a correcta reciclaxe e xestión de residuos de gran tamaño. |
CONTENT-CAT.1786757053
*07/04/2026
**
O goberno local prevé colocar este tipo de estruturas en diferentes zonas de xogos do municipio “Deste xeito, os nenos e nenas poderán xogar e desfrutar do espazo infantil independentemente de que chova ou faga moito sol”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde O Concello de Barbadás vén de realizar unha importante mellora no parque infantil … Seguir lendo O Concello de Barbadás mellora o parque infantil do Campo de Roma coa instalación de velas protectoras →
|
O Concello de Barbadás mellora o parque infantil do Campo de Roma coa instalación de velas protectoras 07/04/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás mellora o parque infantil do Campo de Roma coa instalación de velas protectoras
O Concello de Barbadás vén de realizar unha importante mellora no parque infantil do Campo de Roma, en Piñor, coa colocación de velas protectoras sobre os bambáns. A estrutura, composta por catro soportes e dúas teas de gran tamaño, protexe por completo a zona de xogos das inclemencias meteorolóxicas. “Deste xeito, os nenos e nenas poderán desfrutar do parque independentemente de que chova ou faga moito sol”, apunta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. A protección deste espazo permitirá que as familias fagan uso do espazo lúdico durante todo o ano, “non só durante as épocas de bo tempo”. O goberno local investiu preto de 18.000 euros na instalación das velas, que se poden desmontar e recolocar en caso de fortes temporais para evitar danos. O parque do Campo de Roma trátase da primeira zona infantil de Barbadás que conta con este tipo de estrutura, pero o Concello prevé estendelas a outros espazos do municipio. “Xa se tomaron medidas noutros parques para instalar máis velas, e segundo dispoñibilidade orzamentaria, irémolas colocando”, sinala Daniel Rey, tenente alcalde. |
CONTENT-CAT.1786757053
*06/04/2026
**
Leti da Taberna, a famosa cómica galega, actúa este venres nas Noites Bárbaras de Barbadás
As entradas, de balde, pódense recoller desde hoxe na Casa da Cultura O Concello de Barbadás continúa co ciclo cultural Noites Bárbadas, recuperado recentemente polo goberno local. Este venres, 10 de abril, será Leti da Taberna, a famosa cómica galega, quen suba ao escenario da Casa da Cultura Manuel María. A compostelá Leticia Miraz, quen … Seguir lendo Leti da Taberna, a famosa cómica galega, actúa este venres nas Noites Bárbaras de Barbadás →
|
Leti da Taberna, a famosa cómica galega, actúa este venres nas Noites Bárbaras de Barbadás 06/04/2026 |
|---|
Leti da Taberna, a famosa cómica galega, actúa este venres nas Noites Bárbaras de Barbadás
O Concello de Barbadás continúa co ciclo cultural Noites Bárbadas, recuperado recentemente polo goberno local. Este venres, 10 de abril, será Leti da Taberna, a famosa cómica galega, quen suba ao escenario da Casa da Cultura Manuel María. A compostelá Leticia Miraz, quen saltou á fama en 2020 grazas aos seus vídeos de TikTok, é unha das referentes actuais do humor galego. Co seu espectáculo “Enredada”, presentará ante o público de Barbadás un divertido monólogo no que reflexiona sobre a nosa relación coas redes sociais. Con ironía e perspectiva feminista, a cómica fará que os espectadores se vexan representados e acaben por rir de si mesmos. A función comeza ás 20,30 horas. As entradas, de balde, están dispoñibles desde hoxe e ata esgotar existencias na Casa da Cultura. O horario para recollelas é de 8,30 a 14,30 horas. Despois do espectáculo, o público poderá desfrutar dun petisco cortesía da hostalaría local de Barbadás. |
CONTENT-CAT.1786757053
*01/04/2026
**
Éxito de participación nas propostas de conciliación do Concello de Barbadás na Semana Santa
Preto dun cento de rapaces e rapazas de 3 a 15 anos participaron estes días no Campus Multideporte e no Campus UD Barbadás A Casa da Mocidade acolle hoxe a última xornada do V Barbadás Gaming O Concello de Barbadás aposta pola actividade deportiva e as novas tecnoloxías para a conciliación das familias durante a … Seguir lendo Éxito de participación nas propostas de conciliación do Concello de Barbadás na Semana Santa →
|
Éxito de participación nas propostas de conciliación do Concello de Barbadás na Semana Santa 01/04/2026 |
|---|
Éxito de participación nas propostas de conciliación do Concello de Barbadás na Semana Santa
O Concello de Barbadás aposta pola actividade deportiva e as novas tecnoloxías para a conciliación das familias durante a Semana Santa. As instalacións do Polideportivo Municipal e do campo de fútbol Os Carrís acolleron este mediodía o peche do Campus Multideporte e Campus UD Barbadás, no que participaron estes días preto dun cento de nenos e nenas de 3 a 15 anos. “Son dúas actividades que funcionan moi ben e teñen moi boa acollida”, destaca o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. O Campus UD Barbadás contou coa visita do adestrador ourensán Fran Justo, así como de Zulema González, árbitra ourensá de Primeira División Feminina. Por outra banda, a Casa da Mocidade acolle hoxe a última xornada do V Barbadás Gaming, ao que pode asistir de balde a rapazada de máis de 12 anos. “Os nosos mozos e mozas poden probar o último en videoxogos e simuladores ao mesmo tempo que socializan e coñecen xente da súa idade”, apunta Valcárcel. O horario desta tarde é de 16,30 a 20,30 horas. Onte, na primeira xornada, a Casa da Mocidade recibiu a preto de medio cento de rapaces e rapazas ao longo da xornada. “Xa imos na quinta edición porque é unha proposta que lles gusta moito aos máis novos”, resalta o alcalde. |
CONTENT-CAT.1786757053
*29/03/2026
**
A intervención, valorada en 54.000 euros, inclúe o cambio das antigas tubaxes de fibrocemento por tubos de PVC O Concello de Barbadás vén de iniciar as obras de renovación da rede de abastecemento de auga no entorno da Glorieta da Familia, na Valenzá. A actuación supón un investimento de 54.000 euros e inclúe o cambio … Seguir lendo O Concello de Barbadás moderniza a rede de abastecemento no entorno da Glorieta da Familia da Valenzá →
|
O Concello de Barbadás moderniza a rede de abastecemento no entorno da Glorieta da Familia da Valenzá 29/03/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás moderniza a rede de abastecemento no entorno da Glorieta da Familia da Valenzá
O Concello de Barbadás vén de iniciar as obras de renovación da rede de abastecemento de auga no entorno da Glorieta da Familia, na Valenzá. A actuación supón un investimento de 54.000 euros e inclúe o cambio das antigas tubaxes de fibrocemento por tubos de PVC en parte da rúa Areal (desde a Glorieta da Familia ata a rúa Salgueiriños) e rúa Salgueiriños. “Queremos que a nosa poboación teña un mellor servizo de abastecemento, moderno e nas mellores condicións posibles”, resalta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. Segundo a previsión do goberno municipal, as obras estenderanse durante as próximas tres semanas. “Trátase dunha mellora importante, xa que o fibrocemento estaba a provocar continuas roturas e fugas que conlevaban trastornos no abastecemento das vivendas da zona”, explica Daniel Rey, tenente alcalde e concelleiro de Obras. As novas tubaxes de PVC son máis resistentes, duradeiras e flexibles ca as antigas, ao mesmo tempo que contan cunha maior capacidade hidráulica. |
CONTENT-CAT.1786757053
*27/03/2026
**
O programa levarase a cabo de luns a venres, de 9,00 a 14,00 horas, en 11 vilas do municipio O Concello de Barbadás reforza o seu compromiso coa conciliación familiar cun campamento de verán durante os meses de xullo e agosto. A Concellería de Educación lanza a convocatoria do Barbadás Concilia Verán cun total de … Seguir lendo O Concello de Barbadás reforza o seu compromiso coa conciliación cun campamento de verán con 240 prazas cada quincena de xullo e agosto →
|
O Concello de Barbadás reforza o seu compromiso coa conciliación cun campamento de verán con 240 prazas cada quincena de xullo e agosto 27/03/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás reforza o seu compromiso coa conciliación cun campamento de verán con 240 prazas cada quincena de xullo e agosto
O Concello de Barbadás reforza o seu compromiso coa conciliación familiar cun campamento de verán durante os meses de xullo e agosto. A Concellería de Educación lanza a convocatoria do Barbadás Concilia Verán cun total de 240 prazas cada quincena, distribuídas entre 11 vilas distintas do municipio. “Desde o Concello sabemos da necesidade de conciliar, sobre todo durante os meses de verán, polo que facemos un esforzo importante para que un bo número de familias poida acceder a este servizo”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. O programa levarase a cabo na Valenzá, en Barbadás, As Lamas, Piñor, Sobrado, Bentraces, Parada, Loiro, Finca Fierro, Fonsillón e Santa Uxía. No caso da Valenzá, haberá dúas quendas cada quincena, debido á elevada demanda. O campamento inclúe actividades lúdicas variadas, que se desenvolverán de luns a venres en horario de 8,00 a 14,00 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 10 de abril, e as solicitudes poderán entregarse a través da sede electrónica do Concello de Barbadás ou de forma presencial no rexistro municipal (Casa Consistorial ou oficinas municipais da Valenzá). O campamento está dirixido unicamente a nenos e nenas nacidos entre 2014 e 2022. O custo da praza é de 20 euros por menor e quenda solicitada. O Concello publicará a lista provisional de admitidos o 20 de abril, a continuación abrirase o prazo para o pago do servizo ata o 5 de maio e o 8 de maio darase a coñecer o listado definitivo. |
CONTENT-CAT.1786757053
*26/03/2026
**
Programa Bonos Activa Comercio – Prazo de adhesión dos comercios
O Diario Oficial de Galicia publica a Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 12 de marzo de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión no ano 2026 das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade … Seguir lendo Programa Bonos Activa Comercio – Prazo de adhesión dos comercios →
|
Programa Bonos Activa Comercio – Prazo de adhesión dos comercios 26/03/2026 |
|---|
Programa Bonos Activa Comercio – Prazo de adhesión dos comerciosO Diario Oficial de Galicia publica a Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 12 de marzo de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión no ano 2026 das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B).
|
CONTENT-CAT.1786757053
*23/03/2026
**
As mulleres de Barbadás achéganse ás técnicas de autodefensa e autoprotección
O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Igualdade, organiza este sábado un obradoiro de autodefensa para mulleres enmarcado na programación do 8M. As participantes aprenderán diversas técnicas de autodefensa durante a actividade, que estará guiada por persoal cualificado. O obxectivo é traballar na autoprotección das mulleres, ademais de crear un espazo seguro no … Seguir lendo As mulleres de Barbadás achéganse ás técnicas de autodefensa e autoprotección →
|
As mulleres de Barbadás achéganse ás técnicas de autodefensa e autoprotección 23/03/2026 |
|---|
As mulleres de Barbadás achéganse ás técnicas de autodefensa e autoprotecciónO Concello de Barbadás, a través da Concellería de Igualdade, organiza este sábado un obradoiro de autodefensa para mulleres enmarcado na programación do 8M. As participantes aprenderán diversas técnicas de autodefensa durante a actividade, que estará guiada por persoal cualificado. O obxectivo é traballar na autoprotección das mulleres, ademais de crear un espazo seguro no que compartir experiencias. O prazo de inscrición está aberto ata este xoves, día 26 de marzo. Para anotarse é preciso enviar un correo electrónico a igualdade@barbadas.gal ou chamar ao teléfono 988 222 251. A actividade é gratuíta e levarase a cabo este sábado, día 28 de marzo, na Casa da Mocidade de Barbadás en horario de 11,30 a 13,30 horas. A programación do 8M en Barbadás continúa o venres 17 de abril na Casa da Cultura Manuel María coa representación da obra de teatro “As alumnas”, dirixida por Fina Calleja. Por outra banda, durante marzo e abril, estanse a desenvolver obradoiros de igualdade no CEIP Filomena Dato, CEIP O Ruxidoiro, CPR Luis Vives e IES Xesús Ferro Couselo. |
CONTENT-CAT.1786757053
*16/03/2026
**
“É un evento xa consolidado durante a Semana Santa para o desfrute da nosa mocidade”, apunta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel A participación é totalmente gratuíta A Casa da Mocidade de Barbadás prepárase para acoller a quinta edición do Barbadás Gaming durante a Semana Santa. A cita, impulsada desde o Concello de Barbadás, propón diversión, … Seguir lendo O Concello de Barbadás propón realidade virtual, simuladores e o último en videoxogos no V Barbadás Gaming →
|
O Concello de Barbadás propón realidade virtual, simuladores e o último en videoxogos no V Barbadás Gaming 16/03/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás propón realidade virtual, simuladores e o último en videoxogos no V Barbadás Gaming
A Casa da Mocidade de Barbadás prepárase para acoller a quinta edición do Barbadás Gaming durante a Semana Santa. A cita, impulsada desde o Concello de Barbadás, propón diversión, competición e o último en videoxogos durante as xornadas do 31 de marzo e 1 de abril. “É un evento xa consolidado durante a Semana Santa para o desfrute da nosa mocidade a partir dos 12 anos”, apunta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, que convida á participación. O V Barbadás Gaming ofrece competicións e xogo totalmente gratuítos, como é habitual, realidade virtual, simuladores de condución e as últimas novidades en Play Station 5. “Queremos que se divirtan en comunidade e que compitan de xeito san nun espazo pensado para eles”, sinala Valcárcel. O horario será de 11,00 a 14,00 horas e de 16,30 a 20,30 horas durante o martes 31 de marzo e o mércores 1 de abril. “Durante o evento haberá persoal municipal para responder calquera dúbida ou inquedanza dos mozos e mozas”, engade. O rexedor municipal recorda a importancia de programar actividades dirixidas para a poboación nova, que moitas veces carece de oferta lúdica. “Por iso queremos que coñezan a Casa da Mocidade, para que saiban que poden facer uso das instalacións durante todo o ano”, resalta. |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
Barbadás celebrou a III Carreira pola Igualdade co récord de 400 persoas inscritas
As rúas da Valenzá enchéronse de cor rosa este domingo na III Carreira pola Igualdade e Contra a Violencia, organizada desde a Concellería de Igualdade de Barbadás. A cita deportiva, que rexistrou récord de participantes con 400 persoas inscritas, comezou ás 11,00 horas na Glorieta da Familia. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; o tenente alcalde … Seguir lendo Barbadás celebrou a III Carreira pola Igualdade co récord de 400 persoas inscritas →
|
Barbadás celebrou a III Carreira pola Igualdade co récord de 400 persoas inscritas 16/03/2026 |
|---|
Barbadás celebrou a III Carreira pola Igualdade co récord de 400 persoas inscritasAs rúas da Valenzá enchéronse de cor rosa este domingo na III Carreira pola Igualdade e Contra a Violencia, organizada desde a Concellería de Igualdade de Barbadás. A cita deportiva, que rexistrou récord de participantes con 400 persoas inscritas, comezou ás 11,00 horas na Glorieta da Familia. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; o tenente alcalde e concelleiro de Igualdade, Daniel Rey, e Silvia Arce, referente do deporte feminino en Barbadás, dirixíronse aos corredores antes do inicio da proba para agradecer a súa participación e recordar a importancia de seguir avanzando na igualdade plena entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida. A proba discorreu polas principais rúas da Valenzá e contou cun dispositivo de seguridade no que participaron axentes da Policía Local, Garda Civil, Protección Civil de Barbadás e agrupacións de Protección Civil doutros concellos da provincia. |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
V EDICIÓN DO BARBADÁS GAMING. Evento de e-sports na Casa da Mocidade
A Casa da Mocidade de Barbadás converterase de novo no epicentro dos deportes electrónicos os días 31 de marzo e 1 de abril de 2026 coa chegada da quinta edición do “Barbadás Gaming” durante a Semana Santa. Este evento gratuíto ofrecerá aos asistentes a oportunidade de competir e gozar das últimas innovacións tecnolóxicas: Zonas … Seguir lendo V EDICIÓN DO BARBADÁS GAMING. Evento de e-sports na Casa da Mocidade →
|
V EDICIÓN DO BARBADÁS GAMING. Evento de e-sports na Casa da Mocidade 16/03/2026 |
|---|
V EDICIÓN DO BARBADÁS GAMING. Evento de e-sports na Casa da Mocidade
A Casa da Mocidade de Barbadás converterase de novo no epicentro dos deportes electrónicos os días 31 de marzo e 1 de abril de 2026 coa chegada da quinta edición do “Barbadás Gaming” durante a Semana Santa. Este evento gratuíto ofrecerá aos asistentes a oportunidade de competir e gozar das últimas innovacións tecnolóxicas:
O evento desenvolverase de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas, o que permitirá tanto aos xogadores como ao público en xeral participar nun evento deseñado para a diversión e a camaradería entre a xente nova. |
CONTENT-CAT.1786757053
|
Campamento de Primavera 2026_Listaxe provisional de admitidos 12/03/2026 |
|---|
|
|
CONTENT-CAT.1786757053
*10/03/2026
**
Tarefas de reparación na rede de telecomunicacións de Barbadás
Técnicos de telecomunicacións reparan estes días a rede de Barbadás, despois de que o Concello solicitase a intervención do organismo competente, a Secretaría do Estado, ante os frecuentes problemas detectados nos últimos meses. Os técnicos comprobaron que existían fallas en torres de comunicación afectadas polas caídas de tensión durante os temporais, así como redes subterráneas … Seguir lendo Tarefas de reparación na rede de telecomunicacións de Barbadás →
|
Tarefas de reparación na rede de telecomunicacións de Barbadás 10/03/2026 |
|---|
