07/04/2022
Coidados porta a porta en Barbadás: estimulación de memoria, podoloxía e audioloxía
Os 28, 29 de abril, 2 e 3 de maio de 9:00 h – 20:00 h

“COIDADOS PORTA A PORTA”, PROXECTO CO QUE LEVAMOS SERVIZOS ASISTENCIAIS ÁS PERSOAS MAIORES NO RURAL PARA A PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA: ESTIMULACIÓN DE MEMORIA, PODOLOXÍA, AUDIOLOXÍA
Vai dirixido con cita previa a persoas maiores de 55 anos con cita previa.
Os servizos que se presntan son:
- – ESTIMULACIÓN DA MEMORIA –
A alta en incidencias de deterioro cognitivo en persoas maiores fai aconsellable a valoración cognitiva e a intervención terapéutica como forma de previr e aminorar o proceso.
– Estimulación COGNITIVA
– Estimulación FUNCIONAL
– Prevención da DEPENDENCIA mediante hábitos de vida saudables
– Promoción do ENVELLECEMENTO ACTIVO
- – PODOLOXÍA –
O coidado do pé adquire importancia co paso dos anos. Permite garantizar autonomía e previr patoloxías que poidan resultar en complicacións médico-cirúrxicas.
– CONSULTA BÁSICA de podoloxía
– Corte de e limpieza de UNLLAS
– Eliminación de DUREZAS, CALLOSIDADES E HELOMAS
– Valoración do ESTADO XERAL DO PÉ
- – AUDIOLOXÍA –
O deterioro auditivo pode afectar á integración sensorial e resultar nunha menor socialización. A revisión é importante para a prevención.
– CONSULTAS BÁSICAS de audioloxía
– EXPLOTACIÓN funcional da audición
– PREVENCIÓN da perda auditiva
O Servizo de Coidados Porta a Porta estará en Barbadás, na explanada do Mercadona, os días 28, 29 de abril e 2, 3 de maio de 2022 en horario de 9:00 h – 20:00 h
É preciso solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.