Categoría: Seguridade cidadá

Barbadás súmase á celebración do Día Mundial da RCP 2024 con actividades de formación e concienciación

16/10/2024

Barbadás súmase á celebración do Día Mundial da RCP 2024 con actividades de formación e concienciación

  • As xornadas desenvolveranse do 16 ao 23 de outubro con talleres prácticos para profesionais, estudantes e público xeral

No marco do Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar (RCP), baixo o lema “As túas mans salvan vidas”, o Concello de Barbadás prepara unha serie de eventos para promover a importancia da RCP e o soporte vital básico (SVB). Estas actividades, organizadas pola Concellería de Educación e en colaboración coa Área de Emerxencias e Intervencións Públicas, Disciplina Medioambiental e Gardería Forestal, desenvolveranse do 16 ao 23 de outubro e están dirixidas tanto ao público xeral como a escolares e profesionais.

O obxectivo principal é concienciar á poboación sobre a importancia de actuar ante unha emerxencia médica, subliñando que as técnicas de reanimación e soporte vital poden ser determinantes para salvar vidas.

 

Día Mundial da RCP

Este evento internacional ten como obxectivo aumentar a conciencia pública sobre a importancia da reanimación cardiopulmonar e o soporte vital básico, educando á poboación para que saiba como actuar en situacións de emerxencia que poñan en risco a vida.

O Concello de Barbadás convida a toda a comunidade a participar nestas actividades formativas que poden marcar a diferenza en situacións críticas.

 

Programación das actividades polo Día Mundial da RCP 2024 en Barbadás:

  • Mércores, 16 de outubro – 17:00 h
    • Adestramento e concienciación nas técnicas de SVB
    • Lugar: Carpa de Emerxencias de Protección Civil, Rotonda dá Familia.

 

  • Luns, 21 de outubro
    • Taller práctico de soporte vital, con maniquíes simuladores
    • Impartido por Brais Ramos López, enfermeiro e técnico de emerxencias sanitarias.
    • Horarios:
      • 10:00 a 12:00 h en FONVAL
      • 16:00 a 18:00 h en CEIP O Ruxidoiro
      • 18:30 a 20:30 h en Escola Infantil Municipal
    • Dirixido a todo o público en xeral.

 

  • Martes, 22 de outubro
    • Taller práctico de soporte vital básico para escolares
    • Impartido por María Méndez Lage, técnica de emerxencias sanitarias.
    • Dirixido a profesionais e estudantes dos CEIP O Ruxidoiro e Filomena Dato.

 

  • Mércores, 23 de outubro
    • Adestramento e concienciación nas técnicas de SVB
    • Lugar: Carpa de Emerxencias de Protección Civil nas escolas deportivas do Polideportivo Municipal.

 

CONTENT-CAT.1733810507

Garda Civil e Concello de Barbadás estudan instalar un posto da Benemérita no concello

03/02/2023

Garda Civil e Concello de Barbadás estudan instalar un posto da Benemérita no concello

O ALCALDE DE BARBADÁS PROMOVE A CREACIÓN DE UN POSTO DA GARDA CIVIL NO MUNICIPIO

Responsables da Benemérita manteñen dende hai semanas contactos co rexedor de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, para estudar posibles ubicacións das futuras instalacións

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e responsables da Garda Civil mantiveron esta mañá unha reunión para abordar a posible ubicación no concello de un posto principal da Garda Civil.

 

  • O encontro para abordar este asunto contou coa presenza do xefe de persoal e apoio da Comandancia da Garda Civil de Ourense, José Benito Fernández Santamarina, e do xefe da Compañía en Ourense, Jesús Viaño Calviño, e da tenente alcalde, Victoria Morenza.

 

  • O alcalde de Barbadás considera que a posibilidade de que a “Garda Civil ubique en Barbadás un posto no noso concello implica unha mellora notable na seguridade a todos os niveis, ademais de converter ao municipio nun punto neurálxico”.

 

  • A presenza física dun posto principal da Garda Civil “significaría ademais un avance a nivel de cercanía á veciñanza do corpo da Garda Civil e facilitaría a accesibilidade non só da veciñanza do municipio senón da zona metropolitana, converténdose Barbadás nun punto xeoestratéxico”.

 

  • Tanto a Garda Civil coma o goberno de Barbadás están estudando posibles ubicacións deste posto principal tanto a nivel técnico como estratéxico e que incida na accesibilidade.

CONTENT-CAT.1733810507

Protección Civil de Barbadás: 68 servizos no mes de xuño

26/07/2022

Protección Civil de Barbadás: 68 servizos no mes de xuño

PROTECCIÓN CIVIL DE BARBADÁS REALIZOU 68 SERVIZOS NO MES DE XUÑO

  • Servizo Municipal de Protección Civil do Concello de Barbadás realizou ao longo do mes de xuño un total de 68 intervencións.

 

  • Protección Civil de Barbadás participou en 17 operativos e 12 servizos de prevencións de riscos.

 

  • Os/as voluntarios/as participaron tamén no rescate de unha persoa atrapada nun ascensor e en 7 intervencións relacionadas co control de vespas velutinas.

 

  • Dende este servizo municipal tamén se interveu no operativo habilitado pola desaparición de unha persoa, que finalmente foi localizada.

 

  • Participaron tamén en 2 incendios e en 1 accidente de estrada así como en 3 anegamentos.

 

  • Recolleronse 10 animais e participouse nunha intervención de un árbore con risco para a seguridade das persoas. Tamén se interveu en 1 asistencia sanitaria e en 7 servizos de variada natureza.

 

  • Dende o Concello de Barbadás, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel valora moi positivamente o grao de traballo e implicación do voluntariado no Servizo de Protección Civil, así como da coordinación do mesmo polo seu responsable, Daniel Rey.

