Categoría: Urbanismo
|
O Concello de Barbadás inicia as melloras nos accesos á Valenzá vella 26/11/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás inicia as melloras nos accesos á Valenzá vella
O Concello de Barbadás vén de iniciar as obras de rehabilitación dos accesos á Valenzá vella desde a avenida de Celanova, unha intervención que mellorará a seguridade e accesibilidade viaria, así como a mobilidade de péons e vehículos. O proxecto, valorado en 64.000 euros, está enmarcado no Plan de Obras deste 2025, no que o goberno local inviste un total de 1,1 millóns de euros. A actuación modernizará os accesos ao barrio e adaptará calzadas e beirarrúas aos estándares actuais de accesibilidade universal, favorecendo un espazo urbano máis seguro e inclusivo para toda a veciñanza, en especial para persoas con mobilidade reducida, maiores e familias con bebés. Deste xeito, o proxecto inclúe a renovación e ampliación de beirarrúas para favorecer un tránsito máis cómodo e seguro, a incorporación de pavimento podotáctil para persoas con visibilidade reducida, a adaptación dos rebaixes de bordos nos pasos de peóns, a mellora da sinalización horizontal e da iluminación, a reordenación de mobiliario urbano que actualmente dificulta o paso ou a reposición de elementos deteriorados. Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Obras, pon en valor a intervención, “que mellorará notablemente a mobilidade de peóns e vehículos, así como a seguridade viaria da Valenzá Vella”. Morenza resalta a importancia de adaptarse aos estándares actuais de accesibilidade garantindo un “itinerario peonil continuo e libre de barreiras”. Por outra banda, a concelleira recorda que é unha zona moi frecuentada, polo que a intervención redundará nunha notable mellora da calidade de vida da veciñanza. |
CONTENT-CAT.1770595197
*10/11/2025
**
O Concello de Barbadás mellora a seguridade viaria e a accesibilidade do camiño da Moura de Arriba
A vía, que une os núcleos de Barbadás e Sobrado, é moi transitada por vehículos e peóns O Concello de Barbadás iniciará nos próximos días as obras de mellora do camiño da Moura de Arriba, unha vía que une os núcleos de Barbadás e Sobrado e polo que transitan numerosos vehículos e peóns. A intervención, … Seguir lendo O Concello de Barbadás mellora a seguridade viaria e a accesibilidade do camiño da Moura de Arriba →
|
O Concello de Barbadás mellora a seguridade viaria e a accesibilidade do camiño da Moura de Arriba 10/11/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás mellora a seguridade viaria e a accesibilidade do camiño da Moura de Arriba
O Concello de Barbadás iniciará nos próximos días as obras de mellora do camiño da Moura de Arriba, unha vía que une os núcleos de Barbadás e Sobrado e polo que transitan numerosos vehículos e peóns. A intervención, enmarcada no Plan Camiña Rural 2025-2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), supón un investimento de máis de 53.000 euros e conta cun prazo de execución de 3 meses. A tenente alcalde e concelleira de Obras, Victoria Morenza, destaca o esforzo do Concello de Barbadás por mellorar as infraestruturas rurais e facilitar o acceso ás explotacións agrícolas e ás vivendas situadas nas parroquias do municipio. “O camiño da Moura de Arriba é unha vía fundamental para comunicar Barbadás e Sobrado: é unha zona moi transitada que se atopaba nun estado bastante complicado para a seguridade viaria”, explica. As obras abranguen un tramo de 511 metros, nos que se actuará sobre firme, cunetas e sinalización. Deste xeito, aplicarase unha nova capa de aglomerado para corrixir as irregularidades actuais e mellorar a resistencia da vía; levarase a cabo a limpeza das cunetas para favorecer a drenaxe da auga; desbrozarase a vexetación dos laterais do camiño para garantir unha boa visibilidade; axustaranse en altura os tres pozos existentes na zona, e instalarase nova sinalización vertical e horizontal. |
CONTENT-CAT.1770595197
*25/09/2025
**
O Concello de Barbadás vén de iniciar as obras de rehabilitación do firme da pista que une Parada co santuario de San Bieito de Cova de Lobo. A intervención, adxudicada por 75.340,65 euros a Excavaciones P. Prol, forma parte da segunda fase de mellora da conexión de dous puntos neurálxicos de atracción turística en Barbadás … Seguir lendo Arrancan as obras de mellora da pista que une Parada co santuario senlleiro de San Bieito de Cova de Lobo →
|
Arrancan as obras de mellora da pista que une Parada co santuario senlleiro de San Bieito de Cova de Lobo 25/09/2025 |
|---|
Arrancan as obras de mellora da pista que une Parada co santuario senlleiro de San Bieito de Cova de LoboO Concello de Barbadás vén de iniciar as obras de rehabilitación do firme da pista que une Parada co santuario de San Bieito de Cova de Lobo. A intervención, adxudicada por 75.340,65 euros a Excavaciones P. Prol, forma parte da segunda fase de mellora da conexión de dous puntos neurálxicos de atracción turística en Barbadás como son o santuario de San Bieito e o Tangaraño. Na primeira fase, tamén executada polo actual goberno municipal, rehabilitouse a pista que une Piñor con San Bieito. “San Bieito de Cova de Lobo é un dos santuarios senlleiros da provincia e por suposto, de Barbadás. Son moitos os crentes e veciños e veciñas que o visitan, especialmente na novena”, recorda o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. A intervención realizarase nun treito de aproximadamente 2 kilómetros de lonxitude, onde se rehabilitará o firme. “A obra inclúe a dotación dunha capa asfáltica, a mellora e ampliación do vial e a limpieza de maleza co obxectivo de mellorar a accesibilidade e seguridade vial”, detalla Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Obras. Ademais, reforzarase o firme do camiño e colocaranse sinais verticais. Esta actuación dá conta do esforzo do Concello de Barbadás por potenciar infraestruturas nos núcleos rurais do municipio e chegar así a toda a veciñanza. “Queremos fomentar o equilibrio territorial dentro do noso concello”, resalta Xosé Carlos Valcárcel. |
CONTENT-CAT.1770595197
*22/09/2025
**
O goberno local destinou preto de 30.000 euros á segunda fase da intervención, que xunto coa primeira parte eleva a máis de 180.000 o investimento total “Coa instalación da soleira culmínase a restauración integral e revitalización dun edificio senlleiro que apenas se utilizaba ata o de agora”, apunta Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de … Seguir lendo O Concello de Barbadás inicia a última fase da rehabilitación integral do local social de Sobrado do Bispo →
|
O Concello de Barbadás inicia a última fase da rehabilitación integral do local social de Sobrado do Bispo 22/09/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás inicia a última fase da rehabilitación integral do local social de Sobrado do Bispo
