Etiqueta creada para as novas referentes á sanidade e saúde pública
Categoría: Sanidade
|
Unha vintena de asociacións de pacientes e outras organizacións saen a rúa para amosar o seu traballo 20/09/2025 |
|---|
Unha vintena de asociacións de pacientes e outras organizacións saen a rúa para amosar o seu traballoO Concello de Barbadás impulsou onte o V Paseo da Saúde, unha cita onde se congregan asociacións de pacientes, agrupacións e entidades sociais que dan conta do seu traballo diario na provincia. Nesta quinta edición sumáronse tres participantes máis (Cruz Vermella, Alcohólicos Anónimos e Solidaridad Intergeneracional), o que eleva a máis dunha vintena o número de entidades participantes xunto con Afaor, Alcer, Auria, AECC Ourense, Aodemper, Por eles TEA, Affou, Accu, Querendo, Autismo Ourense, Asociación de Celíacos de Galicia, DCA Ourense, AFEM Morea, Fundación Neuroburgas, Grupo Social ONCE, Asgacop, Garda Civil e Protección Civil de Barbadás. A corporación municipal visitou os stands das entidades, colocados na avenida de Celanova da Valenzá, no entorno da glorieta da Familia. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, aproveitou a ocasión para poñer en valor o traballo diario das asociacións, que asesoran, axudan e acompañan centenares de pacientes e familiares da provincia. “O voso labor é imprescindible, e moitas veces está invisibilizado”, apuntou. A concelleira de Servizos Sociais, Saúde e Igualdade, Elisabet González, agasallou a cada entidade cun pequeno almorzo saudable, e agradeceulles a súa participación. “Agardamos que sexan moitos os veciños e veciñas que vos coñezan neste Paseo”, comentou a edila. A poboación descubriu o traballo das asociacións e tivo a oportunidade de coñecer o seu estado de saúde con medicións do azucre en sangue, espirometrías e tensión arterial. Durante toda a xornada houbo obradoiros e charlas sobre distintas patoloxías, ademais dunha merenda saudable ás 18,00 horas grazas á Cova do Sabio. A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) tamén estivo ata última hora, posibilitando que a veciñanza doase sangue. |
CONTENT-CAT.1768430611
*12/09/2025
**
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, enxalza o traballo realizado polas asociacións e agradece a súa colaboración nesta quinta edición “O Paseo contará con diferentes espazos nos que poderemos coñecer, aprender e desfrutar da presenza dos participantes”, apunta Elisabet González O Concello de Barbadás impulsa o V Paseo da Saúde, unha cita onde se … Seguir lendo O V Paseo da Saúde suma tres novas asociacións participantes e supera a vintena de entidades involucradas →
|
O V Paseo da Saúde suma tres novas asociacións participantes e supera a vintena de entidades involucradas 12/09/2025 |
|---|
O V Paseo da Saúde suma tres novas asociacións participantes e supera a vintena de entidades involucradas
O Concello de Barbadás impulsa o V Paseo da Saúde, unha cita onde se congregan asociacións de pacientes, agrupacións e entidades sociais que dan conta do seu traballo diario na provincia. Nesta quinta edición, que se levará a cabo o venres 19 de setembro, súmanse tres participantes máis (Cruz Vermella, Alcohólicos Anónimos e Solidaridad Intergeneracional), o que eleva a máis dunha vintena o número de entidades participantes. Esta mañá, na presentación da actividade, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, enxalzou o traballo levado a cabo na provincia por todas as asociacións, que axudan, acompañan e asesoran á poboación máis vulnerable. “Moitas veces sodes as grandes esquecidas e por iso o voso traballo merece ser tan visibilizado neste Paseo”, apuntou Valcárcel, quen recordou que Barbadás é o único concello ourensán con esta iniciativa anual. Pola súa parte, a concelleira de Servizos Sociais, Saúde e Igualdade, Elisabet González, avanzou a ampla variedade de actividades que inclúe a xornada do próximo venres. A avenida de Celanova