22/05/2021

O programa “Concilia Barbadás” oferta 156 prazas en actividades de verán

Inscripción del 24 de mayo al 4 de junio

Barbadás concilia verán 2021

O CONCELLO DE BARBADÁS OFERTA 156 PRAZAS NO PROGRAMA “CONCILIA VERÁN” DURANTE OS MESES DE XULLO E AGOSTO

As persoas que opten poderán elixir entre 13 opción para actividades de conciliación distribuidos por todo o municipio

As/os nenos/as poderán acudir a estas actividades  por quincenas

 

A Concellería de Educación ofertará este verán o programa “Barbadás Concilia” coa finalidade de axudar as familias do Concello na conciliación da vida familiar e laboral durante a etapa estival.

 

A concelleira de Educación, Marga Pérez, explica que “se trata de un programa de conciliación con actividades que terán lugar nos meses de xullo e agosto, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas.

 

Ofértanse 156 prazas por cada quincena coa seguinte distribución: 12 prazas en cada unha das seguintes opcións:

  • Urbán “A” (nados entre 2017 e 2015) A Valenzá.
  • Urbán “B” ( nados entre 2014 e 2012) A Valenzá.
  • Urbán “C” (nados entre 2011 e 2009) A Valenzá.
  • Barbadás (nados entre 2017 e 2009).
  • As Lamas (nados entre 2017 e 2009).
  • Piñor (nados entre 2017 e 2009).
  • Sobrado (nados entre 2017 e 2009).
  • Parada (nados entre 2017 e 2009).
  • Santa Uxía (nados entre 2017 e 2009).
  • Loiro (nados entre 2017 e 2009).
  • Finca Fierro (nados entre 2017 e 2009).
  • Bentraces (nados entre 2017 e 2009).
  • Fonsillón (nados entre 2017 e 2009).

 

Quendas: Todos as opción se ofertan para cada una das quincenas, sendo éstas:

  • 1º quincena xullo (5 a 16 de xullo)
  • 2º quincena de xullo (19 a 30 de xullo)
  • 1º quincena agosto (2 a 13 deagosto)
  • 2º quincena de agosto (16 a 27 de agosto)

 

Cada opción terá un número máximo de 12 prazas e un número mínimo de 6 participantes para a súa realización.

 

As prazas ofertadas quedarán condicionadas ás disposicións aplicables que a administración autonómica e estatal dispoñan con motivo da incidencia do COVID-19.

 

Os/as solicitantes podrán participar en 2 quendas podendo solicitar ata 3 diferentes e indicando a orde de prioridade (antes de conceder o 2º turno darase prioridade a quen non participase en ningún).

 

O prazo de inscrición será dende o día 24 de maio ata o día 4 de xuño (ámbos os dous incluídos) podendo ampliar este prazo en caso de non cubrir a totalidade das prazas.

 

O listado provisional de admitidos/as publicarase o día 11 de xuño.

O prazo para o pago do servizo e envío do xustificante bancario ao correo electrónico educación@barbadas.es, será dende o día 14 ao 18 de xuño.

 

O listado definitivo publicarase o día 21 de xuño.

 

O custo da praza para os solicitantes é de 20 euros por neno/a e opción

 

O listado provisional e definitivo de admitidos/as publicarase na páxina web do Concello de Barbadás (www.barbadas.es).

 

Respecto da adxudicación de prazas, será requisito indispensable cumprir cos criterios de idade. No caso de que o número de prazas solicitadas non supere o número de prazas ofertadas, a adxudicación de prazas realizarase de forma directa.

 

PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos: facer constar a súa condición no apartado que figura no impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios necesarios se os precisaran. Que no certificado de recoñecemento de discapacidade se recolla a non necesidade de axuda de terceira persoa.Ter capacidade de integración no grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades programadas que se van a desenvolver.

 

Os requisitos sinalados serán condición para a admisión da solicitude e o seu incumprimento non permitirá a participación da persoa solicitante na actividade.Porén, a organización reservará en cada quenda un 5% das prazas para os solicitantes con discapacidade igual ou superior ao 33% que cumpra os requisitos mencionados.

 

En función do tipo de discapacidade, poderían excepcionarse a algún tipo de actividade dentro da programación. De ser o caso, o participante non podería participar nesa actividade específica.

A adxudicación realizarase segundo a orde de prioridade fixada na solicitude.

 

No caso de que o numero de prazas solicitadas supere o número de prazas ofertadas, a orde de prioridade establecerase tendo en conta,por orden,os seguintes requisitos:

-O/a menor solicitante esteaempadroado/a no Concello de Barbadás.

-Proxenitores/as estéan traballando no periodo solicitado de disfrute da actidade.

-Criterio de valoración da renda familiar, priorizando as familias cuxa renta per capita sexa menor. Os/as solicitantes non admitidos pasarán a formar parte dunha lista de espera, seguindo a orde establecida no apartado anterior.

-No caso de que varios irmáns presenten solicitude para a mesma opcióne quenda, o feito de que un dos irmáns sexa admitido, suporá a admisión dos demáis irmáns.