O Concello de Barbadás vén de iniciar as obras de colocación dunha soleira ventilada no local social de Sobrado do Bispo, situado na rúa da Granxa. A actuación, valorada en preto de 30.000 euros, completará o proxecto de rehabilitación integral do edificio, antiga escola da localidade. “Coa soleira ventilada culmínase a restauración dun edificio senlleiro que apenas se utilizaba ata o de agora, só como local electoral e local de ensaio, e ao que se lle vai dar un maior uso educativo, social e cultural”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Obras. A primeira fase da intervención rematou a finais de xullo, e incluíu a renovación da cuberta, a substitución parcial da estrutura de soporte, o cambio das carpintarías, cámaras e illamento das fachadas e a modernización da fontanaría, saneamento, electricidade, iluminación e ventilación. O goberno local destinou 151.957 euros na primeira parte da intervención, que xunto aos preto de 30.000 euros da segunda fase sitúa en máis de 180.000 euros o total do investimento municipal. Victoria Morenza destaca a importancia desta rehabilitación integral, xa que vai permitir que as numerosas asociacións veciñais e culturais de Sobrado poidan utilizar e encher de vida un edificio tan querido pola poboación. Esta segunda fase fará que o local, que data de 1920 segundo os datos do catastro, goce dun sistema de aireación adecuado. “A ventilación será moderna, como a dun edificio de nova construción”, apunta Morenza. |
CONTENT-CAT.1770595197
*20/08/2025
**
O Concello de Barbadás inviste 82.000 euros na rehabilitación da pista entre Santa Uxía e Reza
O Concello de Barbadás vén de adxudicar por 82.003,72 euros a obra de rehabilitación de firme da pista que une o núcleo de Santa Uxía con Reza. A intervención, que consiste no acondicionamento e mellora da estrada, será levada a cabo pola empresa Obras e Saneamientos Galicia. A actuación inclúe desbroce e retirada de vexetación … Seguir lendo O Concello de Barbadás inviste 82.000 euros na rehabilitación da pista entre Santa Uxía e Reza →
|
O Concello de Barbadás inviste 82.000 euros na rehabilitación da pista entre Santa Uxía e Reza 20/08/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás inviste 82.000 euros na rehabilitación da pista entre Santa Uxía e RezaO Concello de Barbadás vén de adxudicar por 82.003,72 euros a obra de rehabilitación de firme da pista que une o núcleo de Santa Uxía con Reza. A intervención, que consiste no acondicionamento e mellora da estrada, será levada a cabo pola empresa Obras e Saneamientos Galicia. A actuación inclúe desbroce e retirada de vexetación e material solto nas marxes do camiño, limpeza do pavimento existente, ensanche dun primeiro tramo de 50 metros, colocación dunha canalización de drenaxe de augas pluviais, ampliación da plataforma da pista, rexeneración do firme existente e pintado de marcas viarias, entre outras melloras. A superficie aproximada conxunta da intervención é de 6.097 m². O Concello de Barbadás reforza con esta obra a súa aposta por dotar aos núcleos do municipio do equipamento mínimo de infraestructuras, logrando así o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora das condicións medioambientais destes núcleos. “Queremos atender as necesidades de todos os núcleos. Neste caso, Santa Uxía é un dos de menor poboación de todo o concello, e queremos apostar pola recuperación do rural fomentando a mobilidade”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. O rexedor pon en valor a localización da aldea, que goza de vistas panorámicas sobre o río Miño, “o que debería favorecer, xunto con esta actuación, a implantación de nova poboación”. |
CONTENT-CAT.1770595197
*15/08/2025
**
O Concello de Barbadás vén de adxudicar por 75.340,65 euros a rehabilitación do firme da pista que une os núcleos de Parada e San Bieito. A empresa Excavaciones P. Prol será a encargada de realizar a intervención, que comezará no mes de setembro. A actuación inclúe a limpeza e reapertura de cuneta, rozado e limpeza … Seguir lendo O Concello de Barbadás adxudica por máis de 75.000 euros a mellora do firme da pista entre Parada e San Bieito →
|
O Concello de Barbadás adxudica por máis de 75.000 euros a mellora do firme da pista entre Parada e San Bieito 15/08/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás adxudica por máis de 75.000 euros a mellora do firme da pista entre Parada e San BieitoO Concello de Barbadás vén de adxudicar por 75.340,65 euros a rehabilitación do firme da pista que une os núcleos de Parada e San Bieito. A empresa Excavaciones P. Prol será a encargada de realizar a intervención, que comezará no mes de setembro. A actuación inclúe a limpeza e reapertura de cuneta, rozado e limpeza dos bordos laterais do camiño, construción de bocas de pozo, demolición do pavimento asfáltico en cruces de estrada, escarificación do firme existente para regular a superficie, bacheo de zonas puntuais, reforzo do firme do camiño e colocación de sinais verticais, entre outras melloras. Esta obra dá conta do empeño do Concello de Barbadás por dotar aos núcleos do municipio do equipamento mínimo de infraestruturas. “Queremos actuar sobre o entorno rural, non só sobre os grandes núcleos”, resalta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. O vial é sumamente frecuentado, sobre todo en certas épocas do ano, polo que a intervención facilitará a mobilidade de veciños e visitantes. “Nesta zona está ubicado un dos lugares máis senlleiros de Barbadás como é o Santuario do San Bieito de Cova do Lobo”, recorda Valcárcel. |
CONTENT-CAT.1770595197
*12/08/2025
**
O Concello de Barbadás vén de adxudicar por 92.908,64 euros a obra de rehabilitación de firme da estrada que une o núcleo de Barxa, en Piñor, co barrio de Vistahermosa, en Ourense. A intervención será realizada pola empresa Extraco e arrancará durante o mes de setembro, cun prazo de execución dun mes. Actualmente, a estrada … Seguir lendo O Concello de Barbadás adxudica por preto de 93.000 euros a rehabilitación da estrada que une Barxa con Vistahermosa →
|
O Concello de Barbadás adxudica por preto de 93.000 euros a rehabilitación da estrada que une Barxa con Vistahermosa 12/08/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás adxudica por preto de 93.000 euros a rehabilitación da estrada que une Barxa con VistahermosaO Concello de Barbadás vén de adxudicar por 92.908,64 euros a obra de rehabilitación de firme da estrada que une o núcleo de Barxa, en Piñor, co barrio de Vistahermosa, en Ourense. A intervención será realizada pola empresa Extraco e arrancará durante o mes de setembro, cun prazo de execución dun mes. Actualmente, a estrada presenta un firme totalmente esgotado e numerosas irregularidades que cómpre corrixir, tal e como sinala Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Vías e Obras. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, destaca a rehabilitación como “prioritaria”, dado o elevado tráfico deste vial. “Esta vía serve como acceso a Ourense desde unha das parroquias máis grandes de Barbadás, e precisamente serve para desafogar outros viais de acceso á capital, diversificando así a mobilidade”, apunta. O tramo a rehabilitar comeza nas inmediacións da igrexa de San Lourenzo de Piñor e ten unha lonxitude de 1.140 metros, ata o límite do concello de Ourense. O ancho medio é de 5,50 metros, con algunhas zonas que presentan sobreanchos. A intervención incluirá a limpieza de cuneta, fresado da superficie existente, rega de adherencia, pintado das marcas viarias ou levantamento de dous reductores de velocidade de 3 metros, entre outras melloras. |
CONTENT-CAT.1770595197
*11/08/2025
**
O Concello de Barbadás vén de rematar a instalación dunha estación de bombeo na rúa Travesía de Piñor co obxectivo de evitar o uso de fosas sépticas e adaptarse aos requisitos medioambientais. “Este tipo de intervencións xa se levaron a cabo noutros lugares como Sobrado, na zona do Outeiriño, e se seguirán facendo”, explica Victoria … Seguir lendo O Concello de Barbadás remata a instalación dunha estación de bombeo en Piñor para evitar o uso de fosas sépticas →
