29/01/2022
Concello de Barbadás e Comercio Local colaboran na campaña “Namórate”
Do 1 ao 14 de febreiro de 2022
O CONCELLO DE BARBADÁS PROMOCIONA O COMERCIO LOCAL A TRAVÉS DA CAMPAÑA “NAMÓRATE”
O día 14 de febreiro a Concellería de Comercio repartirá bolsas co lema “Barbadás, quéreo, víveo” en un stand entre as persoas que presente un ticket de compra ou consumo
Os establecementos participantes distribuirán entre a súa clientela 5000 rascas, dos que 224 teñen premios
- A Concellería de Comercio de Barbadás colaborará na Campaña de promoción do comercio local “Namórate”.
- Esta iniciativa, organizada pola Asociación de comerciantes de A Valenzá con motivo do Día dos Namorados, desenvolverase do 1 ao 14 de febreiro de 2022.
- Durante a campaña os establecementos participantes distribuirán entre a súa clientela 5000 rascas, dos que 224 teñen premios que serán descontos ou agasallos e, que poderán trocarse ata o día 18 de febreiro.
- Os establecementos participantes son: A Cova do Savio, Bel moda e complementos, Cafetería A Pedreira, Cafetería Alumbre, Carussa Baby, Gaia Contigo, Oren Óptica, Elma, Idunna, La Cigüeña, Librería A Valenzá, Librería Espa, Más que un sueño, Mimí Flores, Muebles Utile- Melangué, O Muiñerio Restaurante, Tapería Vely, Toffee Glass, Twins-Men-Women, Zocos Calviño, Micocadas e Restaurante Chicote.
- Por outra banda,o luns14 de febreiro, a Concellería de Comercio repartirá entre os clientes dos establecementos comerciais e de hostalería do Concello de Barbadás, 2.000 bolsas promocionais “Barbadás Quéreo, Víveo”.
- As bolsas recolleranse nun stand instalado na Avenida de Celanova (rotonda da familia), que estará aberto en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas tras presentar o un ticket de compra ou consumo por persoa.