19/04/2021
Circuito ciclista infantil: xoves 22 de abril no Paseo dos Amieiros
Programa "Ruta Catalina" del Concello de Barbadás

A CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN ORGANIZA UN CIRCUITO CICLISTA INFANTIL PARA O XOVES 22 DE ABRIL
Esta actividade terá lugar entre as 16,30 e as 19,30 h no Paseo dos Amieiros
- O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Educacion, organiza un Circuito Ciclista Infantil para o xoves día 22 de abril no Paseo dos Amieiros.
- A actividade desenrolarase entre as 16,30 e as 19,30h e está dirixida a nenos e nenas de ata 12 anos.
- O circuito acollerá nenos e nenas con bicicletas, patíns, patinetes, etcétera.
- Para participar neste ciruito de aducación viaria será obrigatorio levar casco e máscara e seguir as indicacións do Protocolo Covid-19 en vigor.
- Ademais do circuito de educación viaria, con semáforos, pasos de peóns e sinais, os/as participantes terán ao seu dispor unha carpa obradoiro de bicis e está prevista unha ximcana de adestramentos.
- O circuito conta coa colaboración de “Biciescola”, “Maese Bice” e “Ourense Maese Riders Team”.
- Esta actividade está enmarcada na programación de eventos e recomendacións relacionadas coa “Ruta Catalina”, promovida polo Concello de Barbadás para favorecer a accesibilidade, a mobilidade e a seguridade viaria.