|
O Concello de Barbadás remata a instalación dunha estación de bombeo en Piñor para evitar o uso de fosas sépticas 11/08/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás remata a instalación dunha estación de bombeo en Piñor para evitar o uso de fosas sépticasO Concello de Barbadás vén de rematar a instalación dunha estación de bombeo na rúa Travesía de Piñor co obxectivo de evitar o uso de fosas sépticas e adaptarse aos requisitos medioambientais. “Este tipo de intervencións xa se levaron a cabo noutros lugares como Sobrado, na zona do Outeiriño, e se seguirán facendo”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos. Morenza dá conta do importante avance que supón a estación de bombeo para a depuración de augas en Piñor, xa que era “un dos poucos lugares que quedaban sen saneamento”. Pola súa parte, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, tamén destaca os beneficios desta intervención: “É un avance medioambiental que tamén levaremos a cabo noutros lugares do municipio en base ao cumplimento da lexislación e á optimización dos recursos medioambientais”. A instalación da estación de bombeo foi unha das obras incluídas polo Concello de Barbadás no Plan Provincial. |
CONTENT-CAT.1770595197
*07/08/2025
**
O Concello de Barbadás urxe a Telefónica a retirar “inmediatamente” un poste caído hai xa dous meses
A primeira comunicación foi o 16 de xuño e a compañía respondeu que incidencia xa fora trasladada á central, pero a situación é hoxe a mesma Desde entón, o goberno local púxose en contacto en reiteradas ocasións coa compañía, que segue alegando que a incidencia “está trasladada” A veciñanza tamén alertou ao 112 da situación … Seguir lendo O Concello de Barbadás urxe a Telefónica a retirar “inmediatamente” un poste caído hai xa dous meses →
|
O Concello de Barbadás urxe a Telefónica a retirar “inmediatamente” un poste caído hai xa dous meses 07/08/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás urxe a Telefónica a retirar “inmediatamente” un poste caído hai xa dous meses
O Concello de Barbadás solicitou xa o pasado 16 de xuño a reparación inmediata do poste da rúa Escaleiras, na Valenzá, á dirección xeral de Galicia da compañía Telefónica. O poste vencera e supuña un perigo para viandantes e vehículos. A compañía respondeu tres días despois, o 19 de xuño, informando de que a petición xa fora trasladada aos operarios de zona. Hoxe, 2 meses despois, o poste ainda non foi reparado nin substituído, de feito, seguiu vencendo desde entón ata estar agora apoiado na fachada dun dos edificios da rúa, supoñendo cada vez un perigo maior. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, púxose este mércores en contacto coa central de Telefónica en Galicia de novo, ante a situación de risco e a falta de solución. Desde a compañía asegurouse que a solicitude será atendida coa “maior prioridade posible” debido ao perigo para peóns e vehículos. “Lamentamos a desatención por parte de Telefónica en relación a esta situación tan perigosa que pode afectar a persoas e bens”, sinala o alcalde. Nesta liña, asegura que este tipo de situacións son comúns con todas as “grandes empresas” que sistematicamente desatenden aos concellos ao non facilitar un contacto directo para informar de incidencias. “No seu momento, o Concello de Barbadás xa aprobou unha moción solicitando un contacto directo das empresas”, explica Valcárcel. Cabe destacar que a rúa Escaleiras é unha zona de paso frecuente de viandantes que soben desde a zona do río ao núcleo da Valenzá, e tamén é un punto de aparcamento de numerosos vehículos. Desde xuño, o goberno local púxose en contacto en reiteradas ocasións coa compañía Telefónica, que segue alegando que a incidencia “está trasladada”. Ante a situación, o Concello acordoou o poste, pero ao tratarse dunha instalación de Telefónica, é a empresa quen está na obriga de reparala ou substituíla. Por outra parte, numerosos veciños deron conta da situación de risco de caída ao 112, quen deu conta das queixas e da situación a Telefónica, que segue sen resolver a incidencia. É por elo que o goberno local urxe por última vez a Telefónica a que enmende coa maior celeridade posible este problema, pois do contrario emprenderá outro tipo de acción. |
CONTENT-CAT.1770595197
*24/07/2025
**
O goberno local investiu 151.957 euros na fase inicial da intervención, que incluíu a reforma integral da fachada e dos sistemas de fontanería e iluminación, así como a mellora da accesibilidade “Esta actuación está enmarcada no afán do Concello por recuperar edificios emblemáticos para destinalos a un fin social, educativo e cultural”, explica Xosé Carlos … Seguir lendo O Concello de Barbadás finaliza a primeira gran actuación do proxecto de rehabilitación do local social de Sobrado do Bispo →
|
O Concello de Barbadás finaliza a primeira gran actuación do proxecto de rehabilitación do local social de Sobrado do Bispo 24/07/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás finaliza a primeira gran actuación do proxecto de rehabilitación do local social de Sobrado do Bispo
O Concello de Barbadás vén de rematar a primeira gran actuación do proxecto de rehabilitación do local social de Sobrado do Bispo, situado na rúa da Granxa. A intervención, orzamentada en 151.957 euros, completarase coa instalación dunha soleira ventilada e dun chan de madeira. “O local foi a antiga escola de Sobrado, polo que é un edificio emblemático para a localidade. Este proxecto, por tanto, enmárcase no afán do Concello por recuperar edificios emblemáticos para destinalos a un fin social, educativo e cultural”, explica Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. A tenente alcalde e concelleira de Obras, Victoria Morenza, destaca a importancia desta rehabilitación que converte “un edificio case residual nun local coas condicións óptimas para ser empregado en diferentes actividades”. A fase inicial da actuación incluíu a renovación da cuberta, a substitución parcial da estrutura soporte, o cambio das carpinterías, cámaras e illamento das fachadas e a modernización das instalacións de fontanaría, saneamento, electricidade, iluminación e ventilación. “O edificio está perfectamente insonorizado e iluminado, construíronse baños óptimos, permítese a entrada pola parte traseira…”, desgrana Morenza. A intervención permitiu a mellora da accesibilidade do edificio, que data de 1920. Así, modificouse o acceso na fachada nordeste, construíuse unha nova escaleira e creouse un espazo de descanso como antesala do edificio para protexer aos usuarios do centro do tráfico rodado. Ademais, a fachada recuperou o seu aspecto orixinal cos encintados tipo rústicos. O centro convertirase nun punto de encontro dos veciños e veciñas de Sobrado, onde non só acudir para socializar ou ler prensa, senón tamén para realizar actividades de diversa índole (desde promoción da vida activa ate alfabetización informática). “O local vai ser utilizado tamén por agrupacións como a Coral Voces e Cordes, emblemática en Sobrado, que o ano que vén celebra o seu 40 aniversario”, apunta o alcalde. A actuación completarase coa instalación dunha soleira ventilada, que protexerá o edificio da humidade, e coa colocación dun chan de madeira. |
CONTENT-CAT.1770595197
*22/07/2025
