07/12/2021
Colaboración do centro penitenciario de Pereiro co Banco Solidario

O CENTRO PENAL DE PEREIRO DE AGUIAR COLABORA CO BANCO DE ALIMENTOS SOLIDARIO DE BARBADAS
- A Subdirectora de Tratamento do Centro Penitenciario de Pereiro, Carla García, fixo entrega de todos os alimentos achegados polos traballadores/as destinados ao Banco Solidario de Barbadas.
- A entrega foi recollida pola concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Barbadas, Elisabet González.
- Todos estes alimentos foron depositados polo persoal do centro penitenciario no punto de recollida que se dispuxo nas oficinas da instalación de Pereiro de Aguiar dende o día 22 de novembro ata o 2 de decembro.
- A colaboración con esta iniciativa solidaria do centro penitenciario supuxo a recollida de un total de 11 caixas cun peso aproximado de 165 kg.
- Elisabet González agradeceu a solidariedade do colectivo de traballadores/as do centro penitenciario co Banco Solidario de Barbadás.