acollerá, no entorno da rotonda da Familia, os stands das agrupacións, que explicarán o seu traballo e os seus programas de atención. “As entidades nos ofrecerán información útil, obradoiros prácticos e actividades didácticas para todas as idades”, detallou a edila. O Paseo terá horario de mañá e de tarde, para que se poidan achegar maiores e pequenos. “Queremos dar visibilidade a un labor fundamental e, moitas veces esquecido. Estas asociacións traballan non só para axudar a persoas enfermas, senón tamén ás súas familias”, engadiu. Ademais de Cruz Vermella, Alcohólicos Anónimos e Solidaridad Intergeneracional, no V Paseo estarán presentes Afaor, Alcer, Auria, AECC Ourense, Aodemper, Por eles TEA, Affou, Accu, Querendo, Autismo Ourense, Asociación de Celíacos de Galicia, DCA Ourense, AFEM Morea, Fundación Neuroburgas, Grupo Social ONCE, Asgacop, Garda Civil e Protección Civil de Barbadás. Visibilizar as patoloxías Na presentación estiveron presentes representantes das entidades participantes, que agradeceron a iniciativa do Concello de Barbadás e puxeron o foco na necesidade de que a sociedade non mire cara outro lado. Nesa liña, Eva Penín, veciña da Valenzá e integrante de Asgacop (Asociación Galega de Covid Persistente), recordou o impacto da recente eliminación da unidade de covid persistente na área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras. “Pecharon, sen previo aviso, esa atención que recibíamos”, apuntou Penín, que asegura que “somos moitos” os veciños de Barbadás afectados por esta patoloxía. Cabe recordar que o Concello de Barbadás foi o primeiro municipio ourensano en solicitar a reapertura desta unidade, que ofrecía atención especialista e personalizada aos pacientes. Primeiros auxilios e doazón de sangue Protección Civil Barbadás tamén estará presente no V Paseo, onde realizará diferentes demostracións de técnicas de prevención dirixidas especialmente ao alumnado dos colexios, pero tamén á veciñanza en xeral. “A saúde tamén pasa por unha aprendizaxe dos primeiros auxilios”, resaltou Daniel Rey, concelleiro de Emerxencias. Pola súa parte, Javier Barja, xefe de Tráfico da Comandancia da Garda Civil, deu conta da colaboración co Paseo da Saúde. Nesa liña, convidou á poboación a achegarse a Barbadás o 19 de setembro e, o 5 de outubro, a participar na II Carreira Solidaria da Garda Civil, a favor da Asociación para a Loita contra as Enfermidades Renais. A veciñanza de Barbadás tamén poderá aproveitar o V Paseo para doar sangue, xa que a actividade contará coa presenza dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue. Pola tarde, as entidades participantes e o público poderán desfrutar dunha merenda saudable grazas á colaboración da Cova do Sabio.
|
CONTENT-CAT.1768430611
*25/08/2025
**
- O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, pón en valor a elevada colaboración veciñal durante todo o ano, incluído o verán, no que habitualmente a participación descende
- A taxa de doazón en Barbadás é a novena máis alta de Ourense
- A unidade móbil de ADOS fará parada na Valenzá o martes 2 de setembro
O Concello de Barbadás pón en valor a solidariedade da poboación, que cada ano convirte Barbadás nun dos municipios con maior taxa de doazóns de sangue de toda a provincia. As aportacións das veciñas e veciños logran que, actualmente, Barbadás goce dunha taxa de doazóns superior á galega, con 40 doazóns por cada 1.000 habitantes.
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, agradece a elevada participación cidadá, durante todo o ano, incluído o verán, no que as aportacións descenden. Nesa liña, recorda que os hospitais galegos seguen precisando doazóns nas vacacións estivais para tratar as enfermidades dos pacientes. “Quero poñer en valor a solidariedade da nosa veciñanza, que fai posible que sexamos o noveno concello con maior taxa de toda a provincia de Ourense e que a nosa taxa de doazón estea dentro da recomendación da OMS”, apunta.