**
O goberno local investiu 20.000 euros na instalación de 12 luces led modernas “O obxectivo é incrementar a visibilidade, a seguridade viaria e a mobilidade da poboación en cruces moi transitados”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos O Concello de Barbadás reforza a seguridade viaria e a mobilidade da avenida de … Seguir lendo O Concello de Barbadás reforza a accesibilidade e seguridade viaria da avenida de Celanova coa instalación de novas luminarias en seis pasos de peóns →
|
O Concello de Barbadás reforza a accesibilidade e seguridade viaria da avenida de Celanova coa instalación de novas luminarias en seis pasos de peóns 22/07/2025 |
|---|
O Concello de Barbadás reforza a accesibilidade e seguridade viaria da avenida de Celanova coa instalación de novas luminarias en seis pasos de peóns
O Concello de Barbadás reforza a seguridade viaria e a mobilidade da avenida de Celanova, a arteria principal da Valenzá, coa instalación de novas luminarias en seis pasos de peóns moi transitados. A tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos, Victoria Morenza, destaca a importancia desta actuación, valorada en 20.000 euros, que mellora non só a visibilidade dos condutores, senón tamén a dos peóns. “O obxectivo é incrementar a seguridade viaria, a visibilidade, fundamentalmente pola noite, e a mobilidade da poboación en zonas de cruce de moitas persoas”, apunta Morenza. A intervención incluíu a instalación de dúas luminarias led modernas, unha en cada sentido da marcha, en seis pasos de peóns da avenida (no número 1, á altura do número 52, no número 60, no 80, 93 e 116). Estes cruces son dos máis transitados da Valenzá pola proximidade a comercios, hipermercados, servizos municipais, parques e farmacias. “Hai pasos nos que ten habido incidentes viarios por falta de visibilidade, por iso é tan importante incrementar a iluminación”, sinala a tenente alcalde. O tipo de aparello instalado varía segundo o espazo e a contorna; así, en varios puntos colocáronse luces máis altas, que tamén iluminan a entrada a parques ou zonas de escaleiras, mentres que noutros cruces puxéronse luminarias máis baixas e dirixidas. |
CONTENT-CAT.1770595197
*17/07/2025
**
Comezan as obras de rehabilitación do firme da rúa Fonsillón
O Concello de Barbadás inicia as obras de rehabilitación do firme na rúa Fonsillón no tramo comprendido entre o cruce coa rúa da Campiña e o límite co concello de Ourense. Trátase dunha actuación prioritaria do Plan de Obras 2025 do goberno de Barbadás, e conta cun investimento de 30.000 euros e un prazo de … Seguir lendo Comezan as obras de rehabilitación do firme da rúa Fonsillón →
|
Comezan as obras de rehabilitación do firme da rúa Fonsillón 17/07/2025 |
|---|
Comezan as obras de rehabilitación do firme da rúa FonsillónO Concello de Barbadás inicia as obras de rehabilitación do firme na rúa Fonsillón no tramo comprendido entre o cruce coa rúa da Campiña e o límite co concello de Ourense. Trátase dunha actuación prioritaria do Plan de Obras 2025 do goberno de Barbadás, e conta cun investimento de 30.000 euros e un prazo de execución dun mes. “A mellora do firme desta rúa é fundamental para favorecer a comunicación do barrio do Fonsillón co resto do concello e coa zona comercial próxima”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Infraestruturas. A intervención foi solicitada pola propia asociación veciñal do barrio e supón unha mellora significativa de seguridade e mobilidade, tanto de vehículos como de peóns. Os traballos inclúen o cambio do firme superficial, pintado da sinalización viaria e substitución do actual redutor de velocidade, moi deteriorado na actualidade. “Vaise instalar un lombo elevado para reducir a velocidade, e tamén melloraremos a limpeza e saneamento do vial, debido a que nesa zona hai moitos arrastres de terra”, detalla Morenza. |
CONTENT-CAT.1770595197
*23/05/2025
**
O alumnado do Obradoiro de Emprego adecenta o lavadoiro das Lameiras
Trátase dun espazo senlleiro de Sobrado do Bispo que precisaba dunha limpeza en profundidade O alumnado do Obradoiro de Emprego realiza estes días tarefas de limpeza no lavadoiro das Lameiras, un espazo senlleiro da localidade de Sobrado do Bispo. A actuación consiste no vaciado do vaso, eliminación da vexetación, limpeza das pedras e mellora dos … Seguir lendo O alumnado do Obradoiro de Emprego adecenta o lavadoiro das Lameiras →
|
O alumnado do Obradoiro de Emprego adecenta o lavadoiro das Lameiras 23/05/2025 |
|---|
O alumnado do Obradoiro de Emprego adecenta o lavadoiro das Lameiras
O alumnado do Obradoiro de Emprego realiza estes días tarefas de limpeza no lavadoiro das Lameiras, un espazo senlleiro da localidade de Sobrado do Bispo. A actuación consiste no vaciado do vaso, eliminación da vexetación, limpeza das pedras e mellora dos accesos. A intervención permitirá que a veciñanza poida desfrutar de novo deste espazo, sobre todo coa chegada das altas temperaturas do verán. O Obradoiro de Emprego tamén está levando a cabo a rehabilitación do lavadoiro de Costa Mollada. O obxectivo é convertelo nun lugar de lecer que ten a auga como elemento principal para potenciar a súa estética. |
CONTENT-CAT.1770595197
*14/05/2025
**
Barbadás avanza coa Xunta nas fórmulas para modernizar e actualizar o plan de urbanismo
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; a tenente alcalde, Victoria Morenza; unha técnico municipal, e o concelleiro Daniel Rey, mantiveron unha reunión en San Caetano coa directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas A solución acordada entre ambas partes é a de abordar os cambios precisos na planificación urbanística a través de modificacións puntuais O Concello de … Seguir lendo Barbadás avanza coa Xunta nas fórmulas para modernizar e actualizar o plan de urbanismo →
|
Barbadás avanza coa Xunta nas fórmulas para modernizar e actualizar o plan de urbanismo 14/05/2025 |
|---|
Barbadás avanza coa Xunta nas fórmulas para modernizar e actualizar o plan de urbanismo
O Concello de Barbadás avanza un paso máis no obxectivo de actualizar e modernizar o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobado no ano 2002, baixo o goberno do Partido Popular. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; a tenente alcalde, Victoria Morenza; unha técnico municipal, e o concelleiro Daniel Rey, mantiveron unha reunión en San Caetano coa directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas. No encontro, trasladaron a necesidade de modificar o PXOM para adaptalo ás necesidades actuais da poboación e á realidade do municipio. Encarnación Rivas, pola súa parte, destacou que o PXOM, pese a ser do 2002, está dentro do marco da lexislación urbanística galega (LouGa), polo que aconsellou ao goberno local a levar a cabo modificacións puntuais de cuestións ás que o plan non dá solucións. Cabe destacar que o Concello de Barbadás terá que asumir integramente o custo dos cambios na normativa. A directora xeral tamén sinalou a falta da cartografía requirida pola Xunta nos PXOM. En resposta, o alcalde solicitou a colaboración da Administración autonómica (este tipo de tecnoloxía ten un elevado custo), que nestes momentos está a elaborar unha cartografía do territorio galego. Porén, a Xunta aínda non confirmou a súa cooperación con Barbadás. Modificacións no Fonsillón e na área industrial e ampliación da piscina Algunhas das modificacións puntuais a incluír no PXOM están localizadas no Fonsillón, a área das piscinas municipais ou a área industrial de Bentraces. No Fonsillón, o PXOM do 2002 propoñía un vial que tería continuidade no término municipal de Ourense, pero que o Concello de Ourense non incluíu non seu PXOM. Neste caso, será necesario actualizar e regularizar a rúa planificada, xa que non se corresponde coa realidade. Por outra banda, o goberno local analizará modificacións relacionadas coa ampliación da piscina municipal, así como cambios vinculados á área empresarial de Bentraces para axeitala á realidade. |