Tarefas de reparación na rede de telecomunicacións de BarbadásTécnicos de telecomunicacións reparan estes días a rede de Barbadás, despois de que o Concello solicitase a intervención do organismo competente, a Secretaría do Estado, ante os frecuentes problemas detectados nos últimos meses. Os técnicos comprobaron que existían fallas en torres de comunicación afectadas polas caídas de tensión durante os temporais, así como redes subterráneas inundadas. Actualmente, traballadores das empresas privadas de telecomunicación (en especial, Vodafone e R) están encargándose da reparación dos equipos afectados. O tenente alcalde, Daniel Rey, mantén contacto diario coas empresas e coa Secretaría do Estado para coñecer a evolución da situación. “Nos vindeiros días, os problemas da rede estarán solucionados”, avanza. |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
Se tes unha idea de negocio ou estás empezando a emprender, esta é a túa oportunidade para dar o seguinte paso nun lugar pensado para facer crecer o teu proxecto. Nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás está dispoñible un niño empresarial. Este espazo está pensado para facilitar o inicio da actividade económica, ofrecendo … Seguir lendo Oferta dun “niño empresarial” para persoas emprendedoras no Centro Empresarial Transfronteirzo de Barbadás →
|
Oferta dun “niño empresarial” para persoas emprendedoras no Centro Empresarial Transfronteirzo de Barbadás 10/03/2026 |
|---|
Oferta dun “niño empresarial” para persoas emprendedoras no Centro Empresarial Transfronteirzo de BarbadásSe tes unha idea de negocio ou estás empezando a emprender, esta é a túa oportunidade para dar o seguinte paso nun lugar pensado para facer crecer o teu proxecto. Nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás está dispoñible un niño empresarial. Este espazo está pensado para facilitar o inicio da actividade económica, ofrecendo instalacións adecuadas e un entorno profesional que favorece o crecemento das novas empresas. Cederase inicialmente por 12 meses con posibilidade de prórroga ata 36 meses. A persoa beneficiaria terá que abonar un custo simbólico ao mes, no que se inclúe mobiliario, equipos informáticos, conexión a Internet, luz, calefacción e servizo de limpeza. Tamén terá asesoramento e apoio do persoal técnico do CET. Máis información no cet@barbadas.es ou no 988 360 413 |
CONTENT-CAT.1786757053
*08/03/2026
**
O Concello de Barbadás reivindica a igualdade de oportunidades e o fin da discriminación de xénero
O Concello de Barbadás conmemorou esta mañá o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, cun acto institucional nas inmediacións da Glorieta da Familia. O tenente alcalde e concelleiro de Igualdade, Daniel Rey, aproveitou a ocasión para poñer en valor a importante tarefa das traballadoras do CIM de Barbadás, que traballan diariamente coas mulleres máis … Seguir lendo O Concello de Barbadás reivindica a igualdade de oportunidades e o fin da discriminación de xénero →
|
O Concello de Barbadás reivindica a igualdade de oportunidades e o fin da discriminación de xénero 08/03/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás reivindica a igualdade de oportunidades e o fin da discriminación de xéneroO Concello de Barbadás conmemorou esta mañá o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, cun acto institucional nas inmediacións da Glorieta da Familia. O tenente alcalde e concelleiro de Igualdade, Daniel Rey, aproveitou a ocasión para poñer en valor a importante tarefa das traballadoras do CIM de Barbadás, que traballan diariamente coas mulleres máis vulnerables do municipio. Silvia Arce, referente de deporte feminino en Barbadás, e Eva Rey, veciña integrante da Asociación Galega de Covid Persistente, deron lectura dos manifestos, nos que se reivindico a igualdade de oportunidades e a fin da discriminación de xénero. A veciñanza puido achegarse durante toda a mañá ao posto informativo do CIM, onde recibiron información sobre o servizo municipal de atención ás mulleres. |
CONTENT-CAT.1786757053
*06/03/2026
**
O Concello de Barbadás recupera o ciclo cultural “Noites Bárbaras” e marídao coa hostalaría local
A programación inclúe música, monólogos e humor na Casa da Cultura os meses de marzo e abril “Ao remate de cada espectáculo haberá un ágape de distintos bares e restaurantes”, explica o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel O Concello de Barbadás recupera o ciclo cultural “Noites Bárbaras” e incorpora como novidade a colaboración dos negocios hostaleiros … Seguir lendo O Concello de Barbadás recupera o ciclo cultural “Noites Bárbaras” e marídao coa hostalaría local →
|
O Concello de Barbadás recupera o ciclo cultural “Noites Bárbaras” e marídao coa hostalaría local 06/03/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás recupera o ciclo cultural “Noites Bárbaras” e marídao coa hostalaría local
O Concello de Barbadás recupera o ciclo cultural “Noites Bárbaras” e incorpora como novidade a colaboración dos negocios hostaleiros do municipio. Ao remate dos espectáculos na Casa da Cultura Manuel María, o público poderá gozar de ágapes cortesía de distintos bares e restaurantes de Barbadás. “Queremos acompañar a cultura do impulso do tecido económico e social do municipio”, explicou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, na presentación do ciclo. O concelleiro de Cultura, José Manuel Morgade, convidou á poboación a desfrutar da oferta, que inclúe música, humor e monólogos. “Comezamos o 13 de marzo con Pablo Meixe, un monologuista galego que ten moito éxito tanto en Galicia como no resto de España”, destacou. A programación continúa o venres 27 de marzo co concerto do grupo ourensán Sonoro Maxín, e o 10 de abril co espectáculo “Enredada” de Leti da Taberna. “Rematamos o 24 de abril cos belgas Okidok, unha das mellores compañías a nivel europeo”, apuntou Morgade. As citas comezarán ás 20,30 horas e a entrada será de balde. As invitacións poderán recollerse na Casa da Cultura durante a propia semana do espectáculo. Día do Pai Na liña de colaboración entre cultura e tecido económico local, o Concello de Barbadás propón o “Conssertasso na Horta” de Brais das Hortas para apoiar a compra local. “Aquelas persoas que compren no comercio local entre o 5 e o 19 de marzo por importe total de 30 euros recibirán un ticket familiar para acudir ao concerto”, detallou o concelleiro. O concerto levarase a cabo o día 28 de marzo ás 17,30 horas no Museo da Gaita de Fole de Barbadás. |
CONTENT-CAT.1786757053
*03/03/2026
**
O Concello de Barbadás construirá un ascensor desde a rúa Bernabé ata o Centro de Saúde da Valenzá
- O proxecto, incluído no Plan EDIL, está actualmente en proceso de redacción
O Concello de Barbadás construirá un ascensor desde a rúa Bernabé ata o Centro de Saúde da Valenzá para mellorar a accesibilidade e salvar a considerable pendente da zona, unha demanda histórica da veciñanza. A intervención, incluída no Plan EDIL, atópase actualmente en proceso de redacción por parte da institución encargada, a Deputación de Ourense.
O tenente alcalde e concelleiro de Obras, Daniel Rey, deu conta do estado do proxecto na sesión plenaria de onte, despois de que o PP presentase unha moción relativa á viabilidade da actuación. Rey explicou que, se ben os técnicos valoraron en xaneiro a posibilidade de colocar unha rampla na rúa do Outeiro, non é posible facelo a través dos fondos do EDIL. “O que se presentou ao Plan EDIL e foi aprobado foi un proxecto de construción dun ascensor, non dunha rampla, polo que estamos na obriga de construír o que propuxemos formalmente, un ascensor”, apuntou.
O tenente alcalde sinalou as vantaxes de colocar un elevador, tales como un mantemento máis sinxelo e barato, e o menor impacto na vía, xa que non afectará aos estacionamentos. “O ascensor contará con dous andares, dúas paradas, unha primeira á altura das oficinas municipais e a segunda á altura do Centro de Saúde”, detallou Rey.
A construción do elevador suporá unha importante mellora na accesibilidade do ambulatorio, ao que diariamente se achegan centos de persoas. “Mellorar a mobilidade da poboación foi sempre a cuestión prioritaria deste proxecto”, recordou o tenente alcalde.
|
O Concello de Barbadás construirá un ascensor desde a rúa Bernabé ata o Centro de Saúde da Valenzá 03/03/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás construirá un ascensor desde a rúa Bernabé ata o Centro de Saúde da Valenzá
O Concello de Barbadás construirá un ascensor desde a rúa Bernabé ata o Centro de Saúde da Valenzá para mellorar a accesibilidade e salvar a considerable pendente da zona, unha demanda histórica da veciñanza. A intervención, incluída no Plan EDIL, atópase actualmente en proceso de redacción por parte da institución encargada, a Deputación de Ourense. O tenente alcalde e concelleiro de Obras, Daniel Rey, deu conta do estado do proxecto na sesión plenaria de onte, despois de que o PP presentase unha moción relativa á viabilidade da actuación. Rey explicou que, se ben os técnicos valoraron en xaneiro a posibilidade de colocar unha rampla na rúa do Outeiro, non é posible facelo a través dos fondos do EDIL. “O que se presentou ao Plan EDIL e foi aprobado foi un proxecto de construción dun ascensor, non dunha rampla, polo que estamos na obriga de construír o que propuxemos formalmente, un ascensor”, apuntou. O tenente alcalde sinalou as vantaxes de colocar un elevador, tales como un mantemento máis sinxelo e barato, e o menor impacto na vía, xa que non afectará aos estacionamentos. “O ascensor contará con dous andares, dúas paradas, unha primeira á altura das oficinas municipais e a segunda á altura do Centro de Saúde”, detallou Rey. A construción do elevador suporá unha importante mellora na accesibilidade do ambulatorio, ao que diariamente se achegan centos de persoas. “Mellorar a mobilidade da poboación foi sempre a cuestión prioritaria deste proxecto”, recordou o tenente alcalde. |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
O pleno aprobou o expediente de subvencións nominativas para colexios, ANPAs, clubes e asociacións culturais do municipio O Concello de Barbadás mobiliza preto de 120.000 euros para impulsar actividades educativas, culturais e deportivas no municipio. O pleno aprobou esta tarde, en sesión ordinaria, o expediente presentado polo goberno local de subvencións nominativas para colexios, asociacións … Seguir lendo O Concello de Barbadás mobiliza preto de 120.000 euros para impulsar actividades educativas, culturais e deportivas →
|
O Concello de Barbadás mobiliza preto de 120.000 euros para impulsar actividades educativas, culturais e deportivas 03/03/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás mobiliza preto de 120.000 euros para impulsar actividades educativas, culturais e deportivas
O Concello de Barbadás mobiliza preto de 120.000 euros para impulsar actividades educativas, culturais e deportivas no municipio. O pleno aprobou esta tarde, en sesión ordinaria, o expediente presentado polo goberno local de subvencións nominativas para colexios, asociacións de pais e nais, asociacións culturais e clubes deportivos. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou que estas axudas permitirán que as entidades sigan realizando a súa importante tarefa no tecido educativo, cultural e social de Barbadás. En particular, o ANPA Filomena Dato, o ANPA O Ruxidoiro, o ANPA IES Ferro Couselo, o Club Veteranos Sobrado e o Club Veteranos Barbadás recibirán 1.000 euros respectivamente; o CEIP O Ruxidoiro e o CEIP Filomena Dato percibirán 1.500 euros cada un; a Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia recibirá 2.250 euros; a Asociación Cultural Loiro Na Memoria e a Asociación Fonval recibirán 3.000 euros cada un; a Asociación Cultural Nova Fronteira e a Asociación Cultural Ritmos Musicais recibirán 4.000 euros respectivamente; a Unión Deportiva Barbadás recibirá 35.000 euros e Asociación Deportiva Parada de Piñor, 60.600 euros. O goberno local explicou que a subvención á Asociación Deportiva Parada de Piñor está motivada porque mentres a titularidade do campo de fútbol non se traspasa ao Concello, é necesario facer obras de calado para reforzar a seguridade da instalación e evitar riscos aos usuarios. O expediente aprobouse cos votos a favor do grupo de goberno, Partido Galego e PSdeG-PSOE, a abstención do BNG e os votos en contra do PP. A Praza Vella da Valenzá pasa a chamarse Praza Alfonso Rodríguez Castelao O goberno local tamén levou a pleno os expedientes de cambio de denominación de rúas na Valenzá e nas Lamas. No caso da Valenzá, a Praza Vella pasará a chamarse Praza Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, na honra do escritor, dramaturgo, ensaísta, político e debuxante galego. O goberno local, logo de atender as propostas dos distintos grupos políticos, optou por esta praza para evitar os prexuizos que conlevaría á veciñanza e aos negocios o cambio de denominación do seu enderezo habitual. “Temos que ser responsables co alcance das medidas e o impacto na veciñanza, e por iso propoñemos a Praza Vella en lugar da avenida de Celanova, na que viven miles de familias”, apuntou Daniel Rey, tenente alcalde de Barbadás. Rey avanzou o proxecto do Concello para incluír un motivo adicado a Castelao, así como humanizar a praza e “facela accesible á xente e non aos vehículos”. A proposta, vinculada a un acordo plenario do 2025, foi aprobada cos votos do goberno local e do PP, a abstención do PSdeG-PSOE e os votos en contra do Partido Galego e do BNG. Tanto Partido Galego como BNG defenderon que debería ser a avenida de Celanova a vía denominada Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. No caso das Lamas, a rúa Milladoiro pasa a denominarse “rúa Milladoiro das Lamas”, para evitar confusións coa rúa Milladoiro localizada en Finca Fierro. O tenente alcalde, Daniel Rey, deu conta das queixas da veciñanza ante os erros das empresas de transporte e de reparto. O expediente aprobouse cos votos a favor do goberno local, Partido Galego, PP e BNG e a abstención do PSdeG-PSOE. |
CONTENT-CAT.1786757053
*02/03/2026
**
O CEIP O Ruxidoiro acolle un obradoiro de reciclaxe para fomentar a educación ambiental
O Concello de Barbadás continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade a través de accións formativas nos centros educativos do municipio. Neste marco, o CEIP O Ruxidoiro acolleu un obradoiro de reciclaxe dirixido ao alumnado, co obxectivo de promover hábitos responsables na separación de residuos e impulsar unha cultura de reutilización e economía circular desde … Seguir lendo O CEIP O Ruxidoiro acolle un obradoiro de reciclaxe para fomentar a educación ambiental →
|
O CEIP O Ruxidoiro acolle un obradoiro de reciclaxe para fomentar a educación ambiental 02/03/2026 |
|---|
O CEIP O Ruxidoiro acolle un obradoiro de reciclaxe para fomentar a educación ambientalO Concello de Barbadás continúa apostando pola sensibilización ambiental da mocidade a través de accións formativas nos centros educativos do municipio. Neste marco, o CEIP O Ruxidoiro acolleu un obradoiro de reciclaxe dirixido ao alumnado, co obxectivo de promover hábitos responsables na separación de residuos e impulsar unha cultura de reutilización e economía circular desde idades temperás. Durante a sesión, o alumnado participou en dinámicas prácticas e participativas orientadas a aprender a separar correctamente os residuos, identificar os materiais que poden ser reciclados, evitar erros comúns e comprender o impacto positivo que teñen os pequenos xestos diarios no medio ambiente. A través de xogos e exemplos próximos á súa realidade, os participantes descubriron que reciclar é sinxelo e está ao alcance de todos. Por outra banda, o pasado venres, o Concello de Barbadás realizou unha nova entrega de composteiros no Centro Empresarial Transfronteirizo (CET), reforzando o compromiso municipal coa sustentabilidade e coa creación de hábitos saudables e responsables cara ao medio ambiente. Para máis información sobre futuras actividades, pódese consultar a web municipal ou os canais oficiais do Concello. As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: barbadas.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal. Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos. |
CONTENT-CAT.1786757053
*26/02/2026
**
A Casa da Cultura inaugura a exposición “Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote”
O Concello de Barbadás, ABANCA e Afundación inauguraron esta mañá a exposición “Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote” na Casa da Cultura. O acto contou coa presenza de Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás; Daniel Rey, tenente de alcalde; José Manuel Morgade, concelleiro de Cultura; Mateo Alonso, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; … Seguir lendo A Casa da Cultura inaugura a exposición “Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote” →
|
A Casa da Cultura inaugura a exposición “Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote” 26/02/2026 |
|---|
A Casa da Cultura inaugura a exposición “Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote”O Concello de Barbadás, ABANCA e Afundación inauguraron esta mañá a exposición “Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote” na Casa da Cultura. O acto contou coa presenza de Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás; Daniel Rey, tenente de alcalde; José Manuel Morgade, concelleiro de Cultura; Mateo Alonso, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; Miguel Madriñán, director da oficina de ABANCA na Valenzá, e a coordinadora de Afundación en Lugo e Ourense, Beatriz Fernández-Anguiano. A mostra, organizada en colaboración coa Fundación Antonio Mingote, percorre a historia da arte a través da mirada do coñecido debuxante. Poderase visitar ata o 27 de marzo en horario de 8,30 a 14,30 horas e de 16,00 a 20,00 horas. Antonio Mingote comezou a súa traxectoria con tan só 13 anos, cando publicou o seu primeiro debuxo en Gente Menuda. Foi colaborador en La Codorniz e, posteriormente incorporouse ao diario ABC. Tamén colaborou en numerosos medios escritos como The New York Times, The Daily Telegraph, Blanco y Negro, Semana, Ínsula ou Interviú. |
CONTENT-CAT.1786757053
*24/02/2026
**
|
Campamento de Primavera 2026 24/02/2026 |
|---|
Campamento de Primavera 2026Do 2 ao 9 de marzo estará aberto o prazo de solicitude de prazas no Campamento de Primavera durante as vacacións de Semana Santa 2026.
