08/07/2019

Concerto Punkinfantil

Continuando co Programa de Verán E NO VERÁN?… REFRÉSCATE COA CULTURA, contamos este xoves 11 de xullo a Peter Punk e Brais das Hortas que nos presentan o “Concerto Punkinfantil”

¿Punk para nenas? Porque non!?¿E logo?¿Que hai máis punk ca unha nena? O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself!  !Faino ti ao teu xeito!!  Como poidas, como queiras e como che preste! O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de nós é diferente. O punk é berrar, rir, facer pis…e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade. O punk é protestar. Quen non chora non mama!! Sabemos o que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dis­postas a chorar, e patexar!!  Se non podemos xogar, non é a nosa revolución!! Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado “Concer­to Punklnfantil”.  Tras descubrirse e recoñecerse van confluindo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as in­quedanzas das cativas e cativos.

Música, malabares, humor, clown.

XOVES 11 DE XULLO, ÁS 21h.

PARQUE DOS PATOS

Cultura, Eventos

CONTENT.1714017040

SINGLE.1714017040