CONTENT-CAT.1770595197
*
**
A actuación, solicitada pola asociación veciñal do barrio, afecta ao tramo comprendido entre o cruce coa rúa da Campina e o límite co concello de Ourense O goberno local decide levar a cabo esta intervención, incluída no Plan de obras de 2025, para poñer solución a un firme en “moi mal estado” O Concello de … Seguir lendo Barbadás rehabilita o firme da rúa Fonsillón e reforza a mobilidade e a seguridade vial de condutores e peóns →
|
Barbadás rehabilita o firme da rúa Fonsillón e reforza a mobilidade e a seguridade vial de condutores e peóns 14/05/2025 |
|---|
Barbadás rehabilita o firme da rúa Fonsillón e reforza a mobilidade e a seguridade vial de condutores e peóns
O Concello de Barbadás rehabilitará o firme da rúa Fonsillón no tramo comprendido entre o cruce coa rúa da Campina e o límite co concello de Ourense. As obras incluirán o cambio do firme superficial, así como o pintado de marcas de tráfico para os vehículos e a colocación dun novo redutor de velocidade. “Esta intervención foi plantexada polos veciños, desde o Concello tamén detectamos que a vía estaba en moi mal estado e por iso nos marcamos para o 2025 a súa rehabilitación como unha prioridade”, sinala Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Infraestruturas. O tramo de vía afectado é moi transitado e cun alto volume de tráfico rodado, xa que comunica o núcleo da Valenzá coa N-525. “Queremos facilitar a accesibilidade e mobilidade de peóns e vehículos neste barrio, o que vai redundar nunha mellora da calidade de vida da veciñanza”, explica Morenza. O Concello tamén incluíu na obra de reparación do firme a renovación do actual redutor de velocidade, que se atopa “destrozado” e xa non cumple a súa función. Plan de obras O Concello de Barbadás invirte 30.000 euros nesta obra, que conta cun prazo de execución dun mes. A intervención está contemplada no Plan de obras de 2025, que supera os 1,1 millóns de euros para actuacións e melloras no municipio durante este ano, con financiamento propio, do Goberno de España, da Xunta de Galicia ou da Deputación de Ourense. En total son 9 actuacións, que van desde a substitución de luminarias tradicionais por leds en todo Bentraces e Barbadás, ata a rexeneración de estradas, recuperación de edificios (antiga escola de Sobrado), novas áreas de recreo e deportes (Parque Lucinda), a ampliación do Polideportivo, obras de saneamento ou melloras nos accesos, como por exemplo á Valenzá Vella. A edil de Infraestruturas da conta da equidade coa que traballa o goberno local nas distintas localidades: “Desde Infraestructuras queremos establecer equilibrio entre os diferentes territorios municipais, que haxa obras e melloras nos núcleos máis pequenos de Barbadás, como Santa Uxía, ata nos máis grandes, como pode ser A Valenzá, pasando por todos os intermedios”. No caso do barrio do Fonsillón, ademais da rehabilitación do firme da vía, o Plan de obras tamén contempla a reforma do Parque Lucinda e a substitución integral da iluminación actual por luces LED. |
CONTENT-CAT.1770595197
*14/02/2025
**
O Goberno local rende contas, núcleo a núcleo, das obras executadas desde xullo do 23 a decembro do 24 e das aprobadas para este ano: 35 en total Valcárcel e Morenza presentan un plan de infraestruturas froito da colaboración institucional, a escoita á veciñanza e o acordo entre partidos Co ano recentemente iniciado, Barbadás xa … Seguir lendo Plan de obras: 1,1 millóns de euros aprobados para 2025 e 1 millón máis executado no que vai de mandato →
|
Plan de obras: 1,1 millóns de euros aprobados para 2025 e 1 millón máis executado no que vai de mandato 14/02/2025 |
|---|
Plan de obras: 1,1 millóns de euros aprobados para 2025 e 1 millón máis executado no que vai de mandato
Co ano recentemente iniciado, Barbadás xa ten aprobada para 2025 e so pendente de licitación unha inversión de 1,1 millóns de euros en diferentes infraestruturas, con financiamento propio, do Goberno de España, da Xunta de Galicia ou da Deputación de Ourense. En total son 9 actuacións, que van desde a substitución de luminarias tradicionais por leds en todo Bentraces e Barbadás, ata a rexeneración de estradas, recuperación de edificios (antiga escola de Sobrado), novas áreas de recreo e deportes (Parque Lucinda), a ampliación do Polideportivo, obras de saneamento ou melloras nos accesos, como por exemplo á Valenzá Vella. A estas 9 se lle sumarán en breve, polo menos, outras 6 obras, con proxectos que están actualmente en redacción ou pendentes de subvencións e cuxo importe se sumará ao longo de ano aos 1,1 millóns citados anteriormente. Así o detallaron esta mañá o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e a tenente alcalde e concelleira de Infraestruturas, Victoria Morenza, que presentaron o plan de obras para 2025 e fixeron avaliación da evolución do mesmo durante o que vai de mandato. Neste período, desde xullo de 2023, o goberno local terá executado ou aprobado para executar este ano 35 obras de infraestruturas cunha inversión de 2.160.000 millóns de euros, todo elo en pouco máis de ano e medio. A inversión asociada ao Plan de Obras será maior ao rematar este ano, pois hai proxectos que, como sinalaron tanto o alcalde como a concelleira, están agora mesmo en fase de redacción ou pendentes de acadar o financiamento necesario. “Este é un goberno que goberna dunha forma xusta para todos os pobos do municipio. As necesidades son sempre moitas e resulta imposible cubrilas todas porque os recursos tamén son limitados, pero tentamos atender o maior número delas, chegando a cada recuncho do municipio. A proba está en que cando remate este ano, teremos feito obras en todos os pobos, con criterios de necesidade e interese xeral. No que resta de mandato, seguiremos facendo o mesmo, de tal xeito que equilibraremos o número de actuacións en cada núcleo”, explica Valcárcel. Tanto Victoria Morenza como Valcárcel destacan o exercicio de colaboración institucional que fai posible este plan de obras, con financiamento de diferentes administracións, así como “o traballo de escoita coa veciñanza para identificar as necesidades”, que apuntou o alcalde, ou de “negociación e consenso tanto co socio de goberno, Dani Rey de DO, como con Ramón Padrón, que tamén propuxo algunhas das obras incluídas no plan”, engadiu Victoria Morenza. Xa por último, Valcárcel referiuse á presentación deste plan como o síntoma da boa saúde democrática do goberno progresista de Barbadás e, sobre todo, como un exercicio de transparencia. “A rendición de contas é esencial en democracia, así que iso é o que estamos facendo: explicar onde se inverte cada euro público que xestiona o Concello de Barbadás, tanto de fondos propios como procedentes doutras administracións. Este Concello superou os tempos da opacidade e non dará un so paso atrás en materia de transparencia. Gustará máis ou menos o que facemos, acertaremos ou nos equivocaremos, pero xamais ocultaremos nada”, rematou.
