08/08/2019
Cambio de ubicación da actuación de Circo con SUE MORENO
Xoves 8 de Agosto ás 21h. Actuación da artista SUE MORENO.
Ante a previsión de choivas na xornada de hoxe, a actuación de SUE MORENO cambia de ubicación e pasa a facerse no PATIO DO COLEXIO FILOMENA DATO, o horario é o mesmo, é dicir ás 21h.
Espectáculo no que se mesturan técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, cunha estrutura de 6 metros de altura e tomando o humor como partitura.
A historia preséntanos a unha muller no seu día a día, tentando conciliar o seu traballo, vida e maternidade e amosando as mil caras desta etapa desde unha ollada divertida, tenra e, por momentos, absurda.