CONTENT-CAT.1733810507

Marina é a única muller en Protección Civil de Barbadás e anima a outras “para ter unha agrupación como hai 20 anos”

08/06/2022

Marina é a única muller en Protección Civil de Barbadás e anima a outras “para ter unha agrupación como hai 20 anos”

Sociedade en Barbadás

Veciña da Valenzá, natural do concello de Amoeiro, Hai 46 anos deixou O Carballiño e dende 2004 vive en Barbadás.

  • Lembra que en 2009 enfermou gravemente o seu sobriño Julio César, que formaba parte do grupo de Protección Civil do Carballiño. “Sempre falaba de ese traballo e de canto lle gustaba e até me animaba a min para que me engadise á súa agrupación”.
    Daquela Marina non o fixo, pero cando chegou á Valenzá para comezar unha nova etapa na súa vida, preguntou os requisitos e deu o paso.

 

  • “Dende que son voluntaria, sempre me sentín moi a gusto e lembro que hai anos había tantas mulleres coma homes, ou máis, pero elas o foron deixando cando se casaron, cousa que non entendo pero animo a outras para que veñan, para formarse e para botar unha man”, detalla.

 

  • Segundo a súa experiencia de aprendizaxe, Marina explica que pasou de candidata a voluntaria tras facer un curso básico, homologado por la Xunta de Galicia a través da Academia Galega de Seguridade Pública.
    Con ese curso básico, Marina, e calquera outra persoa candidata, pasa a formar parte da Agrupación de Voluntari@s de Protección Civil de Barbadás.
    “Despois funme especializando con outros cursos como,  por exemplo, o de excarcelacións para tráfico que fixen en Ribadavia”, engade.
Marina Corral de Protección Civil Barbadás
Marina Corral Rodríguez. Única muller neste momento en Protección Civil de Barbadás. Xuño 2022

De oficio polbeira

  • O dito popular, “cociñeiro antes que frade”, vai coma unha luva para Marina pois entre os seus traballos, está o de carga e descarga de camións nunha empresa familiar de transportes, mentres criaba unha filla e un fillo.

 

  • Mentres viviu, anos atrás, no Carballiño, unha familia de Arcos, próxima a ela, aprendeulle a “picalo polbo” o que a levou até Asturias como polbeira dentro dun restaurante e a estar dispoñible agora para ese traballo sempre que a requiren porque coñece ben o oficio.
    “Teño un pequeno equipamento de tesoiras e mandilón persoal e con frecuencia chámanme para a zona de Pontevedra”, relata. Con ese traballo e o de voluntaria de Protección Civil asegura deitarse “moi tranquila e satisfeita do traballo ben feito”.

 

  • Antes traballou tamén nun salón de peiteado, pastelería etc. Pero o que máis lembra son os seus comezos en Barbadás, na agrupación de voluntarios. “Miña primeira intervención foi nuns carnavais, cando tiñamos a base preto do colexio Filomena Dato, e daquela comezamos 3 ou 4 compañeiros a un tempo”.

 

O sal sempre groso

  • Non se pode deixar ir a unha polbeira sen preguntarlle segredos do seu oficio. E ás veces conta algún. No caso de Marina, asegura que a cantidade de auga para a cocción, un “polbo de boa calidade” e o uso de sal groso, son os elementos máis importantes.

 

  • Para ela mesma fai receitas como a de pasalo pola brasa ou guisalo con cebola e allo, acompañado de cachelos.

 

  • E xa cando se lle pregunta por algo que lle gustaría facer, se tivera oportunidade, a resposta vai cara o mesmo: abrir unha tapería de polbo e embutidos de boa calidade e, se pode ser, traballar ao ar libre.

 

  • Se alguén recolle a luva que avise!! Calquera persoa interesada xa sabe onde localizala

 

Marina Corral de Protección Civil Barbadás
Marina Corral Rodríguez. Única muller neste momento en Protección Civil de Barbadás. Xuño 2022

 

 

Marina Corral de Protección Civil Barbadás 259.69 KB
Marina Corral Rodríguez. Única muller neste momento en Protección Civil e Barbadás. Xuño 2022

Marina Corral de Protección Civil Barbadás 421.26 KB
Marina Corral Rodríguez. Única muller neste momento en Protección Civil e Barbadás. Xuño 2022

Marina Corral de Protección Civil Barbadás 181.18 KB

CONTENT-CAT.1733810508

Barbadás rexistra un dos índices de delincuencia máis baixos da provincia

18/03/2022

Barbadás rexistra un dos índices de delincuencia máis baixos da provincia

A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE DE BARBADÁS EVIDENCIA QUE BARBADÁS REXISTRA UN DOS ÍNDICES DE DELINCUENCIA MÁIS BAIXO DA PROVINCIA

  • A Xunta Local de Seguridade celebrouse hoxe 18 de marzo pola mañá no Concello de Barbadás coa asistencia do Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, representantes da Garda Civil, o xefe da Policía Local de Barbadás, Fernando Freire, e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero, María Alida Iglesias.

 

  • Tamén estivo o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, quen acolleu positivamente a conclusión respecto do índice de delincuencia.

 

  • Valcárcel indica que este índice “segue a ser un dos máis baixos da provincia”. Tamén se puxo de manifestó que “hai una importante diminución dos actos vandálicos no concello de Barbadás”.

 

  • Outra das conclusións destacadas na Xunta Local de Seguridade alude a que se rexistrou un gran incremento de casos esclarecidos.

CONTENT-CAT.1733810508

Entrega en Barbadás de equipamentos a 13 agrupacións de Protección Civil da provincia de Ourense

18/03/2022

Entrega en Barbadás de equipamentos a 13 agrupacións de Protección Civil da provincia de Ourense

PROTECCIÓN CIVIL DE BARBADÁS RECIBE UNHA CARPA PLEGABLE PARA A ATENCIÓN DE EMERXENCIAS

Esta mañá tivo lugar en Barbadás a entrega de equipamento a 13 agrupacións de voluntarios coa presenza de O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alen Castro, acompañando ao Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

  • No acto de entrega estiveron delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alen Castro, acompañando ao Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixeron entrega aos Alcaldes que asistiron esta mañá en Barbadás a entrega de13 tendas de campaña para as emerxencias ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense que resultaron beneficiarias da orde de axudas da Xunta para equipamentos de emerxencias, dotada con 1.022.600 euros.