|
CONTENT-CAT.1770595197
*17/12/2024
**
Mellorará a sincronización coas bases de datos como Padrón ou Catastro e a precisión e fiabilidade das xestións administrativas O Concello de Barbadás vén de rematar os traballos de actualización do rueiro municipal, unha iniciativa desenvolvida en coordinación coa Base de Datos Catastral. Este proxecto, que foi acordado en pleno no ano 2008, permitirá unha … Seguir lendo Barbadás actualiza o seu rueiro: rexistra 142 novas rúas e modifica 7.646 números de acceso a edificios →
|
Barbadás actualiza o seu rueiro: rexistra 142 novas rúas e modifica 7.646 números de acceso a edificios 17/12/2024 |
|---|
Barbadás actualiza o seu rueiro: rexistra 142 novas rúas e modifica 7.646 números de acceso a edificios
O Concello de Barbadás vén de rematar os traballos de actualización do rueiro municipal, unha iniciativa desenvolvida en coordinación coa Base de Datos Catastral. Este proxecto, que foi acordado en pleno no ano 2008, permitirá unha total sincronización entre os datos do Padrón de habitantes do Concello e a información rexistrada na Base de Datos Catastral. Ademais, este traballo servirá para incluír a referencia catastral de cada un dos inmobles existentes nos datos do Padrón de habitantes, mellorando así a precisión e a fiabilidade da xestión administrativa. É destacable que son moi poucos os concellos na provincia de Ourense e mesmo na comunidade autónoma de Galicia que teñen realizado un labor desta magnitude. Como parte do proxecto, déronse de alta un total de 142 rúas novas que non estaban rexistradas e modificáronse 7.646 números de policía en todo o municipio, é decir, números asignados ós edificios para identificalos na vía pública. Actualmente, o Concello de Barbadás conta cun totral de 518 rúas e 26 entidades poboacionais. Na zona urbana existen 3.530 parcelas edificadas, 17.892 bens inmobles e 5.700 parcelas sen edificar. Por outra banda, na zona rústica hai un total de 26.124 parcelas. Os traballos foron executados por unha empresa especializada neste tipo de tarefas, en estreita colaboración cos departamentos de Padrón e Urbanismo do Concello de Barbadás, así como coa Xerencia do Catastro de Ourense. Con esta actuación, o Concello de Barbadás sitúase á vangarda da modernización administrativa, garantindo un servizo máis eficiente e adaptado ás necesidades da cidadanía. “Este novo rueiro supón a actualización a todos os niveis, dado que ao comezar polo Concello chega por derivación ao resto, como o Catastro ou Correos. De feito, todoistes arquivos xa foron enviados ó Catastro, que vai ter un rueiro real, actualizado e, sobre todo, conectado co do Concello para evitar os moitos erros que se tiñan detectado ata o de agora. Actualízanse así os nomes das rúas e os números reais de cada edificio. É un avance claro, porque así todas as institucións e administracións terán os mesmos datos, actualizados”, explicou ó respecto a tenente alcalde de Barbadás, Victoria Morenza.
|
CONTENT-CAT.1770595197
*12/10/2024
**
Os traballos de aplicación do aglomerado remataron, restando agora a realización dos traballos de pintado As obras para a rehabilitación do firme nas rúas Alvaredo, Principal de Loiro e Lameiro do Mato están a piques de finalizar. A falta dalgúns detalles, como o pintado, o groso das reformas xa está feito unha vez quedou aplicado … Seguir lendo As obras de mellora do firme nas Rúa Alvaredo, Principal de Loiro e Lameiro do Mato chegan ó seu tramo final →
|
As obras de mellora do firme nas Rúa Alvaredo, Principal de Loiro e Lameiro do Mato chegan ó seu tramo final 12/10/2024 |
|---|
As obras de mellora do firme nas Rúa Alvaredo, Principal de Loiro e Lameiro do Mato chegan ó seu tramo final
As obras para a rehabilitación do firme nas rúas Alvaredo, Principal de Loiro e Lameiro do Mato están a piques de finalizar. A falta dalgúns detalles, como o pintado, o groso das reformas xa está feito unha vez quedou aplicado o aglomerado. Os traballos foron realizados pola empresa Extraco e coa financiación do Plan Provincial de Cooperación de Obras. Trátanse dunhas obras moi demandadas pola veciñanza da zona. “A falta dalgúns detalles, as obras están xa no tramo final. Escoitamos as peticións dos veciños e veciñas e tentamos de pór solucións aos problemas que máis lles afectan na súa vida diaria”, explica a tenente alcalde de Barbadás, Victoria Morenza. Con este e outros proxectos como o de Pavimentación do Camiño do Barro, o Concello de Barbadás pon de manifesto a súa vontade e compromiso de dotar aos distintos núcleos do municipio dunhas infraestruturas dignas, mellorando así a calidade de vida das veciñas e veciños, así como preservar as condicións medioambientais deses lugares. |
CONTENT-CAT.1770595197
*11/10/2024
**
O paseo do Parque da Liberdade muda definitivamente de aspecto co remate esta mesma semana das obras de reforma levadas a cabo durante os últimos meses por parte de Construcciones Viso. A actuación consistiu na eliminación das barreiras existentes para mellorar a accesibilidade a unha zona moi frecuentada polas familias da Valenzá, a carón … Seguir lendo O paseo do Parque da Liberdade estrea novo aspecto para ser máis accesible en cadeiras de rodas ou carros de bebés →
|
O paseo do Parque da Liberdade estrea novo aspecto para ser máis accesible en cadeiras de rodas ou carros de bebés 11/10/2024 |
|---|
O paseo do Parque da Liberdade estrea novo aspecto para ser máis accesible en cadeiras de rodas ou carros de bebésO paseo do Parque da Liberdade muda definitivamente de aspecto co remate esta mesma semana das obras de reforma levadas a cabo durante os últimos meses por parte de Construcciones Viso.