Datas: 30,31 de marzo e 1 e 6 de abril.
Bases reguladoras do Campamento de Primavera 2026 Modelo de solicitude de praza para o campamento 2026
Listaxe provisional campamento de Primavera 2026
300.62 KB
Cartel Campamento de Verano Infantil Multicolor
271.37 KB
Cartel Campamento de Verano Infantil Multicolor (2)
514.65 KB
Bases Campamento de Semana Santa 2026
475.60 KB
Solicitude_ Campamento de Primavera 2026
603.45 KB
Listaxe definitiva Campamento de Primavera
301.08 KB
|
CONTENT-CAT.1786757053
*19/02/2026
**
O Concello de Barbadás activa a ampliación do Polideportivo, cun investimento final de 1,2 millóns
A primeira fase consiste na instalación dun ascensor para conectar mecanicamente as dúas plantas do recinto deportivo A continuación, a segunda planta dotarase de ximnasio, sala para actividades e vestiarios, co obxectivo de rematar todo en novembro O Concello de Barbadás vén de activar a primeira fase das obras de ampliación do Polideportivo Municipal, un … Seguir lendo O Concello de Barbadás activa a ampliación do Polideportivo, cun investimento final de 1,2 millóns →
|
O Concello de Barbadás activa a ampliación do Polideportivo, cun investimento final de 1,2 millóns 19/02/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás activa a ampliación do Polideportivo, cun investimento final de 1,2 millóns
O Concello de Barbadás vén de activar a primeira fase das obras de ampliación do Polideportivo Municipal, un dos principais proxectos do goberno local no municipio. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, o e o tenente alcalde e concelleiro de Obras, Daniel Rey, asinaron esta mañá a acta de replantexo da intervención, que comezará ao longo da próxima semana. “Esta primeira fase das obras inclúe a construción dun ascensor que conectará a primeira planta coa segunda, onde se colocará unha cuberta e se ubicará o novo ximnasio, a sala de clases dirixidas e os vestiarios”, explica Valcárcel. A actuación, orzamentada en 150.000 euros, permitirá conectar polo interior do polideportivo as dúas plantas, ata o de agora só conectadas por un tramo de escaleiras exteriores. Nunha segunda fase, a planta superior, actualmente ao descuberto, cambiará por completo a súa aparencia. Así, construiranse os vestiarios e a estrutura da envolvente do ximnasio, no que haberá unha sala para actividades dirixidas. “Esta ampliación permitirá incrementar o número de socios e mellorar o servizo notablemente, xa que haberá maior frecuencia de actividades ao contar cun espazo propio e a pista central do Polideportivo quedará liberada para eventos deportivos”, engade o alcalde. Cabe destacar a elevada demanda de socios das instalacións deportivas municipais, que contan con máis dun milleiro de persoas inscritas. O proxecto de ampliación, que deberá estar rematado a mediados do mes de novembro, conta cun orzamento total de 1,2 millóns de euros. |
CONTENT-CAT.1786757053
*18/02/2026
**
Preto dun milleiro de persoas percorreron A Valenzá no Gran Desfile de Entroido de Barbadás
Poker Premium Monterrey y Pereiro recibiu o primeiro premio na categoría de comparsas de máis de 10 participantes Fórmula 1 resultou vencedora na categoría de comparsas de 10 ou menos participantes Preto dun milleiro de persoas percorreron este martes pola tarde as rúas da Valenzá no Gran Desfile de Entroido de Barbadás. Un total de … Seguir lendo Preto dun milleiro de persoas percorreron A Valenzá no Gran Desfile de Entroido de Barbadás →
|
Preto dun milleiro de persoas percorreron A Valenzá no Gran Desfile de Entroido de Barbadás 18/02/2026 |
|---|
Preto dun milleiro de persoas percorreron A Valenzá no Gran Desfile de Entroido de Barbadás
Preto dun milleiro de persoas percorreron este martes pola tarde as rúas da Valenzá no Gran Desfile de Entroido de Barbadás. Un total de 32 comparsas participaron na cita entroideira, unha das máis esperadas cada Entroido pola veciñanza. As agrupacións amosaron a súa creatividade e orixinalidade e encheron de cor, diversión e música as rúas da vila. Despois do desfile, o xurado, presidido polo concelleiro de Cultura, José Manuel Morgade, e composto por cinco persoas representativas do ámbito da cultura e do asociacionismo no municipio, deu a coñecer o seu veredicto. Na categoría de comparsas de 10 ou menos participantes:
Na categoría de comparsas de máis de 10 participantes:
Ademais, entregáronse dous galardóns especiais para comparsas non premiadas:
Por outra banda, tamén se concederon os galardóns aos mellores mecos, elixidos por votación popular nas últimas semanas. – 1º Premio (300 euros): Asociación de Veciños San Martín de Loiro. – 2º Premio (200 euros): Asociación de Veciños San Bieito de Bentraces. – 3º Premio (100 euros): Comunidade de Veciños Os Carrís 5. |
CONTENT-CAT.1786757053
*17/02/2026
**
Música, creatividade e diversión na Festa Infantil de Entroido
Centos de nenos e nenas participaron este luns pola tarde na Festa Infantil de Entroido de Barbadás, unha das actividades máis esperadas polos máis pequenos do municipio. A música e a diversión foron as grandes protagonistas da cita, que incluíu o xa tradicional Concurso de Desfraces. Pola pasarela de Entroido pasearon superheroes, cantantes, animais, pintores, … Seguir lendo Música, creatividade e diversión na Festa Infantil de Entroido →
|
Música, creatividade e diversión na Festa Infantil de Entroido 17/02/2026 |
|---|
Música, creatividade e diversión na Festa Infantil de EntroidoCentos de nenos e nenas participaron este luns pola tarde na Festa Infantil de Entroido de Barbadás, unha das actividades máis esperadas polos máis pequenos do municipio. A música e a diversión foron as grandes protagonistas da cita, que incluíu o xa tradicional Concurso de Desfraces. Pola pasarela de Entroido pasearon superheroes, cantantes, animais, pintores, princesas e moitos outros personaxes. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, o tenente alcalde, Daniel Rey, e o concelleiro de Educación, José Manuel Morgade, non quixeron perderse a celebración, que finalmente se levou a cabo no patio do CEIP Filomena Dato debido á previsión de chuvia. |
CONTENT-CAT.1786757053
*13/02/2026
**
Centos de familias de Barbadás acudiron esta mañá ao CEIP Filomena Dato, CEIP O Ruxidoiro e CPR Luis Vives para desfrutar dos desfiles infantís de Entroido. Alumnado e docentes deron boa conta da súa creatividade, acompañados de música e moita animación. A cita, impulsada desde a Concellería de Educación, levouse a cabo nos patios dos … Seguir lendo O alumnado do CEIP Filomena Dato, CEIP O Ruxidoiro e CPR Luis Vives dá conta da súa creatividade nos desfiles de Entroido →
|
O alumnado do CEIP Filomena Dato, CEIP O Ruxidoiro e CPR Luis Vives dá conta da súa creatividade nos desfiles de Entroido 13/02/2026 |
|---|
O alumnado do CEIP Filomena Dato, CEIP O Ruxidoiro e CPR Luis Vives dá conta da súa creatividade nos desfiles de EntroidoCentos de familias de Barbadás acudiron esta mañá ao CEIP Filomena Dato, CEIP O Ruxidoiro e CPR Luis Vives para desfrutar dos desfiles infantís de Entroido. Alumnado e docentes deron boa conta da súa creatividade, acompañados de música e moita animación. A cita, impulsada desde a Concellería de Educación, levouse a cabo nos patios dos centros educativos debido á previsión meteorolóxica. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e o tenente alcalde, Daniel Rey, tamén acudiron aos desfiles. “É un gusto ver a orixinalidade e o traballo detrás dos desfraces de alumnos e profesores”, destaca Valcárcel. |
CONTENT-CAT.1786757053
*10/02/2026
**
O Diario Oficial de Galicia publica a Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, do 29 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras do programa Galicia Suma Talento: Emprégate, de incentivos á contratación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR342C) … Seguir lendo Subvencións Programa Galicia Suma Talento: Emprégate, de incentivos á contratación na empresa ordinaria →
|
Subvencións Programa Galicia Suma Talento: Emprégate, de incentivos á contratación na empresa ordinaria 10/02/2026 |
|---|
Subvencións Programa Galicia Suma Talento: Emprégate, de incentivos á contratación na empresa ordinariaO Diario Oficial de Galicia publica a Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, do 29 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras do programa Galicia Suma Talento: Emprégate, de incentivos á contratación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR342C) Entidades beneficiarias Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e coas condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser beneficiarios dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, salvo para subscribir contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social. Obxecto Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar para o ano 2026 as axudas establecidas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e en entidades sen ánimo de lucro, especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral. A orde regula o programa Galicia Suma Talento: Emprégate (código de procedemento TR342C), de incentivos á contratación por conta allea dos colectivos vulnerables recollidos no artigo 24.1.a), a través dunha liña de incentivos á contratación por conta allea cuxas particularidades se recollen nesta orde, e que inclúe catro modalidades de axudas: a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas. b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo. c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses. d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade. e) Transformación en indefinidos dos contratos formativos subvencionados con cargo ao programa de primeira experiencia profesional (TR353C). Importe Para a concesión destas axudas destínanse dezanove millóns setecentos mil euros (19.700.000 €), distribuídos do seguinte xeito: – Persoas mozas: 4.000.000 €. – Mulleres vítima de violencia de xénero e/ou vítima de trata de seres humanos, e mulleres con fillos e fillas menores de 3 anos, desempregadas de longa duración ou inactivas nos últimos 3 anos: 2.500.000 €. – Mulleres en ocupacións masculinizadas: 1.200.000 €. – Persoas desempregadas de longa duración e/ou persoas de 52 ou máis anos: 3.000.000 €. – Persoas emigrantes retornadas e estranxeiras: 3.000.000 €. – Persoas con discapacidade e/ou en risco ou en situación de exclusión social: 3.000.000 €. – Persoas desempregadas que nos últimos 2 anos remataran accións de AFD, obradoiros de emprego ou programas integrados de emprego: 1.500.000 €. – Persoas desempregadas que desenvolveran contratos formativos ao abeiro do programa de primeira experiencia profesional nos últimos 2 anos: 1.000.000 €. – Para todos os colectivos anteriores, no caso de que a entidade beneficiaria sexa una entidade sen ánimo de lucro: 500.000 €. Prazo de presentación de solicitudes O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará ás 9.00 horas do 17 de febreiro, e rematará ás 20.00 horas do 30 de setembro de 2026. |
CONTENT-CAT.1786757053
*06/02/2026
**
O Concello de Barbadás continúa coa campaña de compostaxe doméstica coa que busca fomentar a correcta xestión dos biorresiduos nos fogares e promover prácticas máis sostibles no municipio. A próxima entrega de composteiros terá lugar o venres 27 de febreiro ás 19,00 horas no Centro Empresarial Transfronteirizo, nunha sesión informativa na que as persoas participantes … Seguir lendo O Concello de Barbadás continúa coas entregas de composteiros e coas sesións formativas de compostaxe doméstica →
|
O Concello de Barbadás continúa coas entregas de composteiros e coas sesións formativas de compostaxe doméstica 06/02/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás continúa coas entregas de composteiros e coas sesións formativas de compostaxe domésticaO Concello de Barbadás continúa coa campaña de compostaxe doméstica coa que busca fomentar a correcta xestión dos biorresiduos nos fogares e promover prácticas máis sostibles no municipio. A próxima entrega de composteiros terá lugar o venres 27 de febreiro ás 19,00 horas no Centro Empresarial Transfronteirizo, nunha sesión informativa na que as persoas participantes recibirán formación básica para comezar a compostar no seu fogar. Esta iniciativa permitirá que os veciños e veciñas con pequeno terreo poidan transformar os seus restos orgánicos en abono natural de alta calidade, reducindo así a cantidade de lixo que chega ao colector e contribuíndo a unha economía circular máis eficiente en Barbadás. O Concello facilitará aos fogares participantes un composteiro de balde, formación e acompañamento, para garantir unha correcta posta en marcha e seguimento do proceso. Nas próximas semanas celebraranse novas sesións en diferentes puntos do municipio, que serán anunciadas a través dos canais oficiais do Concello. A inscrición continúa aberta para aquelas persoas interesadas en participar na campaña. As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: barbadas.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal. Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.
|
CONTENT-CAT.1786757053
*04/02/2026
**
Tres candidaturas optan a organizar as Festas da Valenzá do 2026
- O comité de valoración do Concello de Barbadás reúnese mañá para avaliar as propostas e escoller a vencedora
O Concello de Barbadás valorará entre as tres candidaturas recibidas para organizar as Festas da Valenzá do 2026 dentro do novidoso proceso de selección iniciado en xaneiro. O comité de valoración, presidido polo tenente alcalde, Daniel Rey, reunirase mañá na Casa Consistorial para avaliar as propostas segundo os criterios establecidos nas bases e escoller a comisión de festas vencedora. “Aínda que nun principio amosaron interese catro candidaturas, dúas decidiron fusionarse nunha única”, detalla Rey.
O comité conta coa asistencia técnica do secretario da corporación, un funcionario da Policía Local, un funcionario de Protección Civil, un traballador do departamento de Cultura e un traballador da Escola de Música. O equipo valorará de cada aspirante a calidade artística das agrupacións musicais e a organización de actividades deportivas, populares e de carácter lúdico que favorezan a dinamización social e convivencia veciñal. Pola súa parte, Daniel Rey non participará con voto para garantir a neutralidade da decisión.
“Unha vez que teñamos o resultado final, notificarémosllo aos interesados, abrirase un prazo de alegacións e, ao remate do mesmo, o resultado será publicado para coñecemento de toda a veciñanza”, apunta o tenente alcalde.
