Igualdade
A Concellería de Igualdade, a través do Servizo de Igualdade, é o organismo de referencia municipal que traballa para o fomento da igualdade entre mulleres e homes e a prevención da violencia de xénero na contorna máis inmediata á cidadanía.
Actuacións do Servizo de Igualdade:
- Impulso e elaboración do Protocolo municipal para a prevención, detección e actuación ante casos de violencia de xénero.
- Impulso e creación dunha sección de literatura infantil e adultos/as en clave feminista na biblioteca municipal.
- Impulso e elaboración da Ordenanza municipal para a promoción da igualdade de xénero no Concello de Barbadás.
- Actividades dirixidas á rede vecinal.
- Actividades dirixidas ós centros de ensino.
- Actividades e actuacións culturais relacionadas coa igualdade.
- Campañas e actividades de sensibilización e prevención das desigualdades.
- Actos e actividades conmemorativas con motivo do 8 de Marzo (Día Internacional da Muller) e do 25 de Novembro (Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller).
- Seguemento e avaliación do III Plan de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes.
- Coordinación con outros organismos con competencia en materia de igualdade e prevención de violencia de xénero no territorio.
- Asesoramento a petición doutras áreas municipais en materia de igualdade e utlización dunha linguaxe inclusiva.
- Programa TEMPOS DE MULLERES
A Concellería de Igualdade, cuxa concelleira é Elisabet González Nistal, ten a súa sede nas Oficinas Municipais de A Valenzá
- O Centro de Información á Muller é un servizo dependente da Concellería de Igualdade, gratuíto, anónimo, totalmente confidencial e que ten como principio o respecto da vontade das mulleres na busca de posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
- Datos de ubicación e contacto do CIM
Preme na imaxe para ver o díptico dos servizos que ofrece o CIM de Barbadás
Tamén dende a área de Igualdade, a través do CIM, realízanse actividades, entre as que podemos destacar:- O fomento da igualdade entre mulleres e homes e da prevención da violencia de xénero no entorno máis inmediato, programando e realizando actividades para toda a cidadanía do Concello de Barbadás.
- Impulso e elaboración do IV Plan Municipal de Igualdade, así coma o seu control e seguimento.
- A organización, impulso e celebración de actividades culturais relacionadas coa igualdade, coma a Romaría Feminista, a conmemoración de datas coma o 8 de Marzo (Día Internacional da Muller), o 25 de Novembro (Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller) ou o 28 de xuño (día internacional do orgullo LGTBI).
- Coordinación con outros organismos con competencia en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero no territorio.
- Asesoramento especializado a outras áreas municipais en materia de igualdade.
- Directora (traballadora social e técnica de igualdade)
- Psicóloga
- Asesor xurídico
- O horario de atención ó público é de luns a venres das 09.00 h. ás 14.00 h.
- O centro permanecerá pechado os sábados, domingos e festivos sinalados no calendario de festas laborables de ámbito local, autonómico e nacional.
- Módulo de aseo adaptado/practicable, zona de espera e rampla de acceso adaptada.
- Bus:
- Luns a venres: Liña XG6052901 (Rio)
- Mércores: Liña XG6051401 (Rio)
Rúa dos Fornos, 4 - Barbadás - Ourense igualdade@barbadas.es - cim@barbadas.gal |
Actividade cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
SLUG: igualdade
TMPL_CONCELLARÍA.TEMPLATE.1728661269