A actuación consistiu na eliminación das barreiras existentes para mellorar a accesibilidade a unha zona moi frecuentada polas familias da Valenzá, a carón da avenida de Celanova. Para iso, retirouse o formigón existente, os sumidoiros e as raíces das árbores, formigonando de novo á vez que se colocaron novos sumidoiros e levantáronse as arquetas ata a cota do formigón, arranxando os tramos con lastras rotas.
Grazas a isto, hoxe é unha zona perfectamente accesible, especialmente para quen o faga en cadeira de rodas ou con carros de bebés.
“Agora pódese acceder con facilidade tanto dende o inicio coma dende o final do Parque. Isto favorece a mobilidade, accesibilidade e seguridade dos veciños e veciñas que pasean por esta zona”, valora Victoria Morenza, tenente alcalde de Barbadás. |
CONTENT-CAT.1770595197
*10/10/2024
**
Este vial, que tamén da acceso ao Mercadona, é de uso habitual para a veciñanza de Finca Fierro, Cabeza de Vaca, Parada ou Piñor As obras de mellora da rede de saneamento na rúa do Viso, cun orzamento de algo máis de 66.000 euros e que comezaron a semana pasada, suporán tamén unha importante mellora … Seguir lendo A obra no saneamento e pluviais da rúa do Viso mellorará o acceso ao centro da Valenzá para a lo menos 3.000 persoas →
|
A obra no saneamento e pluviais da rúa do Viso mellorará o acceso ao centro da Valenzá para a lo menos 3.000 persoas 10/10/2024 |
|---|
A obra no saneamento e pluviais da rúa do Viso mellorará o acceso ao centro da Valenzá para a lo menos 3.000 persoas
As obras de mellora da rede de saneamento na rúa do Viso, cun orzamento de algo máis de 66.000 euros e que comezaron a semana pasada, suporán tamén unha importante mellora na accesibilidade ao centro da Valenzá desde Finca Fierro, Cabeza de Vaca, Parada ou Piñor, pois incorpora tamén un novo firme para este vial, que será reaglomerado. Esta zona, moi habitada e frecuentada por veciños e veciñas de outros lugares do municipio, pois tamén se atopa o Mercadona, sofre problemas de acumulación de agua en épocas de choiva pola falta de capacidade de desaugue. O obxectivo da actuación é precisamente aumentar a eficiencia do sistema de saneamento, pero non o único, pois tamén mellorá a mobilidade e a seguridade viaria nesta rúa. As obras inclúen a instalación de preto de 75 metros de tubaxes de PVC de maior capacidade que as actuais, así como a construción de seis novos pozos de rexistro para mellorar a xestión das augas pluviais. As pluviais serán canalizadas para evitar que prexudiquen a Rúa San Bernabé e os garaxes da zona, que sufrían inundacións cotiáns debido á inadecuada dimensión das tubaxes para a urbanización e poboación que agora mesmo ten a zona. “Aumentaremos o número e dimensión das tubaxes para poder recoller adecuadamente as pluviais e confluír despois na rede xeral”, explica a tenente alcalde Victoria Morenza sobre as obras. Así mesmo, tamén se acometerán outras actuacións dentro do marco deste proxecto, coma a demolición de bordos e pavimentos en mal estado, a renovación do mobiliario urbano afectado polas obras e a repavimentación da calzada. “Imos aglomerar a Rúa do Viso, o que mellorará a accesibilidade e seguridade desa vía que ademais é a ruta de acceso para veciños de Finca Fierro, Cabeza de Vaca, Parada ou Piñor. Isto supón unha poboación dunhas tres mil persoas, moitas delas usuarias habituais desta rúa e que polo tanto tamén se beneficiarán das obras incluídas neste proxecto”, aclara a tenente alcalde Victoria Morenza. A mellora do firme na Rúa do Viso únese ás melloras acometidas nos últimos anos na propia Travesía do Viso ou na rúa das Burgas. O prazo de execución dos traballos é de tres meses, segundo o proxecto adxudicado. “A nosa vontade é a de mellorar as infraestruturas públicas e dotar ós veciños e veciñas de equipamentos de calidade nas cuestións que afectan na súa vida diaria. É así como podemos mellorar a calidade de vida no concello e así é como o faremos”, explica sobre estas obras a tenente alcalde de Barbadás, Victoria Morenza, que tamén destaca que “tal e como se recolle no proxecto, estas obras non só servirán para solucionar os problemas actuais que presenta a rede de saneamento, senón que contribuirá a previr futuras incidencias relacionadas coas choivas. Dese xeito, a vida útil das infraestruturas tamén aumentará”.
|
CONTENT-CAT.1770595197
*04/02/2023
**
Reforma do Parque de As Lamas coa dotación de pavimento contínuo de caucho
Obra executada. (Área de Urbanismo)
O CONCELLO DE BARBADÁS MELLORA O PARQUE INFANTIL DE AS LAMAS A reforma consistiu na aplicación de pavimento contínuo de caucho A intervención tivo un orzamento de 16.307 euros O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Obras e Urbanismo, promoveu a reforma do parque infantil do pobo de As Lamas. A reforma … Seguir lendo Reforma do Parque de As Lamas coa dotación de pavimento contínuo de caucho →
|
Reforma do Parque de As Lamas coa dotación de pavimento contínuo de caucho 04/02/2023 |
|---|
Reforma do Parque de As Lamas coa dotación de pavimento contínuo de cauchoObra executada. (Área de Urbanismo) O CONCELLO DE BARBADÁS MELLORA O PARQUE INFANTIL DE AS LAMAS A reforma consistiu na aplicación de pavimento contínuo de caucho A intervención tivo un orzamento de 16.307 euros
|
CONTENT-CAT.1770595197
*22/07/2022
**
Programas Estatais de apoio á vivenda
Período 2022-2025
Achegamos información precisa dos distintos programas de axuda á vivenda postos en marcha polo Goberno dentro do Plan Estatal de Acceso á Vivenda (PEAV) 2022-2025. O Plan Estatal regula 13 programas de axuda, cuxos obxectivos pasan por impulsar o acceso a unha vivenda en alugueiro; contribuír á mellora da accesibilidade da vivenda; fomentar a rexeneración … Seguir lendo Programas Estatais de apoio á vivenda →
|
Programas Estatais de apoio á vivenda 22/07/2022 |
|---|
Programas Estatais de apoio á vivendaPeríodo 2022-2025 Achegamos información precisa dos distintos programas de axuda á vivenda postos en marcha polo Goberno dentro do Plan Estatal de Acceso á Vivenda (PEAV) 2022-2025.