Entre outras condicións, os festexos deberán realizarse a fin de semana anterior ao 11 de xuño (día de San Bernabé, patrón da Valenzá), as actuacións musicais rematarán ás 4,30 horas o venres e sábado e ás 23,00 horas o domingo, o día 11 haberá festa na Praza Vella (o tradicional “baile da pataca”) e será obrigatoria a instalación de baños portátiles nas verbenas e no entorno das atraccións infantís, así como dun punto violeta de información contra a violencia machista nun lugar de visibilidade preferente.
|
Tres candidaturas optan a organizar as Festas da Valenzá do 2026 04/02/2026 |
|---|
Tres candidaturas optan a organizar as Festas da Valenzá do 2026
O Concello de Barbadás valorará entre as tres candidaturas recibidas para organizar as Festas da Valenzá do 2026 dentro do novidoso proceso de selección iniciado en xaneiro. O comité de valoración, presidido polo tenente alcalde, Daniel Rey, reunirase mañá na Casa Consistorial para avaliar as propostas segundo os criterios establecidos nas bases e escoller a comisión de festas vencedora. “Aínda que nun principio amosaron interese catro candidaturas, dúas decidiron fusionarse nunha única”, detalla Rey. O comité conta coa asistencia técnica do secretario da corporación, un funcionario da Policía Local, un funcionario de Protección Civil, un traballador do departamento de Cultura e un traballador da Escola de Música. O equipo valorará de cada aspirante a calidade artística das agrupacións musicais e a organización de actividades deportivas, populares e de carácter lúdico que favorezan a dinamización social e convivencia veciñal. Pola súa parte, Daniel Rey non participará con voto para garantir a neutralidade da decisión. “Unha vez que teñamos o resultado final, notificarémosllo aos interesados, abrirase un prazo de alegacións e, ao remate do mesmo, o resultado será publicado para coñecemento de toda a veciñanza”, apunta o tenente alcalde. Entre outras condicións, os festexos deberán realizarse a fin de semana anterior ao 11 de xuño (día de San Bernabé, patrón da Valenzá), as actuacións musicais rematarán ás 4,30 horas o venres e sábado e ás 23,00 horas o domingo, o día 11 haberá festa na Praza Vella (o tradicional “baile da pataca”) e será obrigatoria a instalación de baños portátiles nas verbenas e no entorno das atraccións infantís, así como dun punto violeta de información contra a violencia machista nun lugar de visibilidade preferente. |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
Subvencións da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para persoas traballadoras autónomas
No Diario Oficial de Galicia publícanse no día de hoxe varias Ordes da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia que conteñen as bases reguladoras de distintos programas de subvencións dirixidos a : Persoas traballadoras autónomas, entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, e para emprendemento de persoas emigrantes galegas retornadas. -ORDE … Seguir lendo Subvencións da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para persoas traballadoras autónomas →
|
Subvencións da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para persoas traballadoras autónomas 04/02/2026 |
|---|
Subvencións da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para persoas traballadoras autónomasNo Diario Oficial de Galicia publícanse no día de hoxe varias Ordes da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia que conteñen as bases reguladoras de distintos programas de subvencións dirixidos a :
-ORDE do 17 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento TR349F) -ORDE do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento TR358A) -ORDE do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axudas ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento TR341D, TR790A, TR341Q, TR353D e TR341R) Dentro destas axudas están:
-RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR937A)
Subvencións para persoas autónomas para contratación indefinida e formación de persoas asalariadas
1.00 MB
subvencións para entidades asociativas galegas
725.33 KB
Subvencións para persoas autónomas cofinanciadas pola Unión Europea
1.95 MB
Subvencións para persoas autónomas cofinanciadas pola Unión Europea
1.95 MB
Subvencións para persoas autónomas para contratación indefinida e formación de persoas asalariadas PDF [1 MB] subvencións para entidades asociativas galegas PDF [725 KB] Subvencións para persoas autónomas cofinanciadas pola Unión Europea PDF [2 MB] Subvencións para persoas autónomas cofinanciadas pola Unión Europea PDF [2 MB] |
CONTENT-CAT.1786757053
*03/02/2026
**
Realizará as prácticas nos meses estivais e sumarase definitivamente ao cadro de persoal en outono O procedemento administrativo para a segunda praza xa está aberto a través da modalidade de mobilidade O Concello de Barbadás incorporará a dous axentes de Policía Local ao longo deste 2026 para reforzar o actual cadro de persoal e a … Seguir lendo O Concello de Barbadás incorporará no verán un novo axente de Policía Local que xa está formándose na Academia Galega →
|
O Concello de Barbadás incorporará no verán un novo axente de Policía Local que xa está formándose na Academia Galega 03/02/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás incorporará no verán un novo axente de Policía Local que xa está formándose na Academia Galega
O Concello de Barbadás incorporará a dous axentes de Policía Local ao longo deste 2026 para reforzar o actual cadro de persoal e a seguridade da poboación. Un dos dous axentes, que xa está formándose na Academia Galega de Seguridade, realizará as prácticas en Barbadás nos meses de verán para incorporarse definitivamente á xefatura nos meses de outono. Así o anunciou Daniel Rey, tenente de alcalde e concelleiro de Emerxencias, no pleno ordinario deste luns. Pola súa parte, a segunda praza cubrirase mediante a modalidade de mobilidade. “O procedemento administrativo xa está aberto, non sabemos canto se pode demorar, pero en canto se resolva teremos ao segundo novo axente da Policía Local”, detallou Rey durante a sesión plenaria. A chegada dos dous novos traballadores súmase á aposta do goberno local por reforzar os medios persoais e técnicos da xefatura. Nos últimos meses, o Concello de Barbadás renovou a frota da Policía con dous novos vehículos que facilitan os desprazamentos en perímetros urbanos e rurais, así como as tarefas de vixilancia. Preto de 148.000 euros para o SAF en 2024 O goberno local tamén deu conta na sesión plenaria do custo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para as arcas municipais e sinalou a posibilidade de denunciar á comunidade autónoma ou ao ministerio correspondente por non facerse cargo do 100% do servizo. “Estamos vendo a posibilidade de presentar unha demanda conforme ao que nos indiquen os asesores xurídicos”, asegurou Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. Nesa liña, detallou o gasto do SAF durante 2024. Dos 348.307,25 euros que custou o servizo, o Concello de Barbadás tivo que aportar preto de 148.000 euros. “Desde o goberno imos loitar pola vía xudicial para que os veciños e veciñas de Barbadás teñan melloras na atención a domicilio”, apuntou o rexedor. Plan EDIL No pleno tamén se abordou o Plan EDIL (Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local) que supón un investimento de 7,2 millóns de euros a repartir entre Barbadás, Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas. O alcalde detallou a prioridade do proxecto: a senda peonil entre A Valenzá e Pontón, que conectará Barbadás con San Cibrao. Tamén apuntou a mellora da accesibilidade do centro de saúde da Valenzá ou a cobertura da pista da Solaina, entre outras actuacións. Respecto á intervención no entorno do centro de saúde, Xosé Carlos Valcárcel informou de que a Deputación está a avaliar a mellor opción para salvar a pendente. “Están analizando se é mellor o elevador ou unha rampla”, explicou. Proxectos en marcha O tenente alcalde, Daniel Rey, tamén informou de proxectos que xa están en marcha no Concello de Barbadás, tales como a colaboración da Deputación para mantemento de zonas verdes e reparacións de pavimentos, o convenio con Seaga para a limpeza de vías de titularidade municipal ou a mellora do abastecemento na urbanización Vaamonde por parte da empresa Veolia (antiga Viaqua). Na mesma liña, informou da solicitude ante Agader da reparación da escola vella de Piñor, o lavadoiro de Godexás, o lavadoiro de Fonte do Bispo e dun camiño peonil entre Parada e As Lamas. “Tamén estamos traballando para sacar un contrato para a reparación urxente de fochancas causadas pola climatoloxía adversa destas semanas”, indicou Rey. |
CONTENT-CAT.1786757053
*30/01/2026
**
O Concello de Barbadás repartirá 600 euros entre os mecos de Entroido máis orixinais
O Concello de Barbadás convida un ano máis á poboación a participar no concurso de mecos de Entroido convocado pola área de Cultura. O obxectivo do goberno local é recuperar e poñer en valor esta tradición, propia do Entroido ourensán, que pouco e pouco vai perdendo forza entre as novas xeracións. O concurso está aberto … Seguir lendo O Concello de Barbadás repartirá 600 euros entre os mecos de Entroido máis orixinais →
|
O Concello de Barbadás repartirá 600 euros entre os mecos de Entroido máis orixinais 30/01/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás repartirá 600 euros entre os mecos de Entroido máis orixinaisO Concello de Barbadás convida un ano máis á poboación a participar no concurso de mecos de Entroido convocado pola área de Cultura. O obxectivo do goberno local é recuperar e poñer en valor esta tradición, propia do Entroido ourensán, que pouco e pouco vai perdendo forza entre as novas xeracións. O concurso está aberto á participación de calquera persoa ou grupo de persoas (asociacións veciñais, culturais e formacións musicais, entre outras) que elabore un meco e o expoña nalgún punto xeográfico dentro do municipio. O prazo para anotarse estará aberto ata as 12,00 horas do venres 6 de febreiro, e a inscrición deberá formalizarse a través deste link. A veciñanza será quen escolla os tres mecos máis orixinais, creativos e divertidos entre os inscritos. Así, quen o desexe poderá votar de xeito telemático, entre o 9 e o 16 de febreiro, a través deste link. O Concello premiará con 600 euros aos autores dos tres gañadores: 300 euros para o meco máis votado, 200 para o segundo e 100 para o terceiro. |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento
O Diario Oficial de Galicia publica a Orde do 16 de xaneiro de 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2026. Persoas, entidades beneficiarias e requisitos 1. Poderán ser beneficiarias … Seguir lendo Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento →
|
Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento 30/01/2026 |
|---|
Subvencións para apoiar iniciativas de emprendementoO Diario Oficial de Galicia publica a Orde do 16 de xaneiro de 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2026. Persoas, entidades beneficiarias e requisitos 1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas, mutualistas e as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, e as sociedades cooperativas e laborais, que cumpran os dous requisitos seguintes: que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2024, de conformidade co establecido no artigo 1. 2. As persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Ter o domicilio fiscal en Galicia. b) Ter presentado, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica. c) Terse constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e ter iniciado a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2024 ata a data de presentación da solicitude. d) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda. e) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións. f) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións. 3. Non poderán ser beneficiarias desta subvención aquelas iniciativas de emprendemento que obtiveran resolución favorable ao abeiro da Orde do 28 de xuño de 2023 (DOG núm. 127, do 5 de xullo), da Orde do 16 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 25, do 5 de febreiro) e da Orde do 28 de abril de 2025 (DOG núm. 90, do 13 de maio). Obxecto Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2024 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 1 de xullo de 2025 e a data da presentación da solicitude. Importe Para a concesión destas axudas destínanse seis millóns setecentos mil euros (6.700.000 €). Prazo de presentación de solicitudes As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día 31 de xaneiro ata o 2 de marzo de 2026. |
CONTENT-CAT.1786757053
*29/01/2026
**
O Concello de Barbadás sinaliza nove espazos libres de fume e aerosois en colaboración con AECC
Trátase de parques, arredores de colexios e zonas deportivas O Concello de Barbadás vén de sinalizar nove novos espazos libres de fume e aerosois repartidos entre A Valenzá e Barbadás. A iniciativa, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense, pretende reducir o negativo impacto do tabaquismo na poboación. “Trátase de parques, … Seguir lendo O Concello de Barbadás sinaliza nove espazos libres de fume e aerosois en colaboración con AECC →
|
O Concello de Barbadás sinaliza nove espazos libres de fume e aerosois en colaboración con AECC 29/01/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás sinaliza nove espazos libres de fume e aerosois en colaboración con AECC
O Concello de Barbadás vén de sinalizar nove novos espazos libres de fume e aerosois repartidos entre A Valenzá e Barbadás. A iniciativa, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense, pretende reducir o negativo impacto do tabaquismo na poboación. “Trátase de parques, entornos de centros educativos e zonas deportivas moi frecuentadas pola veciñanza e onde queremos evitar a presenza de fume”, explica o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. O entorno do CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro, as canchas do Paseo dos Amieiros, o Campo de Fútbol “Os Carrís”, o Parque da Solaina, o Parque dos Patos, o Parque do Tren e os arredores da Casa da Cultura e da Casa Consistorial son os nove espazos onde non está permitido o uso de cigarrillos ou vapeadores. “Esta medida protexe á poboación que non fuma, conciencia aos máis pequenos e disuade aos fumadores de facelo, protexéndoos tamén”, asegura Valcárcel. O impacto do tabaco na saúde é claro: o 30% de todos os tipos de cancro están provocados por fumar, segundo os datos de AECC. |
CONTENT-CAT.1786757053
*28/01/2026
**
O alumnado do CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro prepárase para as regueifas
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria dos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro participaron estes días nos obradoiros de compadres e comadres organizados pola Concellería de Educación dentro da programación do Entroido. Durante as sesións, impartidas por Sabela Gago, os nenos e nenas puxeron en práctica a elaboración tradicional dos mecos que … Seguir lendo O alumnado do CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro prepárase para as regueifas →
|
O alumnado do CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro prepárase para as regueifas 28/01/2026 |
|---|
O alumnado do CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro prepárase para as regueifasO alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria dos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro participaron estes días nos obradoiros de compadres e comadres organizados pola Concellería de Educación dentro da programación do Entroido. Durante as sesións, impartidas por Sabela Gago, os nenos e nenas puxeron en práctica a elaboración tradicional dos mecos que usarán nas regueifas dos próximos días 5 e 12 de febreiro. |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
A intervención está orzamentada en preto de 58.000 euros O Concello de Barbadás vén de iniciar o expediente de licitación da reforma íntegra do muro de contención do Parque da Liberdade, na Valenzá. A actuación, valorada en preto de 58.000 euros, inclúe a demolición do actual muro, o movemento de terras para lograr unha correcta … Seguir lendo O Concello de Barbadás inicia o expediente de licitación para a reforma do muro do Parque da Liberdade →
|
O Concello de Barbadás inicia o expediente de licitación para a reforma do muro do Parque da Liberdade 28/01/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás inicia o expediente de licitación para a reforma do muro do Parque da Liberdade
O Concello de Barbadás vén de iniciar o expediente de licitación da reforma íntegra do muro de contención do Parque da Liberdade, na Valenzá. A actuación, valorada en preto de 58.000 euros, inclúe a demolición do actual muro, o movemento de terras para lograr unha correcta drenaxe das augas de escorrentía, a construción dunha nova cimentación e dun novo muro e o recheo e recuperación da zona verde afectada. O obxectivo do goberno local é que as obras estean rematadas a finais da primavera. “É unha obra moi necesaria por motivos de seguridade”, asegura Daniel Rey, tenente alcalde e concelleiro de Obras. A intervención solucionará as deficiencias estruturais, que provocaron un derrubamento na parte máis alta do muro o pasado mes de maio. “A aparelladora técnica municipal informou entón da necesidade de realizar un estudo técnico para avaliar as causas do derrubamento e deu orde de balizar a zona por precaución”, explica Rey. O estudo consistiu na realización de catas no parque, na beirarrúa e no propio muro por parte de persoal técnico externo. “O informe resultante indicou que a altura do muro, a capacidade estrutural insuficiente e a acumulación de auga no trasdós por drenaxe deficiente provocaron o fallo”, detalla o tenente alcalde. A actuación realizarase de acordo ás indicacións técnicas para mellorar a capacidade portante da parede e reforzar así a seguridade do entorno, moi utilizado por poboación de todas as idades. |
CONTENT-CAT.1786757053
*27/01/2026
**
“Este ano temos unha programación intensa e extensa”, asegura Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás As inscricións para participar no Gran Desfile do martes de Entroido xa están abertas O Concello de Barbadás aposta pola tradición na programación do Entroido 2026, onde non faltan os mecos, as regueifas, as charangas e os cantos de … Seguir lendo O Concello de Barbadás aposta por un Entroido tradicional con obradoiros de mecos, regueifas, charangas e cantos de taberna →
|
O Concello de Barbadás aposta por un Entroido tradicional con obradoiros de mecos, regueifas, charangas e cantos de taberna 27/01/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás aposta por un Entroido tradicional con obradoiros de mecos, regueifas, charangas e cantos de taberna
O Concello de Barbadás aposta pola tradición na programación do Entroido 2026, onde non faltan os mecos, as regueifas, as charangas e os cantos de taberna. “Este ano temos unha programación intensa e extensa”, asegurou esta mañá Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, na presentación do programa.
O concelleiro de Cultura, José Manuel Morgade, convidou á poboación a desfrutar das actividades, que comezaron esta mesma semana cos obradoiros de compadres e comadres nos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro. O obradoiro de elaboración da máscara dos Follateiros de Lobios deste sábado, así como as regueifas infantís de compadres e comadres suporán a antesala dos días grandes, que comezan o venres 13 co desfile infantil dos centros educativos.
“O programa ten certas modificacións respecto a anos anteriores, como o desfile infantil, no que volvemos ao modelo anterior e cada colexio desfila por separado”, detallou Morgade. Nesa liña, lamentou a desinformación vertida polas concelleiras do PSdeG, e fixo fincapé na seguridade dos participantes. “O ano pasado amoreáronse máis de 1.000 nenos e nenas nun tramo moi pequeno”, recordou o alcalde. Pola súa parte, o tenente alcalde e concelleiro de Emerxencias, Daniel Rey, reiterou a importancia de manter a seguridade e evitar alteracións da mobilidade dunha vía con “tráfico denso” en horas punta.
O mesmo venres, Xusto Calviño e o Grupo defensor do Meco encargaranse de realizar o pregón do Entroido na Glorieta da Familia, que estará acompañado pola actuación musical do Grupo Zoadeira e polos cantos de taberna de Cuncas do Son. Os dous grupos realizarán unha rolda musical de inicio de Entroido polos diversos establecementos hostaleiros da Valenzá ata as 22,30 horas. “O ano pasado, o venres pola noite houbo unha discoteca móbil, pero a estatística fíxonos suspender ese evento. A Policía Local e Protección Civil atendeu numerosos incidentes relacionados con intoxicacións etílicas, vandalismo e pelexas, e este goberno municipal non vai permitir este tipo de situacións”, sinalou Rey.
O sábado, a música trasladarase ás aldeas do concello grazas á Charanga Big Band, que percorrerá o municipio de 17,00 a 21,30 horas. A Charanga Europa encargarase de poñer a nota musical na Valenzá na mañá do domingo, de 10,00 a 14,00 horas.
O luns de Entroido será a quenda da celebración para os máis pequenos de Barbadás, que poderán participar na Festa Infantil de Disfraces no Parque da Solaina, a partir das 16,30 horas.