Valcárcel anima á poboación a sumarse á campaña de concienciación actual de ADOS, “Non esquezas doar antes de veranear”. A unidade móbil estará na Valenzá o martes 2 de setembro no número 72 da avenida de Celanova, na Valenzá. O horario incluirá a mañá (de 9,30 a 14,30 horas) e a tarde (15,30 a 21,00 horas).
|
O Concello de Barbadás enxalza a solidariedade da veciñanza: a taxa de doazón de sangue do municipio supera a media galega 25/08/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás enxalza a solidariedade da veciñanza: a taxa de doazón de sangue do municipio supera a media galega
O Concello de Barbadás pón en valor a solidariedade da poboación, que cada ano convirte Barbadás nun dos municipios con maior taxa de doazóns de sangue de toda a provincia. As aportacións das veciñas e veciños logran que, actualmente, Barbadás goce dunha taxa de doazóns superior á galega, con 40 doazóns por cada 1.000 habitantes. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, agradece a elevada participación cidadá, durante todo o ano, incluído o verán, no que as aportacións descenden. Nesa liña, recorda que os hospitais galegos seguen precisando doazóns nas vacacións estivais para tratar as enfermidades dos pacientes. “Quero poñer en valor a solidariedade da nosa veciñanza, que fai posible que sexamos o noveno concello con maior taxa de toda a provincia de Ourense e que a nosa taxa de doazón estea dentro da recomendación da OMS”, apunta. Valcárcel anima á poboación a sumarse á campaña de concienciación actual de ADOS, “Non esquezas doar antes de veranear”. A unidade móbil estará na Valenzá o martes 2 de setembro no número 72 da avenida de Celanova, na Valenzá. O horario incluirá a mañá (de 9,30 a 14,30 horas) e a tarde (15,30 a 21,00 horas). |
CONTENT-CAT.1768430611
*07/05/2025
**
O pleno do Concello aprobou por unanimidade a moción presentada por PSdeG e DO, na que se solicita á Xunta a reactivación deste servizo, ao que acudían máis de 400 persoas afectadas O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, recordou o traballo que leva feito e continúa facendo Barbadás por visualizar esta enfermidade O Concello de Barbadás … Seguir lendo Barbadás convértese no primeiro concello ourensán en reclamar a reapertura da unidade poscovid da provincia →
|
Barbadás convértese no primeiro concello ourensán en reclamar a reapertura da unidade poscovid da provincia 07/05/2025 |
|---|
Barbadás convértese no primeiro concello ourensán en reclamar a reapertura da unidade poscovid da provincia
O Concello de Barbadás converteuse este luns no primeiro concello ourensán que reclama a reapertura da unidade poscovid da provincia. O pleno aprobou, por unanimidade, unha moción presentada polo PSdeG e DO para instar á Xunta a reactivar este servizo, activo desde hai anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), e pechado recentemente pola administración autonómica. O goberno local de Barbadás súmase a esta demanda e amosa así o seu apoio ás mobilizacións realizadas este último mes por parte da asociación de persoas afectadas pola covid persistente na provincia ourensá. A unidade sanitaria atendía a máis de 400 pacientes cando a Xunta decidiu desmantelala. Entre os numerosos e variados síntomas que sofren estas persoas destacan a fatiga crónica, a dificultade respiratoria, as taquicardias, a alteración da memoria ou o deterioro físico e cognitivo. O peche do servizo, no que se abordaba a enfermidade desde distintas especialidades médicas, supón para os pacientes a perda dunha atención personalizada que lles permitía convivir cos seus síntomas. O concelleiro de DO, Daniel