01/09/2020
Comeza o curso na Escola Infantil Municipal de Barbadás con 73 matriculados/as

COMENZA UN NOVO CURSO NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BARBADÁS, ONDE 73 NENOS E NENAS COMEZAN UNHA NOVA ETAPA NA QUE SE PRIMARÁN, SEMPRE QUE SEXA POSIBLE, AS ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE
- Hoxe martes 1 de setembro comenza un novo curso na Escola Infantil Municipal de Barbadás que nesta nova etapa recibindo aos 73 nenos e nenas que este año están matriculados/as, onde se primará sempre que sexa posible, as actividades ao aire libre
- O luns 31 de agosto as famílias visitaron as instalacións da escola infantil para coñecer ao persoal e comprobar as reformas e os medidas de seguridade e saúde implantadas no protocolo da escola entre elas a obligatoriedade de calzado exclusivo para Escola.
- Estas visitas realizaronse en pequeños grupos e de xeito escalonado.
- Nos meses de verán pintaronse as instalacións con pintura bactericida e de fácil limpeza para asegurar unha continua desinfección.
- Procedeuse á retirada de mobiliário e materiais para facilitar amplitude nas diferentes aulas.
- A comunicación coas familias será principalmente por vía telefónica e por correo electrónico con cada titora.
- Dende a escola pediuse a maior colaboración ás familias , xa que para cumprir os protocolos as entradas e saídas serán escalonadas e a máxima responsabilidade á hora de control de temperatura ou outros sintomas compatibles coa Covid para que todo o persoal , familias, cativos e cativas poidan desenvolver a sua actividade o mellor posible.