30/06/2021

Compra de bonos da piscina municipal de Barbadás

A piscina abre as súas portas o 1 de xullo

  • A partir de hoxe xa se poden adquirir mercar os BONOS da piscina 🏊 municipal de Barbadás que abrirá este xoves 1 de xullo ao público.

 

 

  • Poden seguir  4 sinxelos PASOS:
  • PASO 1: seleccionar DARTE DE ALTA e escoller o tipo de cliente PISCINA MUNICIPAL.
  • PASO 2: escoller o BONO correspondente para persoas inscritas no padrón municipal de habitantes:
            – Adultos, maiores de 15 anos: 6 €
            – Menores ata 15 anos: 3 €
            – Familiar, entendéndose pais e fillos menores de 15 anos: 18 €.
  • PASO 3: Introducir os DATOS PERSOAIS de cada persoa que vaia acceder á piscina.
  • PASO 4: Proceder ao PAGAMENTO do ABONO.
LISTO ‼ Agora só compre reservar cita previa e gozar da piscina!
Para máis información ou dúbidas poden poñerse en contacto no teléfono 988 263 519

Deportes, Novas

CONTENT.1634521497

SINGLE.1634521497