Rey, defendeu a importancia da reactivación desta unidade “por riba de posicionamientos políticos ou partidistas”, e deu conta do impacto da enfermidade lendo un fragmento dunha carta escrita por unha persoa con covid persistente. Nesa liña, cabe destacar a presencia no salón de plenos de Barbadás de dous pacientes, entre elas, a tesorera da asociación de afectados pola longcovid. Pola súa parte, a concelleira de Sanidade, Elisabet González, puxo cifras a esta realidade moitas veces invisibilizada: “Estímase que a covid persistente afecta ao 10/15% das persoas que se contaxian. As persoas afectadas non poden ser abandonadas, por iso é necesario garantir a continuidade desta atención médica especializada”. O PP presentou unha emenda para reactivar a unidade ao remate das obras no CHUO A moción presentada polo PSdeG e DO foi apoiada pola unanimidade do pleno. Porén, o PP presentou unha emenda para reactivar a unidade ao remate das obras do CHUO, xa que o complexo hospitalario está sendo reformado e ampliado desde agosto de 2022. O goberno local non aceptou esta emenda porque non corresponderse co “espírito da moción”. Nese sentido, PSdeG, DO, Partido Galego e BNG coincidiron en que non se trata dunha cuestión vencellada ao remate das obras (previsto, segundo a Xunta, para mediados de 2026), senón da necesidade de manter a atención aos pacientes afectados. “Reforzar o servizo pódese facer mantendo a unidade activa e posteriormente, cando esas obras estean rematadas, ampliala”, resumiu o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, quen recordou o traballo feito polo Concello de Barbadás neste ámbito. “Quero que lle chegue este mensaxe á cidadanía: as demandas que había foron escoitadas e atendidas”, sinalou. |
CONTENT-CAT.1768430611
*16/10/2024
**
As xornadas desenvolveranse do 16 ao 23 de outubro con talleres prácticos para profesionais, estudantes e público xeral No marco do Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar (RCP), baixo o lema “As túas mans salvan vidas”, o Concello de Barbadás prepara unha serie de eventos para promover a importancia da RCP e o soporte vital básico … Seguir lendo Barbadás súmase á celebración do Día Mundial da RCP 2024 con actividades de formación e concienciación →
|
Barbadás súmase á celebración do Día Mundial da RCP 2024 con actividades de formación e concienciación 16/10/2024 |
|---|
Barbadás súmase á celebración do Día Mundial da RCP 2024 con actividades de formación e concienciación
No marco do Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar (RCP), baixo o lema “As túas mans salvan vidas”, o Concello de Barbadás prepara unha serie de eventos para promover a importancia da RCP e o soporte vital básico (SVB). Estas actividades, organizadas pola Concellería de Educación e en colaboración coa Área de Emerxencias e Intervencións Públicas, Disciplina Medioambiental e Gardería Forestal, desenvolveranse do 16 ao 23 de outubro e están dirixidas tanto ao público xeral como a escolares e profesionais. O obxectivo principal é concienciar á poboación sobre a importancia de actuar ante unha emerxencia médica, subliñando que as técnicas de reanimación e soporte vital poden ser determinantes para salvar vidas.
Día Mundial da RCP Este evento internacional ten como obxectivo aumentar a conciencia pública sobre a importancia da reanimación cardiopulmonar e o soporte vital básico, educando á poboación para que saiba como actuar en situacións de emerxencia que poñan en risco a vida. O Concello de Barbadás convida a toda a comunidade a participar nestas actividades formativas que poden marcar a diferenza en situacións críticas.