Inscricións abertas para o Gran Desfile
O martes de Entroido terá lugar na Valenzá o habitual Gran Desfile de Barbadás, unha cita que congrega a milleiros de persoas na Avenida de Celanova. As inscricións para participar permanecerán abertas ata o día 16 de febreiro ás 12,00 horas. Como é habitual, haberá premios para as mellores comparsas. “Este ano fixemos modificacións nas bases para que estean moito máis claras para os participantes”, asegurou Xosé Carlos Valcárcel.
O Gran Desfile comezará ás 17,00 horas e rematará ás 20,00 horas coa entrega dos premios e animación musical. Ante o elevado número de vehículos que se desprazan ata A Valenzá para desfrutar da cita entroideira, o párking do Carrefour estará aberto para facilitar o aparcamento. “No operativo de seguridade participarán efectivos médicos, Protección Civil, Policía Local de Barbadás, Policía Local de Ourense e efectivos da Guarda Civil”, detallou Rey, quen agradeceu a colaboración de todas as áreas e corpos involucrados para lograr unha celebración segura.
O Desfile Fúnebre e a Queima do Meco do mércores 18 porán o punto e final á celebración entroideira. Na cita, que arranca ás 20,00 horas, participarán viúvas, bispos, cregos e monxas, que acompañarán ao meco ata a Praza Vella da Valenzá.
Este ano, o goberno local suspendeu o concurso para a elaboración cartel de Entroido debido ás polémicas das dúas edicións pasadas. “Hai dous anos, o suposto artista enviou o mesmo cartel en diversas localidades de España, o que lle quita o elemento creativo e tradicional, e o ano pasado, acusouse de plaxio ao autor”, apuntou Valcárcel.
|
CONTENT-CAT.1786757053
*21/01/2026
**
O Concello de Barbadás marca os obxectivos deste 2026 en materia de benestar animal
O tenente alcalde de Barbadás, Daniel Rey, reuniuse esta semana con parte do voluntariado do programa CER (Captura, Esterilización, Retorno) de colonias felinas do municipio. O encontro permitiu fixar os obxectivos deste 2026 ao mesmo tempo que escoitar as demandas e necesidades do equipo. A Tenencia de Alcaldía, a través das áreas de Emerxencias e … Seguir lendo O Concello de Barbadás marca os obxectivos deste 2026 en materia de benestar animal →
|
O Concello de Barbadás marca os obxectivos deste 2026 en materia de benestar animal 21/01/2026 |
|---|
O Concello de Barbadás marca os obxectivos deste 2026 en materia de benestar animalO tenente alcalde de Barbadás, Daniel Rey, reuniuse esta semana con parte do voluntariado do programa CER (Captura, Esterilización, Retorno) de colonias felinas do municipio. O encontro permitiu fixar os obxectivos deste 2026 ao mesmo tempo que escoitar as demandas e necesidades do equipo. A Tenencia de Alcaldía, a través das áreas de Emerxencias e Protección Civil e Medio Ambiente, coordina a preto de 20 voluntarios e voluntarias de diversas asociacións protectoras, que se encargan de proporcionar alimento, esterilización e atención veterinaria ás colonias de gatos. Cabe destacar que a normativa sobre protección animal obriga aos concellos a xestionar as colonias felinas para garantir unhas boas condicións de vida. O tenente alcalde pon en valor a “importante labor” realizada polo voluntariado e pide colaboración ao resto da poboación. “A veciñanza debe respetalos e axudalos, están facendo unha labor altruísta en prol do benestar animal e do cumprimento da lexislación”, asegura Rey. |
CONTENT-CAT.1786757053
*20/01/2026
**
Arrancan os obradoiros de memoria en cinco parroquias de Barbadás
O Concello de Barbadás inicia esta semana en cinco parroquias os obradoiros anuais de memoria dirixidos a persoas adultas. A actividade, centrada na estimulación cognitiva a través de exercicios lúdicos vinculados coa linguaxe e cos números, ten como obxectivo mellorar a memoria dos participantes ao mesmo tempo que fomentar a súa socialización. “Estes obradoiros, que … Seguir lendo Arrancan os obradoiros de memoria en cinco parroquias de Barbadás →
|
Arrancan os obradoiros de memoria en cinco parroquias de Barbadás 20/01/2026 |
|---|
Arrancan os obradoiros de memoria en cinco parroquias de BarbadásO Concello de Barbadás inicia esta semana en cinco parroquias os obradoiros anuais de memoria dirixidos a persoas adultas. A actividade, centrada na estimulación cognitiva a través de exercicios lúdicos vinculados coa linguaxe e cos números, ten como obxectivo mellorar a memoria dos participantes ao mesmo tempo que fomentar a súa socialización. “Estes obradoiros, que se veñen desenvolvendo dende hai xa bastantes anos, teñen unha gran demanda”, asegura Daniel Rey, tenente alcalde e concelleiro de Servizos Sociais. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e Daniel Rey visitaron onte o local social de Loiro, primeira parroquia onde comezou a actividade. Ao longo da semana sumaranse Sobrado do Bispo, A Valenzá, Bentraces e Piñor. As persoas interesadas en inscribirse aínda poden facelo a través do teléfono 988 393 168 ou na área de Servizos Sociais. O custo da actividade é de 40 euros por tempada, que remata a finais de ano. Os obradoiros están impartidos por persoal da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (AFAOR) a través dun convenio co Concello de Barbadás. |
CONTENT-CAT.1786757053
*19/01/2026
**
Bolsa de emprego na categoría laboral de cociñeiro/a
Aprobación bases e convocatoria
26/01/2026: Listado admitidos e convocatoria da proba de lingua galega
Disporase DUN PRAZO DE 2 DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte a publicación do listado na sede electrónica do Concello de Barbadás PARA RECLAMACIÓNS SOBRE O LISTADO DE PERSOAS ADMITIDAS.
PROBA DE LINGUA GALEGA: día 29/01/2026 ás 16:15 horas, no Salón de Plenos do Edificio Consistorial (rúa Cimadevila 1, 32890 Barbadás)
29/01/2026: Listado definitivo de persoas admitidas e nomeamento de Tribunal
|
Bolsa de emprego na categoría laboral de cociñeiro/a 19/01/2026 |
|---|
Bolsa de emprego na categoría laboral de cociñeiro/aAprobación bases e convocatoria 26/01/2026: Listado admitidos e convocatoria da proba de lingua galega Disporase DUN PRAZO DE 2 DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte a publicación do listado na sede electrónica do Concello de Barbadás PARA RECLAMACIÓNS SOBRE O LISTADO DE PERSOAS ADMITIDAS. 29/01/2026: Listado definitivo de persoas admitidas e nomeamento de Tribunal
Bases-xerais-contratación
319.97 KB
20251013_Anexo - Relación de méritos-1
28.35 KB
20251013_Anexo solicitude
231.69 KB
Anexo autoliquidación taxa
242.46 KB
Anexo - relación de méritos
28.35 KB
Aprobación bases e convocatoria
690.64 KB
DECRETO 2026-0161 [Listado admitidos e proba de lingua galega]
434.21 KB
|
CONTENT-CAT.1786757053
*15/01/2026
**
Protección Civil Barbadás intensifica a súa actividade e pecha 2025 con 1.774 atencións
As actuacións relacionadas con mantemento, coas áreas sociais do concello e con operativos programados supoñen o groso do servizo “Desde 2023, asumimos tanto funcións de emerxencias como de Protección Civil como de incendios forestais, na parte preventiva e na de extinción”, detalla o concelleiro Daniel Rey A área de Emerxencias e Protección Civil do Concello … Seguir lendo Protección Civil Barbadás intensifica a súa actividade e pecha 2025 con 1.774 atencións →
|
Protección Civil Barbadás intensifica a súa actividade e pecha 2025 con 1.774 atencións 15/01/2026 |
|---|
Protección Civil Barbadás intensifica a súa actividade e pecha 2025 con 1.774 atencións
A área de Emerxencias e Protección Civil do Concello de Barbadás reforzou a súa actividade durante o 2025 cun notable incremento das súas atencións. Se o servizo rexistrara en 2024 un total de 1.015 actuacións, no 2025 a cifra aumentou ata as 1.774, preto do dobre. O equipo humano, composto por unha trintena de profesionais entre persoal remunerado e voluntario, realizou máis de 10.000 horas de atencións no último ano. Daniel Rey, tenente alcalde e edil de Emerxencias, dá conta da ampliación dos servizos atendidos pola Concellería nos últimos anos. “Desde 2023, asumimos tanto funcións de atención de emerxencias como de Protección Civil como de incendios forestais, na parte preventiva e na de extinción”, detalla. Rey pon en valor o labor “encomiable” desempeñado polo xefe da agrupación e polo persoal e sinala a gran “profesionalidade” de todo o equipo: “Un profesional é quen sabe exercer o seu traballo dun xeito acaído, sexa voluntario ou remunerado”. Actualmente, a Concellería de Emerxencias traballa de xeito transversal co resto de áreas municipais. Nesa liña, en 2025 as actuacións relacionadas con mantemento e coas áreas sociais do Concello foron as intervencións máis comúns, cun total de 460 entre xaneiro e decembro. “Protección Civil colabora con Asuntos Sociais en domicilios, en eventos divulgativos, con Saúde en atención a primeiros auxilios cando os recursos sanitarios están desbordados…”, explica Rey. Os operativos programados son o segundo servizo máis frecuente, con 392 durante o pasado ano. Esta categoría inclúe os dispositivos especiais de Entroido e Nadal ou de eventos de asistencia masiva como o Rally Mix Barbadás, a romaría de San Bieito de Cova do Lobo, a Cavernícola Race ou as Festas da Valenzá. As intervencións con animais (277), os operativos preventivos de risco (129) e as atencións en accidentes viais (107) completan o listado das actuacións máis habituais de Protección Civil. Por outra banda, cabe destacar o incremento dos servizos vinculados a incendios no 2025, sobre todo durante a vaga de lumes que asoballou a provincia o pasado mes de agosto. Protección Civil acudiu a un total de 73 incendios ao longo do ano, dos que medio centenar eran forestais. As alertas de avespa velutina, pola súa parte, seguen reducíndose no municipio, na mesma liña que en 2024. O servizo atendeu 69 avisos deste tipo o ano pasado, preto dunha vintena menos que no exercicio anterior. Equipamentos e vehículos Ante o aumento da actividade de Protección Civil, o Concello de Barbadás reforza o investimento en equipamentos de intervención e en equipamentos de protección individual. “Ninguén pode axudar aos demais se non está protexido adecuadamente”, recorda Daniel Rey. A previsión do goberno local é seguir mellorando as instalacións, vehículos e equipamentos do servizo durante 2026. Nesta liña, o Concello solicitou unha subvención para a mellora da eficiencia enerxética do edificio base de Protección Civil, ademais de contemplar o investimento en sistemas de comunicación e materiais necesarios. “Tamén imos solicitar a colaboración da Xunta para renovar os vehículos”, engade o concelleiro. |
CONTENT-CAT.1786757053
*14/01/2026
**
Convocatoria das probas de avaliación en competencias clave
O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego de convocatoria das probas de avaliación en competencias clave. Estas probas están dirixidas ás persoas que desexen acceder a certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 sen contar coa titulación académica requirida. Estas avaliacións permitirán acreditar … Seguir lendo Convocatoria das probas de avaliación en competencias clave →
|
Convocatoria das probas de avaliación en competencias clave 14/01/2026 |
|---|
Convocatoria das probas de avaliación en competencias claveO Diario Oficial de Galicia publica a Resolución da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego de convocatoria das probas de avaliación en competencias clave. Estas probas están dirixidas ás persoas que desexen acceder a certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 sen contar coa titulación académica requirida. Estas avaliacións permitirán acreditar as competencias en comunicación en lingua galega e castelá, competencia matemática e comunicación en lingua estranxeira, segundo o nivel correspondente. O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado desde o xoves 15 de xaneiro.
|
CONTENT-CAT.1786757053
*13/01/2026
**
Barbadás notificará á empresa que presta o servizo de axuda no fogar a segunda sanción: 12.000 euros
Os incumprimentos do contrato inclúen a falta de cobertura de baixas e vacacións da plantilla ou a carencia de profesionais cualificados O goberno local lembra que a administración autonómica e a estatal están obrigadas a cubrir integramente o custe da atención á domicilio O Concello de Barbadás pecha o segundo expediente sancionador á empresa do … Seguir lendo Barbadás notificará á empresa que presta o servizo de axuda no fogar a segunda sanción: 12.000 euros →
|
Barbadás notificará á empresa que presta o servizo de axuda no fogar a segunda sanción: 12.000 euros 13/01/2026 |
|---|
Barbadás notificará á empresa que presta o servizo de axuda no fogar a segunda sanción: 12.000 euros
O Concello de Barbadás pecha o segundo expediente sancionador á empresa do Servizo de Atención no Fogar (SAF), Osventos, debido aos sucesivos incumprimentos do contrato. Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de alegacións, dito expediente non recibiu ningunha por parte da adxudicataria, polo que agora será levado á Xunta de Goberno para a aprobación da proposta de resolución, que se traducirá nunha sanción de 12.000 euros. Mentres, o Concello busca fórmulas de mellora deste servizo, fundamental para a atención das persoas máis vulnerables do Concello. As carencias no servizo -baixas e vacacións sen cubrir ou mesmo falta de profesionais cualificados- están a provocar o detrimento da atención ás persoas dependentes do Concello. Ante elo, o goberno local iniciou dous expedientes: malia que o primeiro non prosperou na vía xudicial por unha cuestión de prazos, o segundo é do que estamos a falar agora. O informe desta segunda sanción iniciouse nos primeiros días do pasado mes de agosto, despois de que numerosas familias presentasen queixas ante a falta de persoal e o empeoramento do servizo. Este asunto foi obxecto de debate no pleno ordinario deste luns, no que o tenente alcalde, Daniel Rey, deu conta dos pasos dados polo goberno municipal en relación ao SAF ante a moción do PSdeG para evitar os incumprimentos da empresa adxudicataria. Rey recordou os numerosos requerimentos enviados a Osventos desde que se detectou o detrimento do servizo, así como as sancións e as peticións de reunións coa súa dirección para solucionar a situación. Por outra banda, puxo énfase no infrafinanciamento da administración autonómica e estatal, obrigadas por lei a asumir o 100% da atención a domicilio. “En Barbadás, o Concello financia o 58,7% do SAF, cando deberían encargarse a Xunta e o Goberno Central xa que non é unha competencia municipal”, apuntou. De feito, o Concello unirase á demanda anunciada pola Fegamp contra a Xunta pola falta de financiamento autonómico dos servizos de atención no fogar. O pasado mes de agosto, Barbadás xa lle reclamou ao goberno galego que asumira a xestión do SAF. Nos últimos meses, o goberno local reuniuse coa asociación galega sociosanitaria para coñecer a situación do sector, marcada pola falta de profesionais cualificados e as dificultades de contratación. Nesa liña, o Concello de Barbadás impulsará neste 2026 un obradoiro de emprego sociosanitario, que facilite a formación e contratación de traballadores no municipio. Aprobación do padrón máis elevado da historia de Barbadás O pleno do Concello de Barbadás tamén aprobou en sesión plenaria a cifra de poboación a data 01/01/2025, 11.201 habitantes. Trátase do padrón máis elevado da historia de Barbadás, o quinto concello máis poboado da provincia ourensá, só por detrás da cidade, Carballiño, O Barco e Verín. O goberno local destacou a importancia de atraer poboación nun contexto demográfico adverso como o actual, no que os concellos galegos, e en especial, os de interior, perden habitantes ano tras ano. Porén, Barbadás rexistrou na última década un crecemento continuado da veciñanza, só interrumpido no 2021, ano posterior á pandemia, cun pequeno descenso. De feito, desde 2015, o municipio recibiu a preto dun milleiro de novos veciños e veciñas, o que dá conta da boa calidade dos servizos e prestacións municipais, así como da dinamización económica e social do concello. |
CONTENT-CAT.1786757053
*09/01/2026
**
Subvencións para o impulso da innovación e sustantibilidade do comercio local e artesal
O Diario Oficial de Galicia publicou o xoves 8 de xaneiro a Orde da Consellería de Emprego,Comercio e Emigración do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal, … Seguir lendo Subvencións para o impulso da innovación e sustantibilidade do comercio local e artesal →
|
Subvencións para o impulso da innovación e sustantibilidade do comercio local e artesal 09/01/2026 |
|---|
Subvencións para o impulso da innovación e sustantibilidade do comercio local e artesalO Diario Oficial de Galicia publicou o xoves 8 de xaneiro a Orde da Consellería de Emprego,Comercio e Emigración do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CO300C) Persoas beneficiarias Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos: 1. Comerciantes retallistas. a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. b) Que teñan a condición de peme c) Que, tendo a consideración de peme, teñan un número de persoas empregadas igual ou inferior a dez, incluídas as persoas en situación de autoemprego, no establecemento comercial para o cal se solicita a subvención. d) Que a actuación para a cal se solicita subvención se corresponda: 1º. Co obxecto social que figura nas escrituras, acta ou documento de constitución. 2º. Coa actividade principal do establecemento indicado na solicitude. Esta actividade deberá estar encadrada nalgunha das epígrafes relacionadas nos anexos II e III. No caso de que a actividade subvencionable se corresponda cunha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, tamén deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II. e) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE. 2. Obradoiros artesáns. Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o mesmo o día en que presenten a solicitude de subvención. Obxecto As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de axudas para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal. Importe Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito de 3.950.000,00 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. Prazo de presentación de solicitudes Un mes contado desde as 9.00 horas do día 16 de xaneiro de 2026 |
CONTENT-CAT.1786757053
*23/12/2025
**
O alcalde reorganiza o goberno con novas delegacións aos concelleiros Morgade e Rey
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asinou onte o decreto das novas delegacións dos concelleiros José Manuel Morgade e Daniel Rey, unha vez cinco concelleiras que formaban parte do goberno local decidiron renunciar ás súas competencias.
