Servizos Sociais
Servizos Sociais
-
- Os Servizos Sociais Comunitarios son o sistema de protección social máis próximo ao cidadán, especialmente dos que están -ou corren o risco de estar- en situación de carencia ou marxinación.
-
- Desde a Concellería de Servizos Sociais preténdese o achegamento dos servizos sociais a toda a poboación, a atención directa e o seguimento continuado das actuacións e programas que se realicen.
-
- Unha das súas prestacións básicas é prestar Información, Orientación, e Asesoramento sobre os dereitos e recursos sociais existentes, así como a tramitación e a derivación nos casos nos que sexa necesario. Deben cumprir funcións de recollida, tratamento e difusión da Información.
-
- Programa de intervención socioeducativa que se concibe como un servizo educativo e psicosocial de prevención e apoio personalizado, dirixido ás familias con menores- especialmente a aquelas que se atopen nunha situación de vulnerabilidade - e a toda a comunidade.
-
- Ten como finalidade a promoción da autonomía familiar, o desenvolvemento integral das súas potencialidades e a súa participación activa como protagonistas do seu cambio, a partir dun proceso co-construído coas familias, as/os profesionais e os axentes da comunidade.
Dirixido a...
- As unidades familiares con menores ao seu cargo que presentan necesidades educativas explícitas ou latentes, para afrontar factores de organización vital no seu contexto familiar, con risco de exclusión social ou pertenza a esta catalogación social, que desexen introducir cambios de tipo educativo-relacionais, que favorezan a súa inclusión social.
- A Concellería de Servizos Sociais de Barbadás pon en marcha o día 15 de decembro de 2015 un novo servizo para a veciñanza, o Banco Solidario "Teu, Meu, Noso", co que se pretende que as persoas interesadas poidan achegar "alimentos non perecedoiros, roupa, calzado, xoguetes, e demais," que logo serán recollidos por aquelas familias que máis o necesiten.
- Así mesmo, están a recollerse datos daqueles voluntarios e voluntarias que se poñen a disposición deste Banco Solidario para colaborar nesta nova iniciativa (para anotarse como voluntario ou voluntaria poden chamar ó 988 39 31 68: Oficinas Municipais de A Valenzá). Para a recollida deste material ou a súa entrega pónse a disposición da veciñanza o antigo local de Protección Civil, situado na Rúa do Ensino, nº 5, todos os martes en horario comprendido de 16.00 h - 18.00 h. Para máis información poden chamar aos Servizos Sociais do Concello no 988 39 31 68.
FAMILIA, INFANCIA E MULLER | DISCAPACIDADE E MAIORES | EDUCACIÓN FAMILIAR |
---|---|---|
|
UTES-01 - Concello de Barbadás Lg/ Cimadevila, 1- Barbadás - Ourense jorge.servizossociais@barbadas.es |
UTES-02 - Oficinas Municipais de A Valenzá Rúa do Viso, 2 - A Valenzá - Barbadás - Ourense serviciosociais@barbadas.es |
SLUG: servizos-sociais
TMPL_CONCELLARÍA.TEMPLATE.1733805422