Programación das actividades polo Día Mundial da RCP 2024 en Barbadás:
|
CONTENT-CAT.1768430611
*19/09/2023
**
Xoves, 21 de setembro, nas inmediacións da rotonda da Familia, en A Valenzá
Dar a coñecer o traballo fundamental, e tantas veces esquecido, das asociacións que loitan por axudar a persoas enfermas de diferentes patoloxías e ás súas familias é o obxectivo do Paseo da Saúde de Barbadás, que acada a súa terceira edición co lema “Prevención e saúde”. A iniciativa presentouse esta mañá na Casa da Mocidade … Seguir lendo Quince asociacións e o equipo de atención primaria do ambulatorio de Barbadás súmanse á terceira edición do Paseo da Saúde →
|
Quince asociacións e o equipo de atención primaria do ambulatorio de Barbadás súmanse á terceira edición do Paseo da Saúde 19/09/2023 |
|---|
Quince asociacións e o equipo de atención primaria do ambulatorio de Barbadás súmanse á terceira edición do Paseo da SaúdeXoves, 21 de setembro, nas inmediacións da rotonda da Familia, en A Valenzá Dar a coñecer o traballo fundamental, e tantas veces esquecido, das asociacións que loitan por axudar a persoas enfermas de diferentes patoloxías e ás súas familias é o obxectivo do Paseo da Saúde de Barbadás, que acada a súa terceira edición co lema “Prevención e saúde”. A iniciativa presentouse esta mañá na Casa da Mocidade e no acto interviñeron a tenente de alcalde, Victoria Morenza; a concelleira de Saúde, Elisabeth González; o edil de Emerxencias, Daniel Rey; a xerente da AECC en Ourense, Carmen Aragonés; a representante da asociación Querendo de mulleres con endometrose, Tania Freire, e a coordinadora da Asociación Autismo Ourense, Lucía Maceiras.
Obradoiros de primeiros auxilios
|
CONTENT-CAT.1768430611
*28/10/2022
**
Estratexia de promoción da Saúde en Barbadás: presentación e mesa de traballo
BARBADÁS INICIA A SENDA PARA ELABORAR UN MAPA DE RECURSOS QUE TEÑAN UN IMPACTO POSITIVO NA SAÚDE E NO BENESTAR DA VECIÑANZA Esta mañá tivo lugar a presentación da adhesión do Concello á Estratexia de Promoción da Saúde Representantes veciñais, de servizos Sociais, Centro da Muller, Policía Local, Protección Civil, Urbanismo, colexios, farmacias participaron na … Seguir lendo Estratexia de promoción da Saúde en Barbadás: presentación e mesa de traballo →
|
Estratexia de promoción da Saúde en Barbadás: presentación e mesa de traballo 28/10/2022 |
|---|
Estratexia de promoción da Saúde en Barbadás: presentación e mesa de traballoBARBADÁS INICIA A SENDA PARA ELABORAR UN MAPA DE RECURSOS QUE TEÑAN UN IMPACTO POSITIVO NA SAÚDE E NO BENESTAR DA VECIÑANZA Esta mañá tivo lugar a presentación da adhesión do Concello á Estratexia de Promoción da Saúde Representantes veciñais, de servizos Sociais, Centro da Muller, Policía Local, Protección Civil, Urbanismo, colexios, farmacias participaron na mesa da traballo que significa o punto de partida para a iniciativa
|
CONTENT-CAT.1768430611
*08/10/2022
**
Actividades de promoción da saúde no concello de Barbadás
O CONCELLO DE BARBADÁS PROGRAMA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA SAÚDE A partir do día 17 de outubro darán comenzo as clases para o mantemento da saúde no medio rural O Concello de Barbadás programa actividades de promoción da saúde no medio rural. As clases de mantemento pretenden redundar na mellora da saúde das persoas adultas … Seguir lendo Actividades de promoción da saúde no concello de Barbadás →
|
Actividades de promoción da saúde no concello de Barbadás 08/10/2022 |
|---|
Actividades de promoción da saúde no concello de BarbadásO CONCELLO DE BARBADÁS PROGRAMA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA SAÚDE A partir do día 17 de outubro darán comenzo as clases para o mantemento da saúde no medio rural
PARADA: luns e mércores 10:00 – 10:45 SOBRADO: luns e mércores 16:00 – 16:45 BENTRACES: luns e mércores 17:00 – 17:45 LOIRO: luns e mércores 18:00 – 18:45 FONSILLÓN: luns e mércores 19:15 – 20:00 A VALENZÁ (polideportivo) : martes e xoves 10:15 – 11:00 BARBADÁS: martes e xoves 17:15 – 18:00 LAMAS: martes e xoves 18:15 – 19:00 FINCA FIERRO: martes e xoves 19:15 – 20:00 PIÑOR: martes 16:15 – 17:00 venres 17:30 – 18:15
|
CONTENT-CAT.1768430611
*13/06/2022
**
Obradoiros sobre prevención de accidentes domésticos
Programa "Prevención é Saúde" da Concellería de Sanidade do Concello de Barbadás
A Concellería de Sanidade, como continuación ás actividades que se veñen desenvolvendo no Concello de Barbadás dentro do programa PREVENCIÓN É SAÚDE, organiza uns obradoiros sobre PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DOMÉSTICOS, que se realizarán durante este mes de xuño, nos distintos locais sociais do concello. As datas e lugares previstos son: 16 de xuño, ás … Seguir lendo Obradoiros sobre prevención de accidentes domésticos →
|
Obradoiros sobre prevención de accidentes domésticos 13/06/2022 |
|---|
Obradoiros sobre prevención de accidentes domésticosPrograma "Prevención é Saúde" da Concellería de Sanidade do Concello de Barbadás
|
CONTENT-CAT.1768430611
*24/05/2022
**
Presentación do II Paseo da Saúde
O 3 de xuño será o día central, con actividades complementarias en días anteriores e posteriores.
