30/09/2021
Charla da asociación ACOUGO sobre acollemento de menores
O 6 de outubro ás 19,00 horas nas instalacións municipais da Solaina
A ASOCIACIÓN GALEGA DE FAMILIAS DE ACOLLIDA, ACOUGO, COLABORA CO CONCELLO DE BARBADÁS PARA INFORMAR E SENSIBILIZAR SOBRE O PROGRAMA DE ACOLLEMENTO FAMILIAR DE MENORES
O vindeiro 6 de outubro ás 19,00 horas ACOUGO ofrecerá unha charla nas instalacións municipais da Solaina
A inscrición nesta charla efectuarase no teléfono 622 672 188
- A Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO, colaborará co Concello de Barbadás para informar e sensibilizar sobre os programas e sistemas de protección de menores e de ACOLLEMENTO FAMILIAR
- Así, o vindeiro 6 de Outubro ás 19:00 horas, ACOUGO, estará en Barbadás, nas instalacións municipais (Parque da Solaina), para falar sobre ó acollemento familiar e outras medidas de protección de menores.
- Na actualidade en toda Galicia hai 329 familias acolledoras e máis de 1.300 nenos e nenas en centros de acollida, segundo os últimos datos recollidos.
- Dende ACOUGO afánanse por dar a coñecer entre a sociedade a realidade de nenas e nenos en situación de desprotección e tamén en axudar ás familias de acollida en todos os seus trámites.
- O acollemento familiar permite que nenos e nenas tutelados pola administración pública poidan vivir integrados en familias distintas ás de orixe, e medrar nun espazo de protección familiar.
- En xeral, na sociedade hai unha clara unanimidade na idea de que o lugar axeitado para que medren as crianzas é unha familia, non unha institución. A asociación ACOUGO que agrupa a familias de acollida galegas, ten como misión difundir a realidade da infancia institucionalizada, e promover a cultura do acollemento na sociedade.
- É por iso que se achegan o vindeiro 6 de outubro a Barbadás para amosar os detalles do seu programa e animar á sociedade para que se implique no benestar da infancia máis vulnerable.
- Unha das mensaxes que queren facer chegar dende esta Asociación de carácter autonómico é que sen a participación da sociedade non se pode darlle visibilidade ao acollemento, posto que non é unha acción que dependa soamente dos profesionais ou das institucións.
” Do que non se fala non se coñece,
sobre o que non se coñece non se actúa,
e sobre o que non se actúa, non muda.”