-No caso de que o solicitante se lle adxudiquen dous opcións, a adxudicación da segunda quedará condicionada a que non existan en lista de espera de dita opción solicitantes aos que non se lles adxudicase ningunha.

A non presentación do xustificante de pago no prazo indicado suporá a baixa automática e a perda de todos os dereitos de participación na actividade.

 

As solicitudes fóra do prazo indicado estarán suxeitas á existencia de prazas libres.

 

As inscricións realizaranse por unha das seguintes formas:de forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Barbadás: https://barbadas.sedelectronica.gal. De forma presencial no rexistro con cita previa (Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá 988393168).E en calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.8.

 

Cálculo da Renda per Cápita da unidade familiar: a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2020 entre o número de membros computables.

 

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do impostosobre a renda das persoas físicas.

 

Para os efectos das presentes bases, terán a consideración de membros computables da unidade familiar:·Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do/a menor.·Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. ·Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.·A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando exista custodia compartida. ·Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a naie todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR: deberá presentarse ademais da solicitude debidamente cumprimentada a seguinte documentación:Para a acreditación da incompatibilidade horaria dos/as país/nais ou titores: -No caso de traballadores por conta allea: certificado da empresa en que se acredite o seu horario laboral e o periodo de disfrute das vacacións no verán 2021.-No caso de traballadores por conta propia (autónomos) : declaración xurada do profesional que traballa por conta propia con indicación da xornada laboral,o periodo de disfrute de vacacións no verán 2021, e o último recibo en vigor da Tesourería Xeral da Seguridade Social.·No caso de que o menor conviva só con un dos seus proxenitores e non sexa familia monoparental:deberán achegar, ademais do anterior, sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou medidas paterno-filiais nas que se especifique o proxenitor o que pertence a custodia do menor. ·No caso de familias monoparentais:deberán achegar ademais do anterior libro de familia.·No caso de que non exista vínculo matrimonial, e ambos proxenitores convivan co menor:deberán achegar, ademais do anterior, certificado de convivencia expedido polo Concello correspondente.

 

Cálculo da renda per cápita:·Para o cálculo dos ingresos obtidos durante o ano 2020:Declaración do IRPF correspondente ao exercicio 2020. En caso de que non a presentasen certificación de empresa dos ingresos obtidos durante o ano 2020 ou se estivo cobrando algunha prestación durante o ano 2020, certificación por parte da entidade pagadora do total da prestación percibida durante dito ano.No caso de non haber tido ingresos durante o ano 2020 e non haber presentado declaración do IRPF, certificado da Axencia Tributaria de non obter ingresos durante dito ano.·Para o cálculo dos membros computables da unidade familiar:Copia do libro de familia; na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar. No caso de menores que se atopen na situación do artigo 2, certificado de recoñecemento de discapacidade que recolla a non necesidade de axuda de terceira persoa.

 

PAGAMENTO.-O custo da praza para os solicitantes é de 20 euros por neno/a e opción.O pagamento deberá realizarse mediante ingreso ou transferencia bancaria o número de conta / IBAN: ABANCA (A VALENZÁ): ES21 2080 5342 5431 1000 9242 *Indicando como concepto “Barbadás Concilia”, e o nome e apelidos do menor. Unha vez efectuado o ingreso correspondente, non se devolverá o importe satisfeito salvo que se acredite a imposibilidade do neno/a de asistir á actividade mediante certificado médico que deberá presentarse cun mínimo de antelación de 48 horas antes do inicio da actividade.

 

CHAMAMENTO POR LISTA DE ESPERA.No suposto de que quedasen prazas vacantes, chamarase por rigorosoa orde ós solicitantes en lista de espera, que deberán efectuar o pagamento nun prazo de dous días unha vez recibida a comunicación telefónica da súa admisión na actividade. Realizarase un máximo de 2 chamadas, de non ser posible a comunicación telefónica, chamarase ó seguinte solicitante da lista.

 

NORMAS DE FUNCIONAMENTO.É obrigatoria a asistencia. Un 25% de faltas sen xustificar dará lugar a baixa automática no programa Barbadás Concilia. Só se permitirán como xustificantes válidos de falta de asistencia:• Xustificante médico por enfermidade ou ingreso do/a neno/a ou de familiar co que conviva.No caso de que o comportamento dun neno/a afecte ao normal funcionamento da actividade, procederase a avisar a familia e a dar o/a de baixa. Esta baixa do/a neno/a non dá dereito a devolución do importe pagado.

 

Teléfono de información: 988 24 68 85 ( Concellería de Educación).Correo electrónico: educacion@barbadas.es

 

A participación en “Barbadás Concilia Verán 2021″,  suporá o cumprimento e aceptación das presentes bases. O Concello de Barbadás resérvase o dereito a realizar os cambios oportunos que poida considerar precisos para o correcto funcionamento do programa .

Barbadás concilia verán 2021

Data Adxuntos
22/05/2021 20210521_Acordo_Decreto Bases Reguladoras Barbadás Concilia Verán 2021-1 PDF [872 KB]
22/05/2021 Solicitude Barbadás concilia verán 2021 PDF [177 KB]

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1679848288

SINGLE.1679848288