Saúdo do Tenente Alcalde Xosé Manoel Fírvida Plaza

Saúdo do Tenente Alcalde

Benvida/o á páxina web do Concello de Barbadás:

Sirva o presente saúda para animarvos a coñecer con maior profundidade o Concello de Barbadás. A través deste portal intentamos presentar de forma amena e detallada as excelencias da nosa terra, á vez que daremos a coñecer todo aquelo que se desenvolva ao longo e ancho da nosa xeografía, tanto a nivel de información municipal como de atractivos e actividades de interese xeral.

Internet é unha fiestra aberta ao mundo que se converteu en poucos anos nun xeito imprescindíbel de comunicarnos e informarnos; unha canle pola que podemos amosar a nosa lingua, arte, xeografía, historia, o noso patrimonio cultural, natural e paisaxístico, as nosas parroquias.

A web do concello debe ser unha ferramenta para a comunicación: os veciños e veciñas poden estar informados da actualidade municipal, un espazo que permita a realización cada vez de máis xestións en liña así como presentar suxestións. Avanzar na e-administración e na transparencia son obxectivos desta web que redundará en beneficio de todos e todas.

O camiño da modernidade e do progreso que todos emprendemos non ten volta atrás e non debemos esquecer que o camiño temos que facelo entre todas e todos, e que só a convivencia en harmonía nos pode conducir cara a un futuro mellor.

Convídovos a entrar nesta web e a participar connosco dos cambios para construír un concello moderno e eficaz.

Xosé Manoel Fírvida Plaza

Tenente Alcalde de Barbadás

TMPL_CONCELLO.TEMPLATE.1540157580