 

 

  • Recibiron equipamentos as agrupación de voluntarios dos concellos de Bande, Barbadás, Boborás, Carballeda de Avia, Cartelle, Castro Caldelas, Cortegada, Lobios, Allariz, Riós, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, fixo un recoñecemento específico da agrupación de voluntarios de Barbadás, por ser un referente a nivel provincial e autonómico e fíxoo extensivo a todas as da provincia e agradeceu a aportación da Xunta na aportación dos equipamentos.

 

  • “Esta carpa utilizarase, ademáis de en operativos de emerxencias, en dispositivos preventivos e únese á carpa hinchable que xa tiña o Servizo de Emerxencias de Protección Civil de Barbadás”, comenta Daniel Rey.

 

 

  • A entrega realizouse en Barbadás como lugar centralizado no que outras agrupacións tamén recibiron equipamentos.

 

  • “A actividade de cada agrupación é a que puntúa na entrega deste material”, explica Daniel Rey, responsable de Protección Civil Barbadás.

 

 

  • Enmarcada nesta dotación de material que se ven recibindo nos últimos anos implica que “sexa un Servizo de Protección Civil mellores dotados da provincia de Ourense”, indica Rey.

 

CONTENT-CAT.1733810508

Formación do Servizo de Emerxencias de Barbadás en Carrefour

16/10/2021

Formación do Servizo de Emerxencias de Barbadás en Carrefour

Os días 14 e 15 de outubro nas instalacins de Carrefour

O CONCELLO DE BARBADÁS, A TRAVÉS DO SERVIZO DE EMERXENCIAS DE PROTECCIÓN CIVIL, COLABORA CO CENTRO COMERCIAL CARREFOUR NA FORMACIÓN INTERNA DOS SEUS TRABALLADORES/AS

– A actividade formativa celebrouse nas instalacións de Carrefour os días 14 e 15 de outubro e tivo coma obxectivo que os/as traballadores/as adquiriran a pericia necesaria para actuar en condicións de seguridade ante un incendio nas instalacións, antes da chegada dos medios externos.

– Daniel Rey, responsable do Servizo de Emerxencias de Barbadás, explica que “a formación tivo parte teórica na aula do propio centro e unha parte práctica realizada no patio de carga e descarga do centro comercial.

– A aprendizaxe no manexo de extintores manuais e das mangueiras das bocas de incendio equipadas (B.I.E.) foron as prioridades da acción formativa.

– As/os alumnas e alumnos son integrantes do corpo directivo e responsables de diferentes seccións, que teñen a responsabilidade de actuar ante unha emerxencia no centro segundo o seu propio plan de autoprotección.

– Participaron un total aproximado de 30 traballadores/as, repartidos en dúas quendas.

– O Servizo Municipal de Emerxencias de Barbadás aportou o persoal docente e os simuladores de prácticas, mentres que o centro comercial aportou o material gráfico e o material de extinción, como son os extintores manuais.

 

CONTENT-CAT.1733810508

Protección Civil de Barbadás efectuou 585 servizos nun semestre

22/07/2021

Protección Civil de Barbadás efectuou 585 servizos nun semestre

A AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE BARBADÁS REALIZOU UN TOTAL DE 585 SERVIZOS NO PRIMEIRO SEMESTRE DE 2021

Interviñeron en 67 operativos programados con antelación, como poden ser eventos culturais, lúdicos, de ocio e relixiosos ou deportivos

O responsable de Protección Civil de Barbadás, Daniel Rey, destacou  que “a colaboración coas forzas e corpos de seguridade cada vez é máis estreita, a situación de pandemia propiciou a colaboración entre os diferentes corpos”.

 

  • A Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Barbadás realizou un total de 585 operativos no primeiro semestre de 2021.
  • Os/as voluntarios/as interviñeron en 38 accidentes en estradas, dos cales 17 foron con persoas feridas e 21 sen feridos.
  • Respecto de actuacións derivadas da COVID-19, Protección Civil interveu en 85 ocasións.
  • Dende o Servizo Municipal de Protección Civil de Barbadás tamén se efectúan atencións sanitarias. No primeiro semestre de 2021 foron un total de 23 as intervencións de tipo sanitario.
  • O responsable de Protección Civil de Barbadás, Daniel Rey, explica que “no 2021 recuperase o número de servizos urxentes e de emerxencia porque no 2020, debido ao confinamento, baixou bastante ao reducirse o número de desprazamentos por estrada e ao non producirse situacións con risco”.
  • As intervencións relacionadas coa loxística en torno ao covid-19 teñen baixado en número, “pero segue a realizarse o apoio a persoas confinadas, desinfeccións e tarefas que teñen que ver coa situación de pandemia”, indica Rey.
  • A recollida de animais abandonados, feridos ou perdidos é outra das actividades que efectúa Protección Civil de Barbadás, de xeito que dende principios de xaneiro a finais de xuño recolléronse un total de 101.
  • Tamén interviñeron os/as voluntarios/as na busca de 6 persoas desaparecidas e atenderon a 10 usuarios/as do Servizo de Axuda no fogar.
  • Respecto aos operativos programados con antelación, como poden ser eventos culturais, lúdicos, de ocio e relixiosos ou deportivos, A Agrupación de Voluntarios/as estivo en 67 destas actividades.
  • Interviñeron en 14 incendios, e 8 controis de tráfico, en 7 aperturas de porta de carácter urxente, en 9 desprendementos e 11 incidentes con placas de xeo.
  • Durante o primeiro semestre Protección Civil interveu en 19 anegamentos, 7 verquidos de estrada 46 operativos de prevención de riscos e en 55 actividades de poda, corta ou entresaca de árbores con risco. Tamén interviñeron en 51 servizos de diferente tipo en 13 avisos por velutina  e en 12 servicios por avisos de presenza de enxames de abellas.
  • Daniel Rey resinou que “a principios de ano comezouse a realizar prevención de incendios coa limpeza das estradas que veñen a contribuír a manter no mellor estado posible as franxas secundarias para afrontar a tempada de lumes forestais”.
  • Respecto de operativos programados, é dicir, aqueles servizos nos que se asiste para eventos deportivos, culturais, relixiosas, etcétera, ao recuperarse a actividade, soben en número, segundo sinala o responsable de Protección Civil.
  • Rey destacou que “a colaboración coas forzas e corpos de seguridade cada vez é máis estreita, a situación de pandemia propiciou a colaboración entre os diferentes corpos”.

