25/01/2020
Cea de Comadres en Barbadás o venres 21 de febreiro
O ENTROIDO DE BARBADÁS INCLÚE NA PROGRAMACIÓN FESTIVA O VENRES DE COMADRES
A “Cea de Comadres” será o 21 de febreiro ás 21,00 horas no local de Fonval
- O Entroido de Barbadás suma unha nova actividade festiva na edición do ano 2020: a “Cea de Comadres”.
- A incorporación desta nova cita co Carnaval pretende dinamizar o ambiente entroideiro en un dos municipios con máis tradición da provincia.
- O punto de encontro das Comadres será despois do Pregón do Entroido (glorieta da familia) no local de Fonval.
- A “Cea de Comadres” de Barbadás será o venres día 21 de febreiro ás 21,00 nas instalacións de Fonval (preto do colexio Filomena Dato, rúa da Presa).
- O prezo do menú da “Cea de Comadres” terá un custo de 14 euros.
- A venda de entradas realizarase no local de Fonval en horario de 17,00 a 20,00 horas ata o día 17 de febreiro.
- A cea da “Noite de Comadres” inclúe como plato principal o tradicional cocido: cachucha, orella, touciño, tenreira, oso de xoán, chourizo de cebola e de carne, verdura, patacas e garavanzos.
- O postre consistirá en orellas, bica e filloas. Haberá viño, auga e refrescos.
- Esta iniciativa pretende incentivar a participación da veciñanza no Entroido de Barbadás.