04/01/2024
Concurso Cartel de Entroido 2024 de Barbadás
Data limite presentación de propostas: 16 de xaneiro 2023 ás 14:00h.
A Concellería de Cultura organiza, un ano máis, o Concurso para elixir o Cartel anunciador do Entroido de Barbadás para o ano 2024.
Beneficiarios
Poderá participar no concurso toda persoa física ou xurídica, cun só traballo por participante ou colectivo sendo indispensable que as obras sexan orixinais, que non reproduzan obras ou imaxes que poidan dar lugar a plaxio.
Requisitos dos traballos
- O formato único será vertical con tamaño 50×70 (non servirán formatos proporcionais).
- Presentaran sobre un bastidor ríxido. Non existirán limites de tintas nin técnicas. A obra deberá ser presentada en sistemas informáticos, achegarán ademais da reprodución a cor que reúna os requisitos sinalados, e correspondente soporte magneto/óptico con todos os ficheiros necesarios para a obtención de fotolitos xunto coas fontes utilizadas, e nos seu caso, os orixinais das imaxes utilizadas.
- O cartel imprimirase en offset. O/A autor/a poderá indicar en Pantone as cores utilizadas.
- As obras levarán como único texto: Entroido Barbadás 2024. (Non poderán levar sinatura nin pseudónimos).
- O tema será de libre elección e interpretación do/da autor/a, debendo reflexar o sentimento do entroido de Barbadás en todas as súas facetas.
- Os traballos presentados terán como única identificación un lema, o incumprimento desta norma será motivo de descalificación.
- O Concello Barbadás corrixirá os posibles erros dos textos que figuren nas obras e resérvase a facultade de incluír logotipos ou anagramas na composición definitiva do cartel.
Forma e prazo de presentación
- O prazo de presentación será desde o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia e ata o día 16 de xaneiro de 2024, antes das 14:00h.
- As obras entregaranse no Concello de Barbadás, rúa Cimadevila nº1 32890 Barbadás ou nas oficinas municipais, rúa do Viso nº2, 32002 A Valenzá – Barbadás. No caso de envíos por Correos ou por empresas de mensaxería, non se admitirán entregas a partir das 14:00 h. dese día.
- O lema presentarase escrito no exterior dun sobre pechado. No interior do sobre xuntarase unha fotocopia do DNI do autor/a e información artístico (de estimalo oportuno), dirección actual e teléfono.
- Ademais deberá achegar unha declaración xurada de atoparse ao corrente de pago coa Facenda estatal, autonómica e local así como coa Seguridade Social.
- Os/as concursantes responsabilizaranse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, e renuncian a calquera reclamación por dereitos de imaxe.
Ler detalle das bases no arquivo que se achega.
Premio
O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e unha dotación económica de 500 euros.
Data | Adxuntos |
---|---|
04/01/2024 | BOP 298 30122023 PDF [78 KB] |
04/01/2024 | Bases reguladoras do Concurso de carteis 2024 de Barbadás PDF [92 KB] |