 

  • Datos de interese sobre Protección Civil de Barbadás: Rúa Ruxidoiro, 4, As Lamas, Barbadás. Teléfonos: 988243 446/988 225273/629 208607.

 

  • avpcbarbadas@hotmail.com; emerxenciasbarbadas@hotmail.com.

 

  • Twitter: @MPCBarbadás/ Facebook: Protección Civil Barbadás.

 

CONTENT-CAT.1733810508

Cambios lexislativos de ámbito estatal obrigan a circular a 30 Km/h no casco urbano de A Valenzá

25/05/2021

Cambios lexislativos de ámbito estatal obrigan a circular a 30 Km/h no casco urbano de A Valenzá

Entrada en vigor, 11 de maio de 2021

OS CAMBIOS NA LEXISLACIÓN ESTATAL DE CIRCULACIÓN OBRIGAN AOS/ÁS AUTOMOBILISTAS A CIRCULAR A 30 QUILÓMETROS POR HORA EN TODO O CASCO URBANO DE A VALENZÁ

Instaláronse sinais de prohibido circular a máis de 30 quilómetos/h en sete entradas á zona urbana de A Valenzá

A finalidade deste cambio na lexislación de ámbito estatal é a de mellorar a seguridade vial no tráfico urbano

  • A modificación do Regulamento Xeral de Circulación, unha lexislación de ámbito estatal, rebaixa o límite de velocidade en vía urbana de 50 quilómetros por hora a 30 km/h.

 

  • Esta moficación, que afecta a toda España, garante a fluidez dos desprazamentos realizados nas avenidas e a reducción do impacto negativo na calidade do aire das cidades, vilas, etc.

 

  • A finalidade deste cambio na lexislación do Estado é a de mellorar a seguridade vial no tráfico urbano. Tamén se definen os requisitos e condicións dos vehículos de mobilidade persoal.

 

  • Estes vehículos de mobilidade persoal, ao ser definidos formalmente como tales, terán prohibida a súa circulación polas beirarrúas e zonas peonís.

 

  • Os cambios realizados no Regulamento Xeral de Circulación (Real Decreto 1428/2003, de 21 de novembro), normativa de ámbito estatal, permiten cumprir criterios de reducción da siniestralidade en vías urbanas a través de diminución da velocidade nunha porcentaxe significativa do viario, así como establecer os requisitos ténicos para os vehículos de mobilidade persoal.

 

  • A modificación do artigo 50 desta normativa de ámbito estatal, referente aos límites de velocidade en vías urbanas e travesías, queda redactado do seguinte xeito: “o límite xenérico de velocidade en vías urbanas será de 20 quilómetros por hora en vías que dispoñan de plataforma única de calzada e beirarrrúa” (na Valenzá non existen vías deste tipo.

 

  • O límite xenérico será de 30 quilómetros por hora en vías de un único carril por sentido de circulación foi definida neste cambio da lexislación de ámbito estatal. Este suposto afecta a todas as rúas e viais do casco urbano da Valenzá.

 

  • A modificación normativa estatal afecta, no caso de Barbadás, a toda a zona urbana de A Valenzá, motivo polo cal se colocaron o día 12 de maio as sinais de indicación de velocidade nas diferentes entradas ao casco urbano: entrada á Valenzá á altura do número 137 da avenida de Celanova; na entrada dende a cima da rúa do Viso; na avenida de Celanova entrando por Barbadás antes da ponte da autovía; na rúa 17 de Maio, xunto glorieta pequeña; xunto campo de fútbol entrando dende Barbadás; xunto túneles de Lameira do Mato e na baixada estreita dende a gasolinera da N-540.

 

  • A normativa que regulamenta estas modificacións está recollida no Real Decreto 970/2020, de 10 de novembro cuxo ámbito abrangue o territorio nacional de España. Os cambios no Regulamento Xeral de Circulación entraron en vigor o día 11 de maio.

CONTENT-CAT.1733810508

O Concello de Barbadás abre 17 parques infantís, 9 pistas polideportivas e a pista de skate

16/06/2020

O Concello de Barbadás abre 17 parques infantís, 9 pistas polideportivas e a pista de skate

O CONCELLO DE BARBADÁS ABRE 17 PARQUES INFANTÍS, 9 PISTAS POLIDEPORTIVAS E A PISTA DE SKATE

  • O Concello de Barbadás informará nos parques que se abrirán mañá mércores 17 de xuño a partir das 11,00 horas sobre as normas sobre parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre:
  1. Os parques infantís, zonas deportivas, pistas de skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada de 1 persoa por cada 4 metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.
  2. Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal (1,5 metros) ou, no seu defecto, a utilización de medidas alternativas de protección física (uso de mascarilla).
  3. O horario: 11,00 a 21,00 horas. Estes lugares serán desinfectados diariamente.

 

  • Os parques infantís serán desinfectados diariamente e nuns días instalaranse dispensadores de xel hidroalcoólico, unha medida recomendada pola Xunta de Galicia na Resolución de 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a Fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

 

  • A agrupación de voluntarios/as de Protección Civil de Barbadás levou a cabo tarefas de desinfección nas diferentes zonas infantís e deportivas que se abrirán.

