05/11/2018
Comunicación esgotamento de crédito para axudas a empresas 2018
A Concellaría de Promoción Económica pon en coñecemento das empresas do Concello de Barbadás que, a dotación do Programa de axudas municipais á creación de empresas do Concello esgotou o seu crédito inicial de 12.000 € o día 23 de outubro de 2018, fíxose unha ampliación de crédito por importe de 6.000 € que se volveu esgotar o día 29 de outubro de 2018.