|
CONTENT-CAT.1770595197
*08/07/2022
**
Presentación en Barbadás dos Programas Estatais de apoio á vivenda social
O SUBDELEGADO DO GOBERNO EN OURENSE, EMILIO GONZÁLEZ AFONSO, EXPLICA EN BARBADÁS OS PROGRAMAS ESTATAIS DE APOIO Á VIVENDA SOCIAL O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou a importancia destas axudas nun concello onde o 20 por cento da poboación ten unha idade entre 18 e 36 anos Esta mañá tivo lugar no Centro … Seguir lendo Presentación en Barbadás dos Programas Estatais de apoio á vivenda social →
|
Presentación en Barbadás dos Programas Estatais de apoio á vivenda social 08/07/2022 |
|---|
Presentación en Barbadás dos Programas Estatais de apoio á vivenda socialO SUBDELEGADO DO GOBERNO EN OURENSE, EMILIO GONZÁLEZ AFONSO, EXPLICA EN BARBADÁS OS PROGRAMAS ESTATAIS DE APOIO Á VIVENDA SOCIAL O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou a importancia destas axudas nun concello onde o 20 por cento da poboación ten unha idade entre 18 e 36 anos
|
CONTENT-CAT.1770595197
*31/05/2022
**
Cobranza do Imposto de Bens Inmobles, IBI, da veciñanza con propiedades en Barbadás
Dende o día 01/06/2022 ata o 31/08/2022
ABERTO O PRAZO PARA A COBRANZA DO IMPOSTO DE BENS INMOBLES, IBI DE URBANA EN BARBADÁS O prazo en período voluntario abranguerá dende o 1 de xuño de 2022 ata o 31 de agosto O Concello de Barbadás informa á veciñanza que dende o día 01/06/2022 ata o 31/08/2022, ambos os dous inclusive, terá lugar … Seguir lendo Cobranza do Imposto de Bens Inmobles, IBI, da veciñanza con propiedades en Barbadás →
|
Cobranza do Imposto de Bens Inmobles, IBI, da veciñanza con propiedades en Barbadás 31/05/2022 |
|---|
Cobranza do Imposto de Bens Inmobles, IBI, da veciñanza con propiedades en BarbadásDende o día 01/06/2022 ata o 31/08/2022 ABERTO O PRAZO PARA A COBRANZA DO IMPOSTO DE BENS INMOBLES, IBI DE URBANA EN BARBADÁS O prazo en período voluntario abranguerá dende o 1 de xuño de 2022 ata o 31 de agosto
|
CONTENT-CAT.1770595197
*07/09/2019
**
O campo de fútbol dos Carrís estrena nova cuberta sintética de céspede
BARBADÁS INICIA A TEMPADA DE CAMPIONATOS CO CAMPO DE FÚTBOL DOS CARRÍS CON NOVO CÉSPEDE SINTÉTICO As escolas deportivas de fútbol 11 comezan a tempada en todas as categorías estrenando o novo campo de fútbol con herba sintética A nova cuberta sintética é de calidade alta e a área de xogo contará, por motivos de … Seguir lendo O campo de fútbol dos Carrís estrena nova cuberta sintética de céspede →
|
O campo de fútbol dos Carrís estrena nova cuberta sintética de céspede 07/09/2019 |
|---|
O campo de fútbol dos Carrís estrena nova cuberta sintética de céspedeBARBADÁS INICIA A TEMPADA DE CAMPIONATOS CO CAMPO DE FÚTBOL DOS CARRÍS CON NOVO CÉSPEDE SINTÉTICO As escolas deportivas de fútbol 11 comezan a tempada en todas as categorías estrenando o novo campo de fútbol con herba sintética A nova cuberta sintética é de calidade alta e a área de xogo contará, por motivos de seguridade, con un sistema de rego subterráneo
|
CONTENT-CAT.1770595197
*25/04/2019
**
Mellora de viais en O Fonsillón
A MELLORA E CONSERVACIÓN DE VIAIS PÚBLICOS EN O FONSILLÓN AFECTA A 4 RÚAS Os viais que van ser mellorados serán obxecto da aplicación de unha capa de aglomerado en quente. As obras de conservación e mellora nos viais públicos en O Fonsillón afectarán á rúa dos Emigrantes (subida dende a glorieta de Carrefour), rúa … Seguir lendo Mellora de viais en O Fonsillón →
|
Mellora de viais en O Fonsillón 25/04/2019 |
|---|
Mellora de viais en O FonsillónA MELLORA E CONSERVACIÓN DE VIAIS PÚBLICOS EN O FONSILLÓN AFECTA A 4 RÚAS Os viais que van ser mellorados serán obxecto da aplicación de unha capa de aglomerado en quente.
|
CONTENT-CAT.1770595197
*21/02/2019
**
Reforma da iluminación na rúa 17 de maio
REFORMA DA INSTALACIÓN ELÉCTRICA NA RÚA 17 DE MAIO E INSTALACIÓN DE CANALETAS DE DRENAXE PARA A RECOLLIDA DE AUGAS DAS ESCORRENTÍAS PROCEDENTES DA PARTE ALTA DO TERREO O principal obxectivo desta actuación é mellorar a seguridade viaria tanto na beirarrúa coma no vial Retranqueo de 11 puntos de iluminación pública dende o borde exterior … Seguir lendo Reforma da iluminación na rúa 17 de maio →
|
Reforma da iluminación na rúa 17 de maio 21/02/2019 |
|---|
Reforma da iluminación na rúa 17 de maioREFORMA DA INSTALACIÓN ELÉCTRICA NA RÚA 17 DE MAIO E INSTALACIÓN DE CANALETAS DE DRENAXE PARA A RECOLLIDA DE AUGAS DAS ESCORRENTÍAS PROCEDENTES DA PARTE ALTA DO TERREO O principal obxectivo desta actuación é mellorar a seguridade viaria tanto na beirarrúa coma no vial
|
CONTENT-CAT.1770595197
*21/07/2018
**
O Concello de Barbadás investirá 154.132,95 euros en varios pobos do municipio
O CONCELLO DE BARBADÁS INVESTIRÁ 154.132,95 EUROS EN DIFERENTES POBOS DO MUNICIPIO DESTINADOS A OBRAS DE MELLORA EN VIAIS, PARQUES, SEGURIDADE VIARIA E NA REFORMA DUNHA CORREDOIRA Sobrado, Piñor, Santa Uxía, Finca Fierro, A Cal e Barbadás pobo son os lugares aos que irán destinados os fondos aprobados polo pleno do mes de maio de … Seguir lendo O Concello de Barbadás investirá 154.132,95 euros en varios pobos do municipio →
|
O Concello de Barbadás investirá 154.132,95 euros en varios pobos do municipio 21/07/2018 |
|---|
O Concello de Barbadás investirá 154.132,95 euros en varios pobos do municipioO CONCELLO DE BARBADÁS INVESTIRÁ 154.132,95 EUROS EN DIFERENTES POBOS DO MUNICIPIO DESTINADOS A OBRAS DE MELLORA EN VIAIS, PARQUES, SEGURIDADE VIARIA E NA REFORMA DUNHA CORREDOIRA Sobrado, Piñor, Santa Uxía, Finca Fierro, A Cal e Barbadás pobo son os lugares aos que irán destinados os fondos aprobados polo pleno do mes de maio de 2018
|
CONTENT-CAT.1770595197












































































