15/10/2026
Comeza o Obradoiro de emprego “Concellos Rurais da Comarca de Ourense: Barbadás, Taboadela e Toén IV”

O xoves 15 de novembro deu comezo o Obradoiro de Emprego «Concellos Rurais da Comarca de Ourense: Barbadás, Taboadela e Toén IV», unha iniciativa que permitirá formar durante nove meses a 20 alumnos/as-traballadores/as.
A formación desenvolverase en dúas especialidades: Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións (SSCS0208) e Aproveitamentos forestais (AGAR0108), co obxectivo de mellorar a cualificación profesional e favorecer a inserción laboral das persoas participantes.