04/12/2023

Concurso de decoración de balcóns, xanelas e portais do Nadal 2023

Inscricións ata o 12 de decembro de 2023 antes das 14:00 h

Concurso decoración de Nadal 2023 - concello de Barbadás

O Concello de Barbadás convoca o Concurso de decoración de balcóns, xanelas e portais  co obxectivo de fomentar a colaboración dos veciños,  na ornamentación e embelecemento da vila durante a tempada de Nadal 2023-2024.

  • Inscrición

Poderán participar neste concurso tanto as persoas físicas como as xurídicas do Concello de Barbadás que teñan vivendas con balcóns, xanelas ou portais que poidan ser decorados.

Valorarase
-A creatividade.
-A orixinalidade.
-A combinación de elementos e cores,
-A iluminación e composición.
-Motivos empregados para decorar.

 

Os impresos para inscribirse poderán obterse , no Concello de Barbadas, na Oficina Municipal de A Valenzá ou a través da páxina web do Concello (www.barbadas.es).

Os impresos debidamente cumprimentados presentaranse por rexistro, no Concello de Barbadás, na Oficina Municipal de A Valenzá, ou a través da Sede Electrónica desde o día seguinte á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (03.12.2023) ata o 12 de decembro de 2023, antes das 14:00 h.

 

Os interesados deberán, na solicitude de inscrición, facer unha declaración responsable de que se atopan ao corrente de obrigas coa Axencia Estatal da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Axencia Tributaria Galega e o Concello de Barbadás.

Coa ficha de inscrición será preciso para formalizar a participación no concurso enviar unha foto do balcón, xanela ou portal ó enderezo de correo electrónico cet@barbadas.es ata o día 12 de decembro de 2023  antes das 14:00 h, facendo constar no asunto do correo electrónico PARTICIPACIÓN CONCURSO DE BALCÓNS, XANELAS E PORTAIS así como o nome da persoa participante.

  • Votación telemática

Poderase votar, emitindo un voto por cada categoría (un voto por balcóns, un voto por xanelas e un voto por portais), dende 12 de decembro a partir das 16:00 h, ao 18 de decembro de 2023 (ata as 14:00 h) dende esta ligazón.  

  • Premios

Establécense os seguintes premios:
1º premio ao mellor balcón de 200 €
1º premio a mellor xanela de 200 €
1º premio ao mellor portal de 200 €

  • Entrega de premios

O día 21 de decembro, publicarase o listado das persoas gañadoras.
O día 22 de decembro, entregaranse os diplomas as persoas gañadoras.

2023-redes-Barbadás-Concurso de balcóns

Data Adxuntos
04/12/2023 20231110_Outros_Bases concurso xanelas Nadal 2023 PDF [227 KB]
04/12/2023 Ficha inscrición concurso decoración de balcóns 2023 PDF [119 KB]

Barbadás Quéreo Viveo, Campaña de Nadal, Novas, Participación cidadá

CONTENT.1718355699

SINGLE.1718355699