06/07/2026

CONCERTO DE BRAÑAS FOLK

Xoves 9 de Xullo, ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá)

O Programa de verán “En Barbadás o Verán é Cultura” continúa o seu camiño e nesta ocasión, este xoves 9 de Xullo, ás 21h. contamos co Concerto de BRAÑAS FOLK acompañado do Grupo de Gaitas NOVA FRONTEIRA e XAVIER BLANCO, será coma sempre no Parque dos Patos | A Valenzá.
Brañas Folk publica o seu cuarto disco, “Godaxe”. No novo traballo colaboran artistas como o Orfeón Treixadura, Pancho Álvarez, Xavier Blanco, Luis Delgado, Segundo Gradío, María Méndez e Mar Gómez.
Brañas Folk nace no ano 2002 da man de Manuel Brañas, fundador do inesquecible grupo Arco da Vella. Trala disolución do Arco da Vella, tras 17 anos de funcionamento, Manuel Brañas creou Brañas Folk.
Camiñante, Alalá do Cebreiro e Danza das Burgas son os anteriores discos de Brañas Folk, onde as colaboracións de grandes artistas galegos foron unha constante.
O grupo está formado polo propio Manuel Brañas (gaita, arpa, zanfona, whistles, requinta, frauta), Ana Dosouto (voz), Leonardo Blanco (violín), Aser Álvarez (batería e pandeireta), Guillermo Brañas (acordeón), Eduardo Balvís (baixo), José Antonio Blanco (guitarra) e Olga Brañas (piano, teclados e diversos instrumentos de percusión).
Día:         Xoves 9 de Xullo
Hora:       21h.
Lugar:      Parque dos Patos | A Valenzá
Evento:    Música
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1783878345

SINGLE.1783878345