29/11/2021

Concurso de balcóns, xanelas e portais Nadal 2021 en Barbadás

Inscricións do 30 de novembro ao 11 de decembro de 2021

2021-Banner concurso de Balcóns

BARBADÁS ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO II CONCURSO DE DECORACIÓN DE XANELAS, BALCÓNS E PORTAIS DE NADAL 2021

Os criterios de valoración será a creatividade, a orixinalidade, a combinación de elementos e cores, a iluminación e composición e os motivos empregados para decorar 

O prazo de presentación de inscrición empeza o 30 de novembro ata o 11 de decembro de 2021 (ambos incluidos)

  • Esta campaña ten como finalidade, amosar as obras anónimas de decoración que realizan os veciños/as do Concello, coincidindo coas datas de Nadal, polo que, en ningún momento ten finalidade comercial.

 

  • Poderán participar todos os veciños/as do Concello de Barbadás, que teñan vivendas con xanelas, balcóns e portais que poidan ser decorados.

 

  • O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente do Nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo.
  • Os impresos de inscrición achégase a esta mesma publicación. Tamén   poderán na Casa do  Concello de Barbadas, nas  Oficinas Municipais de A Valenzá e no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás

 

  • Os impresos debidamente cumprimentados presentaranse por rexistro, no Concello de Barbadás, na Oficina Municipal de A Valenzá, ou a través da Sede Electrónica dende o 30 de novembro ata o 11 de decembro de 2021 (ambos incluidos).

 

  • Coa ficha de inscrición será preciso para formalizar a participación no concurso enviar unha foto da xanela, balcón ou portal a enderezo de correo electrónico cet@barbadas.es ata o día 11 de decembro de 2020 (incluído), facendo constar no asunto do correo electrónico: PARTICIPACIÓN CONCURSO DE XANELAS OU BALCÓNS OU PORTAIS, así como o nome da persoa participante.

 

  • Os criterios de valoración será a creatividade, a orixinalidade, a combinación de elementos e cores, a iluminación e composición e os motivos empregados para decorar.

 

  • VOTACIÓNS: Na web do Concello (barbadas.es) habilitarase un formulario onde as persoas interesadas poderán votar telemáticamente, entre os días 13 e 19 de decembro de 2021.

 

  • Unha vez se coñeza a os/as  gañadores/as do concurso, comunicaráselles formalmente e ademais publicarase na web do Concello (barbadas.es).

 

  • Establécense os seguintes premios:
    • Un premio á mellor xanela por importe de 250 €
    • Un premio ao mellor portal por importe de 250 €
    • Un premio ao mellor balcón por importe de 250 €

 

  • Os premios serán adxudicados aos participantes que obtivesen máis votos telemáticos.

 

  • O día 22 de decembro publicarase o listado das persoas gañadoras e ao día seguinte entregaranse os diplomas ás persoas gañadoras.

 Cartel Concurso de Balcóns Nadal 2021

Data Adxuntos
29/11/2021 Ficha-inscrición-BALCÓNS-NADAL-2021-autoeditable PDF [140 KB]
29/11/2021 Bases concurso Balcóns Nadal 2021 PDF [82 KB]

Barbadás Quéreo Viveo, Campaña de Nadal, Comercio, Novas, Promoción económica

CONTENT.1656344357

SINGLE.1656344357