Igualdade
Igualdade
A Concellería de Igualdade, a través do Servizo de Igualdade, é o organismo de referencia municipal que traballa para o fomento da igualdade entre mulleres e homes e a prevención da violencia de xénero na contorna máis inmediata á cidadanía.
Actuacións do Servizo de Igualdade:
- Impulso e elaboración do Protocolo municipal para a prevención, detección e actuación ante casos de violencia de xénero
- Impulso e creación dunha sección de literatura infantil e adultos/as en clave feminista na biblioteca municipal
- Impulso e elaboración da Ordenanza municipal para a promoción da igualdade de xénero no Concello de Barbadás
- Actividades dirixidas á rede vecinal
- Actividades dirixidas ós centros de ensino
- Actividades e actuacións culturais relacionadas coa igualdade
- Campañas e actividades de sensibilización e prevención das desigualdades
- Actos e actividades conmemorativas con motivo do 8 de Marzo (Día Internacional da Muller) e do 25 de Novembro (Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller)
- Seguemento e avaliación do III Plan de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes
- Coordinación con outros organismos con competencia en materia de igualdade e prevención de violencia de xénero no territorio
- Asesoramento a petición doutras áreas municipais en materia de igualdade e utlización dunha linguaxe inclusiva
- Programa TEMPOS DE MULLERES
A Concellería de Igualdade ten a súa sede nos locais municipais do Parque da Solaina.
SLUG: igualdade
TMPL_CONCELLARÍA.TEMPLATE.1550751164