“Más alá do difícil momento nos que nos sitúa a súa renuncia, quero agradecerlles a todas elas a súa adicación no desempeño das súas funcións como concelleiras, especialmente á que foi tenente alcalde do Concello durante os dous últimos mandatos e persoa da miña total confianza desde hai 20 anos”, explica o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel.
Deste xeito, Daniel Rey, ademais da Área de Emerxencias e Intervencións Públicas, Disciplina Medioambiental e Gardería Forestal, encargarase tamén da Tenencia de Alcaldía e da coordinación de Urbanismo, Vías e Obras, Servizos Públicos, Parques e Xardíns, Servizos Sociais, Saúde e Igualdade.
José Manuel Morgade, ademais da área de Promoción Económica, Turismo, Recursos Humanos e Formación, estará á fronte da área segunda Tenencia de Alcaldía, Educación e Comercio, Cultura e Participación Veciñal.
Pola súa banda, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel asume a xestión da Policía Local e as áreas de Facenda, Deportes e Mocidade.
|
O alcalde reorganiza o goberno con novas delegacións aos concelleiros Morgade e Rey 23/12/2025 |
|---|
O alcalde reorganiza o goberno con novas delegacións aos concelleiros Morgade e ReyO alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asinou onte o decreto das novas delegacións dos concelleiros José Manuel Morgade e Daniel Rey, unha vez cinco concelleiras que formaban parte do goberno local decidiron renunciar ás súas competencias. “Más alá do difícil momento nos que nos sitúa a súa renuncia, quero agradecerlles a todas elas a súa adicación no desempeño das súas funcións como concelleiras, especialmente á que foi tenente alcalde do Concello durante os dous últimos mandatos e persoa da miña total confianza desde hai 20 anos”, explica o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. Deste xeito, Daniel Rey, ademais da Área de Emerxencias e Intervencións Públicas, Disciplina Medioambiental e Gardería Forestal, encargarase tamén da Tenencia de Alcaldía e da coordinación de Urbanismo, Vías e Obras, Servizos Públicos, Parques e Xardíns, Servizos Sociais, Saúde e Igualdade. José Manuel Morgade, ademais da área de Promoción Económica, Turismo, Recursos Humanos e Formación, estará á fronte da área segunda Tenencia de Alcaldía, Educación e Comercio, Cultura e Participación Veciñal. Pola súa banda, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel asume a xestión da Policía Local e as áreas de Facenda, Deportes e Mocidade. |
CONTENT-CAT.1786757053
*22/12/2025
**
Gañadores do Concurso de decoración de escaparates do Nadal 2025
Tal e como establecen as bases do concurso faise público o resultado do concurso de decoración de escaparates comerciais e hostaleiros do Nadal 2025. Publícase o listado dos gañadores e os resultados dos votos emitidos. Participaron neste concurso 1.619 persoas a través da plataforma habilitada para poder votar aos mellores escapararates comerciais e mellores escaparates … Seguir lendo Gañadores do Concurso de decoración de escaparates do Nadal 2025 →
|
Gañadores do Concurso de decoración de escaparates do Nadal 2025 22/12/2025 |
|---|
Gañadores do Concurso de decoración de escaparates do Nadal 2025Tal e como establecen as bases do concurso faise público o resultado do concurso de decoración de escaparates comerciais e hostaleiros do Nadal 2025. Publícase o listado dos gañadores e os resultados dos votos emitidos. Participaron neste concurso 1.619 persoas a través da plataforma habilitada para poder votar aos mellores escapararates comerciais e mellores escaparates de hostalería do Nadal 2025. |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
Gañadores do Concurso de decoración de balcóns, xanelas e portais do Nadal 2025
Tal e como establecen as bases do concurso faise público o resultado do concurso de decoración de balcóns, xanelas e portais do Nadal 2025. Publícase o listado dos gañadores e os resultados dos votos. Participaron neste concurso 452 persoas a través da plataforma habilitada para poder votar ao mellor balcón, mellor xanela e mellor portal.
|
Gañadores do Concurso de decoración de balcóns, xanelas e portais do Nadal 2025 22/12/2025 |
|---|
Gañadores do Concurso de decoración de balcóns, xanelas e portais do Nadal 2025Tal e como establecen as bases do concurso faise público o resultado do concurso de decoración de balcóns, xanelas e portais do Nadal 2025. Publícase o listado dos gañadores e os resultados dos votos. Participaron neste concurso 452 persoas a través da plataforma habilitada para poder votar ao mellor balcón, mellor xanela e mellor portal. |
CONTENT-CAT.1786757053
*10/12/2025
**
Campamento de Nadal 2025_Listaxe definitiva de admitidos
|
Campamento de Nadal 2025_Listaxe definitiva de admitidos 10/12/2025 |
|---|
|
|
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
O Concello de Barbadás contrata a un peón de servizos múltiples a través de Garantía Xuvenil
O Concello de Barbadás vén de contratar a un peón de servizos múltiples a través do plan Garantía Xuvenil cunha subvención de 16.380,09 euros. O traballador realizará fundamentalmente labores de xardinaría e tarefas de apoio ao servizo de parques e xardíns, así como labores de mantemento na vía pública.
Este tipo de subvencións están destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
|
O Concello de Barbadás contrata a un peón de servizos múltiples a través de Garantía Xuvenil 10/12/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás contrata a un peón de servizos múltiples a través de Garantía XuvenilO Concello de Barbadás vén de contratar a un peón de servizos múltiples a través do plan Garantía Xuvenil cunha subvención de 16.380,09 euros. O traballador realizará fundamentalmente labores de xardinaría e tarefas de apoio ao servizo de parques e xardíns, así como labores de mantemento na vía pública. Este tipo de subvencións están destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
O Banco Solidario de Barbadás reabre as súas portas tras a renovación integral das instalacións
O acto de reapertura incluíu a homenaxe de 16 voluntarios da entidade municipal “O Banco acaba de experimentar unha remodelación intensa que permitirá traballar mellor e ser máis efectivos”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás O Concello de Barbadás reabriu este martes o local do Banco Solidario despois da renovación integral das instalacións municipais. … Seguir lendo O Banco Solidario de Barbadás reabre as súas portas tras a renovación integral das instalacións →
|
O Banco Solidario de Barbadás reabre as súas portas tras a renovación integral das instalacións 10/12/2025 |
|---|
O Banco Solidario de Barbadás reabre as súas portas tras a renovación integral das instalacións
O Concello de Barbadás reabriu este martes o local do Banco Solidario despois da renovación integral das instalacións municipais. A Concellería de Servizos Sociais reforza así a súa aposta pola iniciativa social, que leva 10 anos sendo un apoio fundamental para as familias máis vulnerables de Barbadás. A actuación incluíu o pintado de todo o local (localizado na rúa Ensino da Valenzá), así como a colocación de novo mobiliario (como estantes e percheiros) para almacenar doazóns da veciñanza de xeito máis cómodo e seguro. “O Banco acaba de experimentar unha remodelación intensa que permite traballar mellor cos recursos que temos e ser máis efectivos no ámbito da solidariedade e na atención ás persoas máis vulnerables, algo fundamental para o Concello”, explicou Xosé Carlos Valcárcel, alcalde, durante o acto. O rexedor tamén recordou que o Banco axuda a un total de 150 persoas do municipio. A concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González Nistal, enxalzou o importante papel do Banco Solidario en Barbadás, sobre todo durante a época de Nadal. “Agora mesmo estamos en plena organización de todo o que recollimos durante a campaña de xoguetes para que ningún neno ou nena de Barbadás quede sen agasallo nestas festas”, explicou a edila. Os días 17 e 18 de decembro, os voluntarios e voluntarias do Banco encargaranse de distribuír os lotes de xoguetes e comida non perecedoira entre as familias máis vulnerables do municipio. Homenaxe ao voluntariado A reapertura do Banco Solidario tamén incluíu unha emotiva homenaxe ao voluntariado, que co seu esforzo e compromiso fan posible que a iniciativa siga en pé 10 anos despois da súa creación. Así, a inauguración contou coa presenza de Ana, Corina, Yolanda, Teresa, Isabel, Purificación, Elida, Luis Fernando, Luis Enrique, Sandra, Maribel, Carmen, Marián e Pilar, parte do equipo humano detrás do Banco Solidario. “Todos e todas as que regalades o voso tempo, enerxía e cariño sen pedir nada a cambio sodes a alma do Banco”, resaltou a concelleira na súa intervención, na que tamén se acordou dos voluntarios que xa non están ou que xa non colaboran na entidade. “Grazas por cada xesto, por cada día que decidides estar aquí. O que facedes pode parecer pequeno a ollos do mundo, pero para quen o recibe… é todo”, asegurou. O acto contou tamén coa participación do resto do goberno local e da oposición, así como do equipo de Servizos Sociais e de Protección Civil. |
CONTENT-CAT.1786757053
*09/12/2025
**
Barbadás aprenderá a cociñar sen glute grazas a un curso gratuíto
- Durante a actividade, ensinarase a facer doces de Nadal seguros para celíacos
O sábado 13 de decembro, de 11.00 a 13.30 horas, na Asociación Fonval de A Valenza (Rúa Ensino 11, ao lado da Policía Local), terá lugar “Barbadás cociña sen glute!!”, un obradoiro gratuíto orientado a persoas celíacas ou intolerantes ao gluten, así como a veciños empadroados no municipio. Esta actividade, promovida pola Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) en colaboración co Concello de Barbadás, permitirá aprender a preparar receitas seguras e sabrosas sen gluten, compartir experiencias e fomentar hábitos alimentarios adaptados.
Durante o obradoiro, os participantes elaborarán galletas de Nadal, troncos de Nadal e focaccia aptas para celíacos. As prazas son limitadas, polo que os interesados deberán inscribirse previamente a través de ACEGA (teléfonos: 981 104 467 / 679 461 003; correo: info@celiacosgalicia.es) ou mediante o formulario en liña: https://forms.gle/wbw21sToRw9Z9BTt9.
Este curso súmase ás políticas de apoio que o Concello de Barbadás vén implementando en favor das persoas con celiaquía e intolerancias alimentarias. Entre outras medidas, o Concello ofrece axudas económicas para cubrir parte do sobrecusto derivado da compra de alimentos específicos sen gluten ou sen lactosa — unha iniciativa considerada pioneira en Galicia. A convocatoria actual permite solicitar subvencións de ata 400 € por persoa.
Con “Barbadás cociña sen glute!!” preténdese “non só ofrecer unha actividade formativa e práctica, senón tamén contribuír á inclusión e á visibilidade das persoas celíacas, facilitando un estilo de vida saudable e adaptado”, declara Eli González, concelleira de Servizos Sociais, Saúde e Igualdade de Barbadás. Así mesmo — e dado o carácter gratuíto e acessible do obradoiro — “búscase promover o intercambio comunitario e o apoio mutuo entre veciños/as, fortalecendo os lazos sociais no municipio” engadiu.
|
Barbadás aprenderá a cociñar sen glute grazas a un curso gratuíto 09/12/2025 |
|---|
Barbadás aprenderá a cociñar sen glute grazas a un curso gratuíto
O sábado 13 de decembro, de 11.00 a 13.30 horas, na Asociación Fonval de A Valenza (Rúa Ensino 11, ao lado da Policía Local), terá lugar “Barbadás cociña sen glute!!”, un obradoiro gratuíto orientado a persoas celíacas ou intolerantes ao gluten, así como a veciños empadroados no municipio. Esta actividade, promovida pola Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) en colaboración co Concello de Barbadás, permitirá aprender a preparar receitas seguras e sabrosas sen gluten, compartir experiencias e fomentar hábitos alimentarios adaptados. Durante o obradoiro, os participantes elaborarán galletas de Nadal, troncos de Nadal e focaccia aptas para celíacos. As prazas son limitadas, polo que os interesados deberán inscribirse previamente a través de ACEGA (teléfonos: 981 104 467 / 679 461 003; correo: info@celiacosgalicia.es) ou mediante o formulario en liña: https://forms.gle/wbw21sToRw9Z9BTt9. Este curso súmase ás políticas de apoio que o Concello de Barbadás vén implementando en favor das persoas con celiaquía e intolerancias alimentarias. Entre outras medidas, o Concello ofrece axudas económicas para cubrir parte do sobrecusto derivado da compra de alimentos específicos sen gluten ou sen lactosa — unha iniciativa considerada pioneira en Galicia. A convocatoria actual permite solicitar subvencións de ata 400 € por persoa. Con “Barbadás cociña sen glute!!” preténdese “non só ofrecer unha actividade formativa e práctica, senón tamén contribuír á inclusión e á visibilidade das persoas celíacas, facilitando un estilo de vida saudable e adaptado”, declara Eli González, concelleira de Servizos Sociais, Saúde e Igualdade de Barbadás. Así mesmo — e dado o carácter gratuíto e acessible do obradoiro — “búscase promover o intercambio comunitario e o apoio mutuo entre veciños/as, fortalecendo os lazos sociais no municipio” engadiu. |
CONTENT-CAT.1786757053
*03/12/2025
**
|
Campamento de Nadal 2025_ Listaxe provisional de admitidos 03/12/2025 |
|---|
|
|
CONTENT-CAT.1786757053
*02/12/2025
**
O Concello de Barbadás celebra o Nadal cunha vintena de actividades dirixidas a todos os públicos
“Será un Nadal cheo de color, ledicia, música, deporte, cultura e actividades sociais”, resalta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel O acendido da árbore deste venres suporá o inicio dos festexos no municipio “Este Nadal está centrado na dispersión xeográfica, o alumeado ímolo levar a todos os recunchos do concello”, asegura Victoria Morenza, tenente alcalde e … Seguir lendo O Concello de Barbadás celebra o Nadal cunha vintena de actividades dirixidas a todos os públicos →
|
O Concello de Barbadás celebra o Nadal cunha vintena de actividades dirixidas a todos os públicos 02/12/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás celebra o Nadal cunha vintena de actividades dirixidas a todos os públicos
