27/04/2019
Comeza o “Xogo da Serpe” no Colexio Filomena Dato (Barbadás)

O LUNS 29 DE ABRIL COMEZA O XOGO DA SERPE NO COLEXIO FILOMENA DATO
Esta iniciativa pretende que os/as escolares acudan ao centro escolar a pé, en bici ou en outros medios de transporte compatibles co coidado ao medio ambiente
- As familias tamén poden participar neste proxecto do “Xogo da serpe” animando aos/ás fillos/as para que acudan de un xeito máis sustentable ao centro educativo.
- Neste xogo didáctico permítese que o alumnado acuda ao colexio camiñando, en bicicleta, compartindo coche con veciño/a ou amigo/a ou utilizando o transporte público.
- Esta iniciativa que implica aos/ás escolares permítelle experimentar distintos modos de transporte e que distintos membros da familia poidan mellorar a súa forma física e mesmo aforrar diñeiro.
- A campaña do xogo da serpe comezará o 29 de abril e remata o 10 de maio.
- Durante as semanas de duración do xogo cada alumno/a que acuda ao colexio de forma sustentable recibirá 1 punto.
- Viaxar a pé, en bicicleta, en transporte público ou en coche compartido son considerados modos sustentables.
- Todos os puntos vanse acumulando na gran serpe que hai exposta no colexio Filomena Dato.
- O obxectivo desta iniciativa conseguirase cando a serpe estea cuberta de puntos, momento en que o alumnado participante obterá un premio.
- O obxectivo do colexio Filomena Dato é acadar o 20 por cento das viaxes sustentables.
- Motivos para participar neste xogo: os/as escolares xogarán cos/coas compañeiros/as de clase, irán ao colexio de unha maneira máis sa, polo camiño aprenderá a moverse de unha forma máis segura e sustentable e contribuirá a que diminúa o colapso de tráfico á entrada e saída do colexio.
- Outras razón para participar neste xogo son a oportunidade para o alumnado para aprender a moverse de xeito independiente, axudar a que a contorna do colexio sexa máis segura e poder divertirse con esta actividade.
- O xogo da serpe é unha campaña europea eficaz e divertida (Proxecto Europeo STARS) dirixida a estudantes de primaria que promove a mobilidade sustentable no acceso ao colexio.
- Nesta iniciativa colabora tamén a Dirección Xeral de Tráfico. Pódese atopar máis información na web trafficsnakegame.eu/spain.
- En Educación Infantil repartíronse tartarugas da Ruta Catalina para que o profesorado traballe a mobilidade.
- A concelleira de Educación, Marga Pérez, explica que este concurso é organizado pola Dirección Xeral de Tráfico.
- Pérez indica que o alumnado de Infantil pintará a silueta da tartaruga Catalina (mascota da iniciativa promovida polo Concello de Barbadás) e “serán os/as propios/as nenos/as os/as que pintarán a silueta de Catalina nas distintas rutas escolares”.
- A participación do Colexio Filomena Dato no proxecto europeo STARS “ten por obxecto animar e premiar aos centros educativos que fomenten entre o seu alumnado os desprazamentos sostibles e seguros”, comenta a concelleira de Educación.
- Marga Pérez destaca a implicación neste proxecto tanto do propio centro educativo, como da Dirección Xeral de Tráfico, a policía Local e Protección Civil. Pola súa banda o Concello de Barbadás continúa traballando na eliminación de barreiras arquitectónicas no Camiño Escolar.