08/02/2019

Compostaxe doméstica aberta á veciñanza de Barbadás

O CONCELLO DE BARBADÁS PON EN MARCHA UN PROXECTO PARA A COMPOSTAXE DOMÉSTICA E COMUNITARIA

Esta iniciativa está aberta a 50 familias que poderán inscribirse no concello para dispoñer de 1 composteiro

As familias que desexen participar poderán triturar os restos de podas e usar os mesmos coma compost

  • O Concello de Barbadás pon en marcha unha iniciativa de compostaxe doméstica aberta a toda a veciñanza que desexe participar.

  • O obxetivo deste proxecto é a producción de compost, un abono natural aproveitable polas plantas, a partir de restos vexetais, como son desperdicios de comida, podas ou de limpezas de xardíns.

  • Coa posta en funcionamento deste tipo de proxectos pode chegar a reducirse de xeito considerable a producción de lixo doméstico así como a de basura que se transporta aos vertedoiros.

  • A compostaxe doméstica provoca unha diminución na compra de fertilizantes químicos e reduce notablemente  o uso de bolsas de plástico.

  • A adhesión das familias a este proxecto implicará a entrega a cada participante de 1 compostador totalmente gratuíto para levar a cabo a producción de compost que posteriormente poderá utilizarse no aboado de fincas e na restauración de solos.

  • Todas aquelas persoas que estén interesadas en participar, deberán cumplir uns requisistos:

– Dispor dunha parcela mínima de 50m2

–  A vivenda de residencia sexa habitual

–  Unidade familiar minima de dous membros

  • As vantaxes de este tipo de iniciativas son a mellora da educación medioambiental, a reducción de consumo de auga (o uso do compost doméstico favorece a retención de auga das plantas), o aforro nos gastos derivados de restos de podas ou o feito de que non necesita enerxía para funcionar.

  • Outro dos beneficios para o medio ambiente consiste na reducción do efecto invernadeiro, coa emisión de 5 veces menos gases ca coa compostaxe industrial.

  • O proxecto de implantación da compostaxe doméstica e comunitaria de bioresiduos englobará a 50 familias do municipio, aos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro e á brigada de xardinería do Concello de Barbadás.

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca que esta iniciativa “é unha aposta do Concello de Barbadás pola reciclaxe”.

  • Valcárcel sinala que o proxecto vai dirixido a 50 familias e “quere incidir na compostaxe de forma activa mediante a adquisición de un biotriturador, pero tamén ten un importante aspecto educativo porque participan os colexios de Barbadás”.

  • Para o rexedor de Barbadás “é fundamental que a educación nos temas medioambientais teñan unha gran presenza na formación de nenos e nenas”.

  • O concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra, incide en que “a reducción na fracción de restos orgánicos implica un aforro no custo por tonelada que os concellos pagan a Sogama”.

  • Para Sierra “a importancia do compost radica en que pode utilizarse como substrato, como abono orgánico para a nutrición das plantas e tamén coma elemento para mellorar as propiedades do solo degradado, conseguindo así unha economía circular e reutilizando os restos orgánicos”.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1711693584

SINGLE.1711693584