 

  • Os parques infantís que se abren aos/ás cativas foron seleccionados por zonas, ao igual que nas diferentes localidades. Barbadás dispóns de 36 parques infantís, motivo polo que se decidiu reabrir os máis estratéxicos.

 

  • LISTADO DE PARQUES E PISTAS DEPORTIVAS A ABRIR O 17 DE XUÑO

Parques infantís:

– Loiro

– Bentraces: estrada de Celanova (Besadas)

– Sobrado: Fidalguiño

– Pontón

– Barbadás: antigo centro médico

– As Lamas

Valenzá:

  1. Amieiros: a carón das piscinas
  2. Patos
  3. Tren
  4. Solaina
  5. Casa de cultura
  6. Bahamonde
  7. Liberdade

– Finca Fierro: parque da fonte

– Parada

– Piñor: Campo de Roma

– Santa Uxía

– Mundideo

Pistas deportivas:

  1. Solaina: 2
  2. Sobrado: Fidalguiño
  3. Campo de Roma
  4. Parada
  5. Finca Fierro
  6. Barbadás: a carón do antigo centro médico
  7. Bentraces: Barreiro
  8. Loiro: antiga escola
  9. Pista de skate.
  10. Liberdade

 

 

CONTENT-CAT.1733810508

O Goberno Central entrega a Galicia 602.000 mascariñas para entregar a traballadores/as que se reincorporen ao traballo e acudan en transporte público

12/04/2020

O Goberno Central entrega a Galicia 602.000 mascariñas para entregar a traballadores/as que se reincorporen ao traballo e acudan en transporte público

O GOBERNO DE ESPAÑA ENTREGOU A GALICIA 602.000 MASCARIÑAS QUE SE REPARTIRÁN A PARTIR DO LUNS 13 DE ABRIL ENTRE OS/AS TRABALLADORES/AS QUE SE REINCORPORAN AO SEU TRABALLO

Un cargamento de 602.000 máscaras chega a Galicia para os traballadores que usen transporte público

O Goberno central entregou a Galicia un cargamento de 602.000 mascariñas, que se distribuirán a partir de mañá luns 13 de abril entre aquelas persoas “que teñan que desprazarse para traballar e lles resulte máis complexo manter a distancia de seguridade” ao utilizar o transporte público.

O Ministerio de Sanidade recomenda en primeiro lugar o teletraballo e en segundo lugar que todos aqueles que teñan a capacidade de desprazarse ao seu traballo en vehículo particular, en moto, bicicleta ou andando, fágano así, evitando os traslados en transporte público.

  • Na repartición de máscaras realizarase por parte de efectivos e voluntarios do Sistema Nacional de Protección Civil coa participación das Forzas e Corpos de Seguridade, tanto do Estado como autonómicas e locais.

 

  • O Sistema Nacional de Protección Civil coordínase desde a Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior e está integrado por efectivos e capacidades da Administración Xeral do Estado, das Comunidades Autónomas e das Corporacións Locais, entre outros actores.

 

  • A distribución realizarase este luns e martes ou este martes e mércores, en función da finalización do período de Semana Santa nos distintos territorios do país. As máscaras estarán dispoñibles exclusivamente para aquelas persoas que teñan que desprazarse aos seus postos de traballo en sistemas de transporte nos que sexa máis complicado manter a distancia de seguridade
  • Esta medida enmárcase dentro da estrita limitación de movementos vixente desde o inicio do estado de alarma e está en consonancia coas prioridades e recomendacións marcadas polo Ministerio de Sanidade, entre as que se recomenda o uso de máscaras para aqueles traballadores que non poidan teletrabajar nin desprazarse en vehículo particular, en bicicleta ou a pé e teñan que utilizar medios de transporte público cunha importante afluencia de persoas.

 

  • Os 10 millóns de máscaras, adquiridas e xestionadas polo Goberno de España chegaron a España vía aérea o venres día 10 de abril pola noite para a súa repartición por todo o país.

 

  • Onte sábado e hoxe domingo organizáronse os roteiros para a súa distribución e a Delegación do Goberno en Galicia está a coordinar coas subdelegacións do Goberno as partidas correspondentes ao territorio.

 

  • O ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska, e a ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, mantiveron na tarde do sábado unha videoreunión con todos os delegados do Goberno para detallar e organizar tanto a repartición por comunidades como o operativo de distribución polos principais nodos de transporte público.

 

  • Na reunión tamén participaron a subsecretaria do Ministerio do Interior, Isabel Goicoechea, e o director xeral de Protección Civil e Emerxencias, Leonardo Marcos.

 

  • O Ministerio de Sanidade recomenda en primeiro lugar o teletraballo e en segundo lugar que todos aqueles que teñan a capacidade de desprazarse ao seu traballo en vehículo particular, en moto, bicicleta ou andando, fágano así, evitando os traslados en transporte público.

f2813094 30.34 KB

CONTENT-CAT.1733810508

Carta do Alcalde de Barbadás á cidadanía ante o COVID-19

10/04/2020

Carta do Alcalde de Barbadás á cidadanía ante o COVID-19

MENSAXE DO ALCALDE DE BARBADÁS Á CIDADANÍA

Estimado veciño e veciña:

Dende a Alcaldía de Barbadás quero transmitir unha mensaxe de tranquilidade, de ánimo, de confraternidade ante a situación que estamos a vivir todos e todas nós.

As últimas semanas están sendo complexas e difíciles. Todos/as os/as veciños/as vivimos as consecuencias da pandemia de Coronavirus con preocupación e con inquedanza.  Unha actitude comprensible ante unha enfermidade descoñecida.

Como alcalde de Barbadás síntome na obriga de dirixirme á veciñanza para que saiban que diante desta emerxencia sanitaria estamos a adoptar decisións e a poñer en marcha medidas de protección da saúde e da seguridade para que todos/as vostedes se sintan arroupados/as, protexidos/as.

Quero que saiba que hai moitas persoas velando para que as consecuencias do COVID-19 teñan un menor impacto nas súas vidas.

