08/09/2026
Ciencia contra os bulos
Xoves, 10 de setembro de 2026, ás 21:00 h, no Parque dos Patos – A Valenzá

O próximo xoves, 10 de setembro, o Parque dos Patos – A Valenzá, acolle unha nova actividade do proxecto KTB – Kill the Bulo, unha iniciativa para aprender a identificar, cuestionar e desmontar bulos científicos.
A cita será o xoves, 10 de setembro de 2026, ás 21:00 h, no Parque dos Patos – A Valenzá – Barbadás
Unha proposta para achegarnos á ciencia dun xeito ameno e participativo e, sobre todo, para desenvolver ferramentas que nos axuden a distinguir entre información científica fiable e desinformación.
Agardámoste! Ven e pon a proba o teu radar antibulos.