O PASEO DA SAÚDE DE BARBADÁS REÚNE A 15 COLECTIVOS RELACIONADOS CON PATOLOXÍAS E ENFERMIDADES DIVERSAS Obradoiros, charlas didácticas, unha masterclass de ioga e merenda saudable para os/as máis cativos conforman un programa de actividades que se desenrolarán previamente e o propio 3 de xuño Protección Civil de Barbadás estará tamén para inculcar a importancia … Seguir lendo Presentación do II Paseo da Saúde →
|
Presentación do II Paseo da Saúde 24/05/2022 |
|---|
Presentación do II Paseo da SaúdeO 3 de xuño será o día central, con actividades complementarias en días anteriores e posteriores. O PASEO DA SAÚDE DE BARBADÁS REÚNE A 15 COLECTIVOS RELACIONADOS CON PATOLOXÍAS E ENFERMIDADES DIVERSAS Obradoiros, charlas didácticas, unha masterclass de ioga e merenda saudable para os/as máis cativos conforman un programa de actividades que se desenrolarán previamente e o propio 3 de xuño Protección Civil de Barbadás estará tamén para inculcar a importancia da prevención
|
CONTENT-CAT.1768430611
*07/04/2022
**
Coidados porta a porta en Barbadás: estimulación de memoria, podoloxía e audioloxía
Os 28, 29 de abril, 2 e 3 de maio de 9:00 h – 20:00 h
“COIDADOS PORTA A PORTA”, PROXECTO CO QUE LEVAMOS SERVIZOS ASISTENCIAIS ÁS PERSOAS MAIORES NO RURAL PARA A PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA: ESTIMULACIÓN DE MEMORIA, PODOLOXÍA, AUDIOLOXÍA Vai dirixido con cita previa a persoas maiores de 55 anos con cita previa. Os servizos que se presntan son: – ESTIMULACIÓN DA MEMORIA – A alta en incidencias de deterioro cognitivo … Seguir lendo Coidados porta a porta en Barbadás: estimulación de memoria, podoloxía e audioloxía →
|
Coidados porta a porta en Barbadás: estimulación de memoria, podoloxía e audioloxía 07/04/2022 |
|---|
Coidados porta a porta en Barbadás: estimulación de memoria, podoloxía e audioloxíaOs 28, 29 de abril, 2 e 3 de maio de 9:00 h – 20:00 h “COIDADOS PORTA A PORTA”, PROXECTO CO QUE LEVAMOS SERVIZOS ASISTENCIAIS ÁS PERSOAS MAIORES NO RURAL PARA A PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA: ESTIMULACIÓN DE MEMORIA, PODOLOXÍA, AUDIOLOXÍA
O Servizo de Coidados Porta a Porta estará en Barbadás, na explanada do Mercadona, os días 28, 29 de abril e 2, 3 de maio de 2022 en horario de 9:00 h – 20:00 h É preciso solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. |
CONTENT-CAT.1768430611
*28/11/2021
**
Mensaxe do Alcalde de Barbadás á cidadanía con motivo do incremento de casos activos de covid
MENSAXE DO ALCALDE Á CIDADANÍA DE BARBADÁS Estimado/a conveciño/a Novamente vivimos no noso concello, nas nosas familias e entre as nosas amizades, unha situación sumamente preocupante, unha situación crítica en relación á pandemia Covid19. Nos últimos días ten habido unha auténtica explosión de casos que está afectando sobre todo ó colectivo de … Seguir lendo Mensaxe do Alcalde de Barbadás á cidadanía con motivo do incremento de casos activos de covid →
|
Mensaxe do Alcalde de Barbadás á cidadanía con motivo do incremento de casos activos de covid 28/11/2021 |