Dende o Concello de Barbadás quero transmitir tranquilidade e dicirlle a cada familia que o esforzo e o traballo de moitas persoas  fan posible  que o impacto da pandemia se minimice.

Están levándose a cabo tarefas de limpeza de zonas públicas, de desinfección de accesos a establecementos comerciais e tamén  de baldeo e desinfección de beirarrúas e viais.

Dende Protección Civil estase realizando un excelente e  impecable traballo para atender ás persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade.

A Policía Local está redobrando esforzos para intensificar os traballos en aras da seguridade das persoas e están a prestar un servizo para que a veciñanza respecte os protocolos marcados.

Dende as brigadas de obras e xardinería acométense a diario tarefas de desinfección. Os/as traballadores do Concello continúan prestando atención á cidadanía mediante o teletraballo.

Creamos servizos novos como a atención psicolóxica, a atención aos maiores, a impresión de apuntes para estudantes e apoio ás persoas que non poden desprazarse á farmacia ou ao supermercado.

O servizo de axuda no fogar, fundamental para a atención dos/as persoas dependentes, continúa desenrrolándose nas mesmas condicións de calidade e seguridade.

Creouse tamén unha cadea solidaria de confección de mascariñas que se fixeron chegar prioritariamente ás tres Residencias de Maiores do municipio: Domusvi, Nosa Señora dos Milagres e Siervas de San José.

E dende hai días estanse entregando directamente a colectivos e persoas vulnerables ou con risco elevado de contaxio e agora tamén nos pequenos establecementos comerciais que seguen abertos para que llelas entreguen aos seus clientes.

Trataremos de que cheguen a toda a veciñanza que sexa posible ou polo menos ás persoas que teñen que sair por necesidades básicas do seu confinamento. Temos que pensar que é unha fabricación artesanal e feita por persoas voluntarias a quen quero trasladar un enorme agradecemento e unha enorme aperta.

O Banco Solidario está aberto todos os días de luns a venres para axudar ás persoas que máis o necesitan. Lembrar que calquera pode facer a súa aportación solidaria para poder colaborar coas persoas que son atendidas dende este servizo.

Desde  a Concellería de Comercio e o Centro Empresarial Transfonteirizo estanse a estudiar medidas de apoio para colaborar co comercio de proximidade para recuperar a normalidade na súa acitividade.

Como alcalde quero anticiparlle que seguimos abertos a escoitar as inquidanzas de todos vostedes. 

Calquera suxestión que teñan pode transmitila, como acontece normalmente, pero nestes momentos especialmente debemos permacer unidos, en contacto, fomentando xestos de solidariedade e abrindo os nosos corazóns ante as persoas que nos necesitan.

Agradecer a todos os veciños e veciñas a súa solidariedade, a súa responsabilidade e a súa cooperación nestes momentos nos que todos e todas a unha temos que pensar e colaborar no benestar de toda a veciñanza.

Máis pronto que tarde Barbadás volverá a ser un lugar cheo de cór, de ledicia, de nenos e nenas xogando nos parques e de terrazas cheas de bullicio.

Moito ánimo e unha aperta.

Xosé Carlos Valcárcel, Alcalde de Barbadás

 

CONTENT-CAT.1733810508

Un tractor fumiga con hipoclorito as rúas e vías do municipio de Barbadás

28/03/2020

Un tractor fumiga con hipoclorito as rúas e vías do municipio de Barbadás

UN TRACTOR FUMIGA DENDE HAI DÍAS AS RÚAS EN DIFERENTES PUNTOS DO MUNICIPIO

  • Un tractor fumigador desinfectou dende o día 25 de marzo en diferentes rúas de pobos do municipio de Barbadás: Loiro, Bentraces, Sobrado do Bispo, Barbadás e Pontón, A Valenzá, Santa Uxía, Piñor, Parada, Finca Fierro, Fonsillón.

 

  • Colabora solidariamente a empresa local Destagal.

 

  • Donación de hipoclorito: Viaqua.

 

  • Protección Civil colabora nesta desinfección indicando os lugares polos que pasa o tractor fumigador.

CONTENT-CAT.1733810508

OS DATOS ESTATÍSTICOS EVIDENCIA QUE BARBADÁS É UN CONCELLO SEGURO

26/02/2020

OS DATOS ESTATÍSTICOS EVIDENCIA QUE BARBADÁS É UN CONCELLO SEGURO

OS DATOS ESTATÍSTICOS RELATIVOS Á SEGURIDADE NO MUNICIPIO DE BARBADÁS INDICAN QUE EXISTE UNHA LEVE MELLORÍA E PODEN CONSIDERARSE DE MENOR ENTIDADE EN COMPARACIÓN CON CONCELLOS CON UNHA POBOACIÓN SIMILAR.

Os actos vandálicos nas sepulturas do cemiterio xa están esclarecidos e o caso está en mans da Fiscalía

  • A xunta local de seguridade de Barbadás abordou hai uns días os actos vandálicos nas sepulturas da Valenzá. Dende a Comandancia da Garda Civil indicouse que o tema está resolto, levouse a cabo unha investigación dos autores, que son menores de idade, e a Fiscalía ten coñecemento dos feitos.

  • O Comandante da Garda Civil en Ourense, José Manuel Moral, explicou que cando ocurre un feito destas características prodúcese alarma social, pero que o esclarecemento dos feitos require un proceso e destacou o algo grado de colaboración para localizar aos autores.

  • Os datos estatísticos relativos á seguridade no municipio de Barbadás indican que existe unha leve melloría e poden considerarse de menor entidade en comparación con concellos con unha poboación similar.

  • A Comandancia da Garda Civil informou na xunta de seguridade que en cando a índices de delincuencia “é comparativamente moi favorable”.

  • A Garda Civil indicou tamén nesta xuntanza periódica que a nivel de seguridade cidadá o Concello de Barbadás é un obxectivo prioritario polo tipo de poboación.

  • Respecto dos delitos cibernéticos a tendencia é fluctuante porque se toma como referencia onde vive ou traballa a vítima.