O Concello de Barbadás propón unha variada programación para celebrar o Nadal cunha vintena de actividades dirixidas a todos os públicos. A veciñanza poderá desfrutar dunha vintena de propostas lúdicas que inclúen teatro, concertos, obradoiros, festivais ou torneos. “Será un Nadal cheo de color, ledicia, música, deporte, cultura e actividades sociais”, resaltou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, durante a presentación da programación. O rexedor tamén convidou á veciñanza a escoller para as compras de Nadal o comercio local de Barbadás, unha panca económica fundamental do municipio e un dos principais dinamizadores da vida social. Os festexos comezarán este venres pola tarde co acendido da árbore e da iluminación de Nadal. A partir das 18,00 horas haberá animación musical no entorno da árbore (situada na rúa Viso, número 1) para rematar coa tradicional conta atrás do acendido, que se realizará ás 19,00 horas. Para pechar a inauguración, a veciñanza está convidada a unha chocolatada popular. Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos, deu conta do esforzo do goberno local por iluminar todo o municipio: “Este Nadal está centrado na dispersión xeográfica, imos levar o alumeado ata o último recuncho do municipio”. Este ano, as luces son LED, o que permitirá un maior aforro enerxético. Ana Peleteiro, concelleira de Cultura, detallou a programación cultural, que inclúe espectáculos de maxia como “Zasca”, do Mago José Rivera, concertos como o da Banda Musical Infantil da Escola de Música Municipal de Barbadás ou o Festival de Panxoliñas, e teatro, como “Os contos do Lobicán” de Rédrum Teatro. “Queremos que os veciñas e veciñas desfruten destas datas, que interactúen e que socialicen entre elas”, sinalou a concelleira. Papá Noel e Os Reis Magos farán parada en Barbadás, como é habitual, e percorrerán distintos puntos e núcleos do municipio para saudar a toda a poboación. A Concellería de Emerxencias, dirixida por Daniel Rey, conta xa con dispositivos especiais para as cabalgatas, ao igual que para o resto de actividades na vía pública. Entre as propostas para as próximas semanas tamén destacan as deportivas. A concelleira de Deportes, Noemí Pintos, convidou á poboación a achegarse ao torneo benéfico prebenxamín Memorial Javier Carid “Abuelo”, que permitirá recoller alimentos para o Banco de Alimentos. Por outra banda, tamén haberá oco para actividades saudables, como o Obradoiro de Doces de Nadal para persoas celíacas. “Poden participar tanto persoas con celiaquía como as súas familias”, detallou Elisabet González, concelleira de Servizos Sociais e Saúde. A Consellería de Servizos Sociais atópase inmersa actualmente na recollida de xoguetes para familias vulnerables, que o Banco Solidario repartirá nas próximas semanas. Concurso de escaparates e balcóns A concelleira de Comercio, Marga Pérez, recordou que aínda está aberto o prazo para inscribirse no concurso de decoración de Nadal de escaparates e no concurso de balcóns e portais. “É un xeito de que a veciñanza participe e colabore en facer entre todos máis bonito o noso municipio para estas datas tan máxicas”, apuntou. O prazo de inscripción remata este venres ás 14,00 horas para os dous concursos. A solicitude pode presentarse nos rexistros municipais ou na sede electrónica do Concello de Barbadás. A votación será popular -poderá participar toda a veciñanza- e telemática, entre os días 10 e 17 de decembro. |
CONTENT-CAT.1786757053
*01/12/2025
**
O goberno local organiza charlas coa veciñanza para dar a coñecer este tipo de reciclaxe e entregar composteiros aos participantes O Concello de Barbadás aposta pola implantación da compostaxe doméstica para avanzar na protección do medio ambiente. O goberno local continúa coa campaña de concienciación dirixida a toda a veciñanza que dispón dun pequeno terreo, … Seguir lendo Máis de 50 familias adheríronse á compostaxe doméstica a través da campaña de concienciación do Concello de Barbadás →
|
Máis de 50 familias adheríronse á compostaxe doméstica a través da campaña de concienciación do Concello de Barbadás 01/12/2025 |
|---|
Máis de 50 familias adheríronse á compostaxe doméstica a través da campaña de concienciación do Concello de Barbadás
O Concello de Barbadás aposta pola implantación da compostaxe doméstica para avanzar na protección do medio ambiente. O goberno local continúa coa campaña de concienciación dirixida a toda a veciñanza que dispón dun pequeno terreo, e no que vai de ano xa son máis de 50 as familias adheridas á iniciativa. Nesa liña, o Centro Empresarial Transfronteirizo (CET) acolleu a pasada semana unha nova entrega de composteiros domésticos, ademais dunha charla explicativa das pautas básicas para iniciar correctamente o proceso de compostaxe no fogar. Un total de 17 familias adheríronse á campaña na charla, o que dá conta da importancia de impulsar este tipo de sesións informativas. O goberno local anima ás persoas que aínda non se teñan sumado a facelo, lembrando que a compostaxe doméstica é unha ferramenta eficaz para reducir biorresiduos, diminuír o volume de lixo que chega a vertedoiro e contribuír a un modelo máis sostible e respectuoso co medio ambiente. As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web (https://www.barbadas.ocaminosostible.gal). Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal. Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos. |
CONTENT-CAT.1786757053
*28/11/2025
**
A Policía Local de Barbadás estrea o sistema Tetra de comunicación dixital
Trátase de terminais de formato walkie talkie con interconexión entre servizos de emerxencia, xeolocalización, envío de SMS e chamada ou aviso SOS se a rede de telefonía móbil está caída “Estamos a traballar na desconexión do actual repetidor analóxico que daba servizo a Policía Local e a Protección Civil e queremos ampliar o convenio Tetra … Seguir lendo A Policía Local de Barbadás estrea o sistema Tetra de comunicación dixital →
|
A Policía Local de Barbadás estrea o sistema Tetra de comunicación dixital 28/11/2025 |
|---|
A Policía Local de Barbadás estrea o sistema Tetra de comunicación dixital
O Concello de Barbadás avanza na modernización da Policía Local coa incorporación dos equipos de comunicación Tetra. A adquisición destes terminais, xunto cos dous vehículos novos dos axentes, dan conta do esforzo do goberno local por mellorar e reforzar a seguridade da veciñanza. Os novos terminais permitirán unha comunicación máis rápida e eficaz entre os policías e co resto de servizos de emerxencias. A incorporación dos equipos Tetra chega despois da ampliación do convenio do Concello con Retegal para o uso da rede dixital de seguridade e emerxencias de Galicia. Os terminais, tipo walkie talkie, melloran notablemente a calidade da comunicación dos equipos analóxicos actuais, permiten a xeolocalización, o envío de SMS e chamada ou incluso aviso SOS nos casos nos que a rede de telefonía móbil estea caída. O goberno municipal traballa xa na ampliación deste convenio para aumentar o número de terminais tanto para a Policía Local como para o servizo de Emerxencias e Protección Civil. “Estamos a traballar na desconexión do actual repetidor analóxico que daba servizo á Policía Local e a Protección Civil, actualmente obsoleto, e ese aforro de custes irá directamente vencellado á ampliación do convenio Tetra ao longo do 2026”, avanza Daniel Rey, concelleiro de Emerxencias. |
CONTENT-CAT.1786757053
*26/11/2025
**
Barbadás anima á veciñanza a sumarse á compostaxe doméstica
O Concello de Barbadás aposta pola implantación da compostaxe doméstica e continúa coa campaña de sensibilización ambiental no municipio. Este venres, día 28, o Centro Empresarial Transfronteirizo acolle unha nova entrega de composteiros domésticos para a poboación, ademais dunha breve explicación coas pautas básicas para iniciar correctamente o proceso de compostaxe no fogar. A charla comeza … Seguir lendo Barbadás anima á veciñanza a sumarse á compostaxe doméstica →
|
Barbadás anima á veciñanza a sumarse á compostaxe doméstica 26/11/2025 |
|---|
Barbadás anima á veciñanza a sumarse á compostaxe domésticaO Concello de Barbadás aposta pola implantación da compostaxe doméstica e continúa coa campaña de sensibilización ambiental no municipio. Este venres, día 28, o Centro Empresarial Transfronteirizo acolle unha nova entrega de composteiros domésticos para a poboación, ademais dunha breve explicación coas pautas básicas para iniciar correctamente o proceso de compostaxe no fogar. A charla comeza ás 19,00 horas. O goberno local anima ás persoas que aínda non se teñan sumado a facelo nos próximos días, lembrando que a compostaxe doméstica é unha ferramenta eficaz para reducir biorresiduos, diminuír o volume de lixo que chega a vertedoiro e contribuír a un modelo máis sostible e respectuoso co medio ambiente. As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web (https://www.barbadas.ocaminosostible.gal). Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal. Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos. |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
O Concello de Barbadás inicia as melloras nos accesos á Valenzá vella
A intervención, valorada en 64.000 euros, enmárcase no Plan de Obras deste 2025 O Concello de Barbadás vén de iniciar as obras de rehabilitación dos accesos á Valenzá vella desde a avenida de Celanova, unha intervención que mellorará a seguridade e accesibilidade viaria, así como a mobilidade de péons e vehículos. O proxecto, valorado en … Seguir lendo O Concello de Barbadás inicia as melloras nos accesos á Valenzá vella →
|
O Concello de Barbadás inicia as melloras nos accesos á Valenzá vella 26/11/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás inicia as melloras nos accesos á Valenzá vella
O Concello de Barbadás vén de iniciar as obras de rehabilitación dos accesos á Valenzá vella desde a avenida de Celanova, unha intervención que mellorará a seguridade e accesibilidade viaria, así como a mobilidade de péons e vehículos. O proxecto, valorado en 64.000 euros, está enmarcado no Plan de Obras deste 2025, no que o goberno local inviste un total de 1,1 millóns de euros. A actuación modernizará os accesos ao barrio e adaptará calzadas e beirarrúas aos estándares actuais de accesibilidade universal, favorecendo un espazo urbano máis seguro e inclusivo para toda a veciñanza, en especial para persoas con mobilidade reducida, maiores e familias con bebés. Deste xeito, o proxecto inclúe a renovación e ampliación de beirarrúas para favorecer un tránsito máis cómodo e seguro, a incorporación de pavimento podotáctil para persoas con visibilidade reducida, a adaptación dos rebaixes de bordos nos pasos de peóns, a mellora da sinalización horizontal e da iluminación, a reordenación de mobiliario urbano que actualmente dificulta o paso ou a reposición de elementos deteriorados. Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Obras, pon en valor a intervención, “que mellorará notablemente a mobilidade de peóns e vehículos, así como a seguridade viaria da Valenzá Vella”. Morenza resalta a importancia de adaptarse aos estándares actuais de accesibilidade garantindo un “itinerario peonil continuo e libre de barreiras”. Por outra banda, a concelleira recorda que é unha zona moi frecuentada, polo que a intervención redundará nunha notable mellora da calidade de vida da veciñanza. |
CONTENT-CAT.1786757053
*24/11/2025
**
O CIM de Barbadás inicia a Biblioteca Feminista, aberta a toda a cidadanía
Os títulos en préstamo inclúen novelas, ensaios e cómics que reflexionan sobre o papel da muller na sociedade “Pode vir quen queira ao CIM e buscar se hai algún libro do seu interese”, sinala Elisabet González, concelleira de Igualdade O Centro de Información á Muller (CIM) de Barbadás inicia a súa Biblioteca Feminista, un proxecto … Seguir lendo O CIM de Barbadás inicia a Biblioteca Feminista, aberta a toda a cidadanía →
|
O CIM de Barbadás inicia a Biblioteca Feminista, aberta a toda a cidadanía 24/11/2025 |
|---|
O CIM de Barbadás inicia a Biblioteca Feminista, aberta a toda a cidadanía
O Centro de Información á Muller (CIM) de Barbadás inicia a súa Biblioteca Feminista, un proxecto dirixido a toda a cidadanía que busca animar á lectura ao mesmo tempo que concienciar sobre as realidades ás que se enfrontan as mulleres. Os libros, escollidos polo persoal do CIM, están dispoñibles para o seu préstamo no propio centro; basta con achegarse, escoller un título e cubrir unha pequena ficha cos datos persoais. “Pode vir quen queira e buscar se hai algún libro do seu interese”, sinala Elisabet González, concelleira de Igualdade. Os volumes, maioritariamente de autoría feminina, inclúen novelas, ensaios e cómics nos que se reflexiona sobre o papel da muller na sociedade, a violencia de xénero, o acoso sexual, a prostitución ou o peso dos coidados no fogar. “Son lecturas moi recomendables de autoras moi coñecidas como Carmen Martín Gaite, Chimamanda Ngozi Adichie, Cristina Fallarás ou Ledicia Costas”, explica González. O obxectivo é dar a coñecer a Biblioteca entre a veciñanza e ir ampliando pouco e pouco o fondo, que actualmente roza o medio centenar de exemplares. “A Biblioteca tamén ten un uso terapéutico entre as usuarias do CIM que viven situacións de violencia e vulnerabilidade. É outra forma de acompañalas que complementa á atención psicolóxica, social e legal do CIM”, detalla a concelleira de Igualdade. |
CONTENT-CAT.1786757053
*17/11/2025
**
Barbadás conciencia ás novas xeracións sobre a realidade da violencia de xénero
O Concello conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller baixo o lema “Contra o negacionismo: compromiso e acción” “Queremos poñer o foco no negacionismo da violencia de xénero, en constante aumento nos últimos tempos, xa que consideramos que este tipo de discursos tamén son violencia”, apunta Elisabet González, concelleira de Igualdade … Seguir lendo Barbadás conciencia ás novas xeracións sobre a realidade da violencia de xénero →
|
Barbadás conciencia ás novas xeracións sobre a realidade da violencia de xénero 17/11/2025 |
|---|
Barbadás conciencia ás novas xeracións sobre a realidade da violencia de xénero
O Concello de Barbadás conmemora o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, baixo o lema “Contra o negacionismo: compromiso e acción”. As actividades programadas, que inclúen teatro ou obradoiros, van dirixidas a visibilizar e denunciar as moitas violencias que sofren as mulleres hoxe en día, así como a concienciar á poboación de todas as idades. “Queremos poñer o foco no negacionismo da violencia de xénero, en constante aumento nos últimos tempos, xa que consideramos que este tipo de discursos tamén son violencia”, sinalou esta mañá Elisabet González, concelleira de Igualdade, na presentación da programación. Nesta liña, a Concellería aposta por achegarse aos centros educativos e formar ás novas xeracións na identificación da violencia e no desenvolvemento do pensamento crítico. “Teremos o obradoiro ‘O que non se ve non existe’, con alumnado de Educación Primaria, e ‘Desmontando mitos’, con alumnado de Secundaria”, detallou González. “Os obradoiros tocan cuestións esenciais como esas formas de violencia máis sutís, máis ocultas, son máis difíciles de identificar”, resaltou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. O rexedor puxo énfase na importancia de poñer enriba da mesa as situacións que viven as mulleres e o impacto de certos discursos: “Négase unha realidade visible, pero que non se quere ver”. As actividades levaranse a cabo durante os meses de novembro e decembro no CEIP Filomena Dato, O Ruxidoiro, Luis Vives e IES Ferro Couselo. Teatro, lectura de manifesto e mesa institucional O propio 25N, na rotonda da Familia da Valenzá, realizarase a lectura dun manifesto contra a violencia machista ás 12,00 horas, na que participará alumnado do CPR Luis Vives. O acto tamén incluirá a colocación dunha carpa aberta á veciñanza, na que se informará sobre a campaña da Concellería e se darán a coñecer os recursos e servizos dispoñibles para as mulleres vítimas de violencia. A programación complétase o día 28 de novembro coa Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á violencia de xénero e a obra teatral “Xoguetes rotos”, da compañía Barrosanta, que terá lugar na Casa de Cultura ás 20,30 horas.