|---|
Mensaxe do Alcalde de Barbadás á cidadanía con motivo do incremento de casos activos de covidMENSAXE DO ALCALDE Á CIDADANÍA DE BARBADÁS
Estimado/a conveciño/a
Novamente vivimos no noso concello, nas nosas familias e entre as nosas amizades, unha situación sumamente preocupante, unha situación crítica en relación á pandemia Covid19.
Nos últimos días ten habido unha auténtica explosión de casos que está afectando sobre todo ó colectivo de nenos e nenas en idade escolar e a adultos/as non vacinados/as.
Semella que a pandemia cabalga a lombos dun cabalo desbocado.
Hai meses as persoas máis agredidas foron as de máis avanzada idade, os nosos avós e avoas. Hoxe a situación mudou radicalmente e a pandemia vive unha nova fase que temos que vencer e superar canto antes.
Para acadar esta victoria máis pronto que tarde é imprescindible unha actitude solidaria e cívica. Unha actitude que pasa por pensar nas demais persoas, nas que queremos, nos/as nosos/as conveciños e conveciñas, no conxunto da veciñanza.
Hoxe domingo 28 de novembro de 2021 hai no concello de Barbadás 75 casos activos, afortunadamente a gran maoiría son leves ou asintomáticos pero por iso non menos importantes.
Quero facer un chamamento á responsabilidade individual, ó sentido común, á sensibilidade que habita no corazón de cada un e unha de nós.
Tamén é un chamamento a que sexamos sensibles á preocupación que teñen as familias dos afectados e afectadas.
Só hai un xeito para vencer definitivamente. Non hai máis que unha opción, esa opción chámase vacina.
Aínda hai colectivos que rexeitan vacinarse, a pesares de que os datos son sumamente elocuentes e falan por si mesmos.
Solicito que as persoas que aínda están sin vacinar acudan ós centros de vacinación habilitados polo SERGAS xa que estamos a falar da saúde de todos e de todas.
Tamén é fundamental que cando se inicie o proceso de vacinación dos nenos e nenas menores de 12 anos haxa unha participación masiva que será esencial para que esta situación non se repita novamente.
O éxito só se acada cunha vacinación masiva.
E non é menos importante cumprir coas normas e recomendacións hixiénico sanitarias e seguir utilizando a máscara e o xel hidroalcoholico
Chegou a hora de decir que temos que erradicar o medo á vacina xa que hai tempo quedou demostrado que os efectos secundarios son mínimos.
En momentos tan complicados resulta esencial o traballo do persoal sanitario do Centro de Saúde de Barbadás e por esa razón, como Alcalde de Barbadás, quero trasladarlles o agradecemento polo seu gran esforzo, disposición e colaboración para poder solventar esta situación.
A comunidade educativa vive desde hai meses situacións complexas e que son moi complicadas de xestionar. Temos que valorar a súa gran implicación e facerlles chegar todo o noso apoio, gratitude e solidariedade.
Grazas a todos e a todas.
Un cordial saúdo. Xosé Carlos Valcárcel |
CONTENT-CAT.1768430611