  • Pola súa banda, o subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, comentou que “este concello é realmente seguro, xa que se está a facer un traballo importante por parte da Garda Civil”. Explicou tamén que cando se produce un furto ou un roubo con violencia xerase un alarmismo, precisando que son froito de “delincuentes e bandas itinerantes que se dedican a controlar máquinas tragaperras e bares”, indicando que a Garda Civil leva a cabo un control rigoroso.

  • Na xunta local de seguridade tamén estivo un axente da policía local, un corpo que colabora intensamente coa garda civil no control da seguridade cidadá.

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, indica que “os datos facilitados pola garda civil e a policía local certifican e acreditan de xeito fehaciente que “Barbadás é un concello seguro e que a delincuencia está en niveis infereiores ó de España, Galicioa e a provincia de Ourense”.

  • Valcárcel destacou que “a efectividade na resolución de delitos é alta grazas ó esforzo, dedicación e colaboración entre a garda civil e a policía local”.

  • O rexedor incidiu en que nos últimos anos en Barbadás “baixan os índices de delincuencia e que a veciñanza pode ter a certeza de que se traballa para seguir nesa senda”.
  • Na última xunta local de seguridade estiveron tamén Manuel Prado, xefe territorial da Xunta en Ourense, Pedro Freire, axente da policía local, e Daniel Rey, responsable de Protección Civil en Barbadás. Tamén asistiron como ointes membros da oposición.

CONTENT-CAT.1733810508

Protección Civil de Barbadás recibe a Placa ao mérito na categoría de Ouro

24/10/2019

Protección Civil de Barbadás recibe a Placa ao mérito na categoría de Ouro

PROTECCIÓN CIVIL DE BARBADÁS RECIBE A PLACA AO MÉRITO NA CATEGORÍA DE OURO

A Agrupación de Voluntarios conta na actualidad coa participación de 25 persoas que de xeito altruista traballan para a sociedade

  • Os/as membros do servizo municipal de Protección Civil de Barbadás e da agrupación de voluntarios/as “queren transmitir a súa satisfacción pola concesión por parte da Asociación Nacional de agrupacións de voluntarios/as de PC de España da Placa ao Mérito na súa categoría de ouro”, sinala Daniel Rey, responsable en Barbadás da AVPC.

  • A condecoración “,coincide no ano no que a agrupación de Barbadás celebra o 25 aniversario, efeméride pola que se está a proxectar unha xornada de celebración”, indica Rey.

  • Para os/as membros do grupo esta entrega supón un recoñecemento ao traballo diario que desenvolve o colectivo durante 24 horas, 365 días,e tamén para aqueles/as antigos/as responsables e voluntarios/as que pasaron pola AVPC dende a súa fundación o 20 de xuño de 1994”, destaca Daniel Rey.

  • Na actualidade o colectivo conta con un número oscilante de entre 20 e 25 persoas e garante a presenza de alomenos 2 persoas de garda presencial en base as 24 horas do día.

  • As actividades preventivas centran boa parte do esforzo da agrupación, ademais das de carácter formativo e a atención ás emerxencias.

  • Sen embargo, nos últimos tempos “o groso do traballo actual concéntrase na retirada de niños de vespa velutina”, comenta Daniel Rey.

CONTENT-CAT.1733810508

Barbadás asina un protocolo para mellorar a protección ás vítimas de violencia de xénero

03/09/2019

Barbadás asina un protocolo para mellorar a protección ás vítimas de violencia de xénero

O CONCELLO DE BARBADÁS ASINA O PROTOCOLO DE COORDINACIÓN DAS FORZAS E COPRPOS DE SEGURIDADE DO ESTADO E A POLICÍA LOCAL PARA A PROTECCIÓN DE VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

O Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel asinaron  tamén 2 acordos técnicos  no marco do VioGén

VioGén é o sistema de seguemento integral dos casos de violencia de xénero

  • Hoxe martes tivo lugar no Concello de Barbadás a xunta local de seguridade na que estiveron presentes o Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, a Xefa da Unidade de Violencia de Xénero sobre a Muller da Subdelegación de Ourense, María Alida Iglesias, o Comandante de puesto de Ourense da Garda Civil, José Manuel Moral, o xefe Territorial de Presidencia, Manuel Prado, o xefe da Policía Local, Fernando Freire e o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. Tamén estiveron a concelleira de Igualdade, Elisabet González, e a tenente alcaldesa, Victoria Morenza.

 

  • No marco da xunta local de seguridade formalizouse a incorporación do Concello de Barbadás a VioGén.

 

  • Afonso e Valcárcel asinaron un protocolo de coordinación das forzas e corpos de seguridade e de coordinación cos órganos xudiciais para a protección das vítimas da violencia de xénero.

 

  • Este acordo formaliza a colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local no reparto de vítimas á hora de realizar o seguemento.

 

  • Os funcionarios especializados de policía local e os da garda civil terán comunicación fluída por diversos medios para intercambiar información sobre a vítima ou o autor.

 

  • O obxectivo deste protocolo é optimizar os recursos humanos e materiais. Producirase tamén unha transmisión recíproca da información.

 

  • A finalidade é garantir o ccumprimento eficaz das medidas xudiciais de protección ás vítimas, evitando posibles duplicidades na resposta aos casos que se susciten.

 

  • Esta mañá, no marco da xunta local de seguridade de Barbadás, asináronse tamén 2 acordos técnicos para definir a colaboración e coordinación da Garda Civil e da Polícía Local nos que se definen os pasos a realizar dende o coñecemento dos feitos de violencia ata as labores de coordinación pasando por os traslados iniciais das vítimas, as actuacións sobre o agresor, a valoración do risco ou a aplicación de medidas de protección.

 

  • A sinatura tanto dos acordos técnicos coma do protocolo son o paso previo para a firma entre o Ministerio do Interior e o Concello de Barbadás de un convenio para a incorporación do corpo da Policía Local ó sistema de seguemento integral dos casos de violencia de xénero.

