17/09/2019
Comeza a funcionar a nova Aula de Novas Tecnoloxías de Barbadás
A NOVA AULA DE NOVAS TECNOLOXÍAS DE BARBADÁS ÁBRESE COA IMPARTICIÓN DUN CURSO BÁSICO DE INFORMÁTICA
O novo espazo conta cun total de 17 equipos informáticos doados por ABANCA
- A Aula de novas tecnoloxías de Barbadás está formada por un total de 17 equipos informáticos doados pola entidade financeira ABANCA.
- Hai uns días responsables do banco e membros do goberno do Concello de Barbadás visitaron o espazo dedicado ás novas tecnoloxías.
- A visita á nova aula contou coa presenza de Mateo Alonso, coordinador Institucional de Ourense de ABANCA, e José Ramón Fernández, director da oficina da Valenzá. Tamén estiveron o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, o concelleiro de Formación, Ramón Selas, e a concelleira de Educación, Marga Pérez.
- A posta en marcha da Aula de Novas Tecnoloxías é unha iniciativa na que o goberno de Barbadás vén traballando dende hai meses e que se puxo en marcha hai uns días co comezo de un curso de iniciación á informática no que participan un total de 16 persoas.
- Neste espazo dedicado ás novas tecnoloxías poñeranse a disposición dos veciños os equipos informáticos para levar a cabo unha programación anual dirixida a toda a cidadanía.
- Na visita a esta nova aula evidenciouse que a programación que se realizará englobará a persoas de tódalas idades e terá en conta todos os niveis de aprendizaxe, dende a iniciación ata a formación e contidos impartidos por profesionais coas últimas novidades en programas informáticos.
- Os equipos informáticos serán utilizados para a realización de diferentes talleres formativos dirixidos ao colectivo infantil e tamén para impartir cursos enmarcados no programa do Concello de Barbadás “FórmaTe”, pensados para poboación maior de 16 anos.
- O alcalde de Barbadás amosou o agradecemento do Concello de Barbadás hacia a entidade ABANCA, que doou 17 equipos informáticos completos.
- A nova aula acollerá tamén actividades organizadas pola rede Cemit da que o Concello de Barbadás é entidade colaboradora.