|
CONTENT-CAT.1786757053
*12/11/2025
**
Barbadás aposta pola conciliación co Campamento de Nadal para cativada de 3 a 12 anos
“Este ano contamos cun horario máis amplo para axudar ás familias”, resalta Marga Pérez, concelleira de Educación O Concello de Barbadás aposta unha vez máis pola conciliación das familias durante as vacacións escolares de Nadal. A área de Educación impulsa o Campamento de Nadal, unha proposta que inclúe actividades lúdicas e creativas adicadas a nenos … Seguir lendo Barbadás aposta pola conciliación co Campamento de Nadal para cativada de 3 a 12 anos →
|
Barbadás aposta pola conciliación co Campamento de Nadal para cativada de 3 a 12 anos 12/11/2025 |
|---|
Barbadás aposta pola conciliación co Campamento de Nadal para cativada de 3 a 12 anos
O Concello de Barbadás aposta unha vez máis pola conciliación das familias durante as vacacións escolares de Nadal. A área de Educación impulsa o Campamento de Nadal, unha proposta que inclúe actividades lúdicas e creativas adicadas a nenos e nenas de 3 a 12 anos. “Este ano contamos cun horario máis amplo para axudar na tan necesaria conciliación familiar e laboral”, resalta Marga Pérez, concelleira de Educación. O Campamento terá lugar no Espazo Infantil os días 22, 23, 29 e 30 de decembro e o 7 de xaneiro en horario de 8,30 a 14,00 horas. “Haberá xogos cooperativos e obradoiros, pero sobre todo, moita diversión cos novos e novas amigas”, asegura Marga Pérez, concelleira de Educación. Cada día, as actividades serán distintas: desde un obradoiro de creación de adornos de Nadal ata un obradoiro de cociña, cine temático ou caza do tesouro. As familias interesadas xa poden consultar as bases e o modelo de solicitude na páxina web do Concello (barbadas.es). As inscricións pódense formalizar do 17 ao 28 de novembro na Casa Consistorial e nas Oficinas Municipais, na Valenzá. |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
CONTENT-CAT.1786757053
*10/11/2025
**
Barbadás levará a cabo un novo reparto de composteiros entre a veciñanza
Durante a fin de semana, habilitouse un punto informativo na Valenzá para resolver dúbidas, explicar os beneficios da compostaxe e fomentar a participación cidadá O Concello de Barbadás continúa a avanzar na implantación da compostaxe doméstica e na sensibilización ambiental da veciñanza. Con este obxectivo, o pasado sábado 8 de novembro habilitouse un punto informativo … Seguir lendo Barbadás levará a cabo un novo reparto de composteiros entre a veciñanza →
|
Barbadás levará a cabo un novo reparto de composteiros entre a veciñanza 10/11/2025 |
|---|
Barbadás levará a cabo un novo reparto de composteiros entre a veciñanza
O Concello de Barbadás continúa a avanzar na implantación da compostaxe doméstica e na sensibilización ambiental da veciñanza. Con este obxectivo, o pasado sábado 8 de novembro habilitouse un punto informativo no municipio, que serviu como espazo de encontro para resolver dúbidas, explicar os beneficios da compostaxe e fomentar a participación cidadá. Ao longo da xornada, o punto informativo recibiu unha excelente acollida, con numerosas persoas achegándose para coñecer máis sobre o proceso de compostaxe, solicitar información práctica e anotarse para participar no programa municipal. A poboación tamén puido recoller cubos para reciclar nos domicilios de entornos urbanos os residuos orgánicos que van ao contedor marrón. Esta acción permitiu acercar a campaña directamente á rúa, favorecendo unha comunicación directa, próxima e personalizada coas persoas interesadas. Como continuidade da iniciativa, o Concello entregará composteiros domésticos o venres 28 ás 19,00 horas no Centro Empresarial Transfronteirizo. Ademais da recollida do material, ofrecerase unha breve explicación coas pautas básicas para iniciar correctamente o proceso de compostaxe no fogar. O Concello anima ás persoas que aínda non se teñan sumado a facelo nos próximos días, lembrando que a compostaxe doméstica é unha ferramenta eficaz para reducir biorresiduos, diminuír o volume de lixo que chega a vertedoiro e contribuír a un modelo máis sostible e respectuoso co medio ambiente. As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web (https://www.barbadas.ocaminosostible.gal). Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal. Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos. |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
O Concello de Barbadás mellora a seguridade viaria e a accesibilidade do camiño da Moura de Arriba
A vía, que une os núcleos de Barbadás e Sobrado, é moi transitada por vehículos e peóns O Concello de Barbadás iniciará nos próximos días as obras de mellora do camiño da Moura de Arriba, unha vía que une os núcleos de Barbadás e Sobrado e polo que transitan numerosos vehículos e peóns. A intervención, … Seguir lendo O Concello de Barbadás mellora a seguridade viaria e a accesibilidade do camiño da Moura de Arriba →
|
O Concello de Barbadás mellora a seguridade viaria e a accesibilidade do camiño da Moura de Arriba 10/11/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás mellora a seguridade viaria e a accesibilidade do camiño da Moura de Arriba
O Concello de Barbadás iniciará nos próximos días as obras de mellora do camiño da Moura de Arriba, unha vía que une os núcleos de Barbadás e Sobrado e polo que transitan numerosos vehículos e peóns. A intervención, enmarcada no Plan Camiña Rural 2025-2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), supón un investimento de máis de 53.000 euros e conta cun prazo de execución de 3 meses. A tenente alcalde e concelleira de Obras, Victoria Morenza, destaca o esforzo do Concello de Barbadás por mellorar as infraestruturas rurais e facilitar o acceso ás explotacións agrícolas e ás vivendas situadas nas parroquias do municipio. “O camiño da Moura de Arriba é unha vía fundamental para comunicar Barbadás e Sobrado: é unha zona moi transitada que se atopaba nun estado bastante complicado para a seguridade viaria”, explica. As obras abranguen un tramo de 511 metros, nos que se actuará sobre firme, cunetas e sinalización. Deste xeito, aplicarase unha nova capa de aglomerado para corrixir as irregularidades actuais e mellorar a resistencia da vía; levarase a cabo a limpeza das cunetas para favorecer a drenaxe da auga; desbrozarase a vexetación dos laterais do camiño para garantir unha boa visibilidade; axustaranse en altura os tres pozos existentes na zona, e instalarase nova sinalización vertical e horizontal. |
CONTENT-CAT.1786757053
*04/11/2025
**
O pleno aprobou a moción presentada por PSdeG e DO en apoio ás reivindicacións de Fadenga e Aedigal O Concello de Barbadás reclama á Xunta un maior financiamento para as asociacións e entidades de discapacidade intelectual, que levan a cabo unha labor clave no acompañamento, asesoramento e inclusión das persoas afectadas. PSdeG e DO presentaron … Seguir lendo O Concello de Barbadás reclama á Xunta un maior financiamento para as asociacións de discapacidade intelectual →
|
O Concello de Barbadás reclama á Xunta un maior financiamento para as asociacións de discapacidade intelectual 04/11/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás reclama á Xunta un maior financiamento para as asociacións de discapacidade intelectual
O Concello de Barbadás reclama á Xunta un maior financiamento para as asociacións e entidades de discapacidade intelectual, que levan a cabo unha labor clave no acompañamento, asesoramento e inclusión das persoas afectadas. PSdeG e DO presentaron na sesión plenaria ordinaria deste luns unha moción para adherirse ás reivindicacións de Fademga Plena inclusión Galicia e Asociación Empresarial para a Discapacidade Intelectual e o Desenrolo de Galicia (Aedigal), que alertan do posible peche de centros en toda Galicia debido ao infrafinanciamento das entidades sociais. A concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González, puxo en valor o traballo que desempeñan diariamente colectivos e asociacións tales como o Centro Ocupacional As Burgas da Valenzá, que conta con máis de 80 persoas usuarias. A edila lamentou a falta de colaboración por parte da administración autonómica, a quen pediu iniciar unha mesa de negociación con Fademga e Aedigal para abordar o tema e buscar solucións. “A responsabilidade de corrixir esta situación recae directamente na Xunta e na Consellería de Política Social”, resaltou. A moción foi aprobada cos votos a favor de PSdeG, DO, Partido Galego e BNG, e cos votos en contra do Partido Popular. Transporte metropolitano O pleno aprobou por unanimidade a moción presentada polo BNG sobre o transporte metropolitano, unha demanda histórica de Barbadás e do resto de concellos da comarca ourensá. A tenente alcalde e concelleira de Mobilidade, Victoria Morenza, deu conta da actual situación do comité de transporte, constituído pola Deputación. “Non ten sentido que sexa a Deputación quen o lidera, xa que é unha competencia da Xunta”, sinalou. Morenza detallou as propostas do Concello de Barbadás ao comité, tales como a extensión da liña de transporte urbano do Concello de Ourense ata o Hospital de Piñor, o incremento das frecuencias dos servizos prestados no rural (Loiro, Bentraces, Sobrado, Barbadás, Piñor e Parada) ou a creación dunha liña que una San Lourenzo de Piñor e Parada coa Valenzá. Porén, a tenente alcalde lamentou que o comité non sexa un órgano competente para tomar decisións, e instou de novo á Xunta a liderar o proceso, o que permitiría avanzar no proxecto. O pleno tamén aprobou unha moción do PP para apoiar aos autónomos e á economía local, así como unha moción do BNG sobre o reforzo dos servizos públicos adicados á loita contra a violencia de xénero. Por outra banda, a corporación deu luz verde á modificación da ordenanza fiscal número 6 reguladora da taxa pola prestación de abastecemento de auga potable. |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
Bonos Activa Comercio- Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas
O Diario Oficial de Galicia publica o martes 4 de novembro, a Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 9 de outubro de 2025 pola que se convoca a segunda edición do 2025 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos … Seguir lendo Bonos Activa Comercio- Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas →
|
Bonos Activa Comercio- Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas 04/11/2025 |
|---|
Bonos Activa Comercio- Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistasO Diario Oficial de Galicia publica o martes 4 de novembro, a Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 9 de outubro de 2025 pola que se convoca a segunda edición do 2025 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (código de procedemento CO301B). Persoas beneficiarias Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Obxecto O obxecto é a convocatoria da segunda edición do 2025 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio Importe 1. Para a concesión destas axudas destinaranse 2.500.000,00 € 2. O orzamento poderase incrementar en función da evolución do programa bonos Activa comercio co obxecto de aumentar o número de persoas beneficiarias. Descarga dos bonos Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 5 de novembro de 2025, ás 9.00 horas, ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas acade os 2.500.000,00 €.
|
CONTENT-CAT.1786757053
*29/10/2025
**
Concurso Infantil de Tarxetas de Nadal 2025
Prazo do 29 de outubro ao 21 de novembro de 2025 ás 14:00 h.
O Concello de Barbadás, a través da Concellaría de Educación, convoca unha nova edición do Concurso Infantil de Tarxetas de Nadal, dirixido a todos os nenos e nenas do municipio matriculados en educación primaria (de 1º a 6º curso). O obxectivo desta iniciativa é fomentar a creatividade, a expresión artística e o espírito do Nadal … Seguir lendo Concurso Infantil de Tarxetas de Nadal 2025 →
|
Concurso Infantil de Tarxetas de Nadal 2025 29/10/2025 |
|---|
Concurso Infantil de Tarxetas de Nadal 2025Prazo do 29 de outubro ao 21 de novembro de 2025 ás 14:00 h. O Concello de Barbadás, a través da Concellaría de Educación, convoca unha nova edición do Concurso Infantil de Tarxetas de Nadal, dirixido a todos os nenos e nenas do municipio matriculados en educación primaria (de 1º a 6º curso). O obxectivo desta iniciativa é fomentar a creatividade, a expresión artística e o espírito do Nadal entre os máis pequenos. Categorías
RequisitosAs tarxetas deben:
PresentaciónAs obras poderán entregarse:
Prazo: do 29 de outubro ao 21 de novembro de 2025 ás 14:00 h. Cada participante deberá presentar a súa tarxeta nun sobre pechado con pseudónimo e idade, dirixido á Concellaría de Educación – Concurso de Tarxetas de Nadal 2025. Resolución e premiosO xurado —formado pola Concelleira de Educación, o coordinador da Casa da Cultura e un representante de cada CEIP— seleccionará dúas tarxetas por categoría.
A participación implica a aceptación das bases reguladoras do concurso. |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
Listados provisionais axudas de libros e material escolar educación infantil
Subsanación de erros ata o día 12 de novembro
O CONCELLO DE BARBADÁS CONVOCA NOVAMENTE A LIÑA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO EN EDUCACIÓN INFANTIL, PARA O CURSO 2025-2026 Estas achegas están destinadas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo As axudas que se conceden terán carácter de subvención económica realizada polo Concello de … Seguir lendo Listados provisionais axudas de libros e material escolar educación infantil →
|
Listados provisionais axudas de libros e material escolar educación infantil 29/10/2025 |
|---|
Listados provisionais axudas de libros e material escolar educación infantilSubsanación de erros ata o día 12 de novembro O CONCELLO DE BARBADÁS CONVOCA NOVAMENTE A LIÑA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO EN EDUCACIÓN INFANTIL, PARA O CURSO 2025-2026
Estas achegas están destinadas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo
As axudas que se conceden terán carácter de subvención económica realizada polo Concello de Barbadás para a compra de libros e material para os ciclos de Educación Infantil, ascendendo a 100 € por neno/a como máximo.
Beneficiarios Os beneficiarios serán unidades de convivencia cuxos ingresos non poderán exceder de cinco mil setecentos euros netos anuais por membro familiar.
Solicitudes Subsanción de erros 10 días hábiles ( ata o día 12 de novembro). Ler bases no documento que se achega.
Listado Provisional Axudas curso 2025-2026 ( 29-10-2025)
173.19 KB
Bases reguladoras Axuda de libros Ed Infantil curso 2025-2026 GL
150.70 KB
Extracto Axuda libros Ed Infantil 2025-2026
77.40 KB
2025-Banner-Axudas Educación Infantil
76.84 KB
Bases reguladoras Axuda libros Ed Infantil curso 2025-2026 PDF [151 KB] Extracto Axuda libros Ed Infantil 2025-2026 PDF [77 KB] Listado Provisional Axudas curso 2025-2026 ( 29-10-2025) PDF [173 KB] |
CONTENT-CAT.1786757053
*
**
- O goberno municipal vén de recibir os resultados da auditoría solicitada para coñecer o estado da rede
- Entre as intervencións destaca a mellora da rede de pluviais en Piñor e Parada, o cambio de varios colectores na Valenzá ou as reparacións de fosas en Sobrado
O Concello de Barbadás levará a cabo nos próximos meses melloras de calado na rede de saneamento municipal para evitar posibles infiltracións e fugas e optimizar os recursos. O goberno local implementa estas actuacións despois de recibir os resultados da auditoría solicitada cunha subvención autonómica para coñecer o estado da rede municipal. “Con este tipo de auditorías detéctanse cales son as necesidades nas que temos que traballar. Ademais de facela na rede de saneamento, xa temos feito análises do abastecemento ou da rede de iluminación pública para mellorar os nosos servizos”, apunta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel.
Cabe destacar que a rede de Barbadás é antiga na súa maior parte, executada en formigón, fibrocemento e PVC na súa totalidade, o que facilita infiltracións na rede desde o exterior. A análise permitiu identificar aqueles puntos nos que é preciso actuar, tanto para poñer solución a fugas detectadas como para evitar que sucedan no futuro. “Trátase de mellorar unha infraestrutura tan básica como é a rede de saneamento, actualizala e minimizar o impacto ambiental dos posibles defectos”, resalta Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Obras.
Entre as intervencións destaca a mellora da rede de pluviais en Piñor e Parada, a ampliación da rúa do Viso, reparacións en fosas de Sobrado, actuacións nas conexións da rúa de Abaixo en Bentraces, cambio do colector na avenida de Celanova desde o cruce coa rúa Altamira ata o cruce coa rúa Burgas ou a renovación dun colector na rúa Guerrera.
|
O Concello de Barbadás realizará melloras na rede de saneamento e renovará colectores para evitar posibles infiltracións e fugas 29/10/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás realizará melloras na rede de saneamento e renovará colectores para evitar posibles infiltracións e fugas
O Concello de Barbadás levará a cabo nos próximos meses melloras de calado na rede de saneamento municipal para evitar posibles infiltracións e fugas e optimizar os recursos. O goberno local implementa estas actuacións despois de recibir os resultados da auditoría solicitada cunha subvención autonómica para coñecer o estado da rede municipal. “Con este tipo de auditorías detéctanse cales son as necesidades nas que temos que traballar. Ademais de facela na rede de saneamento, xa temos feito análises do abastecemento ou da rede de iluminación pública para mellorar os nosos servizos”, apunta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. Cabe destacar que a rede de Barbadás é antiga na súa maior parte, executada en formigón, fibrocemento e PVC na súa totalidade, o que facilita infiltracións na rede desde o exterior. A análise permitiu identificar aqueles puntos nos que é preciso actuar, tanto para poñer solución a fugas detectadas como para evitar que sucedan no futuro. “Trátase de mellorar unha infraestrutura tan básica como é a rede de saneamento, actualizala e minimizar o impacto ambiental dos posibles defectos”, resalta Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Obras. Entre as intervencións destaca a mellora da rede de pluviais en Piñor e Parada, a ampliación da rúa do Viso, reparacións en fosas de Sobrado, actuacións nas conexións da rúa de Abaixo en Bentraces, cambio do colector na avenida de Celanova desde o cruce coa rúa Altamira ata o cruce coa rúa Burgas ou a renovación dun colector na rúa Guerrera. |
CONTENT-CAT.1786757053
*28/10/2025
**
O Concello de Barbadás remata a rehabilitación integral do local social de Sobrado
O goberno local destinou máis de 180.000 euros para a actuación, que incluíu a renovación da cuberta, o cambio das carpintarías, cámaras e illamento, o novo chan, a soleira ventilada ou a construción de baños no interior “Agora é un local moi luminoso, moi amplo, que vai ser multiusos e no que pode haber todo … Seguir lendo O Concello de Barbadás remata a rehabilitación integral do local social de Sobrado →
|
O Concello de Barbadás remata a rehabilitación integral do local social de Sobrado 28/10/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás remata a rehabilitación integral do local social de Sobrado
O Concello de Barbadás vén de rematar a renovación integral do local social de Sobrado do Bispo, situado na rúa da Granxa. A intervención municipal, de máis de 180.000 euros, supón a completa modernización do edificio, antiga escola da localidade. Así, a rehabilitación incluíu a renovación da cuberta, a substitución parcial da estrutura do soporte, o cambio das carpintarías, cámaras e illamento das fachadas, a modernización da fontanaría, saneamento, electricidade, iluminación e ventilación, a colocación dun novo chan, a construción de baños interiores e a instalación dunha soleira ventilada. A actuación permitiu devolver a vida a un edificio senlleiro que ata o de agora tiña un uso residual como local de ensaio. “Agora é un local moi luminoso, moi amplo, que vai ser multiusos e no que pode haber todo tipo de eventos”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. Así, o espazo conta cun novo acondicionamento acústico para evitar a reverberación do son, así como con carrís de focos no teito para futuras exposicións. O edificio, que data de 1920 segundo os datos do catastro, está completamente adaptado ás normativas actuais e goza de modernos sistemas de ventilación. “Ten un sistema que renova o aire automaticamente, o que favorece que haxa unha temperatura adecuada en todas as estacións do ano”, detalla Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Obras. Por outra banda, agora o local é accesible para persoas con mobilidade reducida, ao igual que os baños. “Tamén se instalou un sistema de ventilación do gas radón, adaptado á normativa galega”, destaca Xosé Carlos Valcárcel. O alcalde destaca a inversión municipal neste local, que xa pode ser utilizado polos veciñas e veciños, ao mesmo tempo que agradece a colaboración da poboación, que foi insistente en demandar a modernización do espazo. |
CONTENT-CAT.1786757053
































































































