18/11/2020
Cine, charlas, teatro, coloquios e obradoiros conforman a programación do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller en Barbadás
Actividades dirixidas ao público adulto, ás crianzas e ás súas familias, ás mulleres e a toda a poboación en xeral.
TEATRO, CHARLAS INFORMTIVAS, OBRADOIROS DE SENSIBILIZACIÓN, CINE E ESPECTÁCULO DE QUE REPASA A HISTORIA DA MULLER CONFORMAN A PROGRAMACIÓN DO CONCELLO DE BARBADÁS PARA CONMEMORAR O 25N
Programación do CIM (centro de información á muller) para o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
- A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade, dende a Área de Igualdade, e con motivo do 25n – DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.
- A finalidade destas actividades é a promoción da igualdade e prevención da violencia, dirixidas a toda a poboación do Concello, sinala a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal.
- Durante todo mes de novembro e parte de decembro haberá diferentes actividades dirixidas ao público adulto, ás crianzas e ás súas familias, ás mulleres e a toda a poboación en xeral.
- A programación do 25N pretende reflexionar sobre os espazos, sobre a liberdade e sobre os dereitos que teñen as mulleres e todos os que quedan por acadar.
- Esta programación está deseñada para promover e promocionar a igualdade e pór en valor ás mulleres e os seus dereitos e tamén as súas reivindicacións.
- A programación arrincou o 6 de novembro con unha charla sobre endometriose e continuou o 14 de novembro con obradoiros de sensibilización e actividades lúdicas que tiveron lubar nunha carpa ubicada na rotonda da familia.
- O Mércores 25 novembro ás 12:00h. realizásese a lectura do manifesto 25N diante do concello de Barbadás.
- Ese mesmo día 25 de novembro no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María” ás 12:00h poñerase en escena o espectáculo – conferencia “Sofía”, que aborda a estrutura que sustenta a violencia: silencio, negacións. Esta actividade vai dirixida ao público adolescente.
- O venres 27 novembro contaremos cunha proxección de filme “Todas as mulleres que coñezo” no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María”, dirixida ao público xuvenil e adulto.
- “Todas as mulleres que coñezo” é o título dunha longametraxe baseada en conversacións entre mulleres que relatan vivencias persoais de terror vividas nas rúas por mor de acosos ou agresións por parte de homes.
- Para finalizar, o venres 11 de decembro ás 20:00h. no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María” e para o público xuvenil e adulto poñerase en escena “Bravas” , un espectáculo unipersoal que ofrecen unha vision da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada.
- Para todas as actividades que se levan a cabo no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María” é preciso a recollida previa de invitacións.