 

  • Este convenio profundizará nas medidas de protección ás vítimas a través de unha axeitada coordinación das actuacións entre a Administración Xeral do Estado e das Entidades Locais co fin de previr e evitar riscos de novas agresións.

 

  • A xunta local de seguridade evidenciou a necesaria coordinación tamén con todos os/as profesionais relacionados coa protección das vítimas: médico/a, traballadores/as sociais, educadores/as familiares, enfermeiras/os, policía, garda civil, psicólogos/as, sistema xudicial, etc.

 

  • En Barbadás está en funcionamento dende hai meses un Centro de Información á Muller no que traballan na actualidade 3 profesionais: a directora do CIM, unha psicóloga e unha asesora legal (ubicación: praza de San Antón, Barbadás pobo).

 

  • O futuro convenio que se asinará contribuirá na realización de un seguemento e protección máis efectivos e permitirán unh actuación máis áxil e eficaz para as vítimas.

 

  • Coa incorporación de Barbadás a VioGén preténdese, entre outros obxectivos, proporcionar ás vítimas unha resposta policial de maior rapidez e de máxima sensibilidade, calidade e eficiciencia na atención e protección.

 

  • Tamén se pretende proporcionar ás vítimas información clara e accesible sobre os dereitos e recursos existentes e facilitar a transmisión entre as Forzas e Corpos de Seguridade e os órganos xudiciais de toda a información relevante para a protección da vítima.

 

 

CONTENT-CAT.1733810508

Xornada formativa: Accidentes de tráfico e seguridade vial

15/03/2019

Xornada formativa: Accidentes de tráfico e seguridade vial

Venres, 29 de marzo de 2019 ás 19:30 hs.

Esta xornada formativa que correrá a cargo de EFESGAL (Escola de Formación en Emerxencias e Saúde de Galicia),  incidirá sobre como actuar ante un accidente de tráfico, as consecuencias das distraccións, os sistemas de retención infantil ou  as novidades lexislativas, entre outros.

Ademais os asistentes, poderán expoñer as dúbidas que lles xurdan nesta materia.

TALLER CET MARZO 299.48 KB

CONTENT-CAT.1733810508

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS BÁSICOS

09/01/2019

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS BÁSICOS

Venres ,25 de xaneiro ás 19 horas

O vindeiro venres 25 de xaneiro ás 19 horas impartirase no CET de Barbadás un taller gratuito de “Primeiros Auxilios Básicos”.

A inscrición pode realizarse por correo cet@barbadas.es ou no teléfono 988 36 04 13.

O aforo é limitado.

 

CONTENT-CAT.1733810508

Resumo de actuacións de Protección Civil ante a vespa velutina en Barbadás

05/12/2018

Resumo de actuacións de Protección Civil ante a vespa velutina en Barbadás

PROTECCIÓN CIVIL ATENDE 130 AVISOS PARA ATENDER INCIDENCIAS POLA PRESENZA DE VESPA VELUTINA

O responsable do Servizo de Emerxencias e PC de Barbadás, Daniel Rey informa que “se invertiron un total de 190 horas de traballo e participaron un total de 12 operarios, ben do servizo ou ben voluntarios”

 O Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Barbadás recibiu dende principios do ano 2018 un total de 130 avisos para intervir pola presenza da praga da vespa velutina.

  • Os avisos foron recibidos a través do 012 nunha porcentaxe do 60 por cento, en tanto que o 40% restante correspondeu a chamadas de particulares ou de representantes municipais.

 

  • Protección Civil efectuou 115 intervencións derivadas da praga da vespa velutina, “das cales 98 foron consideradas de prioridade máxima por estar localizadas en puntos críticos, pretos de lugares de pública concorrencia ou vivendas particuales”, explica Daniel Rey, responsable de Protección Civil de Barbadás.

 

  • O protocolo de actuación ante un aviso é o seguinte, indica Daniel Rey: primeiro recíbese o aviso, presenza de Protección Civil para a súa comprobación no mesmo día e decídese o grao de prioridade. Posteriormente actúase se pode ser no mesmo día e sempre en horario nocturno, destaca Rey.

 

  • As actuacións son levadas a cabo polos membros do servizo e os voluntarios da agrupación.

 

  • Rey informa que “se invertiron un total de 190 horas de traballo e participaron un total de 12 operarios, ben do servizo ou ben voluntarios”.

 

  • O responsable de Protección Civil de Barbadás enumera os medios técnicos e materiais para levar a cabo as intervencións: 2 traxes de protección específicos para vespa velutina, 1 traxe de apicultor para actuar cando hai que protexer enxames de abellas, lanternas infravermellas, pértega extensible de 30 metros con bomba manual, escaleiras manuais, pértegas con dosificador de sprai, material de traballos en altura, ferramentas tipo motoserra, desbrozadora e serruchos.

 

  • Daniel Rey indica que ademais contan coa colaboración da empresa de mantemento eléctrico, que proporciona o apoio loxístico a través dos guindastres.

 

  • Os produtos químicos que se empregan para envelenar os niños son homologados para esta función “e téñense en conta os factores de risco medioambiental”.

 

  • Estes produtos úsanse en dous formatos: sprai de longo alcance e outros diluibles para inxección con bomba manual.

 

  • O persoal que se dedica a tarefas de eliminación de niños está formado pola AGASP, conta con titulación en manexo de fitosanitarios e dispón de inxeccións de adrenalina por se sufrise unha reacción alérxica.

 

  • As previsións indican, según anticipa Daniel Rey, que “trala caída da folla se reciban moitos máis avisos de avistamentos de vespa velutina”.

 

  • A planificación para as próximas datas será levar a cabo “unha campaña de trampeo en colaboración co outros axentes implicados: apicultores, poboación civil e outros servizos municipais co obxectivo de reduci-la presenza de velutina na vindeira tempada”, apunta Rey.

CONTENT-CAT.1733810508

CONTENT-CAT.1733810508