13/04/2022
Certame literario de narracións breves de Piñor, convocado polo Concello de Barbadás e a Asociación Música e Cultura de Galicia
O certame literario establece 3 categorías e 2 premios en cada unha delas.

O CONCELLO DE BARBADÁS E A ASOCIACIÓN MÚSICA E CULTURA DE GALICIA CONVOCAN O XXV CERTAME LITERARIO DE PIÑOR NA ESPECIALIDADE DE NARRACIÓNS BREVES
- O certame literario establece 3 categorías e 2 premios en cada unha delas:
– Categoría A, para participantes maiores de idade e os premios serán de 500 e 300 euros, respectivamente.
– Categoría B, para participantes de 13 a 17 anos e os premios serán de 200 e 100 euros, respectivamente.
–Categoría C, para participantes que formen parte do alumnado de Educación Primaria premiados con 100 e 75 euros, respectivamente, que se outorgarán mediante bonos para a compra de material escolar.
- Para recibiren os seus galardóns as persoas premiadas deberán comparecer obrigatoriamente no acto de entrega de premios, perdendo ese dereito no caso contrario.
- Ninguén poderá obter dous premios, recibirá o máis importante.
- Os relatos serám de temática libre, orixinais, inéditos, en galego e non poderán estar xa premiados noutros certames.
- A súa extensión non excederá de 10 folios, por unha soa cara e con entreliñas de duplo espazo. Ademais deberán presentarse mecanografados e encabezados por un lema ou pseudónimo.
- O prazo de presentación pecharase o venres 27 de maio de 2022 ás 14 h.
- O xurado estará formado por 6 compoñentes e o seu ditame será inapelable
- A entrega dos premios terá lugar o domingo 5 de xuño de 2022, pola tarde, no Liceo da cidade de Ourense.
- As narracións premiadas editaranse na revista Fervenza da Cultura, así como nas páxinas web e redes sociais do Concello de Barbadás e a Asociación Música e Cultura de Galicia, reservándose as entidades organizadoras o dereito de publicalos en libros e outros medios de difusión.
CONSULTE AS BASES NO SEGUINTE ENLACE: Bases Certame Literario