29/09/2021
Clausura do Obradoiro de Emprego de Barbadás, San Cibrao, Taboadela e Toén
Acto celebrado no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás

OS CONCELLOS DE BARBADÁS, SAN CIBRAO, TABOADELA E TOÉN CLAUSURAN O OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO
A iniciativa formativa financiada conxuntamente polos Concellos e pola Xunta centrouse na instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes
Ao acto de clausura, celebrado no Centro Empresarial Transfronteirizo de Pontón (Barbadás), asistiron os alcaldes de San Cibrao, Barbadás e Taboadela. Tamén estiveron o tenente alcalde de Toén e o xefe de Formación e colocación da Xunta
- Ao acto de clausura do Obradoiro dual de emprego asistiron o alcalde de San Cibrao, Pedro Fernández, o rexedor de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, o primeiro edil de Taboadela, Álvaro Vila e o tenente alcalde de Toén, Eladio Canal. Tamén acudiu o xefe do Servizo de Formación e Colocación en Ourense da Xunta. Francisco Rodrigo de Luis.
Os alumnos/traballadores realizaron distintas actuacións que ademais de complementar a súa formación serviron para mellorar distintas áreas dos concellos participantes.
ACTUACIÓNS EN BARBADÁS:
- Mellora da área recreativa do Barreiro.
- Axardinamento do noiro de acceso dende a rúa da Presa ao parque dos Patos.
- Mellora do Parque do Outeiriño.
- Recuperación dos céspedes e pradeiras e mellora das zonas verdes do Paseo dos Amieiros.
- Traballos de poda en diferentes zonas verdes.
ACTUACIÓNS NO CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS:
- Reposición e mellora da sinalización nos roteiros do Espazo Natural de Interese Local da Boutureira.
ACTUACIÓNS NO CONCELLO EN TABOADELA:
- Creación dun parque en Santa Leocadia.
- Traballos de mantemento e mellora no roteiro de San Xoán.
ACTUACIÓNS NO CONCELLO DE TOEN:
- Mellora na área recreativa San Alberte (Moreiras).
- Mellora no parque de Fondón.
- Traballos de poda no CEIP Saco e Arce.
- Traballos de poda do arboredo viario na OU-0519 ao seu paso polo núcleo de Toén.
- Traballos de poda do arboredo viario na OU-0518 ao seu paso polo núcleo de San Pedro de Moreiras.
- Traballos de mantemento de elementos vexetais e non vexetais no parque infantil de Trellerma.
- O alcalde de Barbadás, concello promotor do obradoiro, Xosé Carlos Valcárcel, destacou a colaboración entre concellos para levar a cabo este tipo de iniciativas. Valcárcel sinalou tamén que “é fundamental que este tipo de proxectos de formación propicien a inserción do alumnado no mercado laboral”.
- Valcárcel agradeceu o traballo e esforzo de todas as persoas implicadas no obradoiro dual de emprego e anticipou que debe ser un acicate para que o alumnado “poida acadar un traballo digno e ben remunerado, así como obter proveito desta formación”.
- Franciso Rodrigo de Luis, xefe en Ourense do Servizo de Formación e Colocación da Xunta, felicitou aos/ás participantes no obradoiro pola formación recibida/impartida e polos traballos efectuados. Destacou tamén a importancia desta formación á hora de acadar o Certificado de Profesionalidade, que pode solicitar o alumnado participante no obradoiro.
- No obradoiro dual de emprego “Concellos rurais da comarca de Ourense: Barbadás, San Cibrao, Taboadela e Toén” participaron 20 alumnos/as, 2 docentes, 1 directora e 1 administrativa.
- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, aportou 346.946 euros e os 4 concellos participantes achegaron 31.827€.