11/01/2022

Concurso para a elección do cartel do Entroido 2022

Data límite de presentación de propostas, 26 de xaneiro de 2022

2022-Banner concurso cartel entroido Concello de Barbadás
  • Con motivo da celebración do Entroido 2022 a Concellería de Cultura do Concello de Barbadás convoca un concurso de carteis, con arranxo as bases que se achegan.

 

  • O tema será de libre elección e interpretación do/da autor/a, debendo reflectir o sentimento do entroido de Barbadás en todas as súas facetas.

 

  • A data límite para a presentación é o 26 de xaneiro de 2022. No caso de envíos por Correos ou por empresas de mensaxería, non se admitirán entregas a partir das 14:00 h. dese día. As obras entregaranse no Concello de Barbadás, rúa Cimadevila nº1 32890 Barbadás  ou nas oficinas municipais, rúa do Viso nº2, 32002 A Valenzá – Barbadás.

 

  • O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e unha dotación económica de 500 euros.

Concurso Cartel Entroido 2022 Concello de Barbadás

Data Adxuntos
11/01/2022 Bases Concurso de carteis de Entroido 2022 PDF [86 KB]

Cultura, Novas

CONTENT.1711617029

SINGLE.1711617029