30/03/2020

Comportamento exemplar de nenos e nenas de Barbadás

Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, en nome da Corporación Municipal,

 

FAI SABER:

Que ante o comportamento exemplar dos/as nenos/as de Barbadás quedando na casa estes días, queremos felicitarvos a todos e todas porque estades axudándonos así a vencer o coronavirus.

 

Pedímosvos a todos e todas que insistades aos vosos familiares que continúen na casa para que ninguén enferme.

 

E para que esta situación non supoña un problema para o noso entrañable personaxe,

 

AUTORIZO:

Ao Ratiño Pérez a visitar as casas de Barbadás para que poida seguir traendo agasallos aos/ás nenos e nenas aos/ás que lles caia algún dente durante estes días.

Lémbrase ao señor Pérez que deberá acudir ás casa pola noite, usando mascariñas, guantes e lavar as mans frecuentemente.

 

Asdo.: Xosé Carlos Valcárcel Doval

Alcalde de Barbadás

Novas

CONTENT.1590523677

SINGLE.1590523677