01/07/2019
Concerto de Najla Shami

Concerto da cantante Najla Shami.
“Ela Sabe A Sol” é o novo traballo discográfico da compositoria galegopalestina Najla Shami.
Un álbum cheo de luz e feminidade no que a autora equilibra oriente e occidente
ao longo dunha ducia de cancións orixinais.
O traballo nace após dunha estadía en Xordania e Palestina onde a compositora conforma música e letra desta nova obra procurando a converxencia dos múltiples
elementos sanguíneos e musicais que acompañan o seu imaxinario. Unha
nova proposta onde a autora reinventa o seu son da man do productor e músico Pedro Pascual, acompañada por músicos da Península Ibérica e de Oriente Medio e construíndo con lingua de sol unha ollada sobre o universo do renacemento feminino.
XOVES 4 DE XULLO ÁS 21H.
PARQUE DOS PATOS