13/07/2020

Charo Pita no Programa de Verán

O xoves  16 de Xullo, ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá), actuación de CHARO PITA co espectáculo “No País do vento” dentro do Programa de Verán do Concello.

No País do Vento nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas ao lombo das brisas e dos furacáns. Moitos son as personaxes que habitan este país de asubíos e airexas: unha científica incorrixible e algo poeta que chegou  a explorar o País do vento;  noivas, donas, magas bruxas e tolas, mulleres magníficas todas, que bailan unha canción tradicional deste país de brisas; unha familia de papaventos que é feliz buscando países imaxinarios que visitar; un corazón que viaxa nunha cáscara de noz; unha xirafa que quería ser araña e unha araña que quería ser xirafa; o Pato Simón; unhas pitas refuxiadas, un reloxo que no canto de dar horas, dá risa … E así, con moitas ganas de bailar e de gozar, vaise esgallando aos pouquiños este espectáculo.

Espectáculo musical |55 min | +3

Